11.8 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño tala outras catro árbores do Parque do Cristo

    O Porriño tala outras catro árbores do Parque do Cristo

    Ao igual que aconteceu coas anteriores, as árbores presentaban un evidente risco para os veciños e veciñas

    Persoal e maquinaria da concesionaria ‘Ascan’ co apoio de funcionarios e técnicos do Concello do Porriño realizaban hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse. Os traballos permitiron retirar un plataneiro situado dentro do recinto de xogos, e tres tilos.

    Dos tilos talados hoxe, un era centenario e outros dous máis novos que están diante do acceso principal hotel situado no Parque do Cristo. Primeiramente retiráronse as polas para, posteriormente, proceder ao talado dos troncos pola base.

    Estas catro árbores eran as que presentaban maior grado de deterioro e polo tanto risco de caída segundo a avaliación realizada pola consultora ‘Adoa’ e súmanse aos cinco que xa se talaron en semanas anteriores.

    O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, sinalou que en breve recibirá un informe máis amplo da consultora para determinar cantas árbores máis están podres e polo tanto son susceptibles de ser talados tamén. Na actualidade, no parque do Cristo quedan 25 árbores, a meirande parte tilos.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.