21.2 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaMaría Alonso con 'O Consello da Sabenza', gañadora do certame de relato...

    María Alonso con ‘O Consello da Sabenza’, gañadora do certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’

    Julio E. Villarino con 'Chocolate para la esperanza' e Brais Costas con 'Pili e Manoliño', ocuparon o segundo e terceiro posto desta iniciativa organizada pola Biblioteca Municipal para facer máis doado o confinamento da COVID-19

    María Alonso Velasco co seu relato ‘O Consello da Sabenza’ recibiu hoxe o premio que a acredita como gañadora do certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’ que organizaba a Biblioteca Municipal de Baiona. Pola súa banda os relatos ‘Chocolate para la esperanza’ de Julio E. Villarino e ‘Pili e Manoliño’ de Brais Costas, completaban o cadro de gañadores e gañadoras deste certame.

    O alcalde de Baiona Carlos Gómez e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, presidiron na mañá de hoxe o acto de entrega de premios que tivo lugar o Patio de Peregrinos da Biblioteca Pública Municipal, onde se deron cita a galardoada e galardoados e membros do xurado do certame.

    A concelleira de Cultura, Miriam Costas, nas súas palabras, logo de felicitar á e aos gañadores, expresou a súa satisfacción “pola calidade dos traballos” e, sobre todo, por tratar “tres temáticas totalmente distintas e que, ao mesmo tempo, encadrábanse á perfección nas bases do propio certame”.

    Os premiados, a concelleira de Cultura, o alcalde de Baiona, xunto cos membros do xurado.

    Na mesma liña expresábase o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que expresou o seu agradecemento “a todos e todas os que participaron neste certame ‘O Enxeño Engaiolado’ demostrando que a imaxinación, a creatividade e a cultura, son capaces de impoñerse incluso en circunstancias tan adversas e estrañas como o confinamento provocado por unha pandemia global”.

    O xurado estaba composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario como Claudio Vasconcellos (Caiono), pintor, debuxante e escritor; Fernando Bartolomé Benito, profesor de literatura e lingua e escritor;  Antonio Rey Somoza, profesor de literatura e lingua e escritor; Iria Misa Peralba, profesora de literatura e lingua e escritora e María Cristina Vilar Misa, directora do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, en calidade de Secretaria.

    As autoras e autores dos tres relatos premiados recibirán senllos cheques-libraría canxeables en librerías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. O primeiro premio consistía nun vale de 300 euros; o segundo premio, 200 euros e, finalmente, o terceiro premio, 100 euros.

    Amosar a creatividade en tempos de confinamento

    ‘O Enxeño Engaiolado’, naceu como unha iniciativa para incentivar, dende o confinamento, a creatividade literaria e celebrar o Día do Libro 2020 que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, tivo que suspender todas as actividades habituais previstas. Tratábase de artellar unha iniciativa na que, todas as persoas maiores de 16 anos, puideran amosar a súa capacidade creativa a través de relatos curtos –entre 1.500 e 4.000 palabras– con escritos orixinais que podían estar escritos en galego ou castelán e nos que a biblioteca, o libro ou a lectura, tiñan que ser o tema

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.