Os socialistas da comarca do Baixo Miño mantiveron no día de onte en A Guarda unha xuntanza co deputado autonómico Julio Torrado, para analizar os orzamentos autonómicos para o ano 2020 que están en fase de tramitación. Os socialistas esixen “seriedade” á Xunta de Galicia, coa que manifestaron a súa “decepción” por uns orzamentos que obvian algunhas cuestións esenciais para a comarca, pero que pola contra presentan partidas “repetidas” ano tras ano.
“
Torrado pregúntase se á Feijoo non “se lle cae a cara de vergoña prometendo ano tras ano investimento na VAP Tui-A Guarda sen que nunca se execute realmente”
Como principal exemplo Torrado sinalou os 3 millóns de euros que se inclúen para a VAP Tui–A Guardia, que xa foron incluidos nos orzamentos do ano pasado, nos de 2018, nos de 2017 e xa dende os de 2016, pero en ningún deses casos foron executados. Este caso evidencia o “fume habitual” que os orzamentos traen consigo, “pero que despois non hai nada detrás”.
Dende o PSdeG do Baixo Miño apuntan a que existen “necesidades reais” que a Xunta non está “nin entendendo ni atendendo”, e poñen por exemplo a dotación de medios materiais e humanos nos centros de saúde e especialmente no PAC de A Guarda, para o que demandan un equipo a maiores no servizo de urxencia, para poder cubrir con maiores garantías a poboación dos concellos de Oia, A Guarda e O Rosal.
Os socialistas anuncian a presentación de emendas para tentar de correxir os orzamentos para esta comarca, e adiantan que esixirán que o Partido Popular “se retrate de verdade” porque advirten que non aceptarán as “excusas de mal pagador de pretender fialo todo á existencia de partidas xenéricas que semellan máxicas porque nelas caben todas as promesas, aínda que logo non aparecen nunca”.
As emendas socialistas irán encamiñadas a demandar un maior compromiso na VAP, e a reforzar os servizos públicos, coa inclusión da citada demanda sobre o PAC ou as melloras en centros educativos, e tamén un maior compromiso medioambiental coa mellora nas redes de saneamento de concellos como Tomiño ou O Rosal.
Dende o PSdeG agardan que o PP comarcal se sume a estas demandas, “que o son de toda a cidadanía” e insta aos populares do Baixo Miño a que aclaren a súa posición e que esixan da Xunta de Galicia “que non se queira tomar o pelo á comarca”.
O
Goberno de Redondela denunciou hoxe o que consideran “un novo
insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos
da Xunta de Galicia para o 2020, “non se contempla nin un euro para
a reforma da Avenida Mendiño” e tan só se consignan 100.000
euros, a metade do pasado ano, para as obras de Mellora de abrigo no
Porto de Cesantes.
Lembra
o goberno redondelan que o 26 de febreiro deste ano, cunhas eleccións
municipais á vista, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez,
visitaba Redondela para anunciar “xunto ao exalcalde Javier Bas o
investimento de 1,6 millóns de euros na reforma da Avenida Mendiño
a través do que máis lle gustaba ao goberno popular: as
infografías”. Nesa visita, Vázquez aseguraba que as obras
“licitaránse en verán, xa que o proxecto está redactado”.
Como
outros moitos grandes proxectos, di o executivo que preside Digna
Rivas, “demostrase tempo despois que non eran máis que anuncios
puramente electoralistas”. Eses anuncios, engade a alcaldesa de
Redondela, “quedan agora en evidencia xa que para esa obra os
Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, non recollen nin
un só euro”.
Unha “remodelación integral” que non o é tanto
Algo parecido acontece do Porto de Abrigo de Cesantes que o goberno do PP anunciaba como unha Remodelación Integral cun investimento previsto de 6 millóns de euros “tal e como figuraba nun Plan Integral asinado no 2011 polo excalcalde Javier Bas e Xunta de Galicia” e que, o pasado ano xa deixou de ser “Remodelación Integral, para converterse en ‘Mellora de abrigo’, e dos famosos 6 millóns, os orzamentos destinaban a ridícula cantidade de 200.000 euros”. Para o vindeiro ano, aclara a alcaldesa de Redondela, “rizando o rizo, esa cantidade queda na metade, e para unha obra de extraordinaria importancia para a nosa xente da mar, consígnanse 100.000 euros”.
É
lamentable que un goberno da Xunta, que se da por sentado que ten que
gobernar para todos e todas as galegas e, polo tanto “para todos os
municipios baixo criterios de equidade”, elabore uns orzamentos
“absolutamente arbitrarios favorecendo aos concellos que lle son
afíns e esquecendo, por completo ao resto”.
As
obras da Avenida Mendiño e da suposta Reforma Integral do porto de
Cesantes, que non é tal, “non son máis que dous exemplos da forma
na que gobernou o PP en Redondela durante oito anos, a base de
infografías, proxectos imposibles de cumprir ou anuncios baleiros de
todo contido”.
“O
goberno que presido, –recalcou Digna Rivas– non vai quedar
cruzado de brazos mirando como se despreza ao cuarto municipio da
provincia e como se lle falta ao respecto, de xeito continuado, á
súa veciñanza” polo que, a alcaldesa redondelá, adiantou que
“utilizaremos todos os medios ao noso alcance para esixir, da Xunta
de Galicia, o cumprimento dos compromisos adquiridos con este
municipio e coa súa cidadanía”.
Debido as obras da nova avenida que exercerá de variante e permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano do centro de Tomiño, a localización actual da parada de autobuses (transporte regular e escolar) situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada ‘Tomiño Praza’, foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia Iglesias, no barrio de A Rocha).
O
Concello de Tomiño comunicou o cambio ás correspondentes empresas
encargadas do transporte regular e escolar.
Coma
xa se informara en anteriores ocasións, o novo esquema de estradas e
a nova avenida permitirá derivar o tráfico que nestes momentos pasa
polo núcleo da vila, cara ao exterior, proporcionando unha mellora
substancial da calidade urbana e da seguridade viaria.
Ademais
está previsto nun futuro, eliminar o tráfico da zona onde está
situada actualmente a parada de autobuses, coa humanización da zona
e por ese motivo se pretende que o cambio da parada sexa definitivo.
Máis dun cento de persoas participou este mediodía en Patos na novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este).
Así, de 11:00 a 12:00 horas os voluntarios (entre os que estaba o alcalde de Nigrán, o edil de Medio Ambiente e o de Actividades Marítimas) recolleron 6 sacos cheos fundamentalmente de microplásticos, cabichas, paus de cotonetes ou chupa-chups, envoltorios… e unha tubaxe duns 4 metros de lonxitude.
As
limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao
voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais.
Son actividades de concienciación e educación ambiental que
permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos
mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como
avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver
para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de
cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén
do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora
mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un
risco para os seres humanos.
O
Concello de Nigrán, como xa ven facendo co ‘Proxecto Ríos’ de
Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da
nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas
invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as
medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes
impactos.
A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas a III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso a Categoría Nacional e o CPA Condado de Salvaterra asinou un extraordinario papel co acceso á categoría nacional de Ruth González en alevíns, mentres que Dubra Outeiro, en categoría infantil, quedaba ás portas do ascenso.
En categoria Rexional Alevín, Candela Gil se facía coa prata entre un total de vinte e unha patinadoras.
En categoría infantil de primeiro ano, magnífica actuación das patinadoras do Condado Alia Balboa e Zoe García, que se facían co bronce e coa sétima praza respectivamente dun total de vinte e oito patinadoras. En Categoría infantil de Segundo ano María De Sa remataba na sexta posición.
En Categoría Cadete de primeiro ano, prata para Daniela Rodríguez e sétima praza para Aldara Balboa e en Cadete de segundo, ano sétima praza para Lucia Soto dun total de dezanove patinadoras.
Estes resultados avalan o bo traballo que está a facer o CPA Condado na formación de patinadores e animan “ás súas patinadoras e patinadores a seguir traballando para as futuras competicións”.
O
Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o
proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía
de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa,
a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.
Os
traballos realízanse con cargo, ao cen por cen, ao plan DepoRemse da
Deputación de Pontevedra, contan cun orzamento de 254.868.02€ e
estarán rematados en poucas semanas.
Retirada da ‘torre’ de Fenosa e prioridade para os peóns
Coa
obra perséguese recuperar a conexión entre o centro urbano e a zona
escolar, mellorar a mobilidade e seguridade e tamén acrecentar a
calidade ambiental en todo o ámbito.
Os
traballos no aparcadoiro inclúen a retirada da torre de Fenosa, unha
antiga demanda da comunidade escolar, e definirán os espazos de
aparcamento e de tránsito peonil. Na rúa Rosalía de Castro
amplíase unha das beirarrúas, quedando aparcamentos en liña, e
crearanse espazos da calidade ambiental usando o formigón impreso
como elemento construtivo.
Na
Praza de San Agustín increméntase o espazo, pasando a ser de
plataforma única onde predominará o empedrado, que lle confire
prioridade aos peóns.
Cambios no tráfico
Durante
a obra está a haber cambios puntais no tráfico como o acceso aos
aparcadoiros do cemiterio e a rúa Rosalía de Castro é
temporalmente de entrada e saída.
Nos
vindeiros días, co avance das obras, a rúa Doutor Martínez será
de dobre sentido dende a Circunvalación só para residentes ao estar
interrompido o acceso á Praza de San Agustín.
O
tráfico, unha vez rematadas as obras será diferente ao actual,
acollendo algunhas das demandas veciñais e as propostas de estudo de
mobilidade urbana. A rúa doutor Martínez Rodríguez será de acceso
a centro urbano e a rúa Rosalía de Castro permitirá a circulación
en dirección ao Colexio, as dúas de sentido único de circulación.
Finalmente, a rúa Esperanza cambiará o sentido do tráfico pasando a ser descendente e a parada de taxis situarase no espazo de aparcamento entre a Igrexa e a Praza Maior.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu hoxe unha carta ao presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, na que lle recorda “que as administracións locais non están supeditadas a ningunha outra administración, e que é a propia Constitución a que establece o principio de autonomía local que debe ser respectado por todas as administracións”.
Por elo, Silva informa que o orzamento da
Deputación de Pontevedra se presentará “no órgano ante o que hai
que presentarllo que é o pleno provincial, onde se defenderán os
seus criterios e os seus contidos, e no que a oposición terá a
posibilidade, como ten que ser, de presentar as súas alternativas e
posicionamentos”.
Na carta a Santalices, Carmela Silva reiterou a súa plena disposición a sentarse co presidente da Xunta de Galicia “para falar de todas aquelas cuestións que permitirían o avance social, político, cultural e económico da provincia de Pontevedra, e para establecer todos aqueles mecanismos, instrumentos, proxectos e propostas en aras de manter a colaboración interinstitucional”.
A presidenta da Deputación insistiu en que “precisamente trátase disto, colaboración interinstitucional e non de que as administracións locais, neste caso as Deputacións provinciais, teñan que ir á administración autonómica a dar conta do que recollen os seus orzamentos para a transformación dos ámbitos políticos nos que teñen competencias”.
“
“Ao igual que o presidente da Xunta non ten que vir ao pleno da Deputación a presentar os orzamentos que se van a destinar á provincia de Pontevedra e os presenta no pleno do Parlamento Galego, a presidenta da Deputación presenta os seus no pleno provincial”
En todo caso, Silva sinalou tamén que o
orzamento da Deputación se remitirá ao órgano autonómico
competente tal e como así se sinala nas normas legais. A presidenta
provincial dixo que “non podemos continuar a asumir que somos
administracións dependentes das Comunidades Autónomas o do Estado,
porque non o somos. Ao igual que o presidente da Xunta non ten que
vir ao pleno da Deputación a presentar os orzamentos que se van a
destinar á provincia de Pontevedra e os presenta no pleno do
Parlamento Galego, a presidenta da Deputación presenta os seus no
pleno provincial. Parece que este debería ser o modus
operandi”.
“Desde logo, dixo Silva, non imos a ser
cómplices de seguir a profundar nesa dependencia da administración
local que parece que pretenden algunhas comunidades autónomas. Iso
vai en contra do que establece a Constitución, os Estatutos de
Autonomía e as normas polas que se establecen relacións de igual a
igual no conxunto das administracións públicas”. “É máis,
engadiu a presidenta, o propio Consello de Estado, noutro ámbito de
análise, sinalou con todas claridade que as entidades locais non
teñen a obriga de dar conta das decisións que toman no seu ámbito
de competencia a ningunha comunidade autónoma, e tamén sinalou que
as administracións autonómicas non poder impor ás entidades locais
a comparecencia e participación nos seus órganos cando estes non
teñen que ver directamente con competencias da administración
autonómica”.
Por desgracia, es una palabra demasiado conocida para los gallegos, la de los incendiarios. Pero hay varios tipos de incendios. Están los de sobra conocidos por todos nosotros que año tras año destruyen nuestros bosques haciendo que nuestros hermosos paisajes verdes se conviertan en negro carbón o los que en California siguen devorando árboles, coches y casas, o los que sufrieron los habitantes de Barcelona en en sus calles donde se quemaron centenares de contenedores. Después están los que alimentan nuestros queridos políticos con sus actos y sus palabras.
Después de lo ocurrido la semana pasada, que nos dejó sin palabras, en esta seguimos con el esperpento total y deriva sin rumbo de la política en nuestro país. Por un lado tenemos el traslado de los restos de Franco, una suerte entre espectáculo casi macabro de adoración a un dictador, de un quiero pasar a la historia por algo y sólo por volar en el Falcón no lo voy a pasar. Todo esto ha sido un sinsentido que, por encima, ha echado combustible a algo que los ciudadanos de a pie estaban dejando en el olvido, pero que gracias al de las gafas dentro del avión hemos vuelto a sacar a relucir, así que ahora no nos quejemos si los de la extrema derecha empiezan a resurgir de sus cenizas.
Por cierto y hablando del Falcón, nuestro querido presidente que esta semana estuvo por Barcelona, cómo no podía ser de otra forma, utilizó dicho aparato para llegar hasta la ciudad condal, y por supuesto para volver, y del aeropuerto a la Moncloa, en helicóptero, que el paisaje es más bonito desde el aire. Mientras, por carretera, se desplazaban los coches blindados. Eso si es pensar en el medioambiente, pero claro, después tengo que pagar en el supermercado 5 céntimos por la bolsa de plástico por la contaminación…
Bueno, entre viajecito y viajecito no tuvo tiempo de hablar con el Torra, que parece ser que lo estuvo llamando por teléfono. Claro que el individuo en cuestión también es otro buen incendiario. Si uno usa gasolina de 95 octanos el otro directamente utiliza la de 119 octano de la F1 de los años 80. Si la semana pasada le parecía poco todo lo que estaba pasando y se fue el mismo a cortar una autopista, esta semana ha llamado de nuevo a la rebelión proponiendo un nuevo “referendum” en el que solo voten los independentistas, no vaya a ser que pierdan. Hay que investigar a los Mossos por haber ayudado a la Policía, porque su deber era estar con ella, no ejerciendo su labor de agentes del orden. Eso si es intentar calmar a la población y que todo vuelva a la normalidad y recuperar la imagen de la ciudad y de la gente de Barcelona, que ha quedado muy dañada con todo lo ocurrido. Por cierto a su alcaldesa, la verdad, es que no se la ha visto mucho, ¿estaría en Barcelona o se marcharía a Bélgica?
La verdad es que todo esto llega en un momento que parece una tomadura de pelo y más teniendo en cuenta que tenemos de nuevo unas elecciones generales a la vista, en una semanas. ¿De verdad que esta es la gente que nos representa? Sinceramente, no me inspiran para nada a ir a votar, pero por otro lado, es un derecho que, para conseguirlo hizo falta que mucha gente sufriera y dejara su vida, así que también duele el no ejercerlo.
Lo que si tenemos claro, es nuestra intención de seguir ofreciendo buenas recomendaciones semana tras semana y en esta ocasión os proponemos, por un lado, a uno de los mejores compositores de nuestro país, un gran desconocido para muchos, pero una verdadera maravilla musical, el catalán Roger Subirana con su último trabajo ‘Symbiphonic’ y por otro lado, un viaje a la Capaddocia de la mano de Jeff Johnson & Phil Keaggy, espero que los disfrutéis.
Roger
Subirana, un hombre que entre nuestros seguidores no necesita
presentación, sin lugar a dudas, el mejor compositor en estos momentos
de nuestro país, un hombre que en diversas ocasiones hemos comentado que
si estuviera en hollywood, hoy por hoy, sería uno
de los grandes compositores de la actualidad y es que disco tras disco,
banda sonora tras banda sonora, se encarga de seguir demostrándolo y
éste su nuevo disco, no hace más que reafirmar mis palabras.
‘Symbiphonic’, así se titula éste disco, según el propio compositor, ‘Symbiphonic’ proviene de la unión entre simbiosis y sinfonía. El resultado musical que surge de la unión entre lo orgánica (naturaleza, instrumentos clásicos como pianos, flautas, guitarras,…) y lo artificial (sintetizadores, electrónica, …). Define, también, la simbiosis que se produce entre la música y el compositor.
Después de leer sus palabras y escuchar éste disco, simplemente, me he quedado sin ellas, de lo mejor que he escuchado en los últimos tiempos, empezando por el espectacular corte inicial ‘Cyberworld’ un tema en 3D que se debe de escuchar con auriculares para disfrutar en su plenitud, el fantástico ‘Voices’ que por cierto, hay un bonustrack del mismo en versión 3D, la versión décimo aniversario de ‘Point of no return’, ‘Horizons’, …, en fin cualquier de los temas que conforman éste trabajo son simplemente sensacionales y el dejar de mencionarlos, es un sacrilegio, por cada uno de ellos, tiene algo, tiene su alma propia y cuando lo escuchas, te hace trasladar a otro lugar, a otro tiempo, simplemente deseas que no se termine nunca para seguir volando en esa preciosa sinfonía.
Jeff Johnson no es un desconocido para nuestros seguidores y éste
trabajo es el tercero en el que colabora con el guitarrista Phil Keaggy.
‘Cappadocia’ nace a raíz de las experiencias y sensaciones que el compositor adquirió y sintió en su viaje a esa zona de Turquía, la Cappadocia, un lugar que todos lso que lo han visitado dicen sentir algo especial y en el caso de Jeff no ha sido una excepción.
Dividido en en ocho cortes, debo de reconocer que ha sido uno de los discos que más me han gustado en lo que llevamos de año, con emas largos que se van desarrollando poco a poco, quen van adquiriendo significado a medida que va creciendo, porque cada uno de los temas de éste trabajo tienen vida propia y hay que ir degustando cómo si de un plato de un gran chef se tratara, dejando que los sabores se vayan mezclando pocoa a poco y que se vayan adueñando de nuestros sentidos y que el cocinero Jeff junto al cocinero Phil han creado éste fantástico plato de degustación llamado ‘Cappadocia’.
O goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha prórroga do acordo marco que rexe a prestación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Deste xeito, o servizo prorrogarase entre xaneiro de 2020 e xaneiro de 2021 cun custe de 174.480 euros dos cales a Deputación achega o 50 % e os concellos o 50 % restante.
“Como saben, cando chegamos á Deputación de Pontevedra existía xa un convenio de Teleasistencia a través do cal se estipulaba que a institución provincial cubría o 34% do custe real do servizo. Nós modificamos este convenio de tal forma que a Deputación pasou de cubrir o 34 % do custe a cubrir o 50 %, de tal forma que para o vindeiro ano achegaremos 87.240 € dos 174.480 € que supón o servizo, é dicir, a metade”, asegurou a presidenta da Deputación.
A empresa que se encarga da prestación do servizo de xestión da Teleasistencia Domiciliaria é Quavitae Servicios Asitenciales S.A.U. nun total de 46 concellos entre os que se atopan Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos, Gondomar, O Grove, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilanova de Arousa.
Nestes
momentos, a través da Teleasistencia Domiciliaria estase a dar
servizo a 630 persoas que precisan dunha atención continuada. Deste
xeito, o servizo vai dirixido a persoas que viven soas ou pasan
grande parte do día en soidade, persoas con idade avanzada,
diversidade funcional, illamento social, enfermidade, situación de
risco psicosocial ou físico. Todas e todos eles poden seguir vivindo
no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, xa que con só
pulsar un botón dáse resposta inmediata ás situacións de
emerxencia no fogar, 24 horas ao día e 365 días ao ano. Para elo,
as persoas usuarias deben ter liña telefónica, xa sexa fixa ou
móbil.
Ademais
da atención continua, as 24 horas dos 365 días do ano, prográmanse
tamén actividades dirixidas a persoas usuarias, para mellorar as
súas capacidades a través de actividades lúdicas.
Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.
Os veciños alertaron do lume pasadas as 21:15 horas ao decatarse das chamas que saían polo tellado. Pese a rápida resposta dos bombeiros ponteareáns, o lume estendeuse por todo o inmoble e, cando conseguiron entrar na casa, atoparon no interior a un home na cama. Os esforzos realizados polos profesionais das Urxencias Sanitarias, non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Os bombeiros de Ponteareas deixaban o lugar do suceso pasada a unha e media da mañanciña para atender outra chamada de urxencia, permanecendo no lugar dos feitos os persoal do parque do Porriño para evidar que houbera rescaldos que reavivaran o lume.
Emma Pedreira volve a sorprender cun traballo arriscado. «As fauces feroces» trata de ser unha novela, pero afástase dos estereotipos clásicos da estrutura novelesca na procura de novos camiños, dende unha liña intimista e introspectiva debuxada por catro mulleres protagonistas e algunhas outras que transitan ao seu arredor. Son elas as que levan todo o peso desta reflexión sobre a maternidade e a sexualidade que, no fondo, é unha reflexión sobre distintas formas do amor. Nun prólogo asinado pola tamén escritora Eli Ríos, xa anuncia que hai moito máis que o que se ve a simple vista, e apunta ao papel histórico da muller na sociedade como elemento aglutinador do conxunto, enseguida entenderemos por que.
Antes de nada permitídeme explicar que estamos diante dun traballo moi fragmentario no que cada capítulo é a peza dun crebacabezas que nos dará a imaxe global. As primeiras pezas e, en realidade, a maior parte do peso da historia, recae sobre unha nai, Elsa, e a súa filla, Ela. A primeira sentiuse desprazada dende o nacemento da segunda ata o punto de fuxir do entorno que a agoniaba e procurar novos afectos. A filla reflexiona sobre as razóns da ausencia da nai e a repercusión que iso tivo no seu desenvolvemento afectivo e emocional. E unha e outra fano a través dunha especie de monólogos interiores nos que a memoria ten un protagonismo especial e que pretenden ser cartas pero que, no fondo, son esas reflexións intimistas das que falamos máis arriba.
Este discurso enlaza con outra relación epistolar, esta vez máis tradicional, entre dúas monxas: Benedetta Carlini e Bartolomea, personaxes históricos que viviron a Contrarreforma relixiosa dos séculos XVI e XVII. Neste caso, a primeira é sometida a confinamento na súa cela logo de relatar varios episodios místicos; a segunda, encargada de destapar a presunta falsidade das súas visións, acaba por se converter na súa amante.
Estas catro mulleres, e tamén unha Ava, amante ocasional de Elsa, ofrécennos as súas reflexións máis íntimas para darlle forma á historia que Emma Pedreira nos presenta nesta peculiar mestura de realidade e ficción coa que afonda, como dixemos, en distintas facetas do amor: o que deriva da xenética e o que deriva do instinto. Considero salientable e moi reveladora pola profundidade psicolóxica que desprende, a parte relativa á maternidade e a esa visión íntima dos sentimentos que pode chegar a xerar, algo que aos homes nos semella vedado e ao que podemos aproximarnos a través deste relato.
Á marxe das mulleres descritas, son escasos os personaxes masculinos e acostuman a saír bastante mal parados. Un pai evasivo e marxinal, un grupo de escritores con ansias de sentar cátedra coa palabra, un presunto anxo concupiscente e con ínfulas de voyeur, e unha xerarquía eclesiástica decidida a someter as voces discrepantes, conforman o grupo dominante que exerce de contrapunto dos roles femininos debuxando un panorama realista e pouco aleccionador sobre o papel da muller. Velaí o rol feminino ao que apuntaba Eli Ríos no prólogo. Coido que esas poderían ser as “fauces feroces” ás que alude Emma Pedreira no título.
O bo que ten a autora é que domina a palabra coa destreza dun croupier presentando unha prosa coidada na que cada palabra está xusto no seu sitio e na que, de cando en vez, deixa caer faíscas de lirismo que aínda engalanan máis o texto. Esa perfección na escrita xunto á escritura fragmentaria á que aludimos máis arriba, fan da lectura deste breve relato unha experiencia amena e gratificante, amais de enriquecedora.
A concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas que dirixe Verónica Carrera informou que dende onte venres 25 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais.
Estas axudas están destinadas
ás entidades que desenvolvan programas para promover o benestar
social da cidadanía do Concello de Ponteareas, a través de accións
ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social,
fomento e sensibilización da participación cidadá ou igualdade de
oportunidades entre homes e mulleres, que se realicen durante o ano
2019.
Con esta subvención, dotada de 10.000 €, darase apoio ás entidades sociais que impulsan actividades destinadas a persoas maiores, persoas con diversidade funcional, persoas con algunha adicción, etc, en xeral a inserción na sociedade de colectivos desfavorecidos e o fomento da igualdade.
Verónica Carrera informa que as bases poden consultarse na páxina web do concello de Ponteareas no apartado ‘axudas e subvencións’ ou accedendo directamente dende esta ligazón.
Trinta postos cos mellores produtos artesanais, obradoiros, charlas e excursións guiadas son os ingredientes que fan que cada ano a Feira de Outono de Ponteareas sume siareiros. Os postos de produtos de outono, de primeira calidade, encherán a Praza Maior para brindar aos clientes a oportunidade de mercar alimentos e produtos de hixiene e beleza elaborados de xeito artesán que non se atopan nas superficies comerciais habituais.
Fariña de trigo autóctono, xeados ecolóxicos, xabóns naturais, licores, queixos de todo tipo, chocolates, mel e cogumelos son algúns dos produtos que poderemos atopar na Feira de Outono de Ponteareas.
Se
a todo isto lle engadimos castañas asadas recén feitas, moita
animación e doses de coñecementos prácticos para mellorar a nosa
vida diaria… temos en Ponteareas a fin de semana do día 2 e 3 de
novembro o plan perfecto.
O venres día 1 os xogos tradicionais e as actividades infantís sobre a estación do outono abren esta nova edición da feira ás 17 horas. Ás 18:30 no salón de plenos terá lugar unha charla micolóxica e ás 19:30 horas Sergio Cobos presenta o libro “Bailegramas”. Ás 20:30 horas comeza o obradoiro de iniciación ao baile tradional para estar listos para bailar no serán de outono que comezará ás 21:30 horas co grupo Lagharteiras. Chourizo, viño, chocolate e rosquillas serán os reconstituíntes para os que bailen e gocen no serán de outono.
O sábado día 2 e o domingo 3 os postos da feira estarán abertos dende as 11 ata as 20 horas. Fanfarria Farruxa animará o acto inaugural e pecorrerá as rúas do centro urbano. Ás 11:45 o chef Iván Méndez ofrecerá un showcooking eleborando en directo receitas con produtos de outono e posterior degustación. Ás 16:30 horas terá lugar a saída micolóxica guiada e a degustación gratuíta de viño galego será ás 19 horas. A Banda da Balbina estará en concerto ás 20 horas dispostos a facer bailar e rir a todo o público.
O
domingo os postos volverán ofrecer os mellores produtos tradicionais
e ecolóxicos e na sesión vermú ás 12 horas haberá degustación
de balde de vemú animado por Voces do Arrieiro. Ás 17:30 será o
magosto e ás 19 horas o concerto de Ardentía. A feira pechará as
súas portas premiando á clientela co sorteo de dúas cestas con
produtos de todos os postos. Ademais, cada compra poderá ter
premio porque nos postos se ofrecerá a posibilidade de obter
pequenos agasallos sorpresa.
A tenente de alcalde e concelleira de Eventos, Cristina Fernández, explica que a Feira de Outono “ademais de fomentar o consumo dos produtos de tempada e artesáns, ofrece actividades didácticas que nos achegan á terra e dinamizan o comercio local atraendo visitantes”.
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, prepara unha festa infantil con motivo da celebración do Samaín, a tarde do xoves 31 de outubro de 2019. Para festexar esta tradición, os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de obradoiros temáticos donde poderán preparar “bebidas monstruosas, realizar arañas terroríficas e maquillarse a faciana de calaveras mexicanas ou de zombie”.
Ademáis, ás 18:00 h dará comenzo o espectáculo interactivo infantil ‘A Bailar Esqueletes’, a cargo do grupo Animar-T; unha hora e media chea de medo, maxia, cantaxogos, globos xigantes, confeti, concurso de baile, e moitas sorpresas máis.
A festa terá lugar en horario de 17 h a 20 h no Auditorio V Centenario de Baiona, por previsión de choivas. Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986 385 921.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno aprobará o día 29 a concesión das subvencións dirixidas á 102 entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia. A institución investirá un orzamento de 499.000 euros no montante destas axudas e Carmela Silva quixo salientar “o labor que desenvolven na sociedade” as entidades beneficiadas, que prestan atención a colectivos en situación de especial vulnerabilidade.
Silva explicou que as 102 entidades están radicadas en vinte concellos e as subvencións foron adxudicadas “tendo en conta os principios de igualdade, transparencia, non discriminación e obxectividade”.
Engadiu a presidenta da Deputación que as axudas “teñen como obxectivo a realización de proxectos orientados á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar de colectivos que estean en especiais circunstancias e que sen dúbida precisan do apoio das administracións para poder ofrecer todos os servizos fundamentais que están a prestar”.
Máis polo miúdo, Silva citou que, entre outros, os proxectos subvencionados inclúen programas de respiro familiar, bancos de alimentos, terapias para persoas maiores, obradoiros, actividades de orientación e apoio á mocidade LGTBI, programas de acollida e desenvolvemento persoal da muller, actividades para persoas con enfermidades mentais, cancro, esclerose, autismo ou artrite entre outras doenzas; iniciativas para a prevención do alcoholismo; pedagoxías para nenos e nenas con diferentes dificultades; obradoiros para a prevención da violencia de xénero entre a mocidade; servizos de orientación laboral; vivendas tuteladas ou albergues para transeúntes ou proxectos de intervención socioeducativa.
“Son proxectos que cobren as necesidades básicas da sociedade –indicou–, en particular de aqueles colectivos que están nunha situación de especial vulnerabilidade ou que precisan unha atención específica”.
Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ao Concello do tramo da N-120 ao seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
A cesión solicitouse en 2015 por acordo da Corporación Municipal porriñesa, a instancias da veciñanza de Cans que recolleu firmas e trasladou a proposta ao entón concelleiro de Obras, Marcelino Coto.
Recentemente, o pasado 11 de setembro, a alcaldesa Eva García lembrou por carta ao ministro de Fomento, José Luis Ávalos esta reivindicación que finalmente será facilitada polo Ministerio de Fomento segundo a resposta remitida por Javier Herrero, Director Xeral de Estradas do Ministerio, tamén a través de carta que acaba de recibirse no Concello.
Lembremos que
segundo o acordo plenario que se adoptou hai catro anos, que ese
tramo da N-120 sexa cedido á titularidade municipal é fundamental
xa que ata de agora calquera veciño que quere acometer unha obra ten
que solicitar autorización ó Ministerio. Asimesmo a cesión ó
Concello permitirá acometer a humanización dese vial e sacar o
tráfico pesado desa zona, con cargo a unha partida do propio
Ministerio de Fomento, segundo se solicitaba.
Por outra banda, no mesmo escrito, o responsable ministerial contesta a outra demanda do Concello porriñés que, dende hai tempo, vén requerindo a mellora do acceso á Autovía A-55. A resposta de Fomento condiciona unha solución ao proxecto de novo trazado da Autovía A-52 entre O Porriño e Vigo que conlevaría remodelar o enlace de Sanguiñeda coa A-55, “o que redundará nunha mellor conexión co Porriño”. Dito proxecto require tramitación ambiental, será sometido a información pública unha vez que se aprobe provisoriamente.
O goberno local de Ponteareas amosouse optimista ante a tramitación da aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta. O alcalde Xosé Represas explicou que a Dirección Xeral de Urbanismo xa iniciou hai varias semanas a revisión do Plan aprobado en agosto e requiríu documentación ao Concello coa intención de aprobalo definitivamente no prazo de 3 meses.
Concretamente, a Xunta solicita 39 fichas de elementos patrimoniais, das máis de 2.500 coas que conta o Plan enviado á Dirección Xeral. A concelleira Chus Garrote explicou que “o equipo redactor non adxuntara esas poucas fichas, unha cuestión menor, doada de subsanar e que non conleva ningún retraso para a aprobación definitiva”.
Tamén requiren a subsanación
dalgunhas incidencias, de carácter informático, detectadas na
reprodución dixital dalgúns documentos.
Represas e Garrote explicaron que “estas solicitudes da Xunta entran dentro do habitual na tramitación dos PXOM por ser documentos moi complexos con milleiros de documentos e centos de planos” e non descartaron novas subsanacións formais. Parte do solicitado foi enviado xa directamente por correo electrónico co visto e prace Xunta e para outros é necesaria a formalidade da aprobación no Pleno.
Respecto ás críticas da oposición, o alcalde amosouse “sorprendido polo interese do PP e ACIP na tramitación dun PXOM que rexeitaron cos seus votos e que, se deles dependese, aínda non estaría na Xunta”.
Pola súa banda Chus Garrote amosou a súa satisfacción “pola grande preocupación que o PP e ACIP teñen agora porque o Plan se aprobe definitivamente”.
A
Casa do Concello de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a
presentación do ‘II Torneo Intercentros de Xadrez’, nun acto
presidido pola alcaldesa Digna Rivas, acompañada polo promotor da
iniciativa, o profesor de Matemáticas do IES Pedro Floriani, Miguel
Ángel Vidal; concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e
representantes dos distintos centros escolares redondeláns.
Da
importancia e aceptación deste torneo fala o feito de que, en tan só
dous anos, case que se duplica o número de participantes, pasando
dos 80 do primeiro ano, aos 150 cos que se contará nesta segunda
edición que se disputará diante do Concello de Redondela, en
horario escolar de mañá, o venres previo á Festa do Choco 2020, no
vindeiro mes de maio.
O
II Torneo Intercentros de Xadrez de Redondela presenta novidades
importantes respecto á primeira edición. Por unha banda, no torneo
participarán non só centros escolares do municipio de Redondela
senón que tamén o farán os de Soutomaior “expandido fronteiras”
como se dixo na presentación e abrindo posibilidade de que, en
vindeiras edicións, “participen en calidade de invitados outros
municipios que contan cunha tradición en xadrez”.
A
segunda novidade, reside na modalidade de xogo xa que ás partidas
individuais “tradicionais” engádense ás partidas para catro
xogadores e xogadoras “por parellas mixtas, de cara a fomentar
activamente a igualdade”, sinalábase na presentación.
Miguel
Ángel Vidal, explicaba que as partidas de xadrez por parellas
tiveron xa unha pequena proba en Zaragoza, pero facíanse “de xeito
individual xogando cada participante para si contra os outros tres”.
O Torneo Intercentros de Redondela va máis aló e “por primeira
vez en España, xogarase por parellas mixtas, é dicir, formando
equipo”.
Na
presentación deste Torneo, entregóuselles aos centros escolares
taboleiros de xadrez especialmente deseñados para “as partidas por
parellas” e as normas polas que se rexerán as partidas “que son
practicamente iguais ás do xadrez tradicional, agás pequenas
variacións”.
Quería Miguel Ángel Vidal –alma mater da materia curricular de xadrez publicada no DOG– chamar a atención sobre o feito de que, con este Torneo Intercentros de Xadrez de Redondela, búscase potenciar “o xadrez educativo e non o de competición”. Nese sentido Vidal subliñaba que o xadrez educativo “está enfocado como unha ferramenta metodolóxica para traballar distintas competencias educativas” e dicir, que non se utiliza para formar xogadores e xogadoras “xa que para iso están dos distintos clubs e a Federación”.
Trátase, polo tanto, de utilizar o xadrez para traballar competencias matemáticas, lingüísticas, e fomentar aspectos como a concentración, o silencio, o traballo en equipo, a igualdade e a integración. “O xadrez, por poñer un exemplo –apuntou Miguel Ángel Vidal– tense amosado como unha ferramenta moi útil para traballar cos nenos e nenas que teñan hiperactividade”.
Pola
súa banda, o concelleiro de Cultura e Turismo, Daniel Boullosa,
sinalaba a importancia deste torneo como medio “de favorecer un
intercambio tanto cultural coma turístico con outros concellos que
teñan tradición en xadrez”. Boullosa non descartaba abrir esta
iniciativa, en vindeiras edicións, “ao norte de Portugal e chegar
a convertelo nun Open Internacional nado en Redondela”.
Na
súa dobre faceta de alcaldesa e concelleira de Igualdade, Digna
Rivas agradecía a Miguel Ángel Vidal “que organizara esta edición
pensando na igualdade e dándolle visibilidade a través de partidas
mixtas”.
Rivas
lembraba que o Goberno de Redondela “loita pola transversalidade da
igualdade en todas as áreas” polo que no xadrez, aseguraba, “tamén
ten que estar presente”. “As mulleres somos o 52 % da poboación
e, porén no xadrez a maioría dos que se coñecen como referentes
son homes”, explicaba.
Animaba
a alcaldesa de Redondela, a seguir o exemplo “de mulleres como Vera
Menchik ou Sonja Graf que, no século XIX, foron auténticas
revolucionarias na loita de igualdade de xénero no taboleiro de
xadrez”, e amosaba a súa satisfacción ao lembrar que “o pasado
ano, na primeira edición, dúas nenas estaban entre os gañadores, o
que fai patente o pulo que as mulleres temos en todos os aspectos,
xadrez incluído”.
O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa ‘Música e viño no teu camiño’ promovido por Eu Rural e financiado por ‘O teu Xacobeo’. A presentación desta actividade tivo lugar no mediodía de onte venres na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sandra González, presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.
O evento comezará ás 18 h na praza de San
Fernando onde se poderán degustar viños Quinta Couselo, Terras
Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona e concerto de Best Boy ao
prezo de 2€. E a banda tudense Best Boy, liderada por Ángel
Sánchez e Lucas Fernández, actuará novamente na cidade.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, manifestou que
é un orgullo que este programa promovido por Eu Rural se peche en
Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, e que amais o
faga cun grupo tudense. Destacou o rexedor a importancia de
actividades coma ésta que poñen en valor un ben inmaterial coma é
o Camiño de Santiago.
Sandra González, a presidenta de Eu Rural e
alcaldesa de Tomiño, destacou o obxectivo do programa que é
promocionar os produtos locais presentando ao tempo unha alternativa
de ocio con música. Destacou tamén a boa acollida que tivo “Música
e Viño no teu camiño” na Guarda e en Redondela onde se celebraron
xa eventos similares aos de Tui.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente,
convida a asistir e disfrutar deste evento este domingo na cidade.
Ángel Sánchez, destacou que para Best Boy é un
pracer volver a tocar en Tui, nun concerto que para eles será moi
especial ao ser un reencontro con amigos e público. Destacou tamén
como a Cultura xoga un papel moi importante na potenciación do
turismo e do desenvolvemento.
O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, asegurou hoxe que o PXOM deberá ir novamente a aprobación plenaria logo de que o Secretario Municipal “sinale no seu informe que o documento debe volver a aprobarse na súa totalidade e que non puido comprobar a documentación enviada”.
Nese sentido, González Carrera afirma que a Xunta de Galicia “require documentación que o Concello non enviou trala aprobación de PXOM no Pleno da Corporación” o pasado día 12 de agosto.
A Xunta, segundo o portavoz de ACiP, enviou un requirimento con data 2 de Septembro de 2019 no que solicita ao Concello unha serie de documentación, indicada en nove folios enviados pola administración autonómica nos que se sinala que hai “multitude de planos que enviaron en branco, documentos sen asinar correctamente polo secretario dando fe da súa aprobación no pleno, planos de zonas de ordenación que non existen, falta de exposición ao público de distintos convenios, erros en cartografía de núcleos e planos de cartografía que non delimita os núcleos”.
Juan Carlos González cualifica isto de “falta de responsabilidade do goberno” xa que, explica, “mentres o documento non estea presentado correctamente no rexistro da Xunta de Galicia, non se iniciará o seu estudo para comprobar se cumpre coa lexislación vixente” xa que o prazo de tres meses “non comeza a contar ata que estea toda a documentación correctamente presentada”.
ACiP considera tamén grave que no mesmo informe do secretario, sinálese que o Concello está a incumprir a normativa da Lei de Protección de Datos, “pois teñen datos persoais dos veciños nos listados existentes das alegacións presentadas no tramite de exposición ao público e que se atopan na páxina web do Concello”.
ACiP asegura ter denunciado sempre que o PXOM “non se fixo en base ao consenso cos veciños e defendendo os seus intereses” e insiste en que este documento “non se pode desenvolver, mata o crecemento do noso rural e será o final do comercio local xa que o PXOM crea zonas de máis de 8.000 metros cadrados para un gran centro comercial”.
Mañá sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio ‘Francisco Sánchez’ sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense, historiador e colaborador deste xornal, Rafael Sánchez Bargiela.
No seu percorrido, que rematará na Catedral, os
participantes desprazaranse por diversos lugares da cidade
relacionados con personalidades do mundo literario e cultural. Así
a ruta pasará polo barrio do Rollo, onde se situaba a casa familiar
da familia Álvarez Limeses e onde iniciaron a súa andaina literaria
Xosé María e Emilio Álvarez Bláquez, o Seminario Conciliar onde
estudaron autores como Teodosio Besteiro Torres ou Camilo Bargiela,
para continuar polo monumento ao arcebispo Lago (na rúa Ordoñez
obra de Xoán Piñeiro) que posúe un notable conxunto de poemas en
lingua galega, sen esquecer nomes como, entre outros, Camilo José
Cela, Faustino Rei Romero, Manuel María ou Eliseo Alonso aos que se
lembrará ao longo do traxecto desta ruta literaria.
Con esta actividade a Biblioteca Pública
Municipal tudense tenta achegar un amplo e escasamente coñecido
acervo cultural que a nosa cidade agocha; as vellas rúas tudenses
teñen inspirado a numerosos escritores, tanto de Tui como foráneos,
moitas páxinas de creación literaria que agora se pretende achegar
aos veciños e lectores. Esta visita é unha primeira etapa doutras
novas rutas que no futuro se realizarán ofrecendo novos autores e
novos textos.
A celebración do ‘Día da Biblioteca’ é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.
A celebración desta data, á que se suma a
Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar
entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura e
destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e
integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os
tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do
cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura
a todos os cidadáns.
O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía
franquista da fachada da Igrexa de Santa María unha vez que reciba
autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello
instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para
limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de
xullo. A limpeza da fachada efectuaráse con vapor seco, segundo
require a Xunta de Galicia da que depende Patrimonio.
Ambas actuacións consensuaronse polo goberno municipal porriñés coa diócese de Tui-Vigo e co cura párroco da igrexa de Santa María. Asimesmo consultaronse cos grupos políticos do BNG, EU Son e UDDL.
A actual Igrexa de Santa María data de 1913. Fora construída sobre o antigo templo que ameazaba ruina, baixo deseño do arquitecto Felipe Quintana. A obra foi financiada por catro filántropos porriñeses Ramón Gónzalez, Servando Ramilo, Manuel e Enrique Rodríguez.
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo protagoniza, este domingo día 27 no Auditorio Municipal de Ponteareas, ás 19 horas, o Concerto Extraordinario de Outono no que a banda ponteareá estará dirixida polo seu director titular, Javier Blanco.
A
banda tocará en colaboración co guitarrista Xosé Antonio
Rodríguez, músico e docente na especialidade de guitarra no
Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
A Xuvenil de Xinzo interpretará un programa de elevada dificultade técnica e formado por pezas de orixes e características moi diversas. Os asistentes poderán escoitar obras que irán dende o pasodobre galego, ata o poema sinfónico, pasando pola pequena sinfonía para orquestra de ventos. O concerto estará dirixido por Javier Blanco, Director titular da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
O
director explica que esta cita representa para a banda a primeira
meta no proceso de preparación dun repertorio complexo “cremos
que é moi importante incluír concertos destas características na
nosa programación, tanto polo que supoñen no proceso formativo dos
alumnos da nosa escola e dos membros da banda, como pola labor de
difusión que se realiza, xa que non hai moitas oportunidades de
escoitar este tipo de repertorio ou a solistas do nivel de Xosé
Antonio Rodríguez”.
A
entrada ao auditorio municipal será libre, ata completar o aforo
máximo de 500 persoas.
O Concello de Nigrán estreou esta mañá con preto de medio cento de maiores o seu programa municipal ‘Coñecendo a pé a nosa contorna’, consistindo este nunha andaina polo camiño portugués pola costa dende Priegue á Ramallosa (fíxose neste sentido inverso para rebaixar a dificultade).
O Concello dispuxo dun autobús gratuíto dende A Ramallosa e a camiñanta, de preto de 3 horas, incluíu sendas visitas ao Pazo de Cea (Nigrán) e ao de Pías (A Ramallosa), ademais dunha merenda a base de froita e auga.
O
obxectivo deste novo programa de lecer deseñado para a xente de
idade é promover o exercicio físico e a socialización, dúas
cuestións fundamentais para manter unha vida saudable.
O Goberno local de As Neves vén de aprobar que se destine o remanente do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra á realización de dous proxectos de importancia para o Concello: dunha banda o remate das obras do Campo Municipal de Fútbol, ás que se destinarán 47.000 €, e doutra á mellora da área de lecer de San Cibrán de Ribarteme, por un total de 26.760,54 €.
Creación dunha zona de xogos na antiga Escola de Ribarteme
Esta área está situada na parte posterior da antiga escola da escola da parroquia e, como demandaron reiteradamente as veciñas e veciños, precisa dunha actuación que permita a súa recuperación.
Tendo en conta iso, segundo a memoria do proxecto, vaise crear neste lugar un espazo de xogos acondicionado á orografía actual do terreo e mantendo a actual cuberta vexetal.
Como xa se fixera na Escola Infantil de Rubiós, haberá xogos de madeira, unha pequena casa, un circuito para cativos de entre 5 e 14 anos, e dúas novas porterías na parte do campo que se emprega na actualidade para xogar á pelota.
O vindeiro domingo, día 27 de outubro, a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro celebra a súa particular festa da esfollada e recolleita de millo. Nesta festa levaranse a cabo diversas actividades para todos os públicos. Comezarán as 11 da mañá coa ruta de tractores, se alguén se quere anotar para acudir co seu tractor debe facelo no teléfono: 637 764 865.
Mentres, na área recreativa do muíño da ponte, estarán levándose a cabo a tarefa de recollida do millo, pola tarde dará lugar a esfollada do millo, actividades para os máis cativos e o seu magosto.
Todo isto estará amenizado por tres grupos de música tradicionais como son: Airiños da Sementeira, Bordóns de Ghaita e Naiama.
Persoal e maquinaria da concesionaria ‘Ascan’ co apoio de funcionarios e técnicos do Concello do Porriño realizaban hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse. Os traballos permitiron retirar un plataneiro situado dentro do recinto de xogos, e tres tilos.
Dos tilos talados hoxe, un era centenario e outros dous máis novos que están diante do acceso principal hotel situado no Parque do Cristo. Primeiramente retiráronse as polas para, posteriormente, proceder ao talado dos troncos pola base.
Estas catro árbores eran as que presentaban maior grado de deterioro e polo tanto risco de caída segundo a avaliación realizada pola consultora ‘Adoa’ e súmanse aos cinco que xa se talaron en semanas anteriores.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, sinalou que en breve recibirá un informe máis amplo da consultora para determinar cantas árbores máis están podres e polo tanto son susceptibles de ser talados tamén. Na actualidade, no parque do Cristo quedan 25 árbores, a meirande parte tilos.
Cen motos e 150 participantes pecharon a inscrición do «Terras Meigas Rider Roadbook 2019», un evento que arrancará por segundo ano consecutivo dende diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer, guiándose cun roadbook ou libro de ruta, as comarcas do Condado e da Paradanta e grande parte da provincia de Pontevedra chegando ata concellos ourensáns como o de Melón.
Este ano a proba presenta unha novidade e convértese en internacional adentrándose nas localidades fronteirizas portuguesas.
Os e as motoristas terán a
ocasión única de descubrir puntos de grande interese paisaxístico
e tamén poderán admirar boa parte do noso patrimonio histórico.
Ademais de degustar produtos locais tradicionais como as rosquillas
de Ponteareas ou o requeixo das Neves.
Chegadas de distintos puntos
da xeografía española e portuguesa tomarán esta fin de semana o
noso concello grazas á iniciativa do ponteareán José Manuel
Peixoto que, co apoio de voluntarios e colaboradores, deseñou unha
ruta de asfalto e outra de modalidade trail para que,
independentemente do tipo de moto, todos e todas as afeccionadas
puideran participar.
A ruta de asfalto percorrerá na xornada do sábado 330 km e na do domingo 121 km, mentres que a trail fará 276 km na mañá e tarde do sábado e 111 km na mañá do domingo. As dúas alternativas partirán o sábado ás 10:00 horas de diante do concello e rematarán no Paseo Matutino na cafetería Balú para cear no Centro Artístico Sportivo e desfrutar coa actuación de Manquiña no Jota.
O domingo as motos arrancarán
as nove da mañá dende o Paseo Matutino para percorrer a fondo
algunhas parroquias do noso concello e algúns concellos veciños da
nosa comarca e de Portugal. A xornada remata ao mediodía no centro
de interpretación co río Tea (CITEA) no que reporán enerxías e
desfrutarán da música de Voces do Arrieiro. Pero esta non é a
única actuación musical xa que tamén actuará Gabriel Cracium e a
música de Loop discomovil en diferentes puntos da ruta.
O concello porá a disposición
dos participantes o pavillón do instituto Val do Tea para pernoctar
na noite do sábado para o domingo.
A tenente de alcalde e concelleira de Eventos, Cristina Fernández, agradece o esforzo da organización e salienta a importancia deste tipo de eventos “que atraen visitantes e contribúen na dinamización da economía local”.
A alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, anunciou a posta en marcha dun proxecto que se desenvolverá ao longo de catro anos, de cara a poñer en valor distintos espazos municipais a través dun proxecto educativo do IES Salvaterra. Con este fin, a rexedora local mantivo un encontro do vicedirector do centro, José Quiroga e a profesora de Arte, Paloma Romero.
O programa ten como obxectivos fundamentais, por unha banda, a colaboración do traballo directo cos Centros Educativos, e doutra, a implicación dos máis novos na valoración e recuperación dos entornos máis deteriorados da vila a través de proxectos educativos como decoración de bancos públicos ou expresións artísticas a través de grafitis.
Deste traballo de recuperación eo posta en valor, encargaríanse os máis de 20 alumnos e alumnas matriculados nestes momentos en Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
Con esta iniciativa, explicaba a alcaldesa Marta Valcárcel, “búscase potenciar a nosa historia e cultura”. Os espazos inicialmente contemplados para desenvolver estas actividades serán os pasos da vía do tren e as paredes da zona deportiva das piscinas municipais.
A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, convida a todas as familias a desfrutar das actividades programadas para a festa do Samaín que terá lugar o vindeiro xoves día 31 no parque da Perillana.
A partir das 17:30 h e ata as 20:00 horas ofreceránse obradoiros de pintacaras e de cabazas con posterior exposición e durante toda a tarde haberá animación musical, festa e un magosto infantil.
Na Perillana tamén se entregarán os premios do concurso de relatos ‘Ai mamasiña que medo’ no que participaron os cursos de 5º e 6º dos colexios Feliciano Barrera de Guláns, Santiago de Oliveira, Mestre Reveriano Soutullo e Fermín Bouza Brey.
O deputado e voceiro do grupo socialista na Deputación de Pontevedra, Carlos Font, denunciou hoxe “o veto intolerable do Partido Popular ás persoas representantes da institución, que este venres tiñan confirmada a súa presenza no acto de celebración do XXV Aniversario da Asociación de Empresarios de Mos”. Font explicou que “a nosa deputada tiña sido invitada a intervir no evento e horas despois, de xeito incomprensible, a Deputación foi alertada pola organización de que, amais de que non podería participar, só terían a palabra a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o vicepresidente da Xunta e presidente do PP provincial, Alfonso Rueda”.
Font denunciou “as lamentables prácticas dos populares, que se dedican a presionar aos diferentes colectivos para que nos actos que organicen non teñan voz as administracións que non gobernan eles”. O deputado sinalou que “entendemos que a Asociación de Empresarios de Mos viuse obrigada a modificar o protocolo que xa había confirmado á Deputación de Pontevedra, porque coñecemos perfectamente as presións que están a exercer desde a Xunta e o Partido Popular que, –engadiu Font– só se pode achacar ao nerviosismo que xa non poden controlar ante a inminencia das eleccións xerais e autonómicas”.
O deputado provincial rematou dicindo que “é inadmisible que nunha democracia que xa cumpriu corenta anos, haxa partidos como o PP que utilice o poder institucional para obrigar a colectivos e asociacións a cambiar os seus protocolos e facer aquilo que lle din”. En calquera caso, dixo, “tampouco podemos sorprendernos demasiado de actitudes como estas da alcaldesa de Mos ou do presidente provincial Alfonso Rueda, cando son a práctica habitual como ben coñecen as asociacións da provincia”.
Para o venres 25 está previsto un Mitin do Partido Popular en Redondela, coa presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, o que supón para o BNG “unha oportunidade única para anuncie a revogación da autorización que dende o seu goberno se concedeu a Casa de Xogos, a carón da zoa escolar da Marisma”, apuntan dende o BNG redondelán.
Esta proposta remóntase ao mes de abril deste ano, no que dende a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior concedeu autorización para instalación deste establecemento de apostas e xogos, “que contempla entre outros unha ruleta, perto de vinte máquinas de xogos e cinco de apostas”, sinalan os nacionalistas.
Dende que saltou a voz de alarma, medrou a preocupación veciñal polas posíbeis repercusións entre a veciñanza en xeral e a mocidade en especial. “O máximo responsábel de que esta actividade se poña en marcha en Redondela, vai ser Feijóo, polo que dende o BNG emprazámolo a que somentes veña a dicirlle aos e ás redondelás, que vai cursar instrucción para que revogue dita autorización, se non é así, o mellor é que se quede por Compostela”.
Recordan
dende o BNG, que o anterior alcalde Javier Bas, era coñecedor da
solicitude e no canto de obstaculizar e informar á veciñanza,
“dedicouse a facer campaña eleitoral co seu famoso barrio das
artes, a escasos metros deste Salón de Xogos. Algo totalmente
inmoral”, afirman
Para os e as nacionalistas, ademáis da preocupación e rexeitamento social, “a ubicación do Salón de Xogos, incumpre parte da normativa, posto que se sitúa a menos de 150 metros da Escola e Conservatorio de Música”. Ademáis a proximidade a toda a zoa escolar e deportiva da Marisma, sitúan á xente moza como obxectivo número un deste tipo de negocios.
Nun escrito presentado ante a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior polo voceiro municipal Xoán Carlos González, o BNG pedía “a revogación da autorización por incumprir o artigo 67.5 do Regulamento de Máquinas Recreativas e de Azar”.
Finalmente, a formación nacionalista remata a súa nota “apoiando a Manifestación que contra as Casas de Apostas, váise celebrar o sábado 26 ás 19 h dende a Praza de Ponteareas en Redondela”.
A apertura dun local dun ‘Salón Recreativo e de Xogo’ en Redondela, –nome co que figura no expediente que obra no Concello– ou local de apostas como asegura a veciñanza, vén de xerar unha grande inquietude social. Inquietude que sube de tono ao ter en conta o lugar da súa ubicación, a Avenida Ernestina Otero, camiño obrigado cara a zona escolar, ás instalacións deportivas e as zonas de ocio da mocidade.
Na mañá de hoxe e na Casa da Cultura, Ana María González Soto, da ANPA do IES Mendiño; Damián Mo, un pai que participa a nivel particular, e Berto Covelo, do colectivo ‘ArteLixo’ eran a voz da Coordinadora contra a Casa de Apostas de Redondela á hora de anunciar a mobilización que terá lugar o vindeiro sábado, 27 de outubro ás 19 horas.
Dende que se coñeceu a noticia da apertura deste local, sinalaba Ana María González, desenvolven concentracións todos os luns e as fan “á saída dos nenos e nenas cos colexios para darlle unha mair visibilización a este problema que temos en Redondela”.
A maiores das mobilizacións semanais, a Coordinadora comezou a desenvolver un traballo de concicenciación en todos os aspectos, dende o social con recollida de firmas e información sobre o problema que supuña a apertura dun local destas características, ata o institucional presentando no Pleno da Corporación unha moción para conseguir o apoio do Concello “moción que todos os partidos aprobaron por unanimidade”.
Damián Mo subliñaba a importancia da participación de todos os veciños e veciñas “para amosarlle aos grupos políticos que a veciñanza non está de acordo coa apertura deste establecemento”. Estamos a dicir ben claro, dixo, “que non queremos casas de apostas en Redondela”.
Berto Covelo salientaba a labor que está a facer a Coordinadora “porque as concentracións e a información que estamos a dar está dando lugar a un debate”, esas mesmas concentracións, sinala Covelo “sirven para desnormalizar esa lacra”. O xogo e a ludopatía, afirmaba, “é a nova heroína coa que lles toca loitar aos nosos fillos” de ahí que recalcase a necesidade de que a cidadanía se manifeste este sábado “porque é un problema que afecta a unha parte da poboación de Redondela que son os nosos fillos e fillas en idades temperás e na adolescencia”.
Os datos, sinalaban os representantes da Coordinadora, son “máis que alarmantes” e amosan que estamos ante perigo real xa que “en tan só catro anos, os casos de ludopatía incrementáronse nun 300 %”.
Para Berto Covelo, o perigo é o intento que se está a facer “por normalizar” esta situación e citaba “os constantes anuncios na televisión, equipos de fútbol que nas camisetas levan publicidade de casas de apostas, futbolistas e famosos que anuncian as apostas deportivas…”. Por iso mesmo, non entende a cidadanía que prohibírase a publicidade do tabaco e do alcohol ” e porén con isto non se fai o mesmo a pesar de que está demostrado que é unha enfermidade e, en lugar de buscar medios para erradicala, estase intentando a súa normalización”.
Damián Mo era claro ao dicir que “é un negocio ao que non lle miro nada positivo para a cidadanía. Calquera negocio ofrece un servizo a poboación pero, este negocio, o único que fai é que a mocidade engánchese á ludopatia”.
A ollada política tamén tiña o seu espazo na rolda de prensa e apuntábase directamente á Xunta de Galicia “que daba unha autorización para este local e non só daba esa autorización, senón que a reforzaba cun informe favorable á apertura dunha casa de apostas na ubicación en que se pensa abrir” aseguraba Berto Covelo e engadía que “ese mesmo partido que goberna na Xunta e alí da autorización, apoianos aquí cousa da que nos congratulamos”.
No encontro coa prensa, púxose sobre a mesa tamén a “incongruencia” do permiso de apertura. A Xunta concede un permiso no mes de abril –explica Berto Covelo– “cando un mes depois, en maio, iníciase o borrador para cambiar a Lei e, con ese borrador na man, esa casa de apostas non podería estar aí”. “Estamos a falar da historia dunha contradicción”, afirmou.
Éntre as medidas máis inmediatas, amais da manifestación do vindeiro sábado, está a de presentar alegacións “unha vez que se inicie o período de exposición pública posto en marcha polo Concello”. A Coordinadora ten un grupo de traballo “para explicarlle á xente a realidade da situación, orientala á presentación de alegacións a maiores das que presentaremos nós”. “Imos facer presión aínda que chegue a abrirse. Non a queremos, nin aí, nin en ningún outro lado, pero aí seguro que non”.
Se a sociedade en xeral está inquieta coa apertura deste local de apostas, –as máis 3.000 firmas recollidas ata o momento contra a súa apertura son boa mostra diso– non é menos o malestar da comunidade educativa que se reflicte no feito de que, “absolutamente todas as ANPAS de Redondela están involucardas na Coordinadora”, asguraba Ana María González.
O certo é que a cidadanía de Redondela está a decir non á casa de apostas, local de xogo, ou como se lle queira chamar. A mobilización do sábado é un principio xa que se algo quedou claro na rolda de prensa desta mañá, é que a Coordinadora non parará ata conseguir os seus fins. “Non imos deixar sos aos nosos mozos e mozas ante este problema”, aseguraban.
É evidente que sós non estarán porque, como sinalaban, están a recibir apoios de colectivos e particulares doutros concellos conscientes de que, o problema que hoxe vive Redondela e que ameaza seriamente ao sector máis novo da poboación, maña afectaralles a eles nos seus municipios. Se as administracións que teñen competencia nesta materia non adoitan medidas urxentes, so será cuestión de tempo.
Arroz, pasta, leite, galletas, atún e sardiñas en conserva, legumes, froita e verduras en conserva e aceite de oliva son os produtos que máis precisa o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas e por iso a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e o grupo ‘Os do Condado’ piden a colaboración da cidadanía para que, todos e todas as que poidan, aporten este domingo, 27 de outubro, algúns destes produtos.
As persoas inscritas na andaina de regularidade ‘Ponteareas25km’ darán exemplo e amosarán o seu lado máis solidario, como tamén o farán os da Ruta Solidaria de 12 km. O resto da veciñanza tamén poderá contribuir simplemente achegándose ata as dez da mañá ao punto de saída e entregando á organización esta grande axuda.
Esta
marcha, organizada en colaboración con Xistra, sairá dende a Praza
Maior ás 09:00 horas para chegar a senda do Tea, Mondariz por paseo
de Troncoso, cruzar Pías, Castro de Troña, Castelo do Sobroso,
Picaraña e retornar ao pavillón.
A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming.
Pola súa banda, a inscrición da proba de 12 km Ruta Solidaria de Ponteareas debe realizarse nesta ligazón cumprimentando o formulario anexo.
A marcha solidaria de 12 km sae ás 10:00 h tamén da Praza Maior, percorrendo a senda do Tea ata o Cristo do Piñón e regreso por Ribadetea ata enlazar coa senda do Tea e chegar ao pavillón.
Marcha sen plásticos
Seguindo
na liña da redución do consumo de plástico, os e as participantes
deberán levar cantimploras porque non se repartirán vasos
plásticos.
Rosa Covelo, concelleira de Medio Ambiente, agradece o traballo do grupo ‘Os do Condado’ e de Xistra e salienta a importancia deste tipo de actividades “que nos achegan ao medio natural e nos permiten coñecer lugares de alto valor ambiental e histórico”.
A concelleira convida a participar en familia e involucrar á mocidade para que faga seu o legado natural “para protexer, hai que coñecer. Só amosándolles o noso patrimonio medioambiental poden chegar a respectalo e amalo”, asegura Covelo.
Todas estas iniciativas, ademais, camiñan na liña dos obxectivos marcados dentro da estratexia de futuro ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’.
A
Alcaldía de Redondela vén de anunciar a apertura dun período de
información pública sobre expediente de apertura dun Salón
Recreativo e de Xogo na vila. O prazo de exposición será de 20 días
hábiles a partir do momento da súa publicación no Boletín Oficial
da Provincia.
A alcaldesa Digna Rivas adoptou a decisión cinguíndose ao marcado na lei 10/2017 ‘de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia’ no que fai referencia á concorrencia de razóns de orde pública, seguridade pública, saúde pública e protección do medio ambiente, sinala que será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica “para o suposto da apertura de establecementos abertos ao público […] ou que presenten unha especial situación de risco…”
Considera
o Concello de Redondela que a apertura do local en cuestión concorre
con estes preceptos “por cando a actividade de xogo ten unhas
características intrínsecas que fan necesarias unha intervención
por parte da Administración”. Sinala a alcaldesa Digna Rivas que é
preciso establecer “mecanismos que ofrezan seguridade ás persoas
participantes nos xogos e que garantan a protección das persoas
menores de idade”.
Para Digna Rivas, o período de exposición pública abre as portas a que a veciñanza ou as persoas xurídicas, poidan examinar o expediente “e formular todas aquelas suxestións, observacións ou alegacións que consideren oportunas”.
O Concello, sinalo a Alcaldesa, “independentemente da opinión que sobre a apertura deste tipo de establecementos teña cada quen a título particular, non ten máis ferramenta que a aplicación da legalidade”. Nese sentido, engade Rivas, “unha administración non ten medio de impedir a apertura deste tipo de establecementos unha vez que teñan cumpridos todos os trámites establecidos pola lexislación vixente”.
En todo caso, Digna Rivas amosa a súa coincidencia con outros moitos alcaldes e alcaldesas que piden, á Xunta de Galicia –que é a que ten competencias nesta materia–, “un cambio máis que necesario na regulamentación deste tipo de establecementos”. Dende os concellos, explica, “estanse a solicitar medidas urxentes para a creación de ‘zonas de exclusión’, de tal xeito que a Administración Autonómica regule, de xeito claro, a prohibición de establecer este tipo de locais en zonas escolares, lugares de reunión da mocidade ou lugares de paso frecuentes de menores de idade”. “Mentres a Xunta non tome medidas –engade Rivas–, os Concellos temos as mans atadas”.
O Equipo de Goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) lamentaron a actitude “pouco colaboradora” do Partido Popular de Salceda ante a solicitude de cambio de data do Pleno ordinario que se celebrará este venres 25 de outubro, e que non incluirá puntos na parte resolutiva da orde do día. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, cualificou a postura dos populares de “irresponsable” e asegurou que “decidiron non colaborar coa acción de goberno antepoñendo os seus intereses aos intereses da veciñanza”.
O Goberno local explicou que nesta semana rematan os períodos de exposición pública dos Orzamentos Municipais, o Regulamento de Honras e Distincións e o Regulamento Orgánico Municipal (ROM), polo que o equipo de goberno trasladoulle ao PP a intención de aprazar o Pleno ordinario dúas semanas “para poder introducir a aprobación definitiva destes tres puntos e evitar así a celebración dun Pleno extraordinario, que supón un esforzo tanto económico como administrativo para o Concello”.
Porén, asegura o executivo que preside Loli Castiñeira, o Partido Popular “aproveitou a ocasión para respostar con unha chantaxe ao Goberno Municipal, pedindo a inclusión de novos puntos a maiores, materialmente imposibles de realizar no período de 15 días proposto”, co agravante, engade o Goberno local, “de pedir a inclusión de temas responsabilidade dunha Concelleira que se atopa de baixa laboral”.
Os grupos de goberno “lamentaron a actitude irresponsable” do Partido Popular que, afirman, “prefire manter un Pleno ordinario baleiro na súa parte resolutiva sabendo que iso conleva a celebración dun Pleno extraordinario, co custo administrativo como económico que supón para o Concello”.
Cómpre salientar que a celebración de cada Pleno supón retribucións para cada un dos concelleiros e concelleiras do Partido Popular e tan só para un concelleiro do Equipo de Goberno que non ten adicación, polo que esta negativa “pode atender a fins exclusivamente económicos”, afirma o executivo local.
Dende MS e PSOE solicítanlle ao PP que “en vez de adicarlle tanto tempo á campaña electoral das xerais dedíquense a facer o seu traballo de oposición en Salceda en tempo e forma, pois para iso os elexiron os veciños e veciñas”.
Concello de Nigrán e «Cineclub Alice Guy-Val Miñor» ofrecen este xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a longametraxe danesa ‘La Caza’. Un profesor de parvulario recibe unha falsa acusación de pederastia. Na pequena comunidade onde habita empeza a recibir a exclusión e mesmo o acoso dos seus veciños mentres intenta demostrar a súa inocencia.
Jagten (A caza) é unha produción da prestixiosa compañía danesa Zentropa, fundada en 1992 por Lars Von Trier e Peter Aalbaek Jensen, que se deu a coñecer por lanzar a mediados dos noventa o movemento Dogma, ideado polo propio Trier e o director desta película, Thomas Vinterberg, co obxectico de recuperar certa esencia do cinema desposuíndo os seus filmes dos recursos técnicos empregados tradicionalmente pola industria, do mesmo xeito que fixeran no pasado certas tendencias vangardistas como a ‘nouvelle vague’.
Un dos filmes máis representativos deste movemento será Festen (Celebración), que no ano 98 pon a Vinterberg no punto de mira internacional. O Dogma, sen embargo, é xa un movemento finiquitado e pouco ou nada queda das súas propostas en Jagten, salvo algún emprego puntual da cámara en man e certo apego a contar historias cunha base argumental envolvente e un guion moi elaborado. Isto último é unha das grandes virtudes de Jagten, considerada como mellor guion nos Premios do Cine Europeo do 2012, así como a interpretación de Mads Mikkelsen, premiado como mellor actor no Festival de Cannes por este traballo.
Estamos
ante un filme coa vontade de impactar ao espectador a través da
progresiva baixada aos infernos do seu protagonista, tocando un
asunto moi polémico na actualidade e diseccionando aspectos
universais como a capacidade de destrucción dunha mentira cando se
propaga nunha comunidade e o valor da confianza e da amizade.
Sen
dúbida, un dos títulos imprescindibles dos últimos anos.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Deportes, David Alonso, mantivo hoxe unha reunión con Marta Costas, presidenta do Club Deportivo Pontellas de cara a estudar a solicitude de axude loxística e económica realizada pola directiva do club porriñés, para poder afrontar “a histórica participación do C.D. Pontellas na Copa do Rei”.
O club porriñés deberá xogar unha eliminatoria a partido único, o vindeiro día 13 de novembro, fronte ao Tolosa, formación que milita no Grupo 4 do País Vasco da Tercera División.
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes comprometeronse coa presidenta do C.D. Pontellas a que o Concello estudará a viabilidade de sufragar, co cargo ao erario municipal, a viaxe e aloxamento do plantel porriñés en terras vascas.
Lembremos que no caso de superar esta previa, o Pontellas xogaría na seguinte rolda da Copa do Rei contra un equipo de Primeira División. O teórico rival non sería ningún dos catro que están a xogar a Champions League, é dicir, Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid ou Valencia.
En todo caso, a posibilidade de que o Pontellas xogase outra rolda da Copa do Rei contra ‘un primeira’, garantiría non só un magnífico espectáculo deportivo, senón unha boa ‘taquilla’ para o club porriñés que, previsiblemente, tería que buscar un campo alternativo con maior capacidade –como habitualmente fan todos os equipos modestos do Estado– e para o que xa soaron os campos de Barreiro, O Vao e Pasarón.
O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. A actividade estaba programada, inicialmente, para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este. Así, a praia de Patos formará parte este sábado dende as 11:00 horas da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.
Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse no mail [email protected] aportando nome e teléfono de contacto ou directamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9 h a 14 horas (986 365 000). A duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11 h (punto de encontro local de Prado Surf en Patos ás 10:45 h) .
As
limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao
voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais.
Son actividades de concienciación e educación ambiental que
permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos
mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como
avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver
para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de
cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén
do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora
mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un
risco para os seres humanos.
Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.
O
Concello de Nigrán, como xa ven facendo co ‘Proxecto Ríos’ de
Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da
nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas
invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as
medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes
impactos.
O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián ás 17:30 horas, terá lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais. José Manuel Pereira ‘Nel’, tomiñés afectado por esta enfermidade, impulsa esta Gala Solidaria pola Ela, cuxa recadación íntegra ira destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha para persoas que sofren esta doenza.
Pereira quere dar visibilidade a esta doenza que padecen en España máis de 4.000 persoas, abandeirado co seu lema: “La ELA existe, pero nosotros delante y la ELA detrás, siempre”.
A gala, que será presentada pola actiz moañesa Anabel Budiño da compañía Moito Morro Teatro, contará coa participación do Grupo de Acordeóns Helios, do Coro Passionato e da Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio; rematando cun desfile solidario grazas a varias casas comerciais.
A entrada ou achega voluntaria é de 5 euros por persoa, e haberá tamén butaca cero, para quen non poida asistir á gala pero queira colaborar ca causa.
A
Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) convida
a todas as persoas a asistir e colaborar coa entidade, “que loita
por mellorar a calidade de vida dos afectados por esta enfermidade na
nosa comunidade autónoma”.
A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade neuromuscular dexenerativa, na que as células que controlan o movemento da musculatura voluntaria, diminúen o seu funcionamento gradualmente e morren, provocando unha paralización progresiva da persoa afectada nun curto espazo de tempo, impedíndolle sorrir, falar, comer, moverse ou respirar por se mesma.
A esperanza de vida dos pacientes non chega a superar os cinco anos. Non existe ningún tratamento contra a ELA, aínda que si hai fármacos e terapias para combater os seus síntomas.
En España existen na actualidade 4.000 persoas afectadas de ELA, e estímase que cada día se diagnostican 3 novos casos; 1.000 ao ano, o mesmo número de persoas falecidas por esta doenza.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.