Ante un atraso sen precedentes provocado pola pandemia da COVID-19 remata a primeira fase de selección con 13 persoas seleccionadas para o servizo de praias. O persoal irase incorporando gradualmente o servizo durante os vindeiros días, e para a próxima semana se reforzará nunha segunda fase coa selección de 6 persoas máis procedentes do proceso selectivo de Servizos Sociais.
Atraso no proceso selectivo pola COVID-19
No mes de Marzo estaba previsto o estudo económico e xurídico da modificación das bases selectivas proposta pola Concellería de Medio Ambiente para mellorar a contratación con máis postos de responsabilidade no servizo, e así evitar que como en anos anteriores algúns peóns contratados realizaran tarefas dunha categoría superior. A previsión do comezo dos trámites administrativos dos procesos selectivos para o servizo de praias estaba previsto para o mes de Abril, pois resulta un proceso moi longo debido a gran demanda de participantes. Estando en pleno estado de alarma pola Covid-19 e co persoal do Concello en servizos mínimos varias semanas, houbo procedementos administrativos que non se puideron realizar con normalidade. A todo isto tamén se debe engadir que os protocolos sanitarios sobre o uso das praias non quedaron claros ata primeiros de xuño, polo que ata esas datas non se iniciou este procedemento de contratación, que debido a alta demanda de participantes ten un longo proceso para resolver as listas de admitidos e a baremación do proceso selectivo. Ante todo o exposto e debido a este estado de excepcionalidade o servizo de conservación e limpeza de praias non estará totalmente operativo ata mediados de xullo.
Retén de limpeza polas tardes
Para reforzar a limpeza pola COVID-19 dos baños públicos e espazos de lecer da contorna, hai dende principios de mes, un retén de limpeza polas tardes que terá continuidade ata a fin da tempada.
“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba que “nin a COVID-19 puido coa programación cultural de Tui” e indicaba que a axenda cultural presentada hoxe reflicte “o compromiso coa cultura, que é fundamental, e o compromiso con todos aqueles axentes e actores culturais do noso concello que están pasando por un momento complicado e dende a administración temos o deber e a responsabilidade de prestarlles canto apoio necesiten, como fixemos xa con outros sectores”. Nese senso lembraba que a “cultura tamén é un elemento de dinamización sociocultural e económico”. Facía fincapé en que esta axenda cultural manifesta “o noso compromiso coa cultura, será un axente importante para a reactivación económica e será un incentivo para aqueles que nos visitan estes días”. Facía amais o rexedor un chamamento á responsabilidade individual e colectiva cumprindo as normas establecidas en cada evento, que suporán tamén un esforzo importante para a organización desta programación.
Precisamente a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou as medidas con limitación de aforos, reserva previa de entrada,… que se porán en marcha para desenvolver esta programación con toda seguridade. Incidía Sonsoles Vicente en que “volvemos á rúa con sentidiño” engadindo que “pretendemos que a nosa cidadanía e as persoas dos arredores se acheguen a Tui, e sempre cumprindo coa normativa, poidamos disfrutar da nosa cultura na Praza de San Fernando, no Paseo da Corredoira, no Paseo Fluvial, na rúa Compostela e no aparcadoiro municipal”.
A Axenda Corredoira Cultural recolle a véntena de eventos previstos este verán xunto a un avance da programación de outono.
Semanalmente están programados espectáculos os mércores, xoves e venres, actuacións de rúa os sábados e domingos, e concertos os domingos 26 de xullo e 16 de agosto.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concertos este verán na praza de San Fernando cun capacidade limitada a 100 espectadores. Será os mércores 15 e 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Amais no eido musical actuarán as charangas Cantos Somos e A Tu Ritmo o mércores 29 de xullo e o mércores 5 de agosto, respectivamente.
No Paseo da Corredoira os xoves haberá espectáculos de rúa con música e teatro con Píscore con “Concerto Singular” (16 de xullo), maxia con Dani García con “Don Gelati” (23 de xullo), teatro de monicreques con Fantoches Baj con “Os romeiros do caracol” (30 de xullo), novo circo con Sempre Arriba con “C´est pas possible” (6 de agosto), teatro con Ghazafelhos con “Acuario” (13 de agosto), e danza con Pistacatro con “Baila un vestido verde” (20 de agosto). A capacidade está limitada a 100 espectadores.
O cinema estará tamén presente nesta programación con dúas propostas. No Paseo Fluvial, con capacidade para 300 espectadores proxectarase “Súpez López” (17 de xullo), “E.T.” (31 de xullo), “Peter Rabbit” (7 de agosto) e “Mascotas” (21 de agosto). Coma novidade haberá autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica con capacidade para 100 coches poderá visionarse “Grease” e “Jocker” os venres 24 de xullo e 14 de agosto, respectivamente. Será nunha pantalla de 150 m2 con sistema de son a través da sintonización da frecuencia FM que se indicará en cada proxección.
Para os domingo 26 de xullo e 16 de agosto están programados dous concertos a cargo de Leilía e Roi Casal con capacidade para 300 persoas e 150 de pé na rúa Compostela. Leilía celebra os seus 30 anos no mundo da música con “CantarElas” no que repasan os seus temas máis emblemáticos xunto a outros menos coñecidos. Mentres Roi Casal presentara “Son Galego, son Cubano”.
Do 1 ao 7 de agosto celebrarase o XIV Música no Claustro, Festival de Música, Patrimonio e Creación no claustro gótico da Catedral de Tui, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
A música estará moi presente os sábados e domingos ás 21 h, entre o 18 de xullo e o 20 de setembro, con pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, folclóricos, pandereteiras… nunha aposta pola nosa cultura tradicional e os nosos grupos.
Para acudir a cada un destes espectáculo do verán será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de tres por persoa, en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns da semana do espectáculo, até o mesmo día ás 12h.
Os accesos a cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do comezo salvo para o cinema que será 60 minutos antes, e para os concerto de Leilía e Roi Casal nos que o acceso será dende 90 minutos antes. Cómpre destacar que as entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.
En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.
Protocolo COVID-19
Establécese amais un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espectáculo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara, que só se poderá quitar unha vez sentado, salvo no Teatro Municipal onde se deberá permanecer coa máscara posta todo o espectáculo. O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e débese ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu emprazamento nin a cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo.
Avance da programación de outono
A Axenda Corredoira Cultural presentada hoxe recolle tamén un avance a programación do outono.
Do 23 ao 27 de setembro poderemos gozar dunha edición especial de Play Doc, con propostas orixinais para todos os públicos, do 23 ao 27 de setembro. E en outubro o IKFEM celebrará a súa oitava edición para reactivar a cultura transfronteiriza.
Amais en outubro e novembro no Teatro Municipal está programados oito espectáculos. Parte dos mesmos foron reprogramados xa que estaban previstos para a primavera e tiveron que ser adiados debido ao confinamento. Así Samuel Diz presentará o 16 de outubro o seu novo traballo “Memoria da melancolía”. Redrum representará o 23 de outubro “Idiota” e o 24 de outubro Galeatro Producións Escénicas “Carabela”. Xampatito Pato porá en escena o 30 de outubro “Só”, o 6 de novembro Teatro do Atlántico “Dúas donas que bailan” e o 7 de novembro Perez&Fernández “Aguratrat. Por último Teatro Avento Produccións achegará “Ummm! Unha comedia para chupar os dedos” e La Macana “Pink unicorns” o 20 e 21 de novembro, respectivamente.
A programación completa pódese descargar nesta ligazón.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais. O día anterior, venres 10, terá lugar nesta mesma localización a primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento que propón unha selección de artistas destacados de toda Galicia, entre nomes emerxentes e outros máis consagrados: DJ’s, actuacións en vivo e, como non, tamén con foco en artistas locais de Nigrán.
Despois de virar en 2019 coa súa banda por teatros e auditorios de toda Galicia e outras cidades de España, Gustavo Almeida presenta o seu cuarto traballo de estudo en formato cuarteto, acompañado, ademáis de pola súa guitarra, por Julio González na batería, Ricardo Ferreira no baixo e José Churruca na guitarra. Como todos os eventos dos Concello de Nigrán, será un concerto inclusivo onde as persoas xordas poderán sentir a música coas súas mochilas vibratorias (solicitude con 48 horas de antelación en [email protected]).
Gustavo Almeida é un artista de orixe brasileira con quince anos de estrada, unha calidade impecable no seu traballo, como se pode comprobar nolos seus catro discos lanzados (este último producido por un dos mellores produtores deste país, o valenciano Nacho Mañó) e cun directo potente, próximo e versátil en xénero e lingua onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil. O cantante ten compartido escenario con Vanesa Martin, Efecto Pasillo, Bombai o India Martínez.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que xa se atopa instalada a nova sinalización do Castro de Torroso que o Concello de Mos instalou nas proximidades do xacemento. Instalación que foi proxectada, supervisada e dirixida polo arqueólogo Alberte Reboreda xunto co arquitecto municipal.
Trátase de paneis interpretativos nas inmediacións do Castro a fin de poñelo en valor e favorecer o seu coñecemento e divulgación entre a poboación en xeral e, en particular, entre os estudantes do IES de Mos, situado nas proximidades do xacemento.
Dita actuación foi realizada a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra, destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural dirixida aos concellos de Pontevedra.
Na primavera do ano 1983 descubriuse fortuitamente un xacemento en Torroso, moi preto do límite con Petelos, logo de que os temporais do inverno deixasen ao descuberto fragmentos cerámicos. As características morfolóxicas e técnicas destes vestixios motivaron o inicio dunha serie de escavacións, levadas a cabo entre 1984 e 1990 por Antonio de la Peña Santos2, nas que se puido comprobar que se trataba dun xacemento castrexo.
Os paneis interpretativos instalados para sinalizar o Castro de Torroso explican que é un dos máis senlleiros de Galicia, dos mellor estudados e dos de maior interese científico e cultural. Conta cunha extensión dunhas 2,8 ha e unha altura máxima de 137 metros que lle permiten dominar uns terreos moi aptos para o aproveitamento agrícola e forestal.
Ao nordeste desta aldea fortificada prehistórica corre un regato que lle proporcionaba auga e pesca, ao igual que o río Louro, que flúe a 1,7 km do xacemento polo leste. Este río discorre ao longo dunha parte da Depresión Meridiana, unha grande fractura xeolóxica natural que une Tui con Padrón e que constitúe un lugar de paso natural privilexiado para o tránsito de persoas e mercadorías.
Nestes paneis tamén se expón información específica sobre cronoloxía, defensas, vexetación, gravados rupestres, cerámicas, obxectos líticos e pezas de metal no Castro de Torroso.
As accións materializadas polo Concello de Mos nesta actuación son a instalación dunha información interpretativa existente no acceso ao xacemento. E un total de 2 atrís interpretativos utilizando materiais resistentes á beira do camiño público que dá acceso ao xacemento.
Esta iniciativa está destinada a dinamizar o medio rural, favorecendo a aproximación cognitiva da xente natural de Mos e a súa bisbarra, así como da que nos visita a un dos principais recursos patrimoniais de carácter natural e cultural do concello e da comarca da Louriña, o que lles permitirá gañar en sensibilización respecto do coidado e preservación dos recursos e do medio natural e cultural e favorecer a difusión e coñecemento dos recursos patrimoniais propios, a súa localización precisa, e unha caracterización rigorosa.
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, convida a toda a cidadanía a participar na Xincana Medioambiental de Orientación que terá lugar o vindeiro domingo 19 de xullo.
A Xincana Medioambiental de Orientación levará aos participantes pola contorna do Parque Forestal da Picaraña, para desenvolver unha actividade cun tempo máximo de duración de 2 horas, e que contará con tres categorías distintas, en función das características das persoas ou grupos inscritos. Coa axuda dun mapa, deberán visitar unha serie de puntos de control, onde ademais deberán superar algunhas probas de coñecementos, memoria, lóxica, etc, para lograr o maior número de puntos no tempo establecido. Estas probas na xincana teñen unha base medioambiental e contribuirá ao coñecemento do patrimonio natural, histórico e arquitectónico pero tamén permitirá descubrir recunchos singulares.
A inscrición débese facer online na web (xestanatureza.com) ata o vindeiro xoves 16 de xullo ás 22:00 h, e poderase facer de xeito individual ou en grupo (equipos). Existirán 3 categorías diferentes: iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto, cunha distancia máxima en torno aos 4km, adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica, e cunha distancia máxima en torno aos 8km, e por último a categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en orientación, cunha distancia máxima en torno aos 10 km.
A proba dará comezo ás 10:00 h, no parque do monte da Picaraña, e para cumprir os protocolos de seguridade fronte ao COVID-19 facilitarase toda a información previa á carreira a calquera persoa que o desexe, así como a copia que toda persoa inscrita recibirá. Estableceranse saídas graduais por categorías (entre 3 e 5 minutos por grupo), distancia social obrigatoria, obrigatoriedade no uso da máscara antes e despois da actividade, uso de xeles hidroalcohólicos, non impresión de tempos en papel e avituallamentos líquidos individuais e hixienizados, entre outras medidas.
Rosa Covelo adianta que se trata dunha actividade apta para todas as idades e fai extensivo o convite ás familias que poden participar como equipo.
A pesar de ter vixencia ata o 31 de Decembro de 2020, o pasado 1 de xullo a Xunta de Galicia desestimou o recurso potestativo interposto polo Concello de Baiona ante a resolución do Convenio de colaboración para a denominada Fase 2 de humanización de Sabarís, resolución adoptada unilateralmente pola Xunta alegando incumprimento das obrigacións por parte do Concello, cando a realidade é diametralmente oposta.
O proxecto que vén desenvolvéndose desde o ano 2016, sufriu diversas modificacións resultando que a súa última revisión (denominada Rev-4), non foi presentada pola Xunta ante o Concello para a súa oportuna tramitación municipal.
En diversas ocasiones a Xunta de Galicia requiriu ao Concello achegar a certificación de dispoñibilidade dos terreos para promover a licitación da obra, xestión inviable e irresoluble ao non contar o Concello nin coa última revisión do proxecto nin coas preceptivas autorizacións sectoriais.
O rexedor do Concello, Carlos Gómez sinala que “a Xunta de Galicia púxonos entre o eixo e a roda, no que parece unha deliberada acción política sen fundamento xurídico”. “Non pode pretender a Xunta que é a que incumpre –subliña Gómez–, resolver o convenio achacando ao Concello a existencia dun incumprimento. Non esquezamos que é a propia Xunta de Galicia a que promove a obra, polo que se realmente tivese vontade de levala a cabo, non buscaría escusas peregrinas para bloquear o proceso.”
Esgotadas as vías administrativas, o Goberno Local ha adoptado a decisión de recorrer perante o xulgado do Contencioso a resolución do convenio ante o que supón unha clara vulneración dos principios de confianza lexítima e lealdade institucional.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, lamenta a postura do portavoz do partido popular local, Ángel Rodal, quen “novamente, demostra máis interese en defender posturas partidistas que as necesidades dos veciños de Baiona”. Finalmente, o rexedor local convida a quen estea interesado, a consultar o expediente no Concello.
Dende comezos do mes de xullo funciona xa o gabinete de atención psicolóxica de Salceda de Caselas, que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete supón un investimento anual de 10.925 €, financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e contará con unha traballadora social e unha psicóloga, ambas veciñas de Salceda e polo tanto moi coñecedoras da realidade do municipio. A xestión do gabinete correrá a cargo da Asociación Avelaíña, que ven traballando con persoas con problemas de saúde mental, e que xa viñan atendendo a cinco persoas de Salceda de Caselas, que agora pasan a integrarse no gabinete.
Con este servizo preténdese dar resposta á necesidade de atención psicolóxica identificada polo Concello de Salceda de Caselas para a súa veciñanza, e está pensado para público de tódalas idades, tanto maiores como menores de idade. O gabinete servirá tamén para traballar de xeito grupal e coas familias interesadas diferentes aspectos relacionados coa educación de crianzas e adolescentes, e para sensibilizar e previr en saúde mental a través de charlas informativas dirixidas ao alumnado ou á poboación en xeral. Cabe destacar que este gabinete actuará en coordinación con outros servizos e programas que ofrece o Concello como os Servizos de logopedia e Atención Temperá, o Programa “Cultiva a Mente” ou o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, entre outros.
Trátase dunha necesidade que o Concello de Salceda viña detectando nos últimos tempos pero que se ve acentuada en momentos de crise como o que estamos a vivir na actualidade, polo que dende o equipo de goberno se decidiu reservar unha partida do Plan Concellos para a posta en marcha do servizo.
Gela Ledo, Concelleira de benestar Social: “Un servizo demandado durante anos e moi necesario nestes momentos tralo confinamento. Inténtase que as persoas con problemas psicolóxicos non sufran ao longo da súa vida problemas máis complexos. A traballadora social fará sesións co entorno familiar para así ofrecer un servicio máis completo.”
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda: “O noso Concello segue a ser exemplo en dotación de servizos á cidadanía que en moitas ocasións nin sequera son competencia municipal pero que contribúen a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. Estamos cerca da xente e atendemos as súas necesidades, e non escatimaremos esforzos nas iniciativas que sirvan para axudar ás persoas e colectivos máis vulnerables, máis que nunca en momentos de crise como o que estamos a vivir”.
O Goberno de Redondela peonalizará a rúa Alfonso XII, vía principal da vila, os sábados e domingos entre as 20 h e 24 horas, nunha medida que busca o dobre obxectivo de proporcionar maior espazo á cidadanía á hora de pasear e, ao mesmo tempo, que poidan manter a distancia interpersoal que recomendan as autoridades sanitarias.
Do mesmo xeito, peonalizarase ese treito cando se celebren eventos que, por ter unha maior afluencia de público, aconsellen adoptar dita medida para poder manter, entre os asistentes, o espazo de seguridade.
O executivo que preside Digna Rivas, sinalou que o horario para a peonalización puntual elixiuse á hora “en que comeza a diminuír a calor, momento en que se rexistra o maior número de persoas na rúa”.
Dada a boa acollida que esta medida tivo entre hostaleiros e veciñanza en xeral, o Goberno local realizará unha enquisa “de cara a pulsar a opinión veciñal á hora de poñer en marcha esta medida nas fines de semana a partir de setembro”. En todo caso, explica a alcaldesa de Redondela, “o horario variaría xa que no outono e inverno, é impensable saír a pasear no actual horario, expresamente pensado para a época estival”.
O Goberno de Redondela lembra en todo caso, que estas medidas encamiñadas a garantir os espazos de lecer e a seguridade de todos e todas, “precisa da colaboración veciñal e responsabilidade individual á hora de seguir as medidas de seguridade sanitaria e as recomendacións que o propio Concello sinala na campaña Faino por Todxs.
Saír, respirar e vivir plenamente a cultura, a natureza e o deporte. Despois da Covid e do confinamento, a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar dunha intensísima programación de máis dun centenar de actividades culturais, sustentables e deportivas coas que enche a provincia este verán. A presidenta Carmela Silva presentou hoxe o calendario para xullo, agosto e setembro nos que a institución levará ao territorio concertos, obradoiros, rutas BTT, andainas e actividades integradas nos programas culturais Música no Ar, Re-Acción nos Castelos, Musigal e no programa Vive Deporte.
A presidenta da Deputación mostrou o seu orgullo ante “esta axenda de actividades” e ironizou dicindo que a xente “non vai ter un día para parar”. Carmela Silva sinalou que “tiñamos moi claro que despois do confinamento queríamos dar unha resposta potentísima de actividades á cidadanía e tamén ás persoas que nos visiten”. De feito, “non se trata só de promoción cultural ou deportiva, é un modelo de atracción tanto para as pontevedresas e pontevedreses como galegas e galegos e outros/as visitantes”.
Cultura, música e patrimonio para todas e todos
Os novos programas “Re-acción nos Castelos”e “Música no Ar” achegarán preto de 30 actuacións aos concellos entre xullo e setembro. “Re-acción nos Castelos” arranca en Sobroso o xoves 23 de xullo ás 22 horas con “Noite no Castelo” e a acción multidisciplinar de música, danza, videoproxeción e instalación artística “Límites”. O venres 24 de xullo ás 22 horas terá lugar outra nova actividade de “Noite no Castelo”, neste caso en Soutomaior, con “As Hurdes” de Vertixe Sonora, unha acción multidisciplinar de música clásico-electrónica, poesía e cinema. O xoves 30 entre as 17 e as 19 horas o Castelo de Soutomaior acollerá unha actividade de “Creando no xardín”, dirixida á rapazada, que consistirá nunha instalación artística colaborativa. Ese mesmo día, tamén en Soutomaior pero ás 19.30 horas, terá lugar un concerto dirixido ao público infantil denominado “A banda das apertas”. E xa para pechar o mes de xullo, o venres 31 entre as 17.30 e as 19.00 horas Sobroso acollerá un obradoiro artístico de arquitectura e castelos para nenas e nenos enmarcado en “Creando no xardín”.
A programación para agosto continúa con outras cinco actividades, comezando o 6 de agosto ás 18.00 en Soutomaior co contacontos “Nin príncipes nin princesas” a cargo de Bea Campos. Ese mesmo día, ás 19.30 horas, terá lugar “Permodus”, unha acción de danza contemporánea enmarcada en “Danza no castelo”. O venres, 7 de agosto ás 19.30 horas en Sobroso terá lugar un concerto de “Falúa” e, no mesmo recinto pero o mércores 12 de agosto ás 17.30 horas o contacontos “Nin príncipes nin princesas” con Cristina Collazo. Péchase agosto con “Inversa Teatro”, enmarcado en “O teatro ven de visita” coa acción escénica “Té con Kant” o xoves 13 ás 19.30 horas en Soutomaior. Xa en setembro, o venres 11 ás 19 horas, “Os Quinquilláns” farán unha acción escénica no Castelo de Sobroso e “Re-acción nos castelos” péchase o xoves 17 de setembro ás 19 horas co concerto de “Vero Rilo & Sonsoles Penadique”.Para todas as actividades será obrigatorio o uso da mascarilla e a inscrición previa en [email protected].
“Música no Ar” desenvolverá ata setembro 14 concertos con todas as medidas de seguridade. Serán abertos ao público ata completar o aforo e non será necesaria inscrición, salvo nos casos dos castelos para os que haberá que enviar correo electrónico a [email protected].
O arranque terá lugar o 28 de xullo ás 19 horas no Castelo de Soutomaior, coa sección de corda da Orquestra Clásica de Vigo “cunha programación – tal e como explicou Carmela Silva- baseada na obra de E. Grieg, E. Elgar e G. Holst da man do director Manuel Martínez Álvarez –Nava”. Continuará o xoves 30 de xullo ás 21 horas no Estaleiro de Bueu da man de “Son Trío” e, xa en agosto, terán lugar actuacións no Castelo de Sobroso, coa Orquestra Filharmónica de Pontevedra o martes 11 ás 19 horas; na Fábrica de Salga do Grove coa Orquestra Clásica de Vigo o venres 7 ás 21 h.; na Prazo do Reló da Guarda coa Orquestra 430 de Vigo o mércores 5 ás 20 h.; no Aserradoiro dos Carranos Praia Fluvial Maceira de Covelo coa Orquestra Filharmónica de Pontevedra o domingo 9 ás 20 horas; no Pazo de Liñares de Lalín con Alejo Amoedo & Iria Cuevas o xoves 6 de agosto ás 20 horas e na Carballeira de Caldas coa Orquestra Clásica de Vigo o domingo 16 ás 20 horas. Está pendente de pechar data co concello, tamén para agosto, un concerto da Orquestra Filharmónica de Pontevedra no Mosteiro de Poio.
“
Carmela Silva: “Non van ter un día para parar. Despois da Covid queríamos dar á cidadanía unha resposta potentísima que prolongaremos ata finais de ano”
En setembro, terá lugar un concerto da Orquestra 430 de Vigo no Mosteiro de Aciveiro en Forcarei o sábado 12 de setembro ás 19 horas e o domingo 20 de setembro ás 18 horas no Mosteiro de Carboeiro de Silleda actuará Brais González e Beatriz Arenas. Están pendentes de pechar datas cos concellos concertos nos Xardíns do Arquivo Histórico de Baiona a cargo da Orquestra 430 de Vigo, nos Pendellos de Agolada da Orquestra Filharmónica de Pontevedra e no Castelo Dona Urraca de Salvaterra da Orquestra Clásica de Vigo.
No que respecta ao programa “Musigal” xa están confirmados este verán máis de 40 concertos e actuacións nos concellos da provincia
“Vive Deporte” e un investimento este ano na provincia de 3,7 millóns de euros
Natureza, sustentabilidade e deporte conxugan a nova programación deportiva que, baixo o nome de “Vive Deporte”, levará á provincia entre xullo e setembro unha trintena de rutas, andainas e actividades de orientación. A programación inclúe tanto actividades propias coma eventos que o ente provincial apoiará na súa financiación. Todas serán gratuítas e en cada unha delas poderán participar un máximo de 200 persoas.
A presidenta sinalou que “somos a administración que máis recursos inviste en deporte, este ano case 3,7 millóns de euros, porque cremos profundamente na súa capacidade de transformación social e de saúde. Se xa diciamos que o deporte era a gran revolución do século XXI, despois do confinamento aínda temos que apostar máis por un deporte ligado ó territorio e a contornas marabillosas que temos na provincia”. Respecto a este verán, Carmela Silva cualificou a programación de “sustentable, vinculada á natureza, ós espazos libres, a mirar ó horizonte e á necesidade de respirar e vivir”.
Por quinto ano consecutivo chegan as DepoAndainas que ofertan tres camiñadas ligando a actividade deportiva co coñecemento do territorio. Percorrerán o 26 de xullo a Ruta dos Muíños da Fraga, en Moaña, o 30 de agosto a Ruta da Fervenza de Callobre, na Estrada, e o 20 de setembro o Sendeiro das Levadas e Fragas dos ríos Calvo e Deva, na Cañiza. Outra das actividades serán as DepoRutas BTT, que chegan á súa IV edición con dúas rutas polos concellos de Cambados e Ponteareas, o 23 de agosto e o 13 de setembro respectivamente.
A programación conta tamén con dous programas de nova creación. O primeiro deles é Depo Orienta, no que o obxectivo das persoas participantes é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda única dun mapa. Nesta primeira edición, a Deputación oferta dúas actividades no Monte do Galiñeiro, o 6 de setembro, e no Monte da Lagoa de Castiñeiras, o 27 de setembro. A outra novidade da programación deportiva son as Rutas Autoguiadas, un catálogo de rutas supervisadas e clasificadas cuxas fichas técnicas estarán dispoñibles no sitio web da Deputación para a súa descarga dende o 27 de xullo. O catálogo incluirá cinco rutas BTT, polos concellos de Oia-A Guarda, Lalín, Bueu-Cangas, Vigo-Redondela e Valga-Catoira, outras cinco de sendeirismo, por Silleda, Forcarei, Pontevedra, O Rosal e Mondariz, e tres rutas de trail, que terán lugar en Moraña, Redondela e O Grove.
Con Depo Promo a Deputación dedicará recursos a outras actividades deportivas como son o Trail League de Pontevedra, a Epic Race, e a Costa Atlántica.
María Alonso Velasco co seu relato ‘O Consello da Sabenza’ recibiu hoxe o premio que a acredita como gañadora do certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’ que organizaba a Biblioteca Municipal de Baiona. Pola súa banda os relatos ‘Chocolate para la esperanza’ de Julio E. Villarino e ‘Pili e Manoliño’ de Brais Costas, completaban o cadro de gañadores e gañadoras deste certame.
O alcalde de Baiona Carlos Gómez e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, presidiron na mañá de hoxe o acto de entrega de premios que tivo lugar o Patio de Peregrinos da Biblioteca Pública Municipal, onde se deron cita a galardoada e galardoados e membros do xurado do certame.
A concelleira de Cultura, Miriam Costas, nas súas palabras, logo de felicitar á e aos gañadores, expresou a súa satisfacción “pola calidade dos traballos” e, sobre todo, por tratar “tres temáticas totalmente distintas e que, ao mesmo tempo, encadrábanse á perfección nas bases do propio certame”.
Os premiados, a concelleira de Cultura, o alcalde de Baiona, xunto cos membros do xurado.
Na mesma liña expresábase o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que expresou o seu agradecemento “a todos e todas os que participaron neste certame ‘O Enxeño Engaiolado’ demostrando que a imaxinación, a creatividade e a cultura, son capaces de impoñerse incluso en circunstancias tan adversas e estrañas como o confinamento provocado por unha pandemia global”.
O xurado estaba composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario como Claudio Vasconcellos (Caiono), pintor, debuxante e escritor; Fernando Bartolomé Benito, profesor de literatura e lingua e escritor; Antonio Rey Somoza, profesor de literatura e lingua e escritor; Iria Misa Peralba, profesora de literatura e lingua e escritora e María Cristina Vilar Misa, directora do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, en calidade de Secretaria.
As autoras e autores dos tres relatos premiados recibirán senllos cheques-libraría canxeables en librerías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. O primeiro premio consistía nun vale de 300 euros; o segundo premio, 200 euros e, finalmente, o terceiro premio, 100 euros.
Amosar a creatividade en tempos de confinamento
‘O Enxeño Engaiolado’, naceu como unha iniciativa para incentivar, dende o confinamento, a creatividade literaria e celebrar o Día do Libro 2020 que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, tivo que suspender todas as actividades habituais previstas. Tratábase de artellar unha iniciativa na que, todas as persoas maiores de 16 anos, puideran amosar a súa capacidade creativa a través de relatos curtos –entre 1.500 e 4.000 palabras– con escritos orixinais que podían estar escritos en galego ou castelán e nos que a biblioteca, o libro ou a lectura, tiñan que ser o tema
A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar na presentación da versión teatralizada do libro de Alfonso Pexegueiro AIlla das Mulleres Loucas, que terá lugar o vindeiro sábado día 11 ás 19 horas no auditorio municipal de Ponteareas. Todos e todas as interesadas deberán reservar praza no enderezo electrónico [email protected] ou chamando ao número de teléfono 618 705 635.
Fernando Groba sinala, “é imprescindible reservar para poder participar xa que o aforo é limitado e as novas normas de seguridade e distanciamento limitan o espazo disponible”.
O escritor e poeta ponteareán, tamén pregoeiro da última edición das festas do Corpus, presentará a versión teatralizada dos poemas desta obra na que o espazo mítico dunha illa lle servíu para iniciar unha pescuda que o levou, a través dunha voz marcadamente feminina, a baleirar de sentido as trampas da existencia. Acompañará ao autor a actriz e dramaturga Vanesa Sotelo. Cando se publicou a obra orixinal no ano 2004, a editorial destacaba que se trataba dun poemario que provén e se dirixe ao inconsciente, poesía que nos sacode e desacouga pero que tamén nos ofrece refuxio. En A illa das mulleres loucas as fronteiras entre pasado, presente e futuro unifícanse. Amósase neste libro unha nova dimensión do tempo, a da liberdade da palabra.
Fernando Groba indica que esta presentación se enmarca na programación da cuarta Feira do Libro de Ponteareas, que terá lugar dende o xoves ata o domingo, e que traerá a Ponteareas aos escritores e escritoras máis relevantes do actual panorama das letras en Galicia.
A versión teatralizada de A Illa das Mulleres Loucas forma parte da colección Creadores Ponteareáns, unha iniciativa do Concello de Ponteareas que procura pór en valor o talento local e promove a difusión da cultura, incidindo na lectura e na importancia tamén da escrita.
A Feira do Viño estrea páxina web. Dende onte o público poderá informarse e desfrutar de todo o que acontece e acontecerá na XXVIII edición da feira a través de feiradoviño.gal, unha páxina que artellará toda a programación virtual e a propia tenda en liña na que se poderán mercar aos mellores prezos viños con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Val Miñor.
A Feira presenta unha web atractiva, dinámica e intuitiva na que o público atopará de xeito sinxelo e rápido todo o que busca, dende a compra de caldos ata distintas actividades complementarias ao evento. Dende ela tamén poderá seguirse comodamente dende a casa acompañado de familia e amigos e desfrutando dun dos viños da feira toda a programación:
Vernes 17 de xullo
20.00 h. Pregón da Feira do Viño 2020 co enólogo Luis Paadín.
20.30 h. Inauguración da Feira do Viño coas intervencións de Enrique Costas, presidente da Confraría Cabaqueiros de Viños do Rosal; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra.
22.00 h. Concerto de regueifas a cargo de Luis Correa, O Caruncho, e Benito Lobariñas.
Sábado 18 de xullo
20.00 h. Maridaxe showcooking da man do chef Iván Méndez e dos enólogos Luis e Alejandro Paadín.
22.00 h. Concerto do grupo Fanfarria Takicardia.
Domingo 19 de xullo
12.00 h. Cata comentada co enólogo Luis Paadin.
20.00 h. Anuncio fotos premiadas do concurso ‘Viño-experiencia’
Concurso ‘Viño-experiencia’
A pesar de non ter este ano edición presencial, a Feira do Viño 2020 quere involucrar a todas as persoas que cada ano se achegaban ao Rosal para desfrutar dela. E para fomentar a celebración da feira aínda que sexa de xeito deslocalizado, a organización pon en marcha o concurso ‘Viño-experiencia’, un certame a través das redes sociais que busca recoller fotos e imaxes dos veciños e veciñas vivindo a experiencia de degustar un bo viño D.O. Rías Baixas subzona O Rosal.
A través dunha plataforma conectada a Facebook as persoas interesadas en participar poderán enviar fotos que reflictan o que é para eles desfrutar do viño nos seus fogares, no xardín, con amigos, coa familia… e como desenvolven, traballan e viven a experiencia do viño. As fotos tamén poderán enviarse a través de correo electrónico a info@feiradoviño.gal poñendo no Asunto: Concurso ‘Viño-Experiencia’ e enviando nome e apelidos, teléfono de contacto e cidade. As imaxes gañadoras elixiranse por votación popular a través da mesma plataforma. A votación pecharase unha hora antes de anunciar as imaxes gañadoras.
Entregarase un primeiro premio consistente nun pack cunha selección de 9 botellas de viño do Rosal e unha experiencia de enoturismo para dúas persoas a elixir entre adegas sinaladas e dous segundos premios consistentes un pack con 9 botellas de viño para cada un, unha de cada unha das adegas participantes na Feira do Rosal.
A reivindicación foi unánime. A regulación do teletraballo ten que realizarse con perspectiva de xénero para impedir que esta nova ferramenta tecnolóxica, que todo apunta que chegou para quedarse, poida converterse nun elemento de involución para as conquistas laborais, sociais e persoais das mulleres. O webinar da Escola de Igualdade María Vinyals, organizado hoxe pola Deputación de Pontevedra e moderado pola redactora xefa de Atlántico Diario Ana Fuentes, puxo por primeira vez enriba da mesa “un debate máis que necesario na sociedade española”, e rematou coa coincidencia das tres poñentes, Empar Aguado, Maite Egoscozabal, Ana Belén Valiño, e da propia presidenta provincial, Carmela Silva, sobre os enormes riscos de retroceso nos dereitos das mulleres se o teletraballo se lexisla sen ter en conta a perspectiva de xénero. A expectativa xerada pola xornada se demostrou no seu seguimento on line: 700 persoas en directo e máis dun millón de impactos nas redes sociais da Deputación.
“
Carmela Silva: “Cando o teletraballo se confunde con conciliación a mensaxe é clarísima: é soamente para nós, esiximos corresponsabilidade nos coidados”
Na intervención, Carmela Silva mostrou a súa preocupación. “É inquietante que non escoitemos que o teletraballo se vai regular con perspectiva de xénero, polo que é fundamental crear unha rede de mulleres que obrigue ás persoas lexisladoras a ternos en conta”. A presidenta apelou “a implementar a corresponsabilidade e abandonar a palabra conciliación porque é unha trampa. Cando o teletraballo, que é unha ferramenta do século XXI, se confunde con conciliación a mensaxe é clarísima: é soamente para nós, as mulleres”. Carmela Silva foi máis aló. “Temos que ser claras. As administracións teñen que crear unha rede de coidados pública que permita ao conxunto da sociedade, ás mulleres e aos homes, poder realizar a nosa vida con total plenitude”. A presidenta tamén destacou que durante o confinamento, que obrigou a todas as persoas a recluírse nos fogares, visibilizouse “dunha forma brutal” algo que xa afirmaba Simone de Beauvoir: o impacto das crisis nas mulleres. Así, a presidenta puxo sobre a mesa datos como que o 76% das mulleres, ademais da súa actividade profesional encárganse dos coidados, “o centro do Estado de Benestar”, que o 89% das persoas coidadoras son mulleres ou que entre o 80 e o 95% das reducións da xornada laboral para coidar son solicitadas por mulleres. Silva reivindicou a importancia de cambiar o modelo e apostar pola corresponsabilidade entre mulleres e homes, instando ás administracións “a tomar medidas e crear estruturas, dende o público, para poder responder ás mulleres que reclamamos que se nos teña en conta, que hai que contar con nós para tomar decisións”. As mulleres queremos ser nais, ter ocio, facer deporte, ter unha profesión, ter tempo para nós; queremos que as relacións informais non nos impidan poder escalar nas nosas profesións na medida en que queiramos. En definitiva: as mulleres queremos todo”, concluiu.
Empar Aguado “As mulleres corremos o risco de converternos en elastiwoman”
Durante o confinamento, as mulleres tiveron que facer fronte a unha dobre presenza e a unha dobre responsabilidade. Esta foi a tese principal defendida pola profesora e investigadora Teresa Empar Aguado, que puxo o foco nas testemuñas de mulleres recollidas durante o estado de alarma: “Vimos mulleres exhaustas que se adaptaban absolutamente. Atopamos unhas mulleres moito máis flexibles, o que eu chamo ‘elastiwoman’, que moitas veces tiñan que encargarse dos coidados”. Segundo a socióloga da Universitat de Valencia, “atopámonos con mulleres que teletraballaban na noite e a madrugada e que facilitaba o traballo das súas parellas”.
Amais, como dixeron as entrevistadas da súa investigación, “as mulleres levaron moitas veces o seguimento dos nenos e nenas que tiñan tarefas complicadísimas”, o que lle deu pé para afirmar que “o verdadeiro motor da economía vive na casa e agora vímolo claramente”. Para Empar Aguado, a solución a este desequilibrio pasa por unha superación do modelo de conciliación: “Deberíamos aspirar a unha reconciliación, a unha corresponsabilidade non só coas nosas parellas, senón tamén a unha corresponsabilidade social, a unha corresponsabilidade coas nosas empresas e por parte do Estado. A reprodución da forza de traballo non debe ser unha cuestión individualizada no seo familiar”. Por outra banda, a muller debe recuperar a relevancia dentro das esferas e os espazos de poder, xa que “a nosa voz moitas veces foi pouco escoitada porque non estivemos nos espazos onde se fan as propostas”.
Egoscozabal “As medidas para enfrontar os coidados están penalizando ás mulleres na súa carreira profesional”
Desde o club “Malas Madres” e a Asociación “Yo no renuncio”, Maite Egoscozabal sinalou que as mulleres viven en conviccións dunha aparente igualdade pero a medida que entran no mercado laboral, e aínda máis cando se converten en nais ou se achegan á idade para selo, empezan a destacar os roles de xénero e vanse apartando progresivamente do mercado laboral e penalizándose. Deste xeito, queda en evidencia un sistema que non é igualitario e no que, no século XXI, aínda hai que traballar moito. Egoscozabal relatou que en 2014, cando se uniu ao Club Malas Madres, o problema da conciliación estábase a vivir de xeito individual e non se entendía como un problema social con consecuencias graves.
Por iso, un ano despois, lanzouse a enquisa “Concilia 13f” con datos como que 8 de cada 10 mulleres non poden equilibrar a súa vida laboral, persoal e familiar. Amais, tamén saíu á luz o dato de que as mulleres teñen unha media de 54 minutos de tempo libre ao día. Outro estudo realizado por este colectivo amosou que 6 de cada 10 mulleres están renunciando á súa carreira profesional, entendendo a renuncia como acollerse a unha redución de xornada, unha excedencia ou, directamente, apartarse do mercado laboral, “medidas que están apartando e penalizando ás mulleres na súa carreira profesional”. Egoscozabal destaca que o primeiro paso é entender que os roles tradicionais de xénero tamén están impactando no modelo laboral e na estrutura que presenta esta sociedade. Subliña que é esencial o reparto de tarefas, non só no fogar senón tamén a nivel social, así como e incluír unha reciprocidade entre homes e mulleres, un “eu coido de ti e ti coidas de min”.
Valiño: “Pasamos directamente de ser superwoman a ser extraterrestres”
Finalmente, Ana Belén Valiño, Secretaria Xeral de UGT-FICA, advertiu que “se o teletraballo non se regula é unha trampa para as mulleres” e amosou a súa preocupación porque “corremos o risco de que a muller volva a encerrarse no fogar como estivo anos atrás”. Neste eido, coincidiu coa presidenta da Deputación en que a muller segue a ter un grado de responsabilidade excesivo no ámbito laboral e familiar porque “é quen se acolle maioritariamente ás medidas de conciliación e asume todas as tarefas do fogar e dos coidados”, e engadiu que “as mulleres pasamos de ser superwoman a ser extraterrestres”. Amais, insistiu na importancia de diferenciar teletraballo e conciliación. “Conciliación é destinar o teu tempo libre aos coidados e non realizar as dúas funcións á vez: coidados e teletraballo”, subliñou. Na súa intervención, Valiño tamén fixo fincapé noutro dos riscos que ten o teletraballo para o sector feminino, a invisibilidade. “Se non estamos presentes perdemos a oportunidade de promocionar e ascender, e isto afecta prioritariamente ás mulleres cunha formación específica e profesional. Non podemos permitir que se nos invisibilice”. “É certo que o teletraballo vén para quedarse” e por iso é necesaria unha lexislación que o regule, “entre todas e todos, administracións, persoas traballadoras, axentes sociais, empresarios e empresarias, temos que deseñar regras, condicións e límites”. Para rematar, fixo un chamamento ás mulleres para loitar polo empoderamento e alzou a voz dicindo que “as mulleres querémolo todo e vamos a loitar conxuntamente para conseguilo”.
Tras un debate de máis de dúas horas, a presidenta da Deputación comprometeuse a facerlle chegar ao goberno, á FEMP, e comunidades autónomas as propostas, reflexións e datos sobre os que se afondou na xornada virtual da Escola de Igualdade María Vinyals, porque “non imos pasar por ningunha lexislación que non conte coa realidade que vivimos as mulleres. Sen nós non se pode regular o teletraballo”.
Silva asegurou que “o máis importante é dar resposta á pregunta ¿estamos creando novos modelos de desenvolvemento da actividade profesional onde de novo as mulleres imos ter un papel terciario ou invisible? Estamos xogándonos moito, porque as mulleres saímos do privado ao público con moita dor e sufrimento e agora estamos nun momento crucial con claros riscos de involución que temos que combater”. Tamén amosou a vontade de que a rede de coidado sexa unha competencia local pero “con recursos, con financiamento. Os coidados costan moito diñeiro pero xeran a posibilidade de ter sociedades cohesionadas, avanzadas, intelixentes, do século XXI onde sexamos cada vez mellores”, rematou.
O Concello da Guarda ven de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que estarán a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.
Estas actividades están xestionadas a través dos departamentos de Cultura, Información Xuvenil, Deportes, Patrimonio e Turismo e terán inicio xa a vindeira semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que a ampla maioría delas terán lugar en espazos abertos e ao aire libre, ou ben cun aforo limitado.
A programación arranca a partires da vindeira semana cunha proposta de formación da Omix para a mocidade e coas visitas teatralizadas no Castro de Santa Trega que se viron suspendidas no pasado mes de marzo. Xa na fin de semana, o sábado 18 de xullo as familias poderán acudir no Auditorio de San Benito á representación teatral de “Lázaro de Tormes” da Compañía Pedras de Cartón, que estivo recentemente no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Tamén darán comezo as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xulllo), as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.
A programación continuará a partir de aquí con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz e novas propostas culturais entre as que destaca o Cinema na Rúa, na Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret no Auditorio de San Benito o 25 de xullo e actividades culturais para os pequenos protagonizadas pola Gramola Gominola (30 de xullo) e Peter Punk o 15 de agosto. Un concerto da Orquesta Clásica de Vigo e súa sección de Corda e a obra tetral Pelos na Lingua serán as propostas culturais para pechar o mes de agosto: os sábados 22 e 29. No ámbito deportivo o 1 de agosto está prevista a segunda edición da Carreira de Orientación, pensada para participar en familia e unha travesía en Kayak para o 27 de agosto
Ademais destas propostas aínda estase a traballar en concretar concertos para a mocidade e algunha nova proposta deportiva, das que informaremos proximamente.
Programa
Actividades xullo Martes e mércores 14-15 xullo.- Obradoiro de fotografía co móbil para a mocidade. De 11:00h a 13:00h no Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix ([email protected])
Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected])
Martes e mércores 21-22 xullo.- Obradoiro de vídeo para a mocidade. 11:00h a 13:00h. No Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix ([email protected])
Xoves 23 xullo.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. Na praza do Reló, ás 22:30h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected])
Venres 24 xullo.-
Xogos e actividades en familia: xogos e movemento. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix ([email protected])
Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina da turismo (986 614546 ou no enderezo electrónico [email protected])
Sábado 25 xullo.- Espectáculo “Flashtop cabaret”, no Auditorio de San Benito ás 20:30h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Xoves 30 xullo.- Concerto da Gramola Gominola, no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 31 de xullo.-
Xogos e actividades en familia: Manualidade natural. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscrición na Omix ([email protected])
Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo (986614546 ou no enderezo electrónico [email protected])
Actividades agosto Sábado 1 agosto.- Carreira de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscricións en [email protected]
Venres 14 agosto.- Cinema na rúa “O último verán na escocia” (versión dobrada en galego). 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Sábado 15 de agosto.- “Punkdemia” no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 21 de agosto.- Noite de estrelas no Puntal ás 23:h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]
Sábado 22 de agosto.- Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. No Castelo de Santa Cruz, ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 28 de agosto.- Cinema na rúa “Mr.Link” . 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Sábado 29 de agosto.- Teatro “Pelos na lingua”. No Auditorio de San Benito ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Actividades regulares durante xullo e agosto, a partir do 14 de xullo Martes e xoves (agás 23 de xullo).- Visitas ao Volanteiro O Piueiro. Ás 20:00h. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]
Mércores “A viaxe de Exeria ao castro”, Visitas teatralizadas no Monte Santa Trega ás 18:00h. e ás 20:00h. Inscrición previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Venres, sábados e domingos.- Visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico [email protected]
Domingos.- Domingos de natureza e auga, ás 10:00h. (Diversos percorridos polo litoral guardés). Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]
O goberno do BNG-PSOE informou da apertura do prazo de licitación das obras de intervención na Praza Bugallal e contorna. Unha actuación que se enmarca na estratexia ‘Ponteareas Hábitat Saudable’ que ten como finalidade transformar a vila pensando nas persoas, especialmente na xente maior, nas nenas e nos nenos e nas persoas con mobilidade reducida.
Ata o día 13 de xullo ás 14 horas as empresas poderán presentarse a través dun concurso público aberto que garante a transparencia e igualdade de oportunidades para a execución deste proxecto que contará co financiamento do concello de Ponteareas e dos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea a través da estratexia EDUSI cun orzamento de licitación de 770.346,50 € dos que o Concello aportará 154.069,30 € e os fondos europeos FEDER 616.277,20 €.
sdr
O proxecto contempla unha actuación integral que perdure no tempo realizando actuacións non só estéticas e de distribución do espazo se non tamén de canalización de subministros e de servizos de saneamento.
A través dun proceso de participación estudouse detalladamente o proxecto coa veciñanza, parroquia, alfombristas e comerciantes, realizándose modificacións no proxecto inicial que satisfan todas as necesidades e permiten unha actuación máis eficaz.
dav
Tamén se realizaron catas para analizar o subsolo de xeito que o proxecto tamén contempla todas as actuacións necesarias como conducións de saneamento, augas pluviais e demais servizos soterrados para que unha vez feita a obra non se precise acceder en moitos anos.
A reforma da praza Bugallal contempla a canalización e ocultación de cableado e tubaxes dos diferentes subministros.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con ventos secos do norte ou do nordés, unha humidade relativa non elevada e sen humidade foliar. Non obstante, o centro recomenda manter a vixilancia, que debe ser máis intensa naquelas viñas onde inóculo está sendo elevado ó longo da campaña por un control insuficiente da enfermidade e tamén se volve haber néboas ou tormentas locais.
En canto ó oídio, Areeiro avisa que en case todas as viñas visitadas coincidiu a presenza de acios con algúns grans afectados por este fungo, e mesmo dous dos predios visitados requirirían unha aplicación inmediata. Así, a vixilancia debe ser aínda intensa e mesmo é preciso renovar as aplicacións se hai acios afectados, en especial se a variedade é moi sensible ó patóxeno e hai historial de danos. Deste modo, é fundamental evitar o exceso de vexetación na contorna das viñas para favorecer a aireación e facilitar a penetración dos funxicidas.
Ademais, continúan sendo máis numerosas as capturas dos cicadelidos da especie Zygina rhamni que de Empoasca vitis nas viñas. En relación aos ácaros, esta semana o centro observou un maior número de viñas con síntomas de erinose de verán. No que respecta ás avelaíñas do acio, aínda que polo momento o risco é baixo, na estación observaron algúns ovos esporadicamente e tamén o primeiro gran de albariño con cambio de cor debido á alimentación na súa polpa dunha eiruga.
Por outra banda, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda eliminar e destruír brazos e plantas mortos de cara a evitar alteracións da madeira, posto que as altas temperaturas provocan que continúen a aparecer plantas amosando os síntomas característicos destas patoloxías, sobre todo nos predios nos que hai unha boa incidencia de plantas afectadas dende hai anos.
Eiruga desenvolvida e danos de Cydalima
No que respecta aos cítricos, Areeiro sinala que se observou a presenza de Psila africana en todas as comarcas con gromos novos e follas tenras. A recomendación habitual de retirar estes órganos e a instalación de trampas segue a ser válida, pero hai que lembrar que no caso de árbores grandes pode ser conveniente tamén intervir cun insecticida autorizado para o control dos psílidos. Por último, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro informa do incremento da presenza e do tamaño das eirugas de Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) nas plantas dos buxos.
No que atinxe ó black-rot e á botrite o centro explica que a incidencia dos síntomas se mantivo estable durante o transcurso da semana.
O Concello de Nigrán aposta neste XIV Nigranjazz por duplicar a duración do festival de dous a catro días e extender a súa localización orixinal do esteiro da Foz a Patos e Panxón co obxectivo de disgregar ao público ante as restricións sanitarias vixentes. Así, aínda que condicionados polas circunstancias relativas á COVID-19, este ano non será moi diferente aos anteriores no aspecto artístico, o único é que non se poderá contar coa participación de músicos americanos, pero, coma sempre, os protagonistas serán destacados músicos do panorama europeo como e xaponeso-polaca Yumi Ito, nacional coa gran lenda do saxofón Perico Sambeat e galegos como Virxilio Da Silva ou Sergio de Miguel.
“Ampliar espazos e duración e unha solución ante as restricións de aforo para achegar e facilitar ao público a súa asistencia ao festival dunha ou outra maneira e, más que nunca, queremos redobrar o noso esforzo por dar máis oportunidades aos novos valores do jazz galego nunha situación tan delicada como a que está a vivir no mundo da cultura en xeral e da música en directo en particular”, sinala o alcalde, Juan González, en referencia a crise sanitaria que tan duramente afecta a este sector.
Nigranjazz apostou sempre por combinar o mellor jazz internacional co talento nacional e, sobre todo, galego. Nos últimos anos tivemos o privilexio de contar con figuras internacionais de primeira liña como Kurt Rosenwinkel, Peter Bernstein, Kevin Hays, Gilad Hekselman, Michael Kanan, Chris Cheek, Jorge Rossy, Deborah Carter, Jean Michel Pilc… Pero sempre se ofreceo o escenario aos músicos galegos xa máis consagrados ou ás novas e promesas. Así, tamén pasaron por Nigrán nomes coma Abe Rábade, Iago Fernández, Xan Campos, Paco Charlín, Virxilio Dasilva, Yago Vázquez, Telmo Fernández, Xosé Miguelez…
O escenario principal (Foz do Miñor) será testemuña os días 24 e 25 de Xullo de dous concertos excepcionais con dúas formacións moi novas e moi talentosas: o día 25 a vocalista, a compositora e produtora Yumi Ito debutará con Wilfried Wilde á guitarra Jakub Dworak ao contrabaixo e Iago Fernández á batería. Ao día seguinte, no mesmo escenario, o pianista vasco David Cid tocará cun trío, nesta ocasión acompañado polo lendario saxofonista valenciano Perico Sambeat, Xurxo Estévez ao contrabaixo e Joan Casares á batería. Ambas as formacións son un claro exemplo de músicos novos, bandas con presenza de músicos galegos e internacionais…
. Para a ocasión escolleuse un novo trío con tres músicos galegos consagrados, Fuzzo (día 22, 21:00 horas, Patos), un experimento de improvisación acumulativa con elementos estilísticos que van máis aló do Jazz. Contaremos tamén coa presenza do trío de Sergio de Miguel (día 23, 21:00 horas, Panxón) un novísimo pianista cun futuro moi prometedor e que está a acaparar xa premios e recoñecementos non soamente na nosa terra senón tamén nos EEUU.
Como cada ano, ademais o Nigranjazz aposta por novos talentos tamén para abrir as jam sessions e apostamos polo aspecto educativo coas masterclasses (venres 24 no Auditorio Municipal con Yumi Ito).
Nigranjazz volve a apostar este ano por unha muller como cabeza de cartel nun mundo do jazz tamén dominado por homes e emprende unha serie de accións destinadas a mellorar a súa sustentabilidade, a súa accesibilidade e o seu respecto pola ecoloxía. Dispoñeremos de contedores de reciclaxe en todo o recinto, limitaremos o uso de plásticos promovendo a reutilización dos nosos vasos personalizados, facilitaremos formas de pago máis seguras e hixiénicas… Paralelamente, estarán dispoñibles o 24 e 25 na Foz as mochilas vibratorias para as persoas xordas… Todo iso encamiñado a facer do festival un espazo cada vez máis inclusivo, respectuoso e exemplar.
O deseño do cartel gañador do concurso ‘Quin Alborés’ destiñado a promover o Nigranjazz pertence ao deseñador gráfico catalán Leonardo Abate, vencedor por segundo ano consecutivo entre algo máis de cen propostas, record absoluto de participación ata a data. O xurado destacou a súa orixinalidade, calidade da composición, orixinalidade e fusión novamente da natureza e da música como unha das cuestións máis senlleiras do festival.
Yumi Ito
Yumi Ito (1990) é unha vocalista, compositora, produtora e arreglista xaponésa-polaca con sede en Basilea, Suíza. A súa música é unha amálgama de jazz, art-pop e neoclásico. Yumi toca moito en vivo e compartiu escenarios con artistas como Al Jarreau, Becca Stevens, Kurt Rosenwinkel e Mark Turner.
Coma líder de banda, acompañante e arreglista, Yumi Ito traballa non soamente no eido do jazz, senón tamén nos do pop, teatro e cinema. Ademais das moitas colaboracións, Ito gravou tres álbums baixo o seu propio nome: “Entrelazados” (2016, Unit Records), ” Ypsilon” con Yves Theiler (2017) e ” Stardust Crystals” (2020, Unit Records). Ito preséntase internacionalmente baixo o seu nome co baixista Kuba Dworak e o baterista Iago Fernández, a súa Orquestra Yumi Ito de once membros, que non estará nesta ocasión, pero que contarán tamén co guitarrista francés afincado en Galicia Wilfried Wilde.
En 2015, Ito completou o Bachelor of Arts en Jazz Singing na Universidade das Artes de Zúric. En 2017, recibiu o seu master en voz e composición de Jazz en Jazzcampus (Basilea). Os seus mestres foron Guillermo Klein, Mark Turner, Jorge Rossy, Larry Grenadier, Lisette Spinnler e Jeff Ballard. En 2017, Wolfgang Muthspiel elixiu a Ito para participar no prestixioso programa Focus Year Band e formou parte do conxunto internacional de oito membros durante todo un ano. A banda gravou o álbum ” After This” (2018, Neuklang) e foi adestrado semanalmente por músicos como Dave Holland, Avishai Cohen, Django Bates, Steve Swallow e Lionel Loueke.
O grupo actuou no Opus Jazz Club Budapest, Porgy and Bess Vienna, Off Beat Festival, etc. Coma parte dunha residencia compositiva, Yumi Ito foi convidada dúas veces ao leste de Islandia (en agosto de 2018 e xuño de 2019) para traballar na música para os seus proxectos actuais. É gañadora do Concurso Vocal de Jazz de Montreux (2015) e converteuse en membro da banda gañadora do festival Frauenfeld dirixida polo trombonista e compositor Adrian Mears. En 2016, foi convidada por Yaron Herman ao 50º Festival de Jazz de Montreux para interpretar as súas propias composicións con Ziv Ravitz e Joe Martin. No verán de 2013, durante unha estancia de dous meses en Nova York, Ito estudou con Gretchen Parlato, Bob Stoloff, Jay Clayton e Bobby McFerrin. Ito viaxou por Islandia, Xapón, Brasil, Polonia, Francia, Austria, Alemaña, Hungría, a República Checa e Suíza.
Yumi Ito: Voz, Piano. Wilfried Wilde: Guitarra Jakub Dworak: Contrabaixo Iago Fernández: Batería
David Cid Trío + Perico Sambeat
David Cid nace en Vitoria no ano 1996. Empeza os seus estudos de piano na escola de música municipalLuís Aramburu, con Carmen Ayastuy. Posteriormente, realiza o grao profesional de piano e o de órgano noConservatorio Jesús Guridi. No último ano do grao profesional, descobre o jazz e comeza a tocar coa Big Banddo conservatorio e a recibir clases de Koldo Uriarte. Ese ano, accede á EIJO( Euskadiko Ikasleen Jazz Orkestra)coa que realiza tres concertos nos festivais internacionais de Getxo, Donostia e Vitoria. A finais do 2015, accedea Musikene para realizar o Grao Superior de piano jazz co pianista Iñaki Salvador, entre outros. Ao longo da súaformación, recibiu clases de recoñecidos músicos como Aaron Golberg, Iñaki Salvador, George Cables, BarryHarris, Albert Bover, Peter Bernstein, Chris Cheek, Roger Mais, Erik Alexander, Alejandro Mingot, GuillermoMcGill, etc.
Xa titulado na especialidade de piano jazz en Musikene continua a súa carreira como intérprete con David CidTrío, co que percorreu un gran número de importantes escenarios como os festivais de San Sebastián e Vitoria.
En 2017, realizan varios concertos co saxofonista Bob Sands, un deles no Heineken Jazzaldia. Un ano máistarde, participan nunha xira xunto ao estadounidense Joel Frahm, pasando polo Teatro Principal no Festival deJazz de Vitoria e o Bogui Jazz de Madrid. Participou como sideman en diversos concertos cos trompetistas ChrisKase e Kurt Weiss, entre outros. En maio de 2019 presenta primeiro disco gravado en Mecca RecordingEstudo, composto por temas e arranxos orixinais. Actualmente reside en Valencia, onde traballa como docentee continua coa súa carreira musical.
O saxofonista alto Perico Sambeat é considerado como un dos grandes músicos de jazz españois. Gañousecon suor un enorme prestixio pola súa extraordinaria carreira profesional, tanto dentro como fóra de España.
Con máis dunha vintena de discos como líder e máis dun centenar como acompañante, destacan os seustraballos con grandes figuras como Brad Mehldau, Kurt Rosenwinkel, Tete Montoliu, Michael Brecker, PatMetheny e un longo etcétera.
Con máis de 20 anos de traxectoria profesional, Perico Sambeat é o saxofonista español de maior proxeccióninternacional. Cunha forte base clásica, iniciou os seus estudos de música moderna no Taller de Músics deBarcelona onde tivo mestres da talla de Zé Eduardo. En 1991 trasladouse a Nova York onde ingresou na NewSchool. Alí tocou con mestres como Le Konitz, Jimmy Cobb ou Joe Chambers.
A súa prolífica carreira profesional leváronlle a participar en festivais e programacións de todo o mundo, e agravar discos entre os que destacan Uptown Dance co Mike Mossman e David Kikoski; Cruzamento deCamiños con Gerardo Núñez; Friendship con Brad Meldhau, Kurt Rosenwinkel e Jeff Ballard, editado porACT, Flamenco Big Band, con Miguel Poveda e Javier Outeiro, editado por Universal- Verve, Danza Guaná,terceiro disco do CMS Trio xunto a Javier Outeiro e Marc Miralta, Baladas co seu cuarteto con Borja Barruetae Bernardo Sassetti e de novo Outeiro, Elàstic a quinteto xunto con Jeff Ballard, Eric Legnini, Andre Fernandese Thomas Bramerie, «Voces», o seu segundo disco de Big Band, e « Plays Zappa»Participou en moitas gravacións, colaborando con artistas da talla de Dave Douglas, George Colligan, EddieHendeerson, Bruce Barth, Wallace Roney…
O trío de David Cid ofrecerá un concerto enérxico e de calidade non que poderemos escoitar tantostandards coma temas orixinais.
Perico Sambeat: Saxo Tenor David Cid: Piano Xurxo Estévez: Contrabaixo Joan Casares: Batería
Fuzzo
Fuzzo é unha nova marca na culata duns músicos que senten cómodos no fío dá navalla. Esta formación reúnea tres @estrella da escena do jazz galego: Virxilio dá Silva na guitarra, Xan Campos cos sintetizadores e ChusPazos na batería.
Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre e acumulativa, fan dos seus concertos unhaverdadeira experiencia de éxtase salvaxe e creativa.
En moitas ocasións, cando as axendas permíteno, realizan este show con Luís Davila, deseñador gráfico,ilustrador e viñetista creador de “Ou Bichero”, que se fai cargo da proxección de ilustracións en tempo real,que se mesturan coa música en directo.
De todo o que fan estes músicos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrucción dedeseños e ideas musicais, cunha estética próxima ao rock psicodélico ó música electrónica sen abandoar aimprovisación como canle fundamental de expresión plástica e musical.
Virxilio Da Silva: Guitarra Xan Campos: Teclados Chus Pazos: Batería
Sergio de Miguel Trío
Sergio de Miguel é un novísimo pianista e compositor vigués residente en Boston (USA), onde actualmentecursa o dobre grao ( Bachelor of Arts) en Piano e Film Scoring na Berklee College of Music ( Boston). En xullode 2019, con 17 anos, recibiu en Miami, da man de Emilio e Gloria Estefan, a bolsa Prodixio da FundaciónCultural Latin Grammy para realizar os seus estudos en Berklee. Se convertió así no músico máis novo e oprimeiro español en recibir este prestixioso recoñecemento.
A música de Sergio de Miguel fusiona as súas raíces galegas co jazz e as influencias latinas. En formato trío ,presenta o seu novo proxecto “Espirais” que destila influencias moi heteroxéneas da música clásica, músicacontemporánea ou músicos de jazz como Brad Mehldau, Bill Evans, Abe Rábade ou Chucho Valdés. Faioacompañado de dous músicos moi habituais da escena musical galega, Óscar Rodríguez no contrabaixo e MaxGómez na batería.
Sergio leva tocando o piano desde vos 4 anos. Estudou 10 anos no Conservartorio Profesional de Música deVigo, onde se graduó en maio de 2019 obtendo o Premio Fin de Grao. Así mesmo foi durante 5 anos opianista da E-Jazz Band do Conservatorio, estudou con Abe Rábade tres anos no Seminario Permanente deJazz de Pontevedra e ampliou estudos en numerosos cursos ou centros como Chetham’ s School of Music(Manchester, UK). Actuou xunto a músicos como Reinier Elizarde ou Toni Belenguer e coa súa formación dejazz en festivais como Imaxinasons ou CanJazz, así como en clubs de jazz, eventos e festivais de Galicia eBoston (USA).
Anteriormente a Espirais, publicou proxectos como Seeds Vol2 (2019), Impresións (2019), Verde (2019),Seeds (2018) ou Dreams of Chetam’ s (2016).
Sergio de Miguel: Piano Oscar Rodriguez: Contrabaixo Max Gómez: Batería
Masterclass con Yumi Ito
Este ano ofreceremos unha nova masterclass dedicada á voz. Neste caso, estando en Nigrán unha cantante donivel e pretigio de Yumi Ito non quedaba máis remedio que aproveitar a ocasión, e máis tendo en conta aexcelente resposta dos músicos galegos, españois e portugueses en edicións anteriores.
Yumi abordará cuestións como o quecemento, técnica, improvisación e aconsellará aos participantes que seanimen a cantar co trío acompañante que haberá a disposición dá clase.
Jam Sessions
Nesta edición as habituais jam sessions do festival moveranse ao escenario principal e correrán como semprea cargo das novas xeracións do jazz galego. Oito prometedores músicos participarán en dous cuartetosdispostos para facer as aperturas e logo dar paso ás jam sessions onde todos os músicos están convidados aparticipar, respectando sempre as recomendacións de seguridade sanitaria correspondentes.
Viernes 24
Diego Alonso: Saxo Suníl López: Piano Ricardo Díaz: Contrabaixo Andrea Giraldez: Bateria
Sábado 25
Miguel Seoane: Saxo Martín Verde: Guitarra Yudit Almeida: Contrabaixo Ana Sanabria: Batería
O Concello de Nigrán recollerá porta por porta o lixo dos negocios situados no porto pesqueiro de Panxón ante a impredecible orde da Xunta de Galicia do día 2 de que se retirasen inmediatamente os contedores municipais existentes baixo pena de multa ao ser ese terreo de Portos de Galicia. Ante esta situación, coincidente co momento de maior carga de traballo dos hostaleiros, o Concello consensuou este mesmo luns a contrarreloxo cos restaurantes unha nova solución: a recollida diaria antes das 2:00 da madrugada de contedores individuais que a propia concesionaria xa subministrou a cada un dos 8 negocios instalados no porto. Paralelamente, o Concello solicitou hoxe mesmo mediante escrito á Xunta que alo menos permitan a instalación de contedores de reciclaxe de vidro no lugar do espazo portuario que estimen, fundamentais para os restaurantes.
“Son
ganas de prexudicar a Nigrán baixo calquera pretexto, en plena
tempada alta e coa grave crise que acaba de sufrir o sector a Xunta
pon atracos en lugar de unir esforzos e colaborar; estamos afeitos e
sabemos buscar boas solucións sen contar con eles, como é o caso”,
argumenta o rexedor, Juan González, quen lamenta que agora os
veciños residentes no porto pesqueiro teñan que ir ata rúa
Mariñeiro “por un capricho da Xunta”. Así, o Concello xa
reforzou con máis contedores esta rúa para poder dar servizo a máis
poboación.
Paralelamente,
e nesta liña de reclamar apoio ao comercio e non atrancos, o
Concello reclama a Portos de Galicia que bonifique a taxa de terrazas
nos espazos da súa competencia como é o porto de Panxón, tal e
como fixo o Concello reducíndoo o 75%, máximo permitido legalmente.
“Parece que a Xunta só estivese para por obstáculos en Nigrán,
que amosen o seu suposto talante ecuánime e rebaixen a taxa tal e
como xa lle pedimos reiteradamente nos e os propios hostaleiros, iso
é o que pedimos, non atrancos e búsqueda de conflitos
innecesarios”, finaliza González.
Con
“tres letras que impactan”, co obxectivo de reactivar o turismo
nacional e de proximidade, apoiar ao sector “que está a facer un
enorme esforzo e compromiso co territorio”, e escollendo o
minimalismo, a simplicidade, a forza e a apelación directa ás
persoas, a Deputación de Pontevedra lanza “Ven”, a nova campaña
que foi presentada hoxe pola presidenta provincial Carmela Silva,
acompañada pola cantante Najla Shami, “a voz e o rostro que
conduce un audiovisual que toca as emocións”. O vídeo, que tamén
desenvolve os hastag “Ven a Rías Baixas, Ven a Pontevedra
Provincia”, se dirixe directamente ás persoas visitantes “porque
chegou o momento de que veñades”, lles garante un destino
“absolutamente seguro”, lémbralles que durante a crise
“estivemos a coidar este regalo para ter unha provincia aínda
mellor”, e pídelles que “agora si, sigan o seu instinto e
desfruten dun sitio e dunhas xentes máxicas”.
Bosques,
rías, praias, viñedos, fervenzas, faros, pazos e castelos da
provincia se unen neste novo audiovisual sobre o que Carmela Silva
sinalou “que deixa claro que se queres coñecer e vivir un destino
de natureza, fermoso, cunha riqueza patrimonial e unha gastronomía
incribles, hai que vir a Rías Baixas, a Pontevedra Provincia”. A
presidenta sinalou que esta campaña ten que entenderse
tendo en conta o que fixo a Deputación desde o principio da crise
sanitaria. “Toda
a nosa acción adaptouse ao novo escenario como a campaña “Viaxa
mañá”
cunha mensaxe de responsabilidade, pensando na seguridade, animando a
que aprazasen as súas viaxes, e dicíndolles que nese tempo de peche
estabamos a gardar e coidar todos os nosos tesouros
para
que estiveran aínda mellor cando o turismo puidese volver. E agora,
chegou ese momento”. Carmela Silva lembrou tamén as iniciativas de
apoio ao produto e ao comercio local; campañas como “As Rías
Baixas Visítante” ou “Viaxa ao Pasado”, e concursos como
“Comemos polos Ollos”. Igualmente significou o Plan de
Reactivación, dotado con 3,5 millóns de euros e o Plan Estratéxico
2021-23 “no que estamos a traballar”.
“Ven”
continúa a estela de “Sigue o teu instinto”, a campaña “que
precisamente aposta polo turismo que agora máis se demanda, de
natureza, sostible, non masificado e vinculado á cultura. De feito
temos toda a programación preparada para que as persoas visitantes
tamén poidan desfrutar dela”, dixo a presidenta. Está dirixida ao
turismo nacional e do norte de Portugal “e con esta liña de novo
aliñámonos coa estratexia da Secretaría de Estado de Turismo,
desde o inicio da pandemia, de fomentar o turismo de proximidade.
Tamén adaptamos a nosa mensaxe aos retos da Organización Mundial de
Turismo sobre sustentabilidade, crecemento ético e seguridade”
Najla
Shami é a cantante que pon voz e rostro á campaña, amais de que a
banda sonora do audiovisual é un dos seus temas. Ela percorre a
provincia animando a visitar Rias Baixas, e como dixo Carmela Silva
“é unha das voces máis representativas da cultura en Galicia, a
perfecta embaixadora da provincia coa música, coa palabra e co seu
compromiso coa terra”. Shami mostrou o seu orgullo por participar.
“É un enorme pracer. Estou namorada desta provincia. Galicia
comprende moi ben a multiculturalidade porque a viviu na súa pel. A
súa xente é máxica, especial, única e distinta a todos os seres
do planeta. O turismo ten que vir e desfrutalo”.
Propostas de ‘Escapadas’
Xunto
ao audiovisual, as redes ofertarán propostas de “escapadas”,
amais doutras experiencias e actividades que poden facer durante a
súa estadía. Son 13 escapadas, que se poden facer nun día o en
varios combinando varias delas, sete pola costa e seis polo interior
chegando a todas as comarcas e invitando a desfrutar dos seus
atractivos. Na costa hai propostas na Ría de Arousa, a de Pontevedra
e a de Vigo ou O Morrazo; e no interior a beira do río Miño, desde
o Condado ata O Rosal; a zona do Deza e Terra de Montes; a comarca de
Caldas, ou a de Fornelos e Pazos de Borbén.
Plan de Promoción e Comunicación: “Queremos chegar a 12 millóns de persoas”
A
campaña conta xa cunha ambicioso plan de promoción que se
prolongará ata finais de ano cun investimento de 116.000 euros. Irá
dirixida a persoas de entre 35 e 60 anos e tamén a turismo familiar
que viven en contornas de cidades ou áreas urbanas de máis de
50.000 habitantes. “Queremos chegar –asegurou Carmela Silva- a 12
millóns de persoas e captar ao público interesado en turismo
cultural e de natureza, os produtos máis buscados e demandados polas
persoas que se interesan polo noso destino”.
Respecto
ás accións, a presidenta detallou que a campaña terá incidencia
en medios online e off line, “pero apostando pola dixitalización
na liña seguida pola Rede de Destinos Turísticos Intelixentes da
que somos membros da executiva”. Deste xeito, “os medios online
permitirán que teñamos información fundamental para tomar
decisións acertadas, como poder medir en tempo real as campañas o
que nos axuda a tomar medidas adecuadas, segmentación xeográfica e
a ter así un impacto directo no target de público que buscamos”.
En canto aos medios off line, insertaranse “vídeos onde imos
amosar imaxes moi impactantes, fixando a nosa imaxe de marca cunha
versatilidade de formatos que nos vai permitir poder chegar á
xente”.
A
campaña desenvolverase no verán (ata o 16 de agosto), e en outono
(1 de setembro ao 13 de decembro). Na primeira fase, con impacto en
Galicia, no resto do estado e en Portugal, as accións van estar
dirixidas a ter presenza en redes sociais, reach media e revistas
especializadas, así como na SmartTV, empregada por máis de 10
millóns de españois, nas principais plataformas. Pola súa banda, a
segunda fase no outono, centrarase en zonas estratéxicas para captar
visitantes como Madrid, País Vasco, Asturias e Castela a Mancha.
Neste caso, “estará moi centrada en produtos de turismo cultural e
de natureza e faranse en medios nacionais e redes sociais con
iniciativas de cara as pontes, cando a xente fai pequenas escapadas”.
En ambos casos, tanto en verán como en outono, “imos a combinar
segundo o medio de comunicación, vídeos con stories, banners, ou
imaxes con textos e reportaxes”, co obxectivo de “buscar
notoriedade e visibilidade a través deses soportes”. De feito,
segundo adiantou a presidenta, a estimación de resultados “é moi
ambiciosa, con 20 millóns de impresións dos anuncios, 151.400
clicks e 3,4 millóns de visualizacións dos vídeos”.
Estimacións de ocupación “con moitas cautelas”
Con
“todas as cautelas” e “moita prudencia”, Carmela Silva
adiantou as estimacións de ocupación para este mes de xullo e o
verán. “Quero transmitir optimismo pero hai que tomar estes datos
como o que son: moi provisionais, están a variar día a día e van a
depender de moitas variables incluídas as sanitarias”. De feito,
as reservas están pechándose entre 1 e 2 días antes de viaxar, hai
moita xente que por ertes ou reorganizacións das empresas non saben
aínda as súas datas de vacacións; as estadías prevense máis
longas; e dous de cada tres establecementos prevén que os
resultados poden cambiar e incluso mellorar cara a segunda quincena
de xullo e o mes de agosto.
Os datos en canto aos establecementos hoteleiros estiman unha ocupación media do 33 % en xullo e do 40 % para o conxunto do verán. Por comarcas en xullo, O Salnés superará o 38 %, situándose nesa mesma porcentaxe en vilas como Sanxenxo e no 40 % no Grove; a comarca de Pontevedra acadará o 32 % de ocupación, co 43 % na capital; O Morrazo chegará ao 39 % e a comarca de Caldas superará o 37,5 %; no caso da comarca de Vigo a ocupación será do 32,4% situándose na cidade viguesa por riba do 40 % e en Baiona no 50 %; o Baixo Miño superará o 36 %; O Condado e A Paradanta situaranse no 25 % e Deza e Terra de Montes no 26 % no mes de xullo.
En canto ao conxunto do verán, os establecementos hoteleiros do Salnés superarán o 38 %, cunha ocupación do 43 % no Grove e en Sanxenxo do 40 %; na comarca de Pontevedra rondará o 44 % e na cidade o 41 %; no Morrazo superarán o 39 %; na comarca de Caldas o 34,5 %; a comarca de Vigo terá unha ocupación do 44 % sendo do 45 % na cidade de Vigo e do 54 % en Baiona; o Baixo Miño o 45 %; as comarcas do Condado e da Paradanta chegarán ao 40 % e as de Deza e Terra de Montes superarán o 33 %.
No que respecta ao
turismo
rural
é o que estima os datos máis parecidos a anos anteriores”, cunha
ocupación para xullo do 51,3% e para o conxunto do verán do 50%. En
xullo no Salnés o 52%; chegarán ao 75% na comarca de Pontevedra; ao
56% no Morrazo; acadarán o 44% na comarca de Caldas; superarán o
45% na comarca de Vigo; o 67% no Baixo Miño e ao 40% no Condado, A
Paradanta, Deza e Terra de Montes.
No que respecta ao conxunto do verán, as casas de turismo rural do Salnés superarán o 45,5%; chegarán ao 55% na comarca de Pontevedra e do Morrazo; ao 45% na comarca de Caldas; acadarán o 40% en Vigo; o 57% no Baixo Miño; superarán o 43% nas comarcas do Condado e A Paradanta e chegarán ao 40,4% no Deza e Terra de Montes.
Os
mellores datos de ocupación correspóndense coas vivendas
turísticas,
que agardan para xullo unha porcentaxe do 60% e para o conxunto do
verán do 70%.
A
catro días da cita coas urnas, o cabeza de lista do BNG por
Pontevedra, Luís Bará, afirmou hoxe en O Porriño que o vindeiro
domingo hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio en
Galiza porque “canto máis BNG, menos PP”. Bará subliñou que
lograr un tempo novo “está ao alcance da man” tendo en conta o
ambiente e a ilusión que se está a notar na campaña electoral
arredor da formación nacionalista: “Estanse alineando os astros
para que teñamos a primeira presidenta da historia en Galiza, Ana
Pontón”, subliñou.
O
cabeza de cartel lembrou que hai 700.000 persoas indecisas e tamén
unha tendencia de crecemento e un medre imparable do BNG. Fixo
fincapé en que nestas eleccións o BNG ten dous grandes obxectivos:
“derrotar dun golpe á dereita reaccionaria e insolidaria do PP e
ao centralismo e a dependencia que nos afoga e que nos paraliza. E,
en segundo lugar, facer historia poñendo á fronte do noso país
unha muller nacionalista, a primeira presidenta da historia de
Galiza, Ana Pontón, que co seu liderado potente, atraente e
inclusivo é a alternativa real a Feixóo”.
No
Parque do Cristo, Bará afirmou que o BNG está preparado para
gobernar e coller o mando e a dirección do país cun proxecto
propio, transformador, pensado dende e para Galiza e a súa maioría
social que servirá “para rematar con este tempo de parálise do
Parido Popular que converteu Galiza nun país co motor parado”.
Segundo explicou o candidato, a primeira medida do BNG de Ana Pontón
para facerlle fronte á crise no goberno galego será tecer un grande
acordo ou grande coalición institucional e social polo futuro de
Galiza para a reactivar a economía, o impulso e a modernización de
país.
Nun
mitin no que participaron as tamén candidatas Cristina Fernández e
Francisco Chivite, Bará fixo un chamamento á mobilización do voto
xoven e un chamamento á xente moza como motor do cambio, xa que ao
seu entender será clave para un gran ascenso do BNG e derrotar ao
Partido Popular. Así mesmo, subliñou a necesidade de concentrar no
Bloque o voto da xente galeguista e nacionalista porque “tanto a
abstención como a división do voto das persoas que lle queren ao
país e queren cambio serán como votar ao Partido Popular”.
“Hai
que darlle o finiquito ao PP, confinalo na oposición, mandalo para
Madrid”, dixo Bará, argumentando que nestes momentos non hai nada
decidido, senón que se decide todo o 12X nas urnas: “Hai partido e
nós saímos a por todas. Saímos a gañar. O futuro é noso”,
indicou o cabeza de cartel, quen augurou un grande resultado para o
BNG que permitirá “poñer en marcha o cambio galego, abrir un
tempo novo e darlle esperanza e futuro ao país”.
En
clave local, Bará fixo referencia a débedas históricas da Xunta na
zona, como a variante da PO-510 en Budiño, a transferencia do tramo
urbano da PO-331 (rúas Progreso e Bos Aires), a construción dun
novo centro de ensino de Infantil e Primaria, que o Sergas asuma a
xestión da Unidade de Drogodependencias, ou o soterramento da liña
de alta tensión en Torneiros.
Segundo
dixo Bará, O Porriño “terá un goberno a favor” a partir do
vindeiro 12X. Destacou que fronte á inacción do goberno do PP, o
BNG axilizará a súa colaboración para sacar adiante actuacións
seguindo o modelo BNG. Insistiu, de feito, na necesaria intervención
nas estradas de titularidade da Xunta, nas que é preciso realizar
actuacións de seguranza viaria e de mellora da mobilidade peonil,
así como nos centros de ensino público, dos máis antigos do país,
nos que non houbo investimentos de importancia do goberno autonómico
nos últimos once anos a pesares de que, por exemplo, o CEIP
Fernández López precisa unha intervención integral. “Hai unha
débeda secular”, destacou o nacionalista.
Pola
súa banda, na súa intervención, a candidata Cristina Fernández
fixo unha chamada á mobilización da veciñanza para facer historia
como aconteceu en Ponteareas en 2015, cando o BNG gañou a alcaldía
ao PP, que “ata entón gobernaba o Concello como o seu
chiringuito”. “Queremos que a maioría social confíe en nós
como aconteceu entón e poder poñer á fronte da Xunta a unha muller
solvente que abrirá un tempo novo neste país, Ana Pontón”,
finalizou.
O
Concello de Redondela anunciou a súa intención de poñer en marcha
“todas aquelas medidas que, dentro das competencias municipais”,
contribúan ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19.
Nese
sentido, a concelleira de Urbanismo e Facenda, María Castro Abad,
salientou que por parte do Concello “adoptaránse as medidas de
control e vixilancia precisas para evitar aglomeracións en terrazas,
bares, cafeterías, furanchos de demáis establecementos de
hostalería”.
O
Concello xa trasladou a todos os establecementos unha comunicación
na que lembra as normas sanitarias que deben adoptar fronte á
COVID-19 “é que son de obrigado cumprimento”, subliña a
concelleira.
As
terrazas, insiste a responsable de Urbanismo, deben cumprir a
normativa municipal “e respectar o espazo público coa obriga de
deixar lugar para a total accesibilidade dos peóns”. Do mesmo
xeito, lembra a concelleira que “só poderán ter na terraza as
mesas que vaian usar e non utilizar as rúas e prazas como lugar de
almacenamento privado”. Finalmente, subliña a obriga de utilizar
máscara de protección non interior dos establecementos “tanto os
empregados e empregadas como a clientela”.
Pola
súa banda, a alcaldesa Digna Rivas apela, unha vez máis “á
responsabilidade individual da veciñanza nun momento delicado no que
comezan a xurdir repuntes da COVID-19”. A alcaldesa de Redondela
lembra que “o virus está ahí fora” e as medidas de protección
como a utilización de máscaras, manter distancia de seguridade ou
evitar aglomeracións, “son as únicas armas que a cidadanía ten
ao seu alcance para evitar contaxios e unha volta atrás que tería
consecuencias catastróficas”.
Rivas
asegura que o Concello “utilizará, dentro das súas competencias,
todos os medios de cara a asegurar o estrito cumplimento das normas
“porque o único xeito de garantir a saúde dos nosos veciños e
veciñas”. O confinamento ao que está sometido nestes momentos A
Mariña lucense, afirma a alcaldesa de Redondela, “ten que
servirnos como toque de atención e lembrarnos que isto non pasou,
senón que é unha realidade coa que temos que aprender a convivir e,
nesa realidade, a nosa responsabilidade persoal é a mellor arma”.
Cómpre
salientar que o Real decreto lei 21/2020 do 9 de xuño, establece
expresamente a obrigatoriedade do uso se máscaras “cando se
transite pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola
concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento
–atendidos o número de persoas e as dimensións do lugar– o
mantemento da distancia de seguridade”.
Esa
obrigatoriedade é recalcada no Real decreo lei ao establecer que
será obrigatorio o uso da máscara “Sempre que se estea en espazos
pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público e
que se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas usuarias”.
Nos establecementos de hostalería, o uso da máscara é obligatorio
cando se entra ou se sae ou se está de pe no interior coa excepción
“en que unha vez sentados se adopte por parte do titular do espazo
medidas que garantan, en todo momento, o mantemento da seguridade da
distancia interpersoal entre as persoas usuarias”.
Finalmente
o Decreto lei lempra a prohibición de empregar máscaras provistas
de válvula exhalatoria “agás nos usos profesionais para os que
este tipo de máscara poida estar recomendado”.
Pasadas dúas semanas do remate do curso escolar, este foi definido pola Confederación de ANPAS Galegas como “o curso escolar máis sorprendente da nosa historia recente”, sorprendente afirman, por ter vivido máis dun terzo da súa duración baixo o estado de alarma “pero sorprendente sobre todo porque vivimos a desaparición real dunha administración educativa que debera ter asistido permanentemente a familias e alumnado”.
Reproducimos o comunicado da Confederación por considerar que é tan contundente como explicativo.
Durante os máis de tres meses que pasaron dende o 16 de marzo até o 19 de xuño, a consellaría só estivo presente para culpabilizar a outros axentes da súa propia incapacidade, Nin tomou decisións, nin organizou alternativas, nin forneceu ás direccións e profesorado dos centros das imprescindíbeis instrucións para continuar e rematar o curso académico 2019-2020.
Toda a comunidade educativa fixemos o que puidemos para continuar, cun enorme traballo do alumnado, a quen debemos o noso aplauso en primeiro lugar, e tamén das familias e do profesorado. Facermos o que puidemos non quer dicir que o curso rematara con éxito, nin que se fixera todo o que se debeu facer. Non deixamos de sentirnos magoadas polo abandono que sufriu boa parte do alumnado galego, pola desatención absoluta ás persoas que tiñan necesidades especiais de apoio educativo, pola incremento enorme da fenda socioeconómica provocado pola inutilidade dos nosos gobernantes educativos, ou polas diferenzas de trato entre centros educativos e persoas, resultantes dunha xestión que só pode cualificarse como nefasta.
Todo isto que pasou, e cómpre non esquecelo, ocorreu co alumnado na casa e co profesorado confinado, por así dicilo o problema sanitario non tivo case presenza no trimestre pasado; os centros escolares libráronse de seren centros de risco e contaxio. E nin así a consellaría de educación foi quen de facer cousa diferente que entregar a solución de todos os problemas aos diferentes actores da comunidade educativa, sobre todo a familias e alumnado que tivemos que facer de improvisadas docentes, orientadoras e persoal de apoio das nosas fillas e fillos, ou de nós mesmas en moitos casos.
Pero o curso próximo xa non hai excepción sanitaria, o curso vai comezar co alumnado dentro das aulas, con clases presenciais e cunha enorme inseguridade por parte dos que realmente somos o Ensino Público Galego: o alumnado, as familias e o persoal docente. E todas nós estamos absolutamente indignadas pola falta de respecto que supón a permanente ineptitude da consellaría de Educación.
Temos dereito a coñecer como se vai organizar o próximo curso, cales van ser os requisitos de espazo, de comunicación, de distribución de aulas, de utilización de instalacións comúns, de entradas e saídas dos centros, de como se vai garantir a seguridade das nosas fillas e fillos, e a das súas familias en consecuencia, en transportes e comedores escolares xa de por si saturados.
Temos dereito a saber de que maneira a consellaría de educación ten planificado como vai atender ao alumnado galego en centros escolares masificados, con rateos por aula absolutamente desbordados logo de anos e anos de recortes innecesarios, con instalacións cun mantemento insuficiente, e cuns orzamentos constantemente á baixa.
Temos dereito a saber cales son os protocolos sanitarios que van permitir detectar casos de infección, polo COVID-19 ou por calquera outro virus, cando a administración educativa galega leva décadas negándose á incluír nos centros a figura do profesional sanitario -que tan excelente uso tería tido neste recente pasado- , e continúa fiando a resolución de todos os problemas a equipas docentes que non saben nada -nin teñen porqué sabelo- de prevención de contaxios ou control de epidemias.
Temos dereito a coñecer cales son os plans que van impedir que o alumnado volva a estar abandonado nunha máis que posíbel repetición do escenario, tal e como ocorreu no trimestre último do curso 2019-2020. Porque, onde está a planificación e o diñeiro que van garantir un Ensino Público realmente gratuíto, XA, AGORA MESMO ?, e que garanta a accesibilidade total de todo o alumnado galego a todos os medios necesarios, para que non se repita a fonda discriminación que vimos de sufrir neste derradeiro trimestre pasado.
Pero imos máis aló. O que se fixo nestes meses co alumnado de necesidades específicas de apoio educativo foi unha auténtica labazada a ese pretendido e nunca conseguido “estado de inclusión ideal”, que esta inútil consellaría de educación ven vendéndonos dende sempre. Este alumnado ficou abandonado, agás dunhas poucas excepcións, nas súas casas; perdendo en moitos casos o que tiña progresado clínica e emocionalmente, e retrocedendo na súa aprendizaxe e incorporación ao grupo escolar. A consellaría, de novo, tampouco fixo nada para solucionar esta situación, limitouse a dar ordes de que outras -sen formación, sen medios, sen coñecementos- resolveran por ela.
A maiores dos aspectos sanitarios, fundamentais e prioritarios; do tratamento da diversidade, igualmente fundamental se queremos que as nosas fillas e fillos reciban da Escola Pública a formación que precisan para un mundo moderno e participativo; da equidade esnaquizada polo tratamento discriminatorio recibido polo alumnado galego; a maiores de todo iso está tamén a realidade académica que se nos ven enriba.
Este curso rematou en falso, e así hai que dicilo con rotundidade. Non é certo que se creara da nada unha formación en liña que fora aproveitábel por todo o alumnado; non é certo que todo o alumnado estivera conectado; non é certo que todos os nosos fillos e fillas tiveran as mesmas oportunidades e a mesma atención. Por iso, como xa dixemos hai meses os principais axentes sociais educativos nunha diagnose conxunta e compartida inédita ata ese momento, hai que entender que o curso rematou o 13 de marzo pasado. E que o curso que ven ten que comezar aí mesmo, onde parou, para garantir que todo o mundo poida chegar ao final do curso próximo con garantías de éxito. E nese suposto, onde están as adaptacións curriculares imprescindíbeis?, onde están as instrucións rotundas, claras e definidas que permitan ao profesorado traballar con seguranza no desenvolvemento dun curso fundamental, no que ademais de reincorporar ao alumnado á súa realidade académica hai que devolvelo a un mundo escolar, afectivo, grupal, do que se viu separado durante seis meses ?
A resposta a todas as nosas preguntas é sempre a mesma: non hai nada feito, non hai nada previsto, non hai un plan A, un B ou un C, non hai organización, nin instrucións, nin ideas; non hai máis que estratexia de inaccións, semella que pensan que non facendo nada non se están a equivocar, pero é falso: así é como se equivocan de cheo.
As familias galegas estamos fartas da consellaría de educación, de quen a representa e do equipo que a dirixe, sabemos que non nola merecemos, e esiximos un rotundo cambio. Queremos unha consellaría que fale con nós, que inicie canto antes un diálogo de traballo, e que se responsabilice do que vaia suceder a partir do 10 de setembro. Porque son as nosas fillas e fillos quen pretenden que estean nas aulas, e nós non queremos que estean do xeito irresponsábel que este grupo incompetente está deseñando.
Conselleira, traballe ou dimita, o que sexa, pero fágao canto antes.
A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández Davila, solicita á Xunta de Galicia “que deixe de pechar unidades educativas nos centros escolares de Ponteareas” sendo hoxe máis imprescindible que nunca aulas menos numerosas que garantan non só a calidade dun ensino máis persoalizado se non tamén as normas de distanciamento e seguridade sanitaria”.
Nos
últimos consellos escolares celebrados con motivo do fin do curso,
os centros puxeron enriba da mesa a supresión de varias unidades
educativas derivando forzosamente alumnado a outros centros.
A
ANPA e direccións destes Centros, manifestaron a súa preocupación
polos derroteiros que toma a situación dos seus centros cun peche
constante de unidades ano tras ano que despois, como no caso do
Fermín Bouza Brey neste curso, ainda que volvan recuperar alumnado a
administración non volta a desdobrar aulas, se non que volta a
desviar alumnado a outros colexios, case sempre concertados
Cristina Fernández Davila explica que “este é o momento para recuperar unhas ratios sostibles para o alumnado e profesorado en relación cos espazos existentes nas instalacións dos centros da vila”. Fernánde engade que neste intre por mor do COVID-19 é máis que xustificable que as ratios podan ser menores sobre todo en aqueles cursos que os centros poden desdobrar por cuestión de espazo físico.
Coñecedora
da fonda preocupación das ANPAS de Ponteareas e da FANPO, Cristina
Fernández esixe á Xunta que blinde a seguridade do alumnado e
ofrécelle toda a colaboración dende a concellería que dirixe para
que se tomen as decisións máis axeitadas e claras posibles.
A
concelleira recórdalle á Xunta os tempos nos que Ponteareas
convivíu con centros masificados e a responsabilidade que ten agora
na mellora das condicións ao ter competencias plenas en materia de
Ensino. “Agora teñen nas súas mans non só a calidade formativa
da infancia e da mocidade, tamén a súa saúde. En tempos nos que
faltan vacinas e nos que as medidas de distanciamento interpersoal e
hixiénicas son fundamentais para esquivar a pandemia”.
Nos
últimos consellos escolares os centros educativos informaron da
supresión das seguintes unidades educativas:
CEIP Nosa Señora dos Remedios solicita tres unidades en 2º de Primaria a fin de poder poder atender debidamente a un alumnado que arrancaba a ler, xusto no momento do confinamento e dous deles con NEE (un con coidadora). No colexio hai espazo suficiente para as tres unidades xa que as tiñan en 6º durante este curso. Seguirían con liña 3, coma sempre, e poderíase ofertar no futuro as mesmas prazas que ata o de agora. De non facelo así, calquera traslado de matrícula que chegue durante o curso escolar incrementaría a ratio. A día de hoxe teñen confirmadas tan só dúas aulas para 2º de primaria.
CEIP Fermín Bouza Brey, con 26 alumnos/as, se despraza un deles a outro centro educativo quedando na aula 25 nenos/as de 3 anos. Neste intre habería outra nova solicitude por desprazamento dunha familia dende outra localidade.
CEIP Feliciano Barrera, unificación de 1º e 2º de primaria nunha soa aula pequena ao borde do límite de 20 alumnos por aula mixta.
O
mércores 8 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinou o
Convenio da Escola Infantil Municipal que compromete o investimento
necesario por parte da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e
xa pode comezar dende o Consorcio Galego de Benestar o procedemento
de licitación.
Está
previsto que se faga a licitación antes de finais do presente ano e
que as obras se executen entre as anualidades 2020 e 2021.
O
financiamento da nova escola infantil da Guarda, realizarase entre a
Administración autonómica, que achegará 410.000€ e o consistorio
local, que achegará os fondos restantes ata os 690.000€ do custo
total.
A futura escola infantil da Guarda integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas nas vellas vivendas dos mestres do antigo Sinde.
A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación do ‘Verán Cultural’ da man do concelleiro de Cultura Alex Rodríguez e a alcaldesa Loli Castiñeira, un programa que este ano, por mor da COVID19, redúcese a unha intensa semana na que se concentrarán unha ducia de actividades.
A programación, que se estenderá dende o luns 13 ata o luns 20, concentrarase na Praza do Concello por ser, como se explicou na presentación, “un lugar amplo e con posibilidade de acotamento de espazo para o público, algo que resulta imprescindible para poder manter as medidas de seguridade relacionadas co coronavirus”.
Os actos centraranse na infancia e no público familiar, a modo de homenaxe despois duns meses de confinamento e restricións “complexos para os nenos e nenas que agora, por fin, poden comezar a desfrutar de actividades infantís e para tódolos públicos”.
A
pesares da non celebración das verbenas, o Concello apostou por
manter citas importantes como o Estourazo coa xa anunciada homenaxe á
Agrupación de Protección Civil e que contará co tradicional
desfile da Agrupación Gaiteira, ou o acto de recoñecemento de
salcedenses distinguidos/as o domingo do Cristo, que este ano
premiará a laboura de sectores fundamentais nesta crise, como o
sector sanitario ou o sector comercial. O Concello fará públicos
nos vindeiros días os nomes das persoas homenaxeadas que xa foron
aprobados por unanimidade polo Pleno da Corporación.
Dende a Concellaría de Cultura e Festexos, asegurouse na presentación do Verán Cultural, tocou reinventarse e ofrecer actividades diferentes que fosen posibles neste momento, con casos como os da Banda de Música Cultural de Salceda que,m ante a imposibilidade de realizar un concerto conxunto (son case 90 músicos/as), optou por dividir a formación en cinco grupos que ofrecerán concertos ao longo da fin de semana.
Alcaldesa e Concelleiro anunciaron tamén unha segunda parte da programación cultural no mes de setembro, que comezará coa Festa dos Callos, que tamén se celebrará dun xeito adaptado á situación actual, e que continuará coa denominada ‘Noite violeta’, unha noite adicada á igualdade con concertos, obradoiros e moitas máis actividades que serán presentadas proximamente, e que se enmarca dentro das iniciativas do II Plan de Igualdade do Concello de Salceda que se aprobou a finais do pasado ano.
A
Alcaldesa, Loli Castiñeira agradeceu especialmente o traballo
realizado polo Concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, nun momento
complexo onde son moitas as variables a ter en conta para ofrecer
unha programación de calidade e que poida cumprir cos protocolos de
seguridade establecidos. “Queremos ciclo cultural no Cristo, pero
ante todo queremos garantir a seguridade da nosa veciñanza. Estamos
nun ano complexo onde houbo que tomar decisións difíciles como a
suspensión dos campamentos ou o peche da piscinas municipais, mais
non queremos deixar á nosa veciñanza sen o seu tempo de ocio e
entretemento, conscientes tamén da enorme importancia que a
programación ten para o tecido comercial e hostaleiro”
O
Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento
Local, que dirixe Fátima Rodríguez, ven de lanzar unha campaña de
dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a
fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas
nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da
nosa vila.
A
través dunhas infografías, que se publican nas redes sociais do
Concello(Facebook, Instagram e Twitter), se pretende por de manifesto
que o consumo local favorece a toda a poboación e trátase dun
círculo de suma importancia no que cada un de nos ten un papel
fundamental, destacando ademais as vantaxes de consumir en local,
como o trato personalizado, produto fresco e diferenciado…
As
infografías, realizadas por unha ilustradora local, están
ambientadas en diferentes espazos da vila da Guarda, tentando captar
a atención dos guardeses e guardesas para que realicen as súas
compras no comercio e na hostalaría local.
A
campaña de promoción do comercio local emprega ademais varios
hashtags como: #ComercioLocal
#NonRompasOCirculo #MercaNaGuarda e #EuConsumoLocal e terá una
continuidade no tempo empregando diferentes canles de comunicación.
Incentivar
as vendas tamén na rede
Dende
o Concello da Guarda se puxo en marcha a inicios de xuño o
Marketplace www.mercanaguarda .com unha iniciativa que pretende
funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados
aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado
municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector
primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma
online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e
Portugal.
Arestora
se conta xa cunha quincena de empresas adheridas e máis de 80
produtos dispoñibles para mercar de sectores tan diversos como a
artesanía, manualidades, xoiería, servizos, marketing, idiomas,
viaxes, agasallos, xoguetes, alimentación, entre outros.
Realizáronse
xa 3 xornadas formativas nas que participaron preto dunha trintena de
empresarios e ao longo do ano, a medida que se adhiran novas
empresas, continuarase formando ao empresariado para que teña a
oportunidade de empregar esta canle de venda online exclusiva para as
empresas da vila, creada para favorecer a reactivación económica da
localidade.
Esta
plataforma está deseñada para que tanto compradores como vendedores
podan manexala con facilidade e os vendedores terán que abonar unha
única cota inicial de 20€ no momento da formalización da alta e
que lles dará acceso ao uso da plataforma durante o primeiro ano, e
de 30€/ano durante os posteriores.
As empresas que desexen adherir os seus negocios á plataforma deberán facelo directamente premendo na pestana ‘Vendedores’ do menú e a continuación ‘Rexístrate aquí’ ou a través do icono de ‘Mi cuenta’. Unha vez recollidos uns primeiros datos recibirán no seu correo electrónico a información para continuar co proceso de alta e no que se convocará a unha sesión de formación inicial para o uso da plataforma.
Calquera
dúbida poderá ser enviada a través do mail [email protected]
“Cun enorme pesar, temos que dar a noticia que non queriamos dar: o ‘Festival Intercéltico O Son do Pazo 2020’ cancélase”. Así explicaba a comisión organizadora deste festival que, todos os anos, cita en Mos ao máis selecto do folk galego. Co cartel deste ano prácticamente pechado “un cartel de auténtico luxo”, aseguraban, “optamos pola prudencia ante a crítica situación sanitaria que vivimos nos últimos meses, nunha decisión que non foi doada para nós”.
A comisión organizadora do Son do Pazo soñaba, como todos habitantes do estado, “con que este pesadelo pasara canto antes e gardabamos a esperanza de poder facer un gran festival que nos permitira rematar o verán con esa alegría que tanta falta nos fai. Pero atendendo ás circunstancias actuais, entendemos que non vai ser posible”.
Antes de tomar esta decisión, estívose agardando a que as autoridades publicaran as medidas de seguridade e hixiene que ían esixir e que terían que ser respectadas escrupulosamente. “Comprendemos –afirman no seu comunicado– que toda precaución é pouca e o prioritario, para as administracións e por suposto para nós, é garantir a seguridade de toda a xente que participa no festival, artistas, persoal técnico, voluntariado e público”.
O certo é que se estudaron distintas fórmulas para adaptar o formato do festival ao protocolo sanitario “pero chegamos á conclusión de que nos iamos ver na obriga de renunciar á esencia do evento”.
Un espazo de alegría e liberdade
“O Son do Pazo é un espazo de alegría e liberdade. Emocionámonos ao ver á xente cantar e bailar. Encántanos recibir ao público que enche de vida a contorna do pazo durante os dous días do festival. Compartir comida e bebida baixo a carpa, repartir apertas entre vellos coñecidos cos que nos une a paixón pola música galega e brindar pola amizade. Este ano ademais o recinto ía estar máis bonito ca nunca trala inauguración do parque que a Comunidade de Montes construíu a carón do Pazo… pero para facer realidade este soño, precisabamos que a situación sanitaria estivera 100% normalizada. E esta circunstancia, polo momento, non se dá”.
O comunicado salienta que por parte da organización quérese “un festival de acceso libre e gratuíto. O C.C.D. Santa Eulalia e a comisión organizadora realizamos cada ano un enorme esforzo para que isto sexa así. Buscando patrocinadores, chegando a acordos coas distintas administracións e estudando todas as fontes de financiamento ao noso alcance. Todo co fin de facer chegar a música de raíz a un público o máis amplo posible. Porque facemos isto por amor á nosa cultura e ás nosas tradicións, sen ningún ánimo de lucro, e non nos gustaría ter que cobrar entrada ou limitar dalgunha maneira o acceso ao recinto”.
En 2021, con forzas renovadas
Asegura a Comisión organizadora do Son do Pazo, e o fai de xeito rotundo’ que o feito de que este ano non haxa festival “non significa, nin moito menos, que o noso proxecto remate aquí. O Son do Pazo volverá en 2021 e farao con máis forza ca nunca. O traballo realizado nos últimos meses non caerá en saco roto e servirá para que a próxima edición sexa un enorme éxito. Os artistas que ían actuar este ano comprenderon perfectamente a situación e comprometéronse a formar parte do cartel do ano que vén. E sabedes que? Vai ser un cartelazo!”
O comunicado remata entre peticións de disculpas e agradecementos a partes iguais dirixidas “a artistas, técnicos, patrocinadores, provedores e institucións que cada ano colaboran connosco. Pola súa paciencia e a súa empatía. Porque souberon entender que para nós non era unha situación fácil e lonxe de meternos présa ou protestar polas nosas dúbidas, estiveron sempre ao noso carón, dándonos ánimos e tratando de facilitarnos o traballo. Aínda que sexa só por esta xente, agora temos a obriga de converter O Son do Pazo 2021 na mellor edición da historia do Festival”.
O Concello de Nigrán celebrou esta mañá o seu primeiro pleno presencial tras o estado de alarma declarado polo Covid-19 cumplindo con todas as medidas de seguridade, o que obrigou a sentar a parte dos concelleiros entre as cadeiras do público para gardar distancias, ter ventilado o salón ou empregar máscaras.
Neste pleno ordinario correspondente ao mes de xuño (a coincidencia do luns 29 de xuño con festivo local obrigou a trasladalo a hoxe) o Goberno local aprobou cuestións de suma importancia, como empregar 1.006.861 euros do remanente de Tesourería para levar adiante 13 proxectos entre os que destaca a construción dunha cociña escolar municipal no CEIP Humberto Juanes. Esta aprobación, que contou coa abstención do PP, supón dar luz verde definitiva a un investimento de 373.878 € para construíla e, con elo, poder elaborar os menús de todos os colexios do municipio que se fornecen actualmente mediante catering.
Comunidade educativa e goberno local consideran que a Xunta de Galicia non vai comprometer nunca que sexa obrigatorio para a concesionaria electa empregar a futura instalación pero, tal e como defendeu o rexedor, “é unha cuestión de saúde e a Xunta non pode situar os intereses das empresas por riba da saúde pública dos nenos”. “A estas alturas xa temos claro que esta Xunta non pensa comprometerse con Nigrán garantindo que os pregos da vindeira licitación obriguen ao adxudicatorio a cociñar nas instalación municipais, pero desde o Concello e as comunidades escolares non ímos permitir o contrario”.
O alcalde incidíu en que non está a pedir ningunha idea nova e alude a propia realidade da comarca, xa que no CEE de Panxón se cociña tamén para o CPI Arquitecto Palacios e para a E.I. ‘As Dunas’ (en Vigo o caso é o Dr.Fleming, que cociña para outros 9 centros). “Xunto a comunidade educativa desde o Concello temos máis que contrastado que o menú que se elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior aos dos demais colexios que se nutren do sistema de catering, e non é xusto discriminar ao alumnado da ensinanza pública, estamos a falar da saúde dos nenos, non é un proxecto do goberno local, é unha demanda dos propios nenos e queremos cumprila”, resumíu o alcalde.
A propia edil de Educación, Marina Vidal, recriminou ao voceiro do PP que chamase “irresponsable” ao goberno por aprobar ese investimento. “Argumentades que non é a nosa competencia para non votar a favor e nos chamades irresponsables; resúltame indignante porque precisamente por sentido da responsabilidade asumimos esa obra e todas as que lle corresponden á Xunta nos colexios de Nigrán, porque doutro xeito nin se podería entrar nos centros”, zanxou.
Con cargo a eses 1.006.861 euros do remanente tamén se inclúen 200.000 € para ampliar a rede de abastecemento de auga inicialmente a 90 vivendas de Camos e A Tarela a través da súa conexión coa tubaxe xeral na rúa dos Pazos; concretamente, a contorna de Camiño da Rega, Tarela e Grilo (Nigrán) e rúa do Seixo, Carballal, Do Río, Das Viñas e Avoa Carmela (Camos). Igualmente, destínanse 115.448 € para levar o saneamento á rúa Raña (Priegue) ou 84.288 € para a renovación integral da rúa Rego do Forno en Patos. Entre outras cousas, figura tamén a instalación de pavimento homologado pavigrass na pista deportiva do Pavillón de Panxón (53.000 €) ou rehabilitar a cafetería de Dunas de Gaifar (48.348 €).
Tamén con cargo ao remanente e con motivo do Covid-19, aprobouse desta vez por unanimidade destinar 100.000 € do superávit a gastos de emerxencia social e outros 20.000 € para a adquisición de material de protección ante o Covid-19, tal e como posibilita o plan de medidas urxentes complementarias no eido social e económico decretado polo goberno central en marzo en canto ao uso dos remanentes (estes cartos súmanse ao orzamento aprobado en maio polo Concello no que o gasto social xa disparaba un 250% a partida de axuda a domicio con 580.000 € ou un 50% o de emerxencia social). “Son todo proxectos e investimentos de gran interese para a veciñanza, por iso consideramos incluílos no remanente”, sinalou González.
Finalmente,
no eido económico o goberno aprobou o pago de 86.388 € en facturas
de 2019 correspondentes a traballos convintemente realizados.
Serra da Groba
O
goberno local aprobou tamén neste pleno, coa abstención do PP, unha
moción en contra da instalación de aeroxeneradores na serra da
Groba e do Galiñeiro tal e como 107 asociacións e colectivos tamén
defenden, entre eles a asociación Serra do Galiñeiro e SOS Groba.
“Non estamos en contra das enerxías limpas e renovables, non é
esa a cuestión, o que non podemos e ir en contra dunhas das maiores
riquezas medioambientais da comarca para destrozala; non é o sitio
idóneo”, defendeu o rexedor ante o voceiro do PP, quen estimou
que a localización debe corresponder só a “criterios técnicos
e científicos e non a políticos”, e tildou a argumentación do
rexedor de “egoísmo, demagoxia barata e populismo”.
RPT
O
goberno de Nigrán, tamén coa abstención do PP, aprobou
inicialmente a Relación de Postos de Traballo do Concello, a
primeira na Historia do consistorio que, tras esta aprobación
inicial, queda precisa da aprobación provisional e definitiva.
“Levamos máis de 3 anos traballando nela e é de gran
importancia para os traballadores do Concello porque zanxa moitos
problemas actuais que veñen de moi atrás; queda todavía tempo por
diante para mellorala antes da aprobación definitiva pero este é o
primeiro paso”, indicou González.
A plataforma ‘De barrio’ bota a andar tamén no Concello de Salceda con 23 comercios inicialmente, que se prevé sexan máis nos vindeiros días. O Concello colabora deste xeito co sector do comercio, asumindo os custos das altas no servizo e de mantemento neste primeiro ano. O proceso realizouse en contacto directo coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio: ACISA e Asociación de comerciantes da Tabernanova.
A concelleira de Comercio de Salceda, Verónica Tourón, sinalaba a importancia de poñer á disposición da hostalería e comerciantes “todas as ferramentas precisas para adaptarse ao novo contexto que estamos vivindo” o que reafirma a aposta do Goberno local “pola dinamización comerial”.
A
crise do coronavirus e o seu consecuente confinamento puxo en auxe o
sistema de compra on line, en detrimento en moitas ocasións do
comercio local. Precisamente buscando novas alternativas naceu esta
plataforma que ofrece un servizo de venta a través de internet coa
diferenza de que é feito directamente polo pequeno comercio. A
iniciativa, que xa funciona en Concellos como Vigo, Gondomar, Nigrán
ou Salvaterra de Miño, chega agora a Salceda onde se agarda que
sexan moitos os comercios que participen.
A
través do enderezo www.dbarrio.com,
as persoas que fagan uso deste servizo poderán escoller e adquirir o
producto que máis lle interese no comercio que prefira, engadíndose
ademais a facilidade de poder elexir cómo, cando e onde quere que
lle sexa entregado.
Nestes
días os comercios adheridos ao programa están a cargar xa a súa
oferta de produtos na plataforma, polo que xa se pode acceder ao
servizo segundo se vaian incorporando o resto de locais adheridos.
Iniciativas como esta, sinalaba a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, “son un xeito de coidar o pequeno comercio” que é, engadiu,”unha das prioridades, que nesta crise do coronavirus se fixo aínda máis imprescindible”.
Esta iniciativa ofrece solucións de presente pero sobre todo –apuntou Castiñeira– de futuro, por iso decidimos que o Concello de Salceda dera un paso importante coa financiación da mesma”.
A alcaldesa de Salceda non quixo esquecerse “do traballo realizdo polas dúas asociacións de comerciantes” ás que lles agradeceu o seu labor “tanto durante esta crise como no resto do ano”.
‘Axudas públicas á reactivación’ é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar este luns 6 de xullo ás 10.00 horas. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente a Fernando Picón experto en xestión empresarial, innovación, dixitalización e internacionalización. Esta nova videoconferencia está enmarcada na campaña informativa de seminarios on line, que a Deputación estableceu a raíz da Covid19, destinados a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas na procura da reactivación do emprendemento entre a poboación e propiciar o crecemento económico sostible mediante a formación.
Fernando
Picón, colaborador da EOI e docente de marketing dixital, é socio
director de OBZ Consulting, empresa especializada na xestión deste
tipo de axudas e cun coñecemento profundo sobre os seus
requirimentos. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais
pola USC, cun MBA no Instituto de Empresa de Madrid, e conta cun
posgrao en Marketing Internacional pola Universidade de California
Berkeley. Conta con máis de 20 anos de experiencia en xestión
empresarial, innovación, dixitalización e internacionalización, e,
ao longo da súa traxectoria profesional, foi director de proxectos
en Alexander Proudfoot PLC e analista de Marketing en Televés.
Picón
detallará nesta webinar as iniciativas existentes e dispoñibles
cara ás axudas públicas que se activaron para a pemes e persoas
autónomas, así como á estratexia e sistemática adecuada para
maximizar as posibilidades de acceder a elas. Tamén se exporán os
criterios para a xestión de axudas e subvencións, tanto as
derivadas da Covid19 como as recorrentes, as diferentes tipoloxías
existentes e as pautas para que as empresas poidan planificar as súas
necesidades.
As persoas que queiran asistir, de forma gratuíta, a esta videoconferencia poderán facelo ao través da súa correspondente inscrición neste enlace.
A Deputación de Pontevedra segue a apostar por unha mobilidade viaria segura coa finalización das obras do proxecto de mellora e mobilidade peonil na EP-4004. En concreto, a actuación levouse a cabo nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á igrexa e o cemiterio de Guláns así como ao colexio Feliciano Barrera, no concello de Ponteareas.
O obxecto dos traballos foi a mellora do firme da estrada e das instalacións así como a ampliación da beiravía, o que permitiu mellorar a mobilidade na vía con elementos de calmado de tráfico e seguridade peonil. As obras, que comezaron no mes de xaneiro, contaron cun orzamento de adxudicación de 305.023,73 euros.
Máis
polo miúdo, no tramo de actuación leváronse a cabo dous tipos de
calzada. Un deles formado por dous carrís de 2,80 metros, un para
cada sentido de circulación, unha marxe dereita formada por unha
beiravía de 0,5 metros e unha marxe esquerda na mesma cota de
rasante formada por unha beiravía de ancho variable non inferior aos
1,80 metros. O segundo modelo, levado a cabo na zona da igrexa,
consta dunha plataforma única compartida cun ancho de cinco metros
para o paso dos vehículos e delimitado por un enlosado de pedra.
Neste tipo de calzada, o resto da plataforma está destinada ao uso
peonil, accesos e á instalación de mobiliario urbano.
Ademais,
a Deputación de Pontevedra levou a cabo a renovación do alumeado
público, que se realizou coa substitución do sistema anterior por
un máis eficiente e sostible. Na mesma liña, o ente provincial
tamén procedeu á execución da sinalización horizontal e vertical
correspondente.
A
Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta
vindeira semana sete novas accións formativas impartidas de xeito
online, enmarcadas na carteira
de obradoiros que se imparten de forma telemática.
As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre
xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web,
ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas,
promoción das empresas ou técnicas de marketing.
Luns 6 de xullo
A semana con dous obradoiros. A partir das 12:00 horas será ‘Promociona o teu negocio con Google My Business’, a cargo do licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández, e dende as 17:00 horas desenvolverase “Infografías: representa a información de maneira visual”, impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
Martes, 7 de xullo
‘Introdución a Google Adwords’, impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas ás 17:00 horas.
Mércores, 8 de xullo
A partir das 12:00 horas será a quenda de ‘Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña’, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas.
Xoves, 9 de xullo
Ás 11:00 horas será a experta en turismo Mariana Rosa a encargada de impartir ‘Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística’ e ás 18:30 horas celebrarase ‘O pacto de socios. Elementos esenciais que toda persoa emprendedora ten que coñecer’, a cargo do avogado José Manuel Sendín Rodríguez.
Venres, 10 de xullo
A semana péchase o venres ás 12 horas con ‘Intelixencia Artificial: que é e como funciona?’ impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais. O día anterior, venres 10, terá lugar nesta mesma localización a primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento que propón unha selección de artistas destacados de toda Galicia, entre nomes emerxentes e outros máis consagrados: DJ’s, actuacións en vivo e, como non, tamén con foco en artistas locais de Nigrán.
Despois
de virar en 2019 coa súa banda por teatros e auditorios de toda
Galicia e outras cidades de España, Gustavo Almeida presenta o seu
cuarto traballo de estudo en formato cuarteto, acompañado, ademáis
de pola súa guitarra, por Julio González na batería, Ricardo
Ferreira no baixo e José Churruca na guitarra. Como todos os eventos
dos Concello de Nigrán, será un concerto inclusivo onde as persoas
xordas poderán sentir a música coas súas mochilas vibratorias
(solicitude con 48 horas de antelación en [email protected]).
Gustavo
Almeida é un artista de orixe brasileira con quince anos de estrada,
unha calidade impecable no seu traballo, como se pode comprobar nolos
seus catro discos lanzados (este último producido por un dos
mellores produtores deste país, o valenciano Nacho Mañó) e cun
directo potente, próximo e versátil en xénero e lingua onde se
atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de
Brasil. O cantante ten compartido escenario con Vanesa Martin, Efecto
Pasillo, Bombai o India Martínez.
O Concello de Nigrán instalou hoxe o seu primeiro ‘Peixe traga-plástico’ en Praia América, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal. A escultura a base de guías metálicas presenta unha abertura onde os bañistas deben depositar calquera refugallo de plástico que atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. O obxectivo é dispor de catro en toda a praia que se irán distribuíndo a medida que estén listos. O Concello de Nigrán da así un paso máis no seu empeño de apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.
Paralelamente,
o Concello instalará novamente esta semana en Praia América, Patos,
A Madorra e Area Fofa os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos
o ano pasado con material de refugallo por nenos que asistiron aos
obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e usuarios do
CEE Juan María.
Como
novidade tamén deste ano e co obxectivo de que así quede
establecido, o Concello substituirá as papeleiras dentro dos areais
por contedores á saída dos mesmos, unha solución que consideran
máis hixiénica e efectiva medioambientalmente. “As papeleiras
dentro da praia énchense en seguida, o lixo acaba na area e de aí
vai ao mar; así que como xa se está a facer noutros moitísimos
sitios para evitar precisamente a contaminación do mar, hai que ser
responsables e depositar o lixo nos contedores que hai nas entradas e
saídas cando marchemos, non supón ningún esforzo engadido”,
explica o alcalde, Juan González.
“Tratase
de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá
en materia medioambiental, as papeleiras dentro das praias non son
recomendables porque acaba o lixo na area”, finaliza o rexedor
A candidata á Presidencia, Ana Pontón, aproveitou o mitin de Ponteareas para apelar á mobilización masiva das persoas que queren construír unha nova Galiza e a concentrar todo o voto de cambio real no BNG, como a mellor alternativa para deixar atrás once anos de retroceso e decadencia legado do PP. Para conseguir ese cambio galego que unha maioría social desexa a receita é dobre: mobilización masiva nas urnas e concentración do voto no BNG.
“Rompamos
coa rutina e fagamos que, por primeira vez na historia, Galiza teña
unha muller nacionalista presidenta, liderando un goberno do BNG coas
mans libres para defender a este país e a súa xente”, proclamou,
cunha apelación directa ás persoas que están indecisas.
“Quero
dirixirme aos galegos e galegas que, votasen o que votasen noutros
momentos, hoxe miran con esperaza ao BNG, a todas as persoas que
tendes ganas de abrir un tempo novo cunha muller presidenta, cun
goberno que se faga valer capaz de defender este país sen perdir
permiso a ninguén. A todas vós quero dicirvos que é o momento de
votar con orgullo, con ilusión e con esperanza para construír unha
nova Galiza a partir do 12 de xullo”, proclamou Pontón.
Para
“erguer” o país, nun contexto de gran dificultade económica e
social, “hai que cambiar o guión deixar atrás a rutina e encher
as urnas de cambio galego votando BNG”, instou a candidata
nacionalista á Presidencia, “non vós vou fallar, un goberno
galego liderado polo BNG non lle vai fallar a este país porque temos
un proxecto sólido, solvente, con principios e estratexia para
levantar Galiza e darlle un futuro no que vivir e traballar e con
benestar social”, salientou.
A
líder nacionalista destacou o aval que supoñen os gobernos
municipais do BNG, como no caso de Ponteareas da man da equipa que
encabeza Xosé Represas o do concello das Neves con Xosé Manuel
Rodríguez, exemplos da capacidade para transformar en positivo á
vida das persoas, de poñer en marcha proxectos que dinamizan desde o
punto de vista económico e social as vilas e cidades onde goberna.
“Que non poderíamos facer polo país se a partir do 12X Galiza ten
un goberno liderado polo BNG, dar un paso de xigante cando na Xunta
teña un goberno aliado, que sume en lugar de poñer paus nas rodas,
un goberno que atenda ás lexítimas demandas da veciñanza deste
concello e da comarca”, destacou Pontón.
Pontón
ironizou sobre a “recuperación do turismo” que chega desde
Madrid, en referencia ao desembarco desta fin de semana de todo tipo
de cargos, presidentes e ex presidentes das forzas estatais “que
veñen de reforzo”.
“Estannos
facendo campaña polo BNG e dígovos porqué, -explicou-, porque
están sentido o mesmo que nós, que neste país quen ten un proxecto
de futuro para erguer Galiza e en quen confían esa maioría social
que quere cambio galego é o BNG, e por iso mandan os reforzos. Pero
danos igual porque nós temos a forza da xente deste país”,
proclamou, reprochando a sempiterna repetición do mesmo guión das
forzas estatais: vir en campaña a pedir o voto para despois seguir
coa mesma discriminación de sempre.
“A
maneira de acabar con ese agravio e cun Goberno coas mans libres como
estamos vendo no Congreso, onde un deputado do BNG conseguiu máis
para Galiza que once anos do candidato do PP e temos claro que, se
Goberno do Estado asume as demandas deste país será porque o
condiciona o BNG. E se cun só deputado fomos capaces de poñer
Galiza no mapa, que non seremos capaces de facer cun goberno liderado
polo BNG, imos facelo posible, imos facer historia cunha muller
presidenta para que este país gane o seu futuro”, concluíu.
Proposta para Ponteareas e a comarca do Condado
O cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, chamou a unha grande mobilización o 12X para que haxa un cambio galego e un goberno na Xunta que lle dea un trato xusto a Ponteareas e impulsar proxectos e obras necesarias no concello como por exemplo a ampliación da depuradora, o saneamento do Ribadetea, a mellora da rede viaria autonómica, –nomeadamente a PO-403 que comunica Ponteareas con Salvaterra–, ou a mellora dos centros educativos, así como a reapertura da escola infantil de San Mateo, que leva pechada dous anos aínda que ten alumnado suficiente para abrir.
Ese
novo goberno da Xunta liderado polo BNG, destacou, xestionará diante
do goberno central o proxecto das obras da circunvalación de
Ponteareas para acabar cos anos de retraso que acumula, “pese a ser
imprescindible para mellorar as comunicacións e a conectividade, así
como tamén a seguranza viaria das estradas que atravesan o concello”
Bará
insistir en que o 12X non está nada decidido, que é preciso un
goberno a favor da comarca do Condado dende a Xunta. “Hai partido e
toda aquela persoa que queira un cambio non pode quedar na casa”,
subliñou, asegurando que o BNG de Ana Pontón “é o verdadeiro
voto alternativo ao PP e que se toda a veciñanza que lle quere ao
país se mobiliza gañamos por goleada”. “Nós e todas vós
merecemos un goberno que nos acompañe, que non paralice o país,
senón que teña como referencia poñer Galiza no mapa e que sexa
unha referencia mundial”, subliñou.
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 474.184,48 euros en asistencia aos concellos de Gondomar, Cerdedo-Cotobade e Rodeiro ao abeiro do Plan Concellos.
Para Gondomar, a institución provincial aprobou unha achega de 126.201,85 euros para o saneamento nos núcleos de Loureiro e Zapa (Fase I), na parroquia de Chaín. Este proxecto dará solución á evacuación das augas residuais xeradas nunha parte destas poboacións reconducíndoas á rede de saneamento existente, mellorando así as condicións medioambientais tanto da veciñanza como as do entorno.
Na liña 1 de investimentos, a Deputación destina 231.874 euros a Cerdedo-Cotobade para a reforma dun edificio para catro vivendas de protección autonómica. Trátase dun edificio de 1920 de dúas plantas no que se vai actuar para crear dúas vivendas de planta baixa e outras dúas en planta primeira, ás que se accederá a través dunha escaleira de nova creación situada no porche. Amais, manterase a fachada da edificación e non se alterará o seu volume, conservando a súa estética orixinal.
Pola súa banda, na
liña 3 de emprego, o goberno provincial aprobou a modificación de
achegas para o concello de Rodeiro que permitirá contratar a 18
persoas.
Con esta entrega tamén se axuda ao sector turístico entregando manteis que, según os protocolos marcados polas autoridades sanitarias, son obrigatorios nos establecementos por non poderse utilizar a manteleria habitúal. Durante os vindeiros días o Concello distribuirá entre restaurantes, bares, cafeterías e casas de turismo rural, gardamanteis individuais de papel nos que se promocionan os recursos turísticos, o patrimonio e as adegas do municipio.
O río Miño, as pesqueiras, o viño e a lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-Arabo.
O Concello de Arbo salienta que a Festa da Lamprea e a Festa de Arbo, “son un motor na economía do municipio” unha festa que ten as súas costas 60 edicións e que motra ben as claras que a lamprea forma parte da vida do municipio desde fai séculos como o demostra a presenza destacada deste peixe no escudo e na bandeira do concello.
O Concello que preside Horacio Gil está xa a traballar para desenvolver medidas e accións “que axuden ao sector turístico a mitigar os efectos da crise”. Tras as reunións mantidas con este sector na presentación do plan de reactivación, acordouse, entre outras medidas, a promoción cara a tempada de lamprea e a Festa da Lamprea 2021 e a promoción en conxunto de todas as empresas que conforman o sector turistico de Arbo.
Nas reunións, acordouse que as campaña en redes e medios de comunicación “son necesarios para promocionar Arbo como destino turístico e os atractivos que o noso Concello pode ofrecer ao visitante, para manter o seu recordo e posicionamento, e para que Arbo sega sendo o destino que se escolla para comer Lamprea, disfrutar do viño das adegas de Arbo, para practicar deporte de aventura no Rio Miño, participar nas actividades que organizamos o longo do ano ou de pasear polos nosos sendeiros”, afirma Horacio Gil
A candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra visitou o Concello de Nigrán, onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Juan González, e membros do grupo municipal para coñecer de primeira man as necesidades dun dos municipios que é referencia do turismo galego e da marca Rías Baixas. O secretario xeral provincial, David Regades, amosouse sorprendido polo nivel de ausencia do Goberno galego nun concello tan relevante.
Regades
incidiu no cambio que supuxo a chegada de investimentos ao polígono
de Porto do Molle a través do Consorcio da Zona Franca de Vigo, no
que están comprometidos 6 millóns de euros este mesmo ano para a
construción dun complexo de naves de aluguer. “Agora é o momento
de dalo cambio”, recalcou.
Juan
González explicou que leva 5 anos pedindo á Xunta de Galicia a
mellora do tramo urbano da estrada autonómica que entra na vila pola
rúa de Otero Pedraio, sen recibir ningunha resposta. “Tenemos
unhas beirarrúas que están completamente en ruínas e, se non son
as peores dunha estrada autonómica en toda Galicia, pouco lle
falta”. A fartura do alcalde de Nigrán, tras tanto tempo de
xestións infrutuosas levoulle hai 3 meses a solicitar a
transferencia desta vía, pero tampouco obtivo resposta algunha.
A
obra de urbanización, cun custo económico estimado de 2 millóns de
euros, será asumida polo Concello e irase executando na medida das
posibilidades. Juan González insiste en que Nigrán non pode
permitirse outros catro anos dunha Administración galega “cun
Feijoo que ten un mapa de Galicia no seu despacho no que Nigrán non
existe”.
David
Regades subliñou que será unha nova Xunta, presidida por Gonzalo
Caballero, a que atenderá as necesidades de Nigrán escoitando ao
seu alcalde e dándolle á veciñanza a seguridade de que os
investimentos autonómicos chegarán a este municipio en pé de
igualdade co resto de concellos galegos. “O modelo caciquil da
Xunta xa é cousa do pasado, hai que entrar no século XXI”,
insistiu.
O
alcalde concluíu que tras 5 anos á fronte deste municipio non pode
citar colaboracións da Xunta de Galicia para resolver os problemas
da veciñanza, mellorando os servizos, e o Concello viuse abocado a
afrontar en solitario investimentos tan onerosos como o abastecemento
de auga ou o saneamento, mentres a Xunta de Galicia dedícase só a
recadar o canon de auga, un imposto oculto no recibo municipal, e que
non reverte a Nigrán de ningún xeito.
“Democratizar a cultura, espallala por todos os recunchos da provincia e, tamén, devolver á xente que a fai posible o refuxio seguro que nos ofreceron a todas e a todos durante os momentos máis duros da pandemia”. Con esta declaración, a presidenta Carmela Silva, presentou hoxe ‘Re-Acción Cultural’, a ambiciosa programación que desde este mes de xullo e ata decembro “levará a todos os recunchos da provincia ducias e ducias de actividades de todos os eidos culturais para recuperar os eventos en vivo”.
‘Re-Acción Cultural’ chega integrada en seis eixos: “a música; o patrimonio e as rutas xacobeas; as artes escénicas; o audiovisual e o cinema; a escrita; e as accións para espallar a cultura amais da celebración dos días especiais”. Así, música, teatro, literatura, arquitectura, cinema, patrimonio, festivais, roteiros, ou exposicións forman parte da ambiciosa programación provincial, que Carmela Silva tamén quixo cualificar de “homenaxe ao mundo da cultura que foi o noso refuxio máis seguro no confinamento, ao que nos agarramos buscando unha viaxe segura desde as nosas casas, e á xente que co seu talento e imaxinación nos axudou a saír do noso encerro”. “Queremos prender de novo as luces, dixo a presidenta provincial, facer unha pequena gran revolución cultural, unha re-acción cultural para chegar a todo o territorio”
Re-Acción na música
É
un dos grandes eixos no que se enmarcan os Rías
Baixas Fest,
que contarán con todos os recursos previstos e que xa teñen eventos
programados como Vive Nigrán con
Anni S. Sweet e Rufus T. Fireffly ; ou SON RÍAS con Arco e
Rayden en agosto. Unha oferta musical que este ano completarase con
actividades turísticas e de promoción. Ademais,
se reiniciaran as actuacións dos programas Musigal e Pontegal. No
caso de Musigal,
“temos xa 21 grupos confirmados que van achegar a súa musica a un
total de 45 concellos da provincia”. No caso de Pontegal,
hai para xullo “85 solicitudes, e dende agosto ata finais de ano
cerca de cen”.
Tamén no
eido musical, a Deputación vai seguir apoiando ás Escolas de Música
subvencionando os gastos correntes e de persoal necesarios para o
desenvolvemento das actividades docentes e o seu funcionamento.
Re-Acción no Patrimonio e nas Rutas Xacobeas
Esta
liña de actuación é “unha das grandes novidades do ano” e
conta con tres grandes propostas: Música
no Ar achegará a
música clásica a espazos “marabillosos do noso patrimonio como
mosteiros, pazos, castelos e conxuntos patrimoniais.
Levamos a música de cámara fora dos auditorios, aos espazos abertos
para achegarse a todos os públicos e democratizar a música
clásica”. Tamén é “unha firme aposta por todas as persoas que
na provincia se dedican, con gran talento e
virtuosismo, á renovación do xénero”.
O programa percorrerá a través de 14 concertos, que este ano serán
gratuítos, “castelos, carballeiras, pazos, mosteiros, fortalezas e
espazos patrimoniais extraordinarios” de Soutomaior, Baiona, Bueu,
O Grove. Sobroso, A Guarda, Covelo, Caldas, Lalín, Poio, Forcarei,
Silleda, Agolada e Salvaterra, coa participación de grupos como a
Orquestra Clásica de Vigo, Son Trío, Orquestra Filarmónica de
Pontevedra, Orquestra 430, Alejo Amoedo e Iria Cuevas, Brais González
e Beatriz Arenas.
Con ‘Re-acción nos castelos’ Soutomaior e Sobroso serán os protagonistas acollendo artes escénicas, música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica, e con programación centrada nas crianzas. Así, as accións divídense en Noites no castelo, Música con historia, Danza no castelo/Música no castelo, O teatro vén de visita e Música no Ar, que se iniciará o 23 de xullo en Sobroso e o 24 en Soutomaior. Para o público infantil haberá contacontos, obradoiros e actuacións como “Nin príncipes nin princesas”, “Música con historia” e “Creando no xardín”.
En
canto aos Roteiros
de Arquitectura,
percorrerán entre setembro e outubro todas as comarcas da provincia.
Así, en Pontevedra e Poio haberá visita a pazos e mosteiros; no
Deza e o Ulla percorridos por pazos e templos; en Tui, visitarase a
súa catedral e museos; no Salnés pasearase por pazos e templos e en
Vigo percorrerase Castrelos.
Re-Acción nas artes escénicas
Será outra das novidades do ano. ‘Prendendo butacas’, terá lugar entre outubro e decembro con dez funcións de teatro profesional que se desenvolverán en auditorios, centros culturais e espazos de todas as comarcas da provincia. Neste mesmo eido continuarán os apoios a eventos como a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou o Festival Internacional de Títeres de Redondela
Reacción no audiovisual e no cinema
A Deputación e os Festivais de Cinema presentarán a nova marca da calidade que integrará ao Festival de Cans, Play Doc , FicBueu, Festival de Cinema Inclusivo, Primavera de Cine, Curtas Film Fest, Curtas Armadiña, Novos Cinemas e Freaki Film Fest. Amais, contarán cun protocolo común de actuación fronte ao COVID 19 Carmela Silva tamén adiantou a posta en marcha da nova iniciativa ‘Pontevedra Plató de Cinema’, “un novo marco de patrocinio para producións e coproducións audiovisuais para apoiar proxectos cinematográficos que se fagan e produzan aquí para impulsar o sector audiovisual galego, consolidar as industrias, apoiar a excelencia a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais, fomentar espazos expositivos e contribuír á promoción coa localización de escenas e espazos da provincia”.
Re-Acción na Escrita
Enmárcanse
iniciativas como a Escola
das Letras
que sigue o seu camiño. Os novos obradoiros volverán en setembro
pero este verán haberá sesións
de masterclass con “Poetagrafía. O 20 de xullo será o encontro
coa poeta e fotógrafa Patricia Rivas”.
Os
roteiros
literarios
se desenvolverán este ano en seis concellos (Baiona, Ponteareas,
Vilagarcía, Terra de Montes, Vigo e Pontevedra), e se anuncia a
continuidade de “Caramomia”,
o proxecto dirixido por Ledicia Costas iniciado en Instagram, que se
vai materializar nun libro impreso, con ilustración das súas
personaxes. Ademais, a Deputación sumarase á celebración do
centenario
da Xeración Nós
e continuará apoiando a publicacións a través do servizo do
Patrimonio Bibliográfico e Documental.
Re-Acción para espallar a cultura
Farase
colaborando e apoiando a outros colectivos e asociacións que están
a traballar no eido da cultura, nas actividades co tecido social,
subvencionado pola Deputación de Pontevedra, e levando exposicións
por toda a provincia. Ao respecto, están as mostras “Tecendo a
natureza”, “Pazos de Pontevedra. Alí onde se detivo o tempo”,
“La artística. Parte da nosa historia en lata”, “Cines de
Pontevedra”, “Imaxes do 8M”, “María Xosé Queizán”,
“Rosario Sarmiento”, “Mulleres galegas na historia”, “Vento
nas velas”, “A gaita na música tradicional galega” ou “As
nosas senlleiras”.
Finalmente,
en canto á celebración
dos días especiais,
a
Deputación de Pontevedra xa iniciou esta liña durante o
confinamento, festexando de xeito virtual efemérides como o Día da
Poesía, do Teatro, da Musica, da arquitectura, do Libro, ou dos
Museos; o día de Rosalía, o das Letras Galegas, o das Artes, o da
diversidade cultural ou o día da Lingua de Signos. Carmela Silva
recordou que o primeiro dos eventos que puido xa celebrarse nas rúas
foi o Día Internacional da Música, con actos en Pontevedra e Vigo,
e adiantou que están xa previsto facer “grandes efemérides”,
entre outras, no Día de Galicia, da Biblioteca, no Día europeo das
Linguas, do Patrimonio, no Día do nacemento de Carballo Calero ou o
de María Casares.
Os
alumnos de alumnas de Redondela e do veciño concello de Soutomaior,
poderán facer este ano as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato
para o Acceso á Universidade) en Redondela de cara a evitar
desprazamentos e garantir a seguridade sanitaria do estudantado
durante a celebración das probas.
Así
quedou acordado trala reunión que mantiveron a alcaldesa de
Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino do Concello de
Redondela, Olga García Ballesteros cos equipos directivos do IES
Chapela, IES Mendiño, IES Floriani, IES Soutomaior e colexio Apóstol
Santiago.
Serán,
polo tanto, 186 nenos e nenas os que terán que superar as probas de
acceso á universidade que se desenvolverán no pavillón de deportes
da Marisma o martes 7 de xullo de 9 h a 17 h; o mércores 8 de xullo
de 9 h a 14:30 horas e o xoves 9 de xullo de 9 h a 14:30 horas.
Olga
García adiantou que, para esas datas, aplicarase un dispositivo
especial para controlar o estacionamento e facilitar o mesmo para a
realización das probas e a adopción “de todas as medidas de
seguridade sanitaria que recomendan as autoridades para que a
seguridade dos nosos nenos e nenas estea garantida”.
Tanto
a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, coma a concelleira de Ensino,
agradeceron “a colaboración e sensibilidade amosada, en todo
momento, por parte rectorado da Universidade de Vigo”. Rivas
lembrou que, dende o primeiro momento, mantivo un continuo contacto
co reitor para que os e as estudantes de Redondela e Soutomaior
puideran facer as probas en Redondela”.
Buscábamos,
sinalou Rivas, “que os mozos e mozas puideran evitar desprazamentos
co risco sanitario que neste momentos supón”. O Pavillón da
Marisma, sinalou a alcaldesa de Redondela, ofrecía o lugar idóneo
para a celebración destas probas, con estacionamentos nas
inmediacións, e con espazo máis que suficiente para que os e as
estudantes poidan manter a distancia de seguridade”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.