19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeEleccións 12XBará: “O 12X hai que concentrar o voto das persoas que queren...

    Bará: “O 12X hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio no Bloque porque canto máis BNG, menos PP”

    O cabeza de lista fixo no Porriño un chamamento á mobilización subliñando que o BNG de Ana Pontón “é a alternativa real a Feijóo”

    A catro días da cita coas urnas, o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, afirmou hoxe en O Porriño que o vindeiro domingo hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio en Galiza porque “canto máis BNG, menos PP”. Bará subliñou que lograr un tempo novo “está ao alcance da man” tendo en conta o ambiente e a ilusión que se está a notar na campaña electoral arredor da formación nacionalista: “Estanse alineando os astros para que teñamos a primeira presidenta da historia en Galiza, Ana Pontón”, subliñou.

    O cabeza de cartel lembrou que hai 700.000 persoas indecisas e tamén unha tendencia de crecemento e un medre imparable do BNG. Fixo fincapé en que nestas eleccións o BNG ten dous grandes obxectivos: “derrotar dun golpe á dereita reaccionaria e insolidaria do PP e ao centralismo e a dependencia que nos afoga e que nos paraliza. E, en segundo lugar, facer historia poñendo á fronte do noso país unha muller nacionalista, a primeira presidenta da historia de Galiza, Ana Pontón, que co seu liderado potente, atraente e inclusivo é a alternativa real a Feixóo”.

    No Parque do Cristo, Bará afirmou que o BNG está preparado para gobernar e coller o mando e a dirección do país cun proxecto propio, transformador, pensado dende e para Galiza e a súa maioría social que servirá “para rematar con este tempo de parálise do Parido Popular que converteu Galiza nun país co motor parado”. Segundo explicou o candidato, a primeira medida do BNG de Ana Pontón para facerlle fronte á crise no goberno galego será tecer un grande acordo ou grande coalición institucional e social polo futuro de Galiza para a reactivar a economía, o impulso e a modernización de país.

    Nun mitin no que participaron as tamén candidatas Cristina Fernández e Francisco Chivite, Bará fixo un chamamento á mobilización do voto xoven e un chamamento á xente moza como motor do cambio, xa que ao seu entender será clave para un gran ascenso do BNG e derrotar ao Partido Popular. Así mesmo, subliñou a necesidade de concentrar no Bloque o voto da xente galeguista e nacionalista porque “tanto a abstención como a división do voto das persoas que lle queren ao país e queren cambio serán como votar ao Partido Popular”.

    “Hai que darlle o finiquito ao PP, confinalo na oposición, mandalo para Madrid”, dixo Bará, argumentando que nestes momentos non hai nada decidido, senón que se decide todo o 12X nas urnas: “Hai partido e nós saímos a por todas. Saímos a gañar. O futuro é noso”, indicou o cabeza de cartel, quen augurou un grande resultado para o BNG que permitirá “poñer en marcha o cambio galego, abrir un tempo novo e darlle esperanza e futuro ao país”.

    En clave local, Bará fixo referencia a débedas históricas da Xunta na zona, como a variante da PO-510 en Budiño, a transferencia do tramo urbano da PO-331 (rúas Progreso e Bos Aires), a construción dun novo centro de ensino de Infantil e Primaria, que o Sergas asuma a xestión da Unidade de Drogodependencias, ou o soterramento da liña de alta tensión en Torneiros.

    Segundo dixo Bará, O Porriño “terá un goberno a favor” a partir do vindeiro 12X. Destacou que fronte á inacción do goberno do PP, o BNG axilizará a súa colaboración para sacar adiante actuacións seguindo o modelo BNG. Insistiu, de feito, na necesaria intervención nas estradas de titularidade da Xunta, nas que é preciso realizar actuacións de seguranza viaria e de mellora da mobilidade peonil, así como nos centros de ensino público, dos máis antigos do país, nos que non houbo investimentos de importancia do goberno autonómico nos últimos once anos a pesares de que, por exemplo, o CEIP Fernández López precisa unha intervención integral. “Hai unha débeda secular”, destacou o nacionalista.

    Pola súa banda, na súa intervención, a candidata Cristina Fernández fixo unha chamada á mobilización da veciñanza para facer historia como aconteceu en Ponteareas en 2015, cando o BNG gañou a alcaldía ao PP, que “ata entón gobernaba o Concello como o seu chiringuito”. “Queremos que a maioría social confíe en nós como aconteceu entón e poder poñer á fronte da Xunta a unha muller solvente que abrirá un tempo novo neste país, Ana Pontón”, finalizou.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS