20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO 'peixe tragaplástico', unha chamada para que as e os bañistas de...

    O ‘peixe tragaplástico’, unha chamada para que as e os bañistas de Praia América arroxen dentro o refugallo que atopen deste material

    O Concello de Nigrán instalará esta semana os cabicheiros que xa puxeran o ano pasado e, como novidade, substitúense as papeleiras dentro do areal por contedores nas saídas

    O Concello de Nigrán instalou hoxe o seu primeiro ‘Peixe traga-plástico’ en Praia América, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal. A escultura a base de guías metálicas presenta unha abertura onde os bañistas deben depositar calquera refugallo de plástico que atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. O obxectivo é dispor de catro en toda a praia que se irán distribuíndo a medida que estén listos. O Concello de Nigrán da así un paso máis no seu empeño de apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.

    Paralelamente, o Concello instalará novamente esta semana en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos o ano pasado con material de refugallo por nenos que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e usuarios do CEE Juan María.

    Como novidade tamén deste ano e co obxectivo de que así quede establecido, o Concello substituirá as papeleiras dentro dos areais por contedores á saída dos mesmos, unha solución que consideran máis hixiénica e efectiva medioambientalmente. “As papeleiras dentro da praia énchense en seguida, o lixo acaba na area e de aí vai ao mar; así que como xa se está a facer noutros moitísimos sitios para evitar precisamente a contaminación do mar, hai que ser responsables e depositar o lixo nos contedores que hai nas entradas e saídas cando marchemos, non supón ningún esforzo engadido”, explica o alcalde, Juan González.

    “Tratase de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental, as papeleiras dentro das praias non son recomendables porque acaba o lixo na area”, finaliza o rexedor

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.