12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPositivo balance do C.N. Ponteareas nos Campionatos Galegos de Natación

    Positivo balance do C.N. Ponteareas nos Campionatos Galegos de Natación

    Pontevedra acolleu as probas dos Campionatos Galegos de Natación,

    unha importante cita deportiva que abarcaba dende a categoría infantil (nadas no 2004 e 205 para as rapazas e no 2003 e 2004 para os rapaces) ata a categoría absoluta. O campionato, en formato de catro xornadas, disputouse na piscina de 50 m da capital da provincia.

    O C.N. Galaico de Pontevedra, proclamábase campión absoluto masculino, feminino e en conxunto. Pese a iso, o Club Natación Ponteareas asinou un brillante papel con 7 medallas de ouro, 12 de prata, 10 de bronce e unha Mellor Marca Galega de 15 anos conseguida por Pablo Cabana nos 800 m libres.

    [ngg src=”galleries” ids=”18″ display=”basic_thumbnail”]

    O equipo feminino do club ponteareán acadaba a segunda posición mentres que o equipo masculino clasificábase nuna meritoria quinta praza. No conxunto, o C.N. Ponteareas remataba a competición cun salientable cuarto posto dun total de 26 equipos participantes.

    Cómpre tamén salientar as medallas acadadas polos equipos de relevos 4×100 m estilos, 4×200 m libres e 4×100 m libres absoluto femenino. Pola súa parte, o equipo masculino infantil tamén subiu ao podio nos 4×100 m estilos e 4×200 m libres

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS