O Concello da Guarda ven de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que estarán a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.
Estas actividades están xestionadas a través dos departamentos de Cultura, Información Xuvenil, Deportes, Patrimonio e Turismo e terán inicio xa a vindeira semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que a ampla maioría delas terán lugar en espazos abertos e ao aire libre, ou ben cun aforo limitado.
A programación arranca a partires da vindeira semana cunha proposta de formación da Omix para a mocidade e coas visitas teatralizadas no Castro de Santa Trega que se viron suspendidas no pasado mes de marzo. Xa na fin de semana, o sábado 18 de xullo as familias poderán acudir no Auditorio de San Benito á representación teatral de “Lázaro de Tormes” da Compañía Pedras de Cartón, que estivo recentemente no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Tamén darán comezo as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xulllo), as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.
A programación continuará a partir de aquí con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz e novas propostas culturais entre as que destaca o Cinema na Rúa, na Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret no Auditorio de San Benito o 25 de xullo e actividades culturais para os pequenos protagonizadas pola Gramola Gominola (30 de xullo) e Peter Punk o 15 de agosto. Un concerto da Orquesta Clásica de Vigo e súa sección de Corda e a obra tetral Pelos na Lingua serán as propostas culturais para pechar o mes de agosto: os sábados 22 e 29. No ámbito deportivo o 1 de agosto está prevista a segunda edición da Carreira de Orientación, pensada para participar en familia e unha travesía en Kayak para o 27 de agosto
Ademais destas propostas aínda estase a traballar en concretar concertos para a mocidade e algunha nova proposta deportiva, das que informaremos proximamente.
Programa
Actividades xullo
Martes e mércores 14-15 xullo.- Obradoiro de fotografía co móbil para a mocidade. De 11:00h a 13:00h no Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix ([email protected])
Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected])
Martes e mércores 21-22 xullo.- Obradoiro de vídeo para a mocidade. 11:00h a 13:00h. No Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix ([email protected])
Xoves 23 xullo.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. Na praza do Reló, ás 22:30h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected])
Venres 24 xullo.-
- Xogos e actividades en familia: xogos e movemento. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix ([email protected])
Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina da turismo (986 614546 ou no enderezo electrónico [email protected])
Sábado 25 xullo.- Espectáculo “Flashtop cabaret”, no Auditorio de San Benito ás 20:30h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Xoves 30 xullo.- Concerto da Gramola Gominola, no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 31 de xullo.-
- Xogos e actividades en familia: Manualidade natural. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscrición na Omix ([email protected])
- Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo (986614546 ou no enderezo electrónico [email protected])
Actividades agosto
Sábado 1 agosto.- Carreira de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscricións en [email protected]
Venres 14 agosto.- Cinema na rúa “O último verán na escocia” (versión dobrada en galego). 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Sábado 15 de agosto.- “Punkdemia” no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 21 de agosto.- Noite de estrelas no Puntal ás 23:h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]
Sábado 22 de agosto.- Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. No Castelo de Santa Cruz, ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Venres 28 de agosto.- Cinema na rúa “Mr.Link” . 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Sábado 29 de agosto.- Teatro “Pelos na lingua”. No Auditorio de San Benito ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- [email protected])
Actividades regulares durante xullo e agosto, a partir do 14 de xullo
Martes e xoves (agás 23 de xullo).- Visitas ao Volanteiro O Piueiro. Ás 20:00h. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]
Mércores “A viaxe de Exeria ao castro”, Visitas teatralizadas no Monte Santa Trega ás 18:00h. e ás 20:00h. Inscrición previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Venres, sábados e domingos.- Visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico [email protected]
Domingos.- Domingos de natureza e auga, ás 10:00h. (Diversos percorridos polo litoral guardés). Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]