23.4 C
Pontevedra
Luns, 2 de Outubro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas celebra unha andaina cun marcado carácter solidario

    Ponteareas celebra unha andaina cun marcado carácter solidario

    A andaina de regularidade «Ponteareas25km» recollerá produtos de alimentación e hixiene para o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas

    Arroz, pasta, leite, galletas, atún e sardiñas en conserva, legumes, froita e verduras en conserva e aceite de oliva son os produtos que máis precisa o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas e por iso a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e o grupo ‘Os do Condado’ piden a colaboración da cidadanía para que, todos e todas as que poidan, aporten este domingo, 27 de outubro, algúns destes produtos.

    As persoas inscritas na andaina de regularidade ‘Ponteareas25km’ darán exemplo e amosarán o seu lado máis solidario, como tamén o farán os da Ruta Solidaria de 12 km. O resto da veciñanza tamén poderá contribuir simplemente achegándose ata as dez da mañá ao punto de saída e entregando á organización esta grande axuda.

    Esta marcha, organizada en colaboración con Xistra, sairá dende a Praza Maior ás 09:00 horas para chegar a senda do Tea, Mondariz por paseo de Troncoso, cruzar Pías, Castro de Troña, Castelo do Sobroso, Picaraña e retornar ao pavillón.

    A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming.

    Pola súa banda, a inscrición da proba de 12 km Ruta Solidaria de Ponteareas debe realizarse nesta ligazón cumprimentando o formulario anexo.

    A marcha solidaria de 12 km sae ás 10:00 h tamén da Praza Maior, percorrendo a senda do Tea ata o Cristo do Piñón e regreso por Ribadetea ata enlazar coa senda do Tea e chegar ao pavillón.

    Marcha sen plásticos

    Seguindo na liña da redución do consumo de plástico, os e as participantes deberán levar cantimploras porque non se repartirán vasos plásticos.

    Rosa Covelo, concelleira de Medio Ambiente, agradece o traballo do grupo ‘Os do Condado’ e de Xistra e salienta a importancia deste tipo de actividades “que nos achegan ao medio natural e nos permiten coñecer lugares de alto valor ambiental e histórico”.

    A concelleira convida a participar en familia e involucrar á mocidade para que faga seu o legado natural “para protexer, hai que coñecer. Só amosándolles o noso patrimonio medioambiental poden chegar a respectalo e amalo”, asegura Covelo.

    Todas estas iniciativas, ademais, camiñan na liña dos obxectivos marcados dentro da estratexia de futuro ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.