10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasAlfonso Pexegueiro e Vanesa Sotelo presentan a versión teatralizada da 'Illa...

    Alfonso Pexegueiro e Vanesa Sotelo presentan a versión teatralizada da ‘Illa das Mulleres Loucas’

    A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar na presentación da versión teatralizada do libro de Alfonso Pexegueiro A Illa das Mulleres Loucas, que terá lugar o vindeiro sábado día 11 ás 19 horas no auditorio municipal de Ponteareas. Todos e todas as interesadas deberán reservar praza no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal ou chamando ao número de teléfono 618 705 635.

    Fernando Groba sinala, “é imprescindible reservar para poder participar xa que o aforo é limitado e as novas normas de seguridade e distanciamento limitan o espazo disponible”.

    O escritor e poeta ponteareán, tamén pregoeiro da última edición das festas do Corpus, presentará a versión teatralizada dos poemas desta obra na que o espazo mítico dunha illa lle servíu para iniciar unha pescuda que o levou, a través dunha voz marcadamente feminina, a baleirar de sentido as trampas da existencia. Acompañará ao autor a actriz e dramaturga Vanesa Sotelo. Cando se publicou a obra orixinal no ano 2004, a editorial destacaba que se trataba dun poemario que provén e se dirixe ao inconsciente, poesía que nos sacode e desacouga pero que tamén nos ofrece refuxio. En A illa das mulleres loucas as fronteiras entre pasado, presente e futuro unifícanse. Amósase neste libro unha nova dimensión do tempo, a da liberdade da palabra.

    Fernando Groba indica que esta presentación se enmarca na programación da cuarta Feira do Libro de Ponteareas, que terá lugar dende o xoves ata o domingo, e que traerá a Ponteareas aos escritores e escritoras máis relevantes do actual panorama das letras en Galicia.

    A versión teatralizada de A Illa das Mulleres Loucas forma parte da colección Creadores Ponteareáns, unha iniciativa do Concello de Ponteareas que procura pór en valor o talento local e promove a difusión da cultura, incidindo na lectura e na importancia tamén da escrita.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.