9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda promove o consumo local cunha campaña de dinamización do tecido...

    A Guarda promove o consumo local cunha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Fátima Rodríguez, ven de lanzar unha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da nosa vila.

    A través dunhas infografías, que se publican nas redes sociais do Concello(Facebook, Instagram e Twitter), se pretende por de manifesto que o consumo local favorece a toda a poboación e trátase dun círculo de suma importancia no que cada un de nos ten un papel fundamental, destacando ademais as vantaxes de consumir en local, como o trato personalizado, produto fresco e diferenciado…

    As infografías, realizadas por unha ilustradora local, están ambientadas en diferentes espazos da vila da Guarda, tentando captar a atención dos guardeses e guardesas para que realicen as súas compras no comercio e na hostalaría local.

    A campaña de promoción do comercio local emprega ademais varios hashtags como: #ComercioLocal #NonRompasOCirculo #MercaNaGuarda e #EuConsumoLocal e terá una continuidade no tempo empregando diferentes canles de comunicación.

    Incentivar as vendas tamén na rede

    Dende o Concello da Guarda se puxo en marcha a inicios de xuño o Marketplace www.mercanaguarda .com unha iniciativa que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.

    Arestora se conta xa cunha quincena de empresas adheridas e máis de 80 produtos dispoñibles para mercar de sectores tan diversos como a artesanía, manualidades, xoiería, servizos, marketing, idiomas, viaxes, agasallos, xoguetes, alimentación, entre outros.

    Realizáronse xa 3 xornadas formativas nas que participaron preto dunha trintena de empresarios e ao longo do ano, a medida que se adhiran novas empresas, continuarase formando ao empresariado para que teña a oportunidade de empregar esta canle de venda online exclusiva para as empresas da vila, creada para favorecer a reactivación económica da localidade.

    Esta plataforma está deseñada para que tanto compradores como vendedores podan manexala con facilidade e os vendedores terán que abonar unha única cota inicial de 20€ no momento da formalización da alta e que lles dará acceso ao uso da plataforma durante o primeiro ano, e de 30€/ano durante os posteriores.

    As empresas que desexen adherir os seus negocios á plataforma deberán facelo directamente premendo na pestana ‘Vendedores’ do menú e a continuación ‘Rexístrate aquí’ ou a través do icono de ‘Mi cuenta’. Unha vez recollidos uns primeiros datos recibirán no seu correo electrónico a información para continuar co proceso de alta e no que se convocará a unha sesión de formación inicial para o uso da plataforma.

    Calquera dúbida poderá ser enviada a través do mail mercanaguarda@gmail.com

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.