12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaCarmela Silva clausura o obradoiro de escultura en pedra no centro penitenciario...

    Carmela Silva clausura o obradoiro de escultura en pedra no centro penitenciario da Lama

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo en pedra na clausura do curso que a Escola de Cantería desenvolveu durante os últimos meses no Centro Penitenciario de A Lama. A través deste obradoiro, que levou por título Elaboración de obras en pedra natural, dúas internas e nove internos formáronse nas técnicas para realizar pezas de artesanía en pedra, baixo a tutela do mestre canteiro Manuel Varela.

    O mestre canteiro foi felicitado pola presidenta provincial e longamente ovacionado polo alumnado que, nas súas intervencións resaltou “a súa entrega, dedicación e paciencia” no seu labor con todos eles e elas.

    Acompañada polas deputadas Olga García Ballesteros e Normé Outeda; pola directora do Centro Penitenciario, Teresa Delgado; o subdirector e do persoal de formación, Silva subliñou o “positivo balance desta experiencia” e visitou a exposición dos traballos feitos polo alumnado do curso ao longo dos últimos cinco meses. A presidenta da Deputación se dirixiu aos 11 internos e internas participantes, que recibiron os seus diplomas, para volver resaltar as oportunidades que presenta este oficio. “Creo que a cantería é unha profesión que permite desenvolver a creatividade –destacou-, que nos permite estar en contacto con algo tan noso como é a pedra, o granito. Desde que nacemos, nós miramos granito e mar. De feito, en Galicia, pero sobre todo na provincia de Pontevedra particularmente, somos mar e pedra. E polo tanto, temos unha paixón e unha capacidade especial para traballala. E algo que é tan duro, porque parece tan difícil de traballar, ao final somos capaces de facer unha obra de arte con el. Cando a directora me propuxo facer este curso aquí pareceume que era unha idea moi boa, porque a creatividade ás persoas nos axuda”.

    A presidenta do goberno provincial agradeceu aos internos e internas que comezasen e finalizasen este obradoiro, “porque da mostra de que queredes construír”, así como o labor desenvolvido polo mestre canteiro Manuel Varela, “que tamén tivo ideas como a de poder levarvos a coñecer a Escola”. “Quen sabe se vos volvo a atopar na Escola, dixo Silva, pero decidades o que decidades, que vos vaia moi ben –concluíu-. Deséxovos que poñades toda a carne no asador e que sexades felices”.

    Pola súa banda, a directora do centro penitenciario, Teresa Delgado, puxo en valor na súa intervención a colaboración da Deputación a través do eido da formación. “Grazas ao apoio de institucións como a Deputación podemos chegar a loitar pola vosa reinserción a través da formación”, sinalou. Felicitou aos once internos que recibiron os seus diplomas, e especialmente ás dúas internas que participaron, “por amosar co voso traballo e esforzo que a capacidade e actitude foi a mesma que á do resto dos homes, nun traballo de tradición masculina”.

    Ademais da mostra dos traballos, Carmela Silva tamén realizou unha visita por varios módulos do centro penitenciario, con parada nos obradoiros de barro e madeira onde conversou con varias internas e internos, e as instalacións do novo salón de peiteado que se acaban de rematar.

    O curso de cantería impartido por Manuel Varela comezou en febreiro e tivo unha duración de 220 horas. A acción formativa estaba encamiñada a que as persoas participantes puidesen coñecer as técnicas para facer obras de artesanía en pedra. Ademais de dotarse dunha base sólida no cálculo e execución das pezas, o alumnado foi quen de aplicar técnicas propias e aprender a recoñecer os distintos tipos de pedra e ferramentas. O obradoiro tamén afondou na correlación da cantería e a escultura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.