11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarA Deputación aproba unha achega de máis de 126.000 euros para Gondomar

    A Deputación aproba unha achega de máis de 126.000 euros para Gondomar

    O Goberno provincial aproba este investimento ao abeiro do Plan Concellos e dentro dun paquete de preto do medio millón de euros do que tamén se beneficiarán Cerededo-Cotobade e Rodeiro

    A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 474.184,48 euros en asistencia aos concellos de Gondomar, Cerdedo-Cotobade e Rodeiro ao abeiro do Plan Concellos.

    Para Gondomar, a institución provincial aprobou unha achega de 126.201,85 euros para o saneamento nos núcleos de Loureiro e Zapa (Fase I), na parroquia de Chaín. Este proxecto dará solución á evacuación das augas residuais xeradas nunha parte destas poboacións reconducíndoas á rede de saneamento existente, mellorando así as condicións medioambientais tanto da veciñanza como as do entorno.

    Na liña 1 de investimentos, a Deputación destina 231.874 euros a Cerdedo-Cotobade para a reforma dun edificio para catro vivendas de protección autonómica. Trátase dun edificio de 1920 de dúas plantas no que se vai actuar para crear dúas vivendas de planta baixa e outras dúas en planta primeira, ás que se accederá a través dunha escaleira de nova creación situada no porche. Amais, manterase a fachada da edificación e non se alterará o seu volume, conservando a súa estética orixinal.

    Pola súa banda, na liña 3 de emprego, o goberno provincial aprobou a modificación de achegas para o concello de Rodeiro que permitirá contratar a 18 persoas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.