Mércores, 11 Decembro de 2024

Ponteareas licita as obras de intervención na Praza Bugallal

O Goberno local lembra que ata o 13 de xullo poderán presentarse as empresas a través dun concurso público aberto. O orzamento de licitación de 770.346 € dos que os fondos FEDER da Unión Europea aportan o 80 %

O goberno do BNG-PSOE informou da apertura do prazo de licitación das obras de intervención na Praza Bugallal e contorna. Unha actuación que se enmarca na estratexia ‘Ponteareas Hábitat Saudable’ que ten como finalidade transformar a vila pensando nas persoas, especialmente na xente maior, nas nenas e nos nenos e nas persoas con mobilidade reducida.

Ata o día 13 de xullo ás 14 horas as empresas poderán presentarse a través dun concurso público aberto que garante a transparencia e igualdade de oportunidades para a execución deste proxecto que contará co financiamento do concello de Ponteareas e dos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea a través da estratexia EDUSI cun orzamento de licitación de 770.346,50 € dos que o Concello aportará 154.069,30 € e os fondos europeos FEDER 616.277,20 €.

sdr

O proxecto contempla unha actuación integral que perdure no tempo realizando actuacións non só estéticas e de distribución do espazo se non tamén de canalización de subministros e de servizos de saneamento.

A través dun proceso de participación estudouse detalladamente o proxecto coa veciñanza, parroquia, alfombristas e comerciantes, realizándose modificacións no proxecto inicial que satisfan todas as necesidades e permiten unha actuación máis eficaz.

dav

Tamén se realizaron catas para analizar o subsolo de xeito que o proxecto tamén contempla todas as actuacións necesarias como conducións de saneamento, augas pluviais e demais servizos soterrados para que unha vez feita a obra non se precise acceder en moitos anos.

A reforma da praza Bugallal contempla a canalización e ocultación de cableado e tubaxes dos diferentes subministros.