Xoves, 23 Xaneiro de 2025

Arbo promociona a potencialidade turística do municipio a traves de manteis individuais

O Concello prepara xa medidas e campañas para impulsar a recuperación do sector tras a crise do coronavirus e promocionar a tempada de lamprea e a Festa da Lamprea para o ano 2021

Con esta entrega tamén se axuda ao sector turístico entregando manteis que, según os protocolos marcados polas autoridades sanitarias, son obrigatorios nos establecementos por non poderse utilizar a manteleria habitúal. Durante os vindeiros días o Concello distribuirá entre restaurantes, bares, cafeterías e casas de turismo rural, gardamanteis individuais de papel nos que se promocionan os recursos turísticos, o patrimonio e as adegas do municipio.

O río Miño, as pesqueiras, o viño e a lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-Arabo.

O Concello de Arbo salienta que a Festa da Lamprea e a Festa de Arbo, “son un motor na economía do municipio” unha festa que ten as súas costas 60 edicións e que motra ben as claras que a lamprea forma parte da vida do municipio desde fai séculos como o demostra a presenza destacada deste peixe no escudo e na bandeira do concello.

O Concello que preside Horacio Gil está xa a traballar para desenvolver medidas e accións “que axuden ao sector turístico a mitigar os efectos da crise”. Tras as reunións mantidas con este sector na presentación do plan de reactivación, acordouse, entre outras medidas, a promoción cara a tempada de lamprea e a Festa da Lamprea 2021 e a promoción en conxunto de todas as empresas que conforman o sector turistico de Arbo.

Nas reunións, acordouse que as campaña en redes e medios de comunicación “son necesarios para promocionar Arbo como destino turístico e os atractivos que o noso Concello pode ofrecer ao visitante, para manter o seu recordo e posicionamento, e para que Arbo sega sendo o destino que se escolla para comer Lamprea, disfrutar do viño das adegas de Arbo, para practicar deporte de aventura no Rio Miño, participar nas actividades que organizamos o longo do ano ou de pasear polos nosos sendeiros”, afirma Horacio Gil