3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

    A Guarda despide un Encontro “inesquecible” cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

    A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de “inesquecible” por tripulantes e veciños.

    Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados. Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares “faluchos”, pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.

    Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.

    Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.

    Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.

    A deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, non quixo perderse o Encontro de Embacacións Tradicionais de Galicia da Guarda

    A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición ‘Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar’, a mostra de fotografía “‘Vento nas velas’, de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.