O Concello de Nigrán estreou esta mañá con preto de medio cento de maiores o seu programa municipal ‘Coñecendo a pé a nosa contorna’, consistindo este nunha andaina polo camiño portugués pola costa dende Priegue á Ramallosa (fíxose neste sentido inverso para rebaixar a dificultade).
O Concello dispuxo dun autobús gratuíto dende A Ramallosa e a camiñanta, de preto de 3 horas, incluíu sendas visitas ao Pazo de Cea (Nigrán) e ao de Pías (A Ramallosa), ademais dunha merenda a base de froita e auga.
O obxectivo deste novo programa de lecer deseñado para a xente de idade é promover o exercicio físico e a socialización, dúas cuestións fundamentais para manter unha vida saudable.