17.4 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasConta atrás en Ponteareas para 'Danzar entre Culturas' da 'Agrupación Folckórica Algazara'...

    Conta atrás en Ponteareas para ‘Danzar entre Culturas’ da ‘Agrupación Folckórica Algazara’ de Celeiros

    A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros presentaron unha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’ que terá lugar este domingo día 21 a partir das 22:00 h no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello Ponteareán, nesta edición como xa adiantaba Comarcas na Rede no seu momento, participarán grupos de países como EE.UU., Guinea Bissau, Martinica ou Galiza.

    Trinity Irish Dance Ensemble (TIDC) de EE.UU. foi fundado no ano 1990 dirixido polo director artístico Mark Howard na procura incesante de buscar medios de expresións orixinais mantendo un alto respecto pola tradición da danza irlandesa. O resultado é unha visión artística completamente nova e atractiva que vai máis aló da fonte sen perder o contacto coa súa esencia.

    TIDC ten colleitado éxitos en escearios de todo o mundo con entradas esgotadas en Europa e Asia tendo actuando no Centro Kennedy de Washington, nos teatros Joyce y New Victory de Nueva York, o Orchard Hall de Tokio e o Royce Hall de Los Ángeles, entre moitos outros.

    Associação dos Amigos da Criança fundou no ano 2000 o Grupo Cultural Netos de Bandim co obxectivo de crear un ambiente de integración sociocultural para a mocidade do barrio de Bandim nun contexto de post guerra militar (1998). Da necesidade de xerar espazos de convivencia a través da música e da cultura para grupos da sociedade que rozaban a extrema pobreza a gañar no ano 2010 o Festival de Cultura Tradicional Africana celebrado en Gambia, este grupo, que ten actuado en escearios de todo o mundo, traballa tamén pola educación a través da cultura.

    Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique naceu no ano 1966 e hoxe está presidido por Josélita Francisque co obxectivo de perpetuar a través da danza, da música e do baile a tradición e a cultura da illa Martinica.

    Por último, actuarán os organizadores de “Danzando entre Culturas”, a Agrupación Folclórica Algazara que xurdíu a partires dunha xuntanza de mozos e mozas co afán de conservala nosa tradición no folclore, tanto na danza coma na música, aló polo mes de novembro de 1997.Os membros da agrupación repártense entre as seccións de baile, gaita e pandeireta e as respectivas escolas, con idades comprendidas entre os seis e os setenta anos.

    Fernando Groba convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo único que brinda a ocasión de coñecer, totalmente de balde, outras culturas e formas de expresión. A danza e a música son o eixo común de todas as culturas do mundo e esta fin de semana aterran en Ponteareas tres delas cargadas de sons e movementos dos que non podemos desfrutar ao longo do ano.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS