14.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán recollerá 'porta a porta' o lixo dos negocios do porto de...

    Nigrán recollerá ‘porta a porta’ o lixo dos negocios do porto de Panxón ante a orde “inmediata” da Xunta de retirar os contedores do espazo portuario

    A Xunta de Galicia ordeou sen previo aviso a retirada inmediata dos contedores municipais que sempre estiveron no espazo portuario baixo ameaza de multa, polo que o Concello tivo que acordar a contrarreloxo cos hostaleiros unha nova solución

    O Concello de Nigrán recollerá porta por porta o lixo dos negocios situados no porto pesqueiro de Panxón ante a impredecible orde da Xunta de Galicia do día 2 de que se retirasen inmediatamente os contedores municipais existentes baixo pena de multa ao ser ese terreo de Portos de Galicia. Ante esta situación, coincidente co momento de maior carga de traballo dos hostaleiros, o Concello consensuou este mesmo luns a contrarreloxo cos restaurantes unha nova solución: a recollida diaria antes das 2:00 da madrugada de contedores individuais que a propia concesionaria xa subministrou a cada un dos 8 negocios instalados no porto. Paralelamente, o Concello solicitou hoxe mesmo mediante escrito á Xunta que alo menos permitan a instalación de contedores de reciclaxe de vidro no lugar do espazo portuario que estimen, fundamentais para os restaurantes.

    “Son ganas de prexudicar a Nigrán baixo calquera pretexto, en plena tempada alta e coa grave crise que acaba de sufrir o sector a Xunta pon atracos en lugar de unir esforzos e colaborar; estamos afeitos e sabemos buscar boas solucións sen contar con eles, como é o caso”, argumenta o rexedor, Juan González, quen lamenta que agora os veciños residentes no porto pesqueiro teñan que ir ata rúa Mariñeiro “por un capricho da Xunta”. Así, o Concello xa reforzou con máis contedores esta rúa para poder dar servizo a máis poboación.

    Paralelamente, e nesta liña de reclamar apoio ao comercio e non atrancos, o Concello reclama a Portos de Galicia que bonifique a taxa de terrazas nos espazos da súa competencia como é o porto de Panxón, tal e como fixo o Concello reducíndoo o 75%, máximo permitido legalmente. “Parece que a Xunta só estivese para por obstáculos en Nigrán, que amosen o seu suposto talante ecuánime e rebaixen a taxa tal e como xa lle pedimos reiteradamente nos e os propios hostaleiros, iso é o que pedimos, non atrancos e búsqueda de conflitos innecesarios”, finaliza González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.