12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela velará polo cumprimento das normas preventivas da COVID-19

    O Concello de Redondela velará polo cumprimento das normas preventivas da COVID-19

    O Executivo local intensificará os controis e vixilancia para evitar aglomeracións nos locais de hostalería e recalca a obligatoriedade de utilizar máscaras de protección no interior dos establecementos

    O Concello de Redondela anunciou a súa intención de poñer en marcha “todas aquelas medidas que, dentro das competencias municipais”, contribúan ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19.

    Nese sentido, a concelleira de Urbanismo e Facenda, María Castro Abad, salientou que por parte do Concello “adoptaránse as medidas de control e vixilancia precisas para evitar aglomeracións en terrazas, bares, cafeterías, furanchos de demáis establecementos de hostalería”.

    O Concello xa trasladou a todos os establecementos unha comunicación na que lembra as normas sanitarias que deben adoptar fronte á COVID-19 “é que son de obrigado cumprimento”, subliña a concelleira.

    As terrazas, insiste a responsable de Urbanismo, deben cumprir a normativa municipal “e respectar o espazo público coa obriga de deixar lugar para a total accesibilidade dos peóns”. Do mesmo xeito, lembra a concelleira que “só poderán ter na terraza as mesas que vaian usar e non utilizar as rúas e prazas como lugar de almacenamento privado”. Finalmente, subliña a obriga de utilizar máscara de protección non interior dos establecementos “tanto os empregados e empregadas como a clientela”.

    Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas apela, unha vez máis “á responsabilidade individual da veciñanza nun momento delicado no que comezan a xurdir repuntes da COVID-19”. A alcaldesa de Redondela lembra que “o virus está ahí fora” e as medidas de protección como a utilización de máscaras, manter distancia de seguridade ou evitar aglomeracións, “son as únicas armas que a cidadanía ten ao seu alcance para evitar contaxios e unha volta atrás que tería consecuencias catastróficas”.

    Rivas asegura que o Concello “utilizará, dentro das súas competencias, todos os medios de cara a asegurar o estrito cumplimento das normas “porque o único xeito de garantir a saúde dos nosos veciños e veciñas”. O confinamento ao que está sometido nestes momentos A Mariña lucense, afirma a alcaldesa de Redondela, “ten que servirnos como toque de atención e lembrarnos que isto non pasou, senón que é unha realidade coa que temos que aprender a convivir e, nesa realidade, a nosa responsabilidade persoal é a mellor arma”.

    Cómpre salientar que o Real decreto lei 21/2020 do 9 de xuño, establece expresamente a obrigatoriedade do uso se máscaras “cando se transite pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento –atendidos o número de persoas e as dimensións do lugar– o mantemento da distancia de seguridade”.

    Esa obrigatoriedade é recalcada no Real decreo lei ao establecer que será obrigatorio o uso da máscara “Sempre que se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público e que se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas usuarias”. Nos establecementos de hostalería, o uso da máscara é obligatorio cando se entra ou se sae ou se está de pe no interior coa excepción “en que unha vez sentados se adopte por parte do titular do espazo medidas que garantan, en todo momento, o mantemento da seguridade da distancia interpersoal entre as persoas usuarias”.

    Finalmente o Decreto lei lempra a prohibición de empregar máscaras provistas de válvula exhalatoria “agás nos usos profesionais para os que este tipo de máscara poida estar recomendado”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS