A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta vindeira semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
Luns 6 de xullo
A semana con dous obradoiros. A partir das 12:00 horas será ‘Promociona o teu negocio con Google My Business’, a cargo do licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández, e dende as 17:00 horas desenvolverase “Infografías: representa a información de maneira visual”, impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
Martes, 7 de xullo
‘Introdución a Google Adwords’, impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas ás 17:00 horas.
Mércores, 8 de xullo
A partir das 12:00 horas será a quenda de ‘Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña’, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas.
Xoves, 9 de xullo
Ás 11:00 horas será a experta en turismo Mariana Rosa a encargada de impartir ‘Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística’ e ás 18:30 horas celebrarase ‘O pacto de socios. Elementos esenciais que toda persoa emprendedora ten que coñecer’, a cargo do avogado José Manuel Sendín Rodríguez.
Venres, 10 de xullo
A semana péchase o venres ás 12 horas con ‘Intelixencia Artificial: que é e como funciona?’ impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica.