O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou onte a xuntanza da súa Executiva para valorar o resultado das últimas Eleccións Autonómicas, nas que o Partido Socialista obtivo 104.296 votos no territorio provincial, o que supuxo un crecemento de preto de 14.000 votos e case un 5 % máis sobre a convocatoria do ano 2016.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega na que se avaliaron os resultados electorais do pasado domingo e na que se acordou unha folla de ruta para “abrir o partido á sociedade” e “rexenerar o proxecto e as ideas” no camiño de reconectar coa maioría progresista.
Coa convicción de que comeza un novo ciclo político cun cambio social e unha nova Galiza representada polo BNG de Ana Pontón, o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que o Bloque Nacionalista Galego comeza desde hoxe a súa andaina cara o 2024. Na súa valoración dos resultados electorais, Bará subliñou que “o mellor está por vir para o BNG e para Galiza”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo hoxe que “estou a disposición de cumprir con Galicia”. Así o dixo nunha primeira valoración do resultado das eleccións autonómicas do 12X, nas que os socialistas aumentaron o seu apoio electoral do 17 ao 19 por cento, que se traduciu nun escano máis, pero que resulta “insatisfactorio” por canto o PP mantén a súa maioría absoluta.
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a “unha participación masiva” este domingo, posto que así “afrontaremos do xeito máis adecuado o futuro da Galicia que queremos”. Logo dunha campaña “en positivo”, o líder dos socialistas galegos acudiu hoxe, na xornada de reflexión, á súa Ponteareas natal para estar con seus pais. Mañá acudirá a votar a Vigo, a súa cidade, ás 10 da mañá.
A catro días da cita coas urnas, o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, afirmou hoxe en O Porriño que o vindeiro domingo hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio en Galiza porque “canto máis BNG, menos PP”. Bará subliñou que lograr un tempo novo “está ao alcance da man” tendo en conta o ambiente e a ilusión que se está a notar na campaña electoral arredor da formación nacionalista.
A candidata á Presidencia, Ana Pontón, aproveitou o mitin de Ponteareas para apelar á mobilización masiva das persoas que queren construír unha nova Galiza e a concentrar todo o voto de cambio real no BNG, como a mellor alternativa para deixar atrás once anos de retroceso e decadencia legado do PP. Para conseguir ese cambio galego que unha maioría social desexa a receita é dobre: mobilización masiva nas urnas e concentración do voto no BNG.
A candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra visitou o Concello de Nigrán, onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Juan González, e membros do grupo municipal para coñecer de primeira man as necesidades dun dos municipios que é referencia do turismo galego e da marca Rías Baixas. O secretario xeral provincial, David Regades, amosouse sorprendido polo nivel de ausencia do Goberno galego nun concello tan relevante.
A candidatura do PSdeG-PSOE ás próximas Eleccións Autonómicas estivo en Salceda de Caselas para visitar as instalacións do Colexio de Infantil e Primaria Altamira, "un dos moitos exemplos do abandono do Partido Popular ás infraestruturas educativas básicas de Galicia", sinalaron as e os socialistas.
O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, comprometeuse hoxe a integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. O nacionalista realizou esta proposta nun acto hoxe en Tomiño xunto ao tamén candidato da comarca Xose Manuel Méndez, ás alcaldesas de Tomiño e O Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o portavoz municipal de A Guarda Anxo Baz, o concelleiro en Tui Xosé Martínez Tato, e a membro do consello local de Oia Marisa Guerra.
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, pediu onte o voto para o PSdeG para “facer de muro de contención, tamén en Galicia, fronte á dereita e á ultradereita”. Así o dixo nun mitin xunto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que escolleu Galicia para ter o seu primeiro acto político logo do estado de alarma.
O cabeza de lista do BNG, Luís Bará, mantivo hoxe en Ponteareas unha reunión de traballo cos alcaldes do Condado na que propuxo a creación dunha nova Lei de Financiamento Local para realizar un reparto xusto e igualitario dos fondos entre os concellos galegos. O nacionalista destacou que é preciso crear un Fondo Único que aglutine os recursos autonómicos en materia de cooperación cos concellos e reduza as subvencións.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.