13.9 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda supera as...

    A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda supera as previsións máis optimistas da organización

    A Guarda acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se degustaron ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. Segundo datos recollidos dos restauradores participantes, en total servíronse preto de 500 kg de langosta nos 3 días de duración desta edición, destacando a masiva afluencia de comensais o que provocou que se superaran novamente as previsións e se esgotasen moitos dos 24 pratos ofertados.

    A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira ofertaba a veciñanza e visitantes, un total de 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que tiña un prezo de 25 €. Contouse ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas ou polbo. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

    A xornada do domingo da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira arrancaba coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Cara ao mediodía continuaba a xornada cun concerto acústico do grupo Awen e os comensais comezaban a encher por terceiro día a carpa habilitada no Porto para a ocasión.

    [ngg src=”galleries” ids=”19″ display=”basic_thumbnail”]

    Pola tarde houbo nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos, congregando a máis dun cento de rapaces e rapazas. Tamén pola tarde celebrouse unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».

    E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrouse unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.

    A XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira puxo o seu punto final a unha nova edición cargada de actividades e, sobre todo, boa gastronomía que propiciou unha excelente acollida de comensais, provenientes de toda a península, que non quixeron deixar pasar esta oportunidade para degustar os 24 pratos ofertados.

    A Guarda despide a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña coma un evento plenamente consolidado, dando xa a benvida tamén ao XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra do 11 ao 14 de xullo. Precisamente este mediodía facían a súa chegada boa parte das embarcacións que participan neste encontro, nun convoi que partiu dende as Illas Cíes, despois de navegar dende diferentes puntos da xeografía galega.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS