18.5 C
Pontevedra
Martes, 30 de Maio de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboA piscina de Arbo comeza a súa tempada estival

    A piscina de Arbo comeza a súa tempada estival

    A piscina municipal de Arbo iniciou a súa tempada estival o pasado 2 de xullo. As piscinas, inauguradas no ano 1996, e están situadas no Barrio dá Chan, á beira do cuartel da Garda Civil da localidade. O pasado ano, as instalacións eran obxecto de fondas obras de renovación, desenvolvento traballos de mantemento e substitución dos cadros eléctricos, a incorporación do sistema de ventilación para a renovación de aire, cambio de tubaxes, bombas de depuración, válvulas, manómetros ou a carga de area nos depósitos de depuración, entre algunhas outras.

    Tamén se renovou a piscina pequena (infantil) e no vaso da piscina grande repuxéronse as baldosas de cerámica.

    Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para os nenos, aseos e vestiarios. Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber. O horario de apertura é de luns a venres de 11 h a 13.30 h e de 15:30 h a 21.00 h pola tarde. As fins de semana funciona en horario continuo de 11 h a 21 h. A entrada xeral ao recinto custa 1,20€ pero para os nenos de entre 6 e 12 anos o prezo é de 0,90€. Para os máis pequenos a entrada é gratuíta.

    O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou o feito de que coas obras de mellora e acondicionamento levadas a cabo nos últimos tempos na piscina municipal de Arbo, “inclúense melloras sanitarias e de estética no recinto, mellorando a seguridade e asegurando a súa continuidade como un dos núcleos de reunión e entretemento da vila. Especialmente para os nenos de Arbo e para os numerosos pequenos que nos visitan nas vacacións de verán”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS