10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránConcello de Nigrán e Asociación de Escolas de Surf colaboran na «Limpeza...

    Concello de Nigrán e Asociación de Escolas de Surf colaboran na «Limpeza simultánea de praias»

    Os interesados en participar como voluntarios nesta actividade, capitaneada por ADEGA, deben inscribirse no mail atencioncidada@nigran.org

    O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. A actividade estaba programada, inicialmente, para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este. Así, a praia de Patos formará parte este sábado dende as 11:00 horas da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

    Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse no mail atencioncidada@nigran.org aportando nome e teléfono de contacto ou directamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9 h a 14 horas (986 365 000). A duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11 h (punto de encontro local de Prado Surf en Patos ás 10:45 h) .

    As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

    Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

    O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co ‘Proxecto Ríos’ de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.