7.1 C
Pontevedra
Luns, 30 de Xaneiro de 2023
Máis
    HomeEleccións 12XPontón pide en Ponteareas "concentrar no BNG todo o voto do cambio...

    Pontón pide en Ponteareas “concentrar no BNG todo o voto do cambio galego” para abrir un “tempo novo” en Galicia

    Bará destaca que a comarca do Condado ten a oportunidade de conseguir nas urnas un Goberno que atenda as súas demandas: “se nos mobilizamos polo cambio real, ganamos por goleada”, proclama

    A candidata á Presidencia, Ana Pontón, aproveitou o mitin de Ponteareas para apelar á mobilización masiva das persoas que queren construír unha nova Galiza e a concentrar todo o voto de cambio real no BNG, como a mellor alternativa para deixar atrás once anos de retroceso e decadencia legado do PP. Para conseguir ese cambio galego que unha maioría social desexa a receita é dobre: mobilización masiva nas urnas e concentración do voto no BNG.

    “Rompamos coa rutina e fagamos que, por primeira vez na historia, Galiza teña unha muller nacionalista presidenta, liderando un goberno do BNG coas mans libres para defender a este país e a súa xente”, proclamou, cunha apelación directa ás persoas que están indecisas.

    “Quero dirixirme aos galegos e galegas que, votasen o que votasen noutros momentos, hoxe miran con esperaza ao BNG, a todas as persoas que tendes ganas de abrir un tempo novo cunha muller presidenta, cun goberno que se faga valer capaz de defender este país sen perdir permiso a ninguén. A todas vós quero dicirvos que é o momento de votar con orgullo, con ilusión e con esperanza para construír unha nova Galiza a partir do 12 de xullo”, proclamou Pontón.

    Para “erguer” o país, nun contexto de gran dificultade económica e social, “hai que cambiar o guión deixar atrás a rutina e encher as urnas de cambio galego votando BNG”, instou a candidata nacionalista á Presidencia, “non vós vou fallar, un goberno galego liderado polo BNG non lle vai fallar a este país porque temos un proxecto sólido, solvente, con principios e estratexia para levantar Galiza e darlle un futuro no que vivir e traballar e con benestar social”, salientou.

    A líder nacionalista destacou o aval que supoñen os gobernos municipais do BNG, como no caso de Ponteareas da man da equipa que encabeza Xosé Represas o do concello das Neves con Xosé Manuel Rodríguez, exemplos da capacidade para transformar en positivo á vida das persoas, de poñer en marcha proxectos que dinamizan desde o punto de vista económico e social as vilas e cidades onde goberna. “Que non poderíamos facer polo país se a partir do 12X Galiza ten un goberno liderado polo BNG, dar un paso de xigante cando na Xunta teña un goberno aliado, que sume en lugar de poñer paus nas rodas, un goberno que atenda ás lexítimas demandas da veciñanza deste concello e da comarca”, destacou Pontón.

    Pontón ironizou sobre a “recuperación do turismo” que chega desde Madrid, en referencia ao desembarco desta fin de semana de todo tipo de cargos, presidentes e ex presidentes das forzas estatais “que veñen de reforzo”.

    “Estannos facendo campaña polo BNG e dígovos porqué, -explicou-, porque están sentido o mesmo que nós, que neste país quen ten un proxecto de futuro para erguer Galiza e en quen confían esa maioría social que quere cambio galego é o BNG, e por iso mandan os reforzos. Pero danos igual porque nós temos a forza da xente deste país”, proclamou, reprochando a sempiterna repetición do mesmo guión das forzas estatais: vir en campaña a pedir o voto para despois seguir coa mesma discriminación de sempre.

    “A maneira de acabar con ese agravio e cun Goberno coas mans libres como estamos vendo no Congreso, onde un deputado do BNG conseguiu máis para Galiza que once anos do candidato do PP e temos claro que, se Goberno do Estado asume as demandas deste país será porque o condiciona o BNG. E se cun só deputado fomos capaces de poñer Galiza no mapa, que non seremos capaces de facer cun goberno liderado polo BNG, imos facelo posible, imos facer historia cunha muller presidenta para que este país gane o seu futuro”, concluíu.

    Proposta para Ponteareas e a comarca do Condado

    O cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, chamou a unha grande mobilización o 12X para que haxa un cambio galego e un goberno na Xunta que lle dea un trato xusto a Ponteareas e impulsar proxectos e obras necesarias no concello como por exemplo a ampliación da depuradora, o saneamento do Ribadetea, a mellora da rede viaria autonómica, –nomeadamente a PO-403 que comunica Ponteareas con Salvaterra–, ou a mellora dos centros educativos, así como a reapertura da escola infantil de San Mateo, que leva pechada dous anos aínda que ten alumnado suficiente para abrir.

    Ese novo goberno da Xunta liderado polo BNG, destacou, xestionará diante do goberno central o proxecto das obras da circunvalación de Ponteareas para acabar cos anos de retraso que acumula, “pese a ser imprescindible para mellorar as comunicacións e a conectividade, así como tamén a seguranza viaria das estradas que atravesan o concello”

    Bará insistir en que o 12X non está nada decidido, que é preciso un goberno a favor da comarca do Condado dende a Xunta. “Hai partido e toda aquela persoa que queira un cambio non pode quedar na casa”, subliñou, asegurando que o BNG de Ana Pontón “é o verdadeiro voto alternativo ao PP e que se toda a veciñanza que lle quere ao país se mobiliza gañamos por goleada”. “Nós e todas vós merecemos un goberno que nos acompañe, que non paralice o país, senón que teña como referencia poñer Galiza no mapa e que sexa unha referencia mundial”, subliñou.

    COLABORACIÓNS

    María Solar, «A culpa»

    A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato.

    Antón Riveiro Coello, «Días de intemperie»

    A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra.

    Árbol de Navidad relleno de chocolate

    Aunque estas fechas tienen sus dulces típicos, no a todo el mundo le gustan los turrones, polvorones y demás. Lo que casi con seguridad gusta a todo el mundo (y sobre todo a los peques) es el chocolate y este postre une la Navidad y el chocolate de una forma muy muy sencilla.

    Isabel Blanco, «Bambú»

    Xa comentamos nalgunha ocasión neste mesmo espazo que os límites entre xéneros literarios estanse a difuminar de maneira progresiva e que os autores e autoras contemporános pescudan sen apuro nese terreo bretemoso que son as lindes entre narrativa, teatro e poesía.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    77 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    5 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS