Mércores, 11 Decembro de 2024

O Porriño retirará a simboloxía franquista da fachada de Santa María

O Concello, que consensuó a actuación coa diócese Tui-Vigo, aproveitará os traballos de limpeza da fachada para a retirada dos símbolos

O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía franquista da fachada da Igrexa de Santa María unha vez que reciba autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de xullo. A limpeza da fachada efectuaráse con vapor seco, segundo require a Xunta de Galicia da que depende Patrimonio.

Ambas actuacións consensuaronse polo goberno municipal porriñés coa diócese de Tui-Vigo e co cura párroco da igrexa de Santa María. Asimesmo consultaronse cos grupos políticos do BNG, EU Son e UDDL.

A actual Igrexa de Santa María data de 1913. Fora construída sobre o antigo templo que ameazaba ruina, baixo deseño do arquitecto Felipe Quintana. A obra foi financiada por catro filántropos porriñeses Ramón Gónzalez, Servando Ramilo, Manuel e Enrique Rodríguez.