12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

    O BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

    A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de  “intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións” e na que se adoptou a decisión de manterse á marxe da conformación do novo goberno municipal, “e seguir traballando con responsabilidade dende a oposición”.

    Poñen en valor dende a Asemblea Local, “o feito de ter apoiado o cambio de goberno en Redondela respaldando a investidura da candidata do Partido Socialista”. Ademáis de engadir que “conscentes de que a veciñanza deulle un importante apoio a unha forza progresista, e outra que actúa no eido local, en alusión ao PSdeG-PSOE e AER, “debemos permitir que conformen un goberno composto por dez concelleiros e concelleiras”, explicou o portavoz nacionalista Xoán Carlos González.

    Na súa Asemblea Local, os nacionalistas non esqueceron facer unha análise dos votos recibidos na última cita eleitoral municipal, que lles permitíu subir ata os dous concelleiros. “Ante unha situación de minoría do novo bipartito, permitiranos incidir, e mesmo participar de decisións de calado beneficiosas para a veciñanza”.

    “Seguimos defendendo un Proxecto para Redondela, inxerido nun Proxecto de País, máis social, máis xusto, que se centre nas nosas potencialidades, que non se mire o embigo. Mais consideramos que un concelleiro e unha concelleira, non son suficientes para levar este modelo adiante. Respectamos o lugar onde nos colocaron os e as redondeláns, cos seus votos.” Non negan a responsabilidade que supón traballar á marxe do goberno municipal, para construír un novo modelo de sociedade.

    Xoán Carlos González lanza unha mensaxe de tranquilidade ao compromoterse “a seguir tanto eu, como a compañeira Yésica García traballando por defender aos colectivos e veciños e veciñas en xeral de Redondela, como sempre fixemos. Máis agora que lograrmos conectar con sectores que volven a vernos como verdadeiros interlocutores das súas problemáticas e das súas propostas”. Finalmente o voceiro do BNG salienta que as súas liñas de traballo basearanse “no rigor co que nos tén recoñecido moita xente, con lealdade coa veciñanza, co comprimoso co noso Proxecto político”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS