15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela peonalizará a rúa Alfonso XII os sábados e...

    O Concello de Redondela peonalizará a rúa Alfonso XII os sábados e domingos de 20 h a 24 horas

    O Goberno local busca maior espazo para o desfrute da veciñanza e que poida manter o espazo interpersoal que recomendan as autoridades sanitarias por mor da COVID-19

    O Goberno de Redondela peonalizará a rúa Alfonso XII, vía principal da vila, os sábados e domingos entre as 20 h e 24 horas, nunha medida que busca o dobre obxectivo de proporcionar maior espazo á cidadanía á hora de pasear e, ao mesmo tempo, que poidan manter a distancia interpersoal que recomendan as autoridades sanitarias.

    Do mesmo xeito, peonalizarase ese treito cando se celebren eventos que, por ter unha maior afluencia de público, aconsellen adoptar dita medida para poder manter, entre os asistentes, o espazo de seguridade.

    O executivo que preside Digna Rivas, sinalou que o horario para a peonalización puntual elixiuse á hora “en que comeza a diminuír a calor, momento en que se rexistra o maior número de persoas na rúa”.

    Dada a boa acollida que esta medida tivo entre hostaleiros e veciñanza en xeral, o Goberno local realizará unha enquisa “de cara a pulsar a opinión veciñal á hora de poñer en marcha esta medida nas fines de semana a partir de setembro”. En todo caso, explica a alcaldesa de Redondela, “o horario variaría xa que no outono e inverno, é impensable saír a pasear no actual horario, expresamente pensado para a época estival”.

    O Goberno de Redondela lembra en todo caso, que estas medidas encamiñadas a garantir os espazos de lecer e a seguridade de todos e todas, “precisa da colaboración veciñal e responsabilidade individual á hora de seguir as medidas de seguridade sanitaria e as recomendacións que o propio Concello sinala na campaña Faino por Todxs.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.