ponteareas

'Algazara danzando entre Culturas' o domingo no Parque da Feira Vella de Ponteareas

O vindeiro domingo, 21 de xullo ás 22 horas, o Parque da Feira Vella –con entrada totalmente de balde– encherase de sons, inusuarias por estas terras, dos grupos que participarán nunha nova edición do Festival Internacional 'Algazara, danzando entre Culturas' e no que participarán, amais da anfitriona Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros , o Trinity Irish Dance Ensemble dos EEUU; Netos de Bandim de Guinea Bissau e Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique da Martinica. 

Comezou sendo unha cita á que acudían grupos e formacións doutras comunidades autónomas do Estado e que permitía aos veciños e veciñas gozar do máis que variado folklore e tradición existente neste país. Logo, con moito traballo, esforzo e sacrificio, decidiron que as fronteiras máis inmediatas quedábanselle curtas e ampliaron horizontes, pasando a transformarse nun festival internacional de referencia.

danzando entre culturas 2019 02

Hoxe, anos despois, o Festival Internacional 'Algazara, danzando entre Culturas' non só é unha das citas tradicionais do verán ponteareán, senón que é o un dos festivais folklóricos internacionais de referencia no sur de Galicia e un excelente escaparate onde amosar o que, en materia de música e danza tradicional, se fai noutros países. Deste xeito, veciñanza e visitantes –moitos e variados nas datas nas que andamos– non só poden acceder ás músicas e cultura dos países participantes, senón que –tanto ou máis importante– ver o excelente nivel da Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros.

É desas citas que oa afeccionados a música e ao baile, non se poden perder.