Martes, 22 Xullo de 2025

Os Reis Magos visitarán o día 5 os puntos neurálxicos de cada parroquia de Nigrán en tres cabalgatas simultáneas

0

Os Reis Magos de Oriente cumprirán a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres ‘cabalgatas’ simultáneas só posibles grazas a súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais. Deste xeito, a comitiva real ao completo visitará ao longo do día 5 un punto neurálxico de cada parroquia co obxectivo de evitar concentracións e cumplir estrictamente co protocolo sanitario. O Concello repite así mesma filosofía levada a cabo coa programación cultural para a infancia.

“Desde o Concello pedimos con moita antelación este esforzo aos Reis Magos e non o dubidaron, son conscientes do duro que foi este ano para os nenos e nenas de Nigrán e sempre tiveron claro que non ían a faltar, eles mesmo me transmitíron que veñen con máis ganas que nunca. Agora o obxectivo é que cada crianza os reciba sen desprazarse da súa parroquia para evitar aglomeracións”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen avanza que virán con algún día de antelación ao municipio para axudar nos preparativos e seremos testigos delo a través dun vídeo que se estreará este domingo en redes sociais do Concello.

Neste novo formato con protocolo anticovid cada neno e nena poderá ver como os tres Reis chegan camiñando a súa parroquia para despois, xa sentados nos seus tronos, poder falar persoalmente con eles mantendo sempre a distancia de seguridade e recibindo ademais do Paxe Real un paquete individual de caramelos e chuches (veñen cargados de 700 kg, todos aptos para celiacos). Recomendándose sempre o uso de máscara incluso no caso dos menores de 6 anos para anular calquera posible risco. 

Deste xeito, e tendo en conta que a previsión meteorolóxica e de ausencia de choiva, todas as visitas serán no exterior. A comitiva comezará a xornada en Chandebrito ás 12:00 horas para camiñar desde a rúa Laxes á Asociación de Veciños. Pola tarde estarán simultáneamente ás 17:00 horas no Torreiro de San Roque de Camos (subirán polo tramo final desa mesma rúa), en Parada na Praza da Igrexa (baixarán desde o aparcamento do cemiterio) e en Priegue no Torreiro (desde a praza do Peregrino na Farmacia). No turno das 19:00 horas, estarán simultáneamente na Praza do Concello de Nigrán (camiñarán desde a entrada do edificio antigo), na Ramallosa no Parque da Feira (desde Romana Baixa) e en Panxón no inicio do Paseo Marítimo (desde o peirao).

Xardín Desordenado

Como colofón á programación cultural de Nadal o Concello de Nigrán ofrece o concerto de Xardín Desordenado o día 6 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal con entrada limitada ao aforo sanitario permitido nese intre. Trátase dunha banda viguesa de músicos de distintas orixes pero co jazz como punto común, adicándose a musicar poetas galegos baixo ritmos desde o swing e blues ata a bossa nova e o bolero. Nesta ocasión desenvolverán un concerto homenaxe a Carvalho Calero, o autor ao que se lle adicou o Día dás Letras  Galegas 2020 (o concerto estaba previsto para o maio e despois outubro pero foi suspendido en ambos casos por mor das restricións sanitarias).

Este é o vídeo da chegada dos Reis Magos a Nigrán.

O BNG de Redondela esixe que se manteñan os orzamentos participativos do 2020

0

O BNG de Redondela, nun escrito dirixido á Alcaldía, vén de demandar “que se manteña intacta a partida non gastada dos Orzamentos Participativos do 2020 co fin de reinvestilo nas parroquias”, explica o portavoz dos nacionalistas, Xoán Carlos González, que lembra que o 1 % dos orzamentos municipais do ano 2020, “non se investiu nas diferentes parroquias, e que debe respectarse este compromiso”.

“Trátase dunha débeda coas parroquias e polo tanto, reterse a partida para o ano 2021”, afirma o voceiro nacionalista. O motivo de que non se gastaran os 180.000 € nace, segundo os nacionalistas redondeláns, dun acordo entre AER e PP, para sacar adiante os orzamentos do ano 2018. “Os primeiros abstivéronse na votación para que os segundos aprobaran unhas contas nefastas para os e as redondelás” afirma González. Froito destes acordos, engade, “bloquearonse durante ano e medio uns fondos que se deben reinvestir nas parroquias”.

Segundo a información que manexan dende o BNG, “o concello empregou 41.000 euros destes orzamentos sen consultar a ningún consello parroquial, verdadeiros protagonistas dos orzamentos participativos” di Xoán Carlos González que esixe “que se rendan contas desta acción, e que se conxele a partida”.

“Imos seguir moi vixiantes cos orzamentos participativos, pois pretendemos que esta partida na súa integridade, ou as correspondentes a outros anos, se invistan nas parroquias do concello de Redondela”, apunta a formación nacionalista que se compromete “a que os novos orzamentos municipais, se debatan igualmente nos Consellos Parroquiais, para que o movemento asociativo, poida reflectir a súa opinión”.

Inicio das obras de mellora da Piscina Mancomunada do Val Miñor

O alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor durante o 2020, Carlos Gómez Prado, acompañado polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou as obras de mellora que se están levando a cabo nas instalacións da Piscina Mancomunada situada na Ramallosa, Nigrán.

Os traballos de mellora desenvólvense en varias fase. Na primeira as obras focalízanse no teito dos vestiarios, cambiándose as estruturas de pladur por outras novas. A segunda fase estará centrada na cuberta da instalación con obras de impermeabilización nos canalóns, baixantes, xanelas e parte alta da propia cuberta.

A última fase ten como fin poñer en valor a parte exterior da instalación mancomunada. Na zona axardinada instalaranse duchas e cabinas para que os usuarios poidan gozar desta zona nos meses con mellores condicións meteorolóxicas.

As obras supoñen un investimento de 29.638,49 euros e foi durante a presidencia do alcalde de Baiona, Carlos Gómez –que remata o seu mandato o 31 de decembro–, cando se acordaron estes traballos de mellora nas instalacións.

Gómez chamaba a atención sobre a necesidade “de coidar os edificios públicos, e máis se cabe cando son utilizados por gran parte da poboación do Val Miñor, como é o caso destas instalacións mancomunadas”. O presidente da mancomunidade salientou que con estas obras “mellorarase substancialmente tanto o illamento térmico da instalación como a impermeabilización. Ademais de poñer en valor a zona do xardín para que os miñoranos gocen dun novo espazo con moitas posibilidades”.

O centro deportivo dispón de piscina, sala fitness con áreas dedicadas ao adestramento cardiovascular ou ao funcional e peso libre, ademais de zona de relax con sauna e baño turco.

Rexina Vega, «O estado intermedio»

Son moitas as novelas que xiran en torno á memoria como forza motriz do relato, pero poucos casos teño encontrado en que o fagan con tan desbordante despregue de imaxinación como o fai Rexina Vega na súa nova obra, ‘O estado intermedio’, ou que manexen coa soltura dunha mestra no oficio a realidade e a fantasía. E menos aínda que sexan capaces de mesturar o arrepío coa gargallada dun xeito tan demoledor coma neste caso. A autora é quen de crear mundos novos e recrear mundos pasados cunha aparente naturalidade que lle permite ao lector navegar con fluidez a través das páxinas do libro, de maneira que non lle queda outra que ficar atrapado para sempre entre as liñas sobranceiras da escrita dunha das autoras máis persoais do noso panorama literario.

‘O estado intermedio’ coloca o acento sobre unha rapaza que, unha vez morto o seu pai, decide baleirar a casa familiar para poñela á venda e, ao tempo, soterrar para sempre a súa memoria nunha especie de gran acto final de tintes freudianos. Ao tempo, asistiremos á chegada do espírito do pai a ese estado ao que fai referencia o título e que, tal e como explica Rexina ao principio do libro, vén sendo unha sorte de limbo budista no que as almas dos mortos se preparan para o seu paso definitivo ao outro mundo. Nese lugar, que a autora representa como unha estación de tren abandonada, o morto deberá enfrontarse ao seu propio pasado nun xuízo ben peculiar no que repasa as súas vivencias. Desta maneira, saltaricando entre os dous mundos, pai e filla reconstrúen a vida do finado poñendo o acento na súa propia relación. A memoria de ambos conflúe nunha trama na que se nos van desvelando as razóns desa ansia coa que a rapaza se afana en eliminar calquera rastro do pai.

Así, a narración estrutúrase en torno a dous planos ben diferenciados. Por unha banda o aquén, onde a rapaza pasa toda unha noite enfrontándose aos seus recordos a través dos obxectos, documentos ou fotografías que vai atopando. Este é un plano reflexivo e de tintes realistas, malia que de cando en vez se deixe arrastrar por pequenas chiscadelas imaxinativas, como conversas cos animais que a rodean, por poñer un exemplo. Pola outra banda, o (case) alén, un lugar no que a fantasía de Rexina se desborda e se derrama. Na cantina da estación, un monxe budista, un mono saltimbanqui e unha máquina comecartos que marca as datas revisadas, van recreando todo un universo surrealista e sorprendente que a min me recordou, por momentos, a Lovecraft.

Con todo e pese ao enriquecedora que resulta, insisto, a imaxinación de Rexina Vega para argallar o relato e aos moitos transfondos que o lector poderá atopar durante a lectura, o mellor de ‘O estado intermedio’ é, ao meu entender, a escrita. Xa dixen que estamos diante dunha das nosas autoras máis persoais e iso é algo que se deixa ver liña a liña. Non só exhibe unha prosa rica e fluída, con imaxes poderosas, irreverentes, rocambolescas e sempre sorprendentes, senón que é quen de engaiolar ao lector e atrapalo entre as súas páxinas. Mesmo consegue que lamentemos cada paso que damos na lectura porque, deste xeito, sabemos que quedan menos páxinas para chegar ao remate da novela. Non é, dende logo, algo doado de conseguir; e menos aínda con esa aparente naturalidade coa que o fai a autora. E subliño o de “aparente” porque, no fondo, agocha un traballo moito máis duro do que parece.

Rexina Vega

O estado intermedio

196 páxinas

O 2021 preséntase como o ano da consolidación definitiva para o Revitaliza

O ano 2021 preséntase para o Revitaliza como o da consolidación definitiva nos concellos da provincia. Os concellos máis adiantados do plan de compostaxe provincial serán quen de cumprir as esixencias da UE en canto a reciclaxe, xa que en breve chegarán ao 50 % dos residuos preparados para reciclar, tendo o tratamento dos biorresiduos un papel ‘chave’ no respecto ao medio ambiente.

Segundo os datos que manexa o deputado responsable da área, Uxío Benítez, neste 2020 o programa provincial sumou dous novos concellos, Cañiza e Dozón, ata chegar aos 47. Nestes momentos conta con 160 centros de compostaxe comunitaria (CCC) instalados, 9.500 composteiros individuais (COIN) xestionados e preto de 23.ooo seguimentos realizados polo persoal técnico, ben sexa de maneira presencial ou telefónica durante o confinamento.

As cifras poñen de manifesto que se cumpriron os obxectivos marcados para este exercicio que acaba de rematar, posto que as previsións eran que a veciñanza compostase os seus biorresiduos en ata 170 centros comunitarios e en preto de 7.100 individuais, según as contas que facía o persoal técnico provincial a finais de 2019. Como perspectiva de mínimos, para os vindeiros meses a idea é superar os 250 CCC e 13.000 COINS en activo.

Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para extender o sistema con medios de titularidade municipal. No caso de Vilaboa hai 10 CCC instalados e repartidos 1.134 COIN, o que fai que proporcionalmente sexa unha das que teña maior xestión do seu lixo baseada na compostaxe, coa maioría dos grandes produtores adheridos ao porgrama.

En Pontevedra, que xa dispón do seu propio plan (Composta), as cifras en 2021 comezan con 34 CCC instalados, 2.568 COIN e 5.888 visitas de seguimento. No Grove teñen 10 CCC e alcanzan preto de 600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario hai xa 12 e 10 CCC, e 814 composteiros individuais e 97, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN entregados subiron ata os 1.104.

Das novas incorporacións de concellos á Liña 2 Poio desistiu finalmente, mais Valga e Tomiño, xunto con A Illa están a dar un pulo importante aos repartos de composteiros en tempo récord. Na Illa tutelaranse un total de 800 COIN e 5 CCC, dos que xa está un montado; en Tomiño, actualmente xa están distribuídos 903 COIN dun total de 3.000 e están funcionando 11 CCC dun total de 16. Mentres, en Valga están xa distribuídos 450 COIN dun total de 1.300 e ten funcionando dous CCC, a metade dos previstos.

Colaboración e proxección

A equipa do Revitaliza porá todos os medios ao seu dispor para potenciar os concellos que apostaron pola compostaxe dunha maneira valente. Deste xeito, aínda que se continuará asistindo aos municipios que están en fase de concienciación (con centros de compostaxe illados) apostarase por salvagardar as necesidades dos concellos en liña 2 que buscan xestionar de maneira global os residuos baseando a súa estratexia na compostaxe. Tamén se prevé buscar unha maior implicación de entidades e produtores rurais co fin de seguir o modelo austríaco, que defende que os residuos municipais sexan tratados en plantas con colaboración de empresas de gandeiría, vinícolas ou doutro tipo.

Por outra banda, o Revitaliza continuará no 2021 coa súa proxección internacional, de forma que manterá a colaboración existente coa Illa de Príncipe, con novas illas africanas, así como tamén con outras administracións e organismos estatais, xa ben para replicar o modelo pontevedrés, ou para colaborar na posta en marcha de nova normativa aplicable, como é o caso do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Un árbol sin estrellas, una sociedad sin niños

La vida en el hospital es una lenta e implacable rutina. Cada unidad tiene sus horarios y pautas que, más o menos rígidas, dan continuidad a la actividad. Un constante ir y venir de profesionales forman parte de ella, como una orquesta que cada día interpreta un concierto sin partitura, casi de memoria. Las sesiones clínicas, las intervenciones programadas, la hora de la medicación, la limpieza y el aseo, el reparto de las dietas…

Como formando parte de un ciclo natural, la Navidad suaviza esta monotonía e intercala sus propias tradiciones entre las rigideces hospitalarias. De las paredes cuelgan guirnaldas y surgen abetos en pasillos y salas de espera. Como si de la prolongación de nuestro salón de casa se tratara, luces incluidas, el hospital muda su imagen fría por otra más amable y cercana.

El área de partos en el Hospital Álvaro Cunqueiro no es inmune a esta transformación y también engalana sus instalaciones. En la fachada principal, junto a la puerta que cruzan con incertidumbre las embarazadas y que atraviesan después, sonrientes y felices, con sus recién nacidos, hay un gran árbol que a los ojos del visitante aparece como un adorno más. Si nos acercamos a él, descubriremos que es especial, porque está en continua elaboración, sutilmente distinto cada día.

Click para ampliar

A modo de hoja, cada recién nacido toma forma de estrella y se inserta (con fecha, hora y nombre) en él, creando una frondosidad multicolor, una alegoría al árbol de la vida.

Repasando los nacimientos registrados en la última década, en el desaparecido hospital Xeral, en 2010, se superaron holgadamente los 4.500. En este 2020 van a superar por poco los 3.200. El árbol tiene cada vez menos estrellas.

Hemos iniciado una espiral descendente que no parece tener fin, y los estímulos lanzados por el gobierno autonómico como la tarxeta benvida –en 2016– o la más reciente bonificación de los gastos de la educación infantil a partir del segundo hijo –propuesta en 2020–, muestran por ahora resultados insuficientes.

En unos días veremos en los medios de comunicación otra imagen del imaginario colectivo navideño, el primer nacimiento del año, con las anécdotas del evento y la foto de los felices papás.

Con toda probabilidad, en el Álvaro Cunqueiro esta imagen se producirá el 1 de Enero. En la mayor maternidad de Galicia es tan anecdótico un día sin nacimientos, que este hecho en sí mismo constituye una noticia, al menos por ahora. ¿Llegará el momento en que los días sin nacimientos no serán ya noticia?

Las consecuencias económicas y sociales que se avecinan, en materias como pensiones o gasto sanitario, entre otras muchas, presagian un negro panorama y ponen en serio riesgo nuestro preciado “estado del bienestar”. El lector encontrará abundante bibliografía al respecto.

En la novela Fuxir de proxeria, Manuel Blanco dibuja una sociedad imaginaria envejecida, con un índice de natalidad tan disminuido que los valores y las normas de vida y gobierno están guiados por el control del bien más escaso: los jóvenes. ¿Se hará realidad este escenario novelado?

No nos quedemos sólo con el primer nacimiento de cada año. Debemos exigirnos como sociedad que los estamentos responsables lleven a cabo el análisis continuo y transversal de las causas que subyacen en esta disminución de la natalidad, un análisis rápido y certero, con acuerdos, propuestas y soluciones. No dejemos para mañana una cuestión trascendente como esta, porque cada vez estamos menos a tiempo de invertir esta curva y minimizar sus consecuencias. Sumemos mas estrellas al árbol.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (IX): Nicolás Clenardo e Sexismundo Cavalli, novos peregrinos no século XVI

En 1537 o humanista, gramático e viaxeiro flamenco Nicolás Clenardo (1493-1542), preceptor dos infantes portugueses, con gran influencia intelectual no Portugal do XVI, achégase ata Santiago. Mediante diversas cartas narra a súa viaxe dende Evora a Braga e dende alí a súa peregrinación ata Compostela; na ida realizou o camiño por Ponte de Lima e Tui, namentres que ao regreso tras cruzar o rio Miño na barca de Tui, regresou a Ponte de Lima pero dende alí visitou Viana do Castelo para retornar ao interior por Barcelos.

Arlindo Correia no seu estudo sobre as cartas de Clenardo refire o seguinte desta peregrinación que realiza a Santiago:

Depois de alguns dias de repouso, Clenardo parte a 22 de Agosto de 1537 em peregrinação para Santiago de Compostela. Clenardo adorou a Galiza, como mostra na carta que em 8 de Setembro (de 1537) escreveu a Jean Petit. Concede que na região desde Braga até ao Rio Minho, os montes e os campos são de uma admirável beleza, mas constata que o vinho, o pão, a carne e tudo o que convém a viajantes cansados se encontra melhor na Galiza do que em Portugal.

No regresso passaram por Ponte de Lima, onde adoeceu o potro de Guilherme. Depois, Viana do Castelo, Barcelos e por fim, Tebosa. A 6 de Setembro, estava de volta a Braga .

Temos que destacar estas opinións de Clenardo que contrastan con tantos outros peregrinos que deploran as condicións de Galicia: “Ya más de una vez se había hablado de Galicia en mi presencia, a propósito de su inmundicia y de sus sucios mesones. Sin embargo, esta provincia me agradó mucho, fueron tales las comodidades que tuve en todos los sitios, que la prefiero, sin duda, a muchas de Portugal. Viví más a gusto en Galicia que en el Minho”.

Entre 1567 e 1568 Sexismundo Cavalli percorre estes camiños. Cavalli foi un embaixador de Venecia en diversos lugares: Madrid, Saboia e Baviera. Permaneceu na corte de Filipe II entre 1567 e 1569. Por un texto manuscrito do seu acompañante e secretario, Lunardo Otthobon, coñecemos o relato da súa estadía e as viaxes que efectuou polo interior de España e Portugal.

Nunha destas viaxes cita que entrou en Portugal por Elvas e dende Braga polo trazado da antiga vía romana foi a Ponte de Lima e Valença chegando a Santiago de Compostela.

El día 26 de mayo de 1568 entran en Galicia por Tui, siguen por Porriño y Redondela. El 27 a Ponte Sampaio, de catorce arcos, Cancela, Pontevedra, Portela, Barosa, cruzan el río Umia por el puente de Caldas de Reis, por Ponte Valga, por el puente de Pontecesures, de catorce arcos y Padrón. El día 28 a Santiago de Compostela.

O retorno xa foi por outra ruta en dirección sur, pasando por Ourense e Verín, atravesa os portos da Canda e o Padornelo en dirección a Sanabria e Zamora.

¿Realmente somos dueños de algo?

Cada vez me pregunto más, si realmente somos dueños de algo. Si uno se pone a analizar el día a día no acaba de quedar claro. Sin lugar a dudas, vivimos en un mundo capitalista donde lo que se fomenta es el consumo y cuanto más, mejor, de ahí la famosa obsolescencia programada, que nos obliga a estar cambiando cada poco tiempo nuestros aparatos electrónicos (la UE ahora quiere aprobar una ley para el derecho a reparar, parace una broma, que si compras algo, tengas derecho a repararlo), se supone que has adquirido un aparato para su uso y disfrute y si tienes algún problema, se debería de suponer que deberías de tener derecho a que te lo repararan para que lo pudieras seguir usando, pero ahí está la clave, se supone.

Después está el tema de las propiedades tipo viviendas, fincas o similares. Sobre todo en nuestra tierra, que somos muy amantes de la propiedad (“a nosa casiña” algo, que en otros países, sobre todo los nórdicos no está tan arraigado). Te pasas toda la vida para comprarla, y si tienes algún documento que dice que es de tú propiedad, es falso, porque por el simple hecho de tenerla, ya tienes que pagar algo llamado contribución. Resulta curioso, porque esa palabra debería de significar que contribuyes a algo y me pregunto a qué estás contribuyendo como no sea a que unos cuantos puedan vivir a lo grande a cuenta nuestra. Así que sigues pagando, año tras año, y cuando llegas al final de tú vida, esa supuesta propiedad tuya, pasa a tus herederos, que van a seguir pagando por ella. Tienen que pagar porque pasa a ser de su supuesta propiedad, es decir, que algo que has comprobado o heredado de tus antepasados, que te has pasado todo tú vida pagando por ella, cuando mueres, los que reciben dicha herencia, tienen que pagar por recibirla y por seguir disponiendo de ella.

Viendo así las cosas, ¿realmente somos dueños de algo? La verdad, que tengo mis serias dudas, por lo menos, en cuanto a propiedades materiales nos referimos, de momento, parece que nuestras ideas, aún siguen siendo nuestras, aunque, tal y cómo se están poniendo las cosas, no sé yo, pero bueno, eso será para otro día. Por lo menos mientras nos dejen, lo que si vamos a seguir siendo dueños es de la posibilidad de recomendar buena música a nuestros lectores y esta semana vamos  a hacerlo, por un lado, con Rudy Adrián, un maestro de la música ambient llegado desde Nueva Zelanda y por otro lado, el proyecto Zytospace, toda una sorpresa musical. Espero que los disfrutéis.


Rudy Adrian

Coastlines

2016

Rudy Adrián es un excelente compositor de origen neozelandés al cual tuve el placer de entrevistar hace ya muchos años, sus obras siempre me han gustado, su mezcla de electrónica y ambient está muy elaborada y después de escuchar éste “Coastlines” veo que sigue en buena forma.

‘Coastlines’ es un trabajo donde el compositor utiliza las imágenes de sus tierra para recrear sus paisajes sonoros, temas que nos llevan por el bello ambient que inspiran las costas de su país de origen, las cuales recorrió durante sus vacaciones.

Dividido en diez cortes, el compositor realiza un trabajo continuista sobre su ‘Atmospheres’ presentado en el 2014 pero además incluye dos cortes, en concreto el segundo y el sexto, que aparecieron originalmente en el año 1990 en una cassette titulada ‘SubAntarctica’.

Rudy Adrián, mantine su senda, la cual está inspirada por artistas del calibre de Brian Eno, Robert Rich o Jonn Serrie y nos vuelve a presentar un bellísimo trabajo de música ambient.


200

Zytospace

Wüste Land

2019

A veces se descubren pequeñas obras maestras por casualidad, y éste ha sido el caso del trabajo que hoy os presentamos.

Zytospace es un proyecto español, si, habéis leído bien, formado por Tomás F. Girón, un compositor con una larga trayectoria musical e influenciado por los grandes de la electrónica y el krautrock (Cluster, Tangerine Dream, Klaus Shchulze, Pinck Floyd) y Miguel A. Ruiz que  lleva en esto de la música desde mediados de los años 80 con estilos que han pasado la electrónica industrial a la más secuencial.

Ambos se han unido y han dado lugar a éste proyecto llamado Zytospace, una pequeña obra maestra de la electrónica secuencial y su primer trabajo es éste “Wüste Land” (algo así como planeta inhabitado y sombrío) dividido en dos extensos temas de más de treinta minutos cada uno, donde la electrónica brilla en su máximo esplendor, recordando a aquellos proyectos alemanes (Tangerine Dream, Klaus Schulze) que brillaban allá por los años ’70.

No voy a entrar en detalles técnicos, simplemente comentar, que los amantes de la buena electrónica están de enhorabuena, porque escuchar proyectos cómo estos, es como viajar en el tiempo y recuperar las buenas obras, esos largos desarrollos que tantos nos gustan, esos viajes espaciales con nuestra mente, aunque sean a planetas inhóspitos y sombríos…

Churros de calabaza (sin gluten)

En estas tardes de otoño-invierno, de frío, de lluvia…, en estas tardes en que nos apetece (y de momento debemos) quedarnos en casa, un chocolate caliente y unos riquísimos churros de calabaza recién hechos son una buena opción para acompañar una buena lectura, una buena película, o simplemente compartir en buena compañía.

Yo los he hecho sin gluten pero, por supuesto, podrían hacerse con gluten, sustituyendo la harina.

¡Vamos allá!

Ingredientes

  • 70 g de agua
  • 30 g mantequilla sin sal
  • 100 g de harina sin gluten
  • 50 g de puré de calabaza (yo asé la calabaza y cuando estaba ya blanda la trituré)
  • 1 huevo M
  • 2 Cucharadas de azúcar blanca o morena (opcional)
  • Sal
  • Aceite de oliva para freír
  • Azúcar para envolver o espolvorear por encima
  • Canela (opcional)

Elaboración

  • Calentamos el agua con la sal y la mantequilla hasta que ésta se derrita
  • Agregamos el puré de calabaza e integramos bien
  • Añadimos la harina y revolvemos sobre el fuego hasta que la masa se desprenda de las paredes
  • A continuación, si tenemos batidora con pala, le damos unas vueltas y dejamos reposar unos 10 minutos. Si no tenemos, lo hacemos con una espátula.
  • Agregamos el azúcar (opcional), el huevo batido y revolvemos hasta que esté perfectamente integrado (al principio parece que no se va a unir nunca, pero insiste y verás que sí se une)
  • Pasamos la masa a una manga pastelera con una boquilla de estrella
  • Hacemos los churros y los freímos en el aceite bien caliente durante más o menos 1 minuto; les damos la vuelta y freímos más o menos otro minuto más, hasta que estén bien dorados.
  • Al sacarlos, colocarlos sobre papel de cocina para que escurra el aceite
  • Preparamos un plato con azúcar (y canela, si nos gusta) y rebozamos en ella los churros o, simplemente, espolvoreamos con el azúcar.

Comedlos recién hechos, ya veréis qué ricos están.

Hay quien hace estos churros en el horno, reduciendo así la grasa de la receta. No los he probado pero, según dicen, también están deliciosos.

¡Buen provecho!

‘Os Bolechas’ explican á infancia de Redondela fragmentos da historia do municipio nas áreas infantís da Xunqueira e Trasmañó

0

Que os máis cativos e cativas de Redondela comecen a tomar contacto coa historia do municipio e as súas tradicións, é o que busca a iniciativa posta en marcha polo Concello coa colocación de chamativos paneis informativos protagonizados polos Bolechas, nos recentemente remodelados parques infantís da Xunqueira e da parroquia de Trasmañó.

Mentres que na área infantil da Xunqueira, ‘Os Bolechas’, a familia xurdida da imaxinación de Pepe Carreiro, explican detalles sobre a Festa da Coca nunha linguaxe adaptada aos pequenos usuarios e usuarias da instalación, o parque de Trasmañó ofrece detalles sobre a Batalla de Rande, acontecemento intimamente ligado á súa parroquia.

Cartel dos Bolechas no parque de Trasmañó explicando a Batalla de Rande

Trátase, sinalan a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, “que os máis pequenos e pequenas comecen a coñecer a historia de Redondela e o fagan dun xeito lúdico e, sobre todo, moi divertido e para iso ‘Os Bolechas’ que son un referente para nenos e nenas, o poden facer mellor que ninguén”.

A iniciativa non queda cinguida a estes dous parques infantís senón que, tal e como explica a alcaldesa de Redondela, “estenderase aos demais parques do municipio a medida que vaian sendo reformados e, en cada un de eles, ‘Os Bolechas’ explicarán as tradicións propias da parroquia”.

Mondariz e Covelo inauguran o obradoiro dual ‘Medrando entre todos/as’

0

O obradoiro dual “Medrando entre todos/as”, organizado conxuntamente polos concellos de Mondariz e Covelo, xa está en marcha. Este mércores, 30 de decembro de 2020, foi inaugurado oficialmente na sede da Escola Municipal de Música de Mondariz (antigo C.E.I.P. Riofrío-Vilar) coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

Durante o acto de inauguración, os dous alcaldes salientaron que este obradoiro de emprego foi froito dunha “colaboración intelixente e funcional” entre concellos veciños con desafíos semellantes en materia de desenvolvemento rural. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, pola súa banda, felicitou aos concellos de Mondariz e Covelo por ter incluído no proxecto conxunto dous sectores que teñen boa inserción laboral, como o sociosanitario e o forestal.

Nas últimas semanas ultimáronse os procesos de selección de candidatos/as para as 10 prazas da especialización en atención sociosanitaria, as 10 prazas da especialización en traballos forestais e de xardinería, e as 6 prazas de administración e docencia. Dos 26 contratos que se asinaron, cinco corresponderon a homes e 21 a mulleres.

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, diríxese ao alumnado do obradoiro en presenza da delegada territorial, Luisa Piñeiro e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo

A formación teórica, que se levará a cabo nas aulas da Escola Municipal de Música de Mondariz, complementarase ao longo dos nove meses de contrato cunha capacitación práctica en Mondariz e Covelo. A especialización en atención sociosanitaria realizarase na residencia da terceira idade de Covelo, no centro de día de Mondariz e no SAF (Servizo de Axuda no Fogar) que se presta nos dous concellos. No caso da especialización en traballos forestais e de xardinería, a formación práctica levarase a cabo en parcelas de titularidade municipal, como a Cela e a Lagoa en Mondariz e o Souto e a Finca do Caseiro en Covelo.

A especialización no ámbito da dependencia está vinculada a dous certificados de profesionalidade de nivel 2 (atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións), mentres que a especialización no ámbito forestal está relacionada con tres certificados de profesionalidade de nivel 1 (actividades auxiliares en aproveitaments forestais, actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería).

A iniciativa conxunta, que conta cun orzamento de 359.946,00 euros, está financiada principalmente pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, aínda que os concellos de Mondariz e Covelo tamén contribúen cunha achega de capital e outros recursos municipais.

Tanto Mondariz como Covelo levan case dúas décadas (Mondariz, 15 anos; Covelo, 17 anos) sen contar cun obradoiro de emprego destas características, polo que os dous alcaldes celebran esta resolución positiva do seu proxecto conxunto. “Presentamos o proxecto conxunto en febreiro deste ano, despois de varios meses de traballo, porque somos concellos rurais concienciados coa problemática do despoboamento e somos plenamente conscientes de que é necesario crear novas oportunidades laborais para fomentar o asentamento de familias. A realización deste obradoiro de emprego, considerando o excepcional contexto de crise sanitaria e económica que estamos a vivir, non pode ser máis oportuna”, comenta o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros. Para o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, “este obradoiro de emprego, que é resultado do compromiso político e da colaboración efectiva entre institucións con problemáticas semellantes, permite fomentar a empregabilidade nos dous concellos e ofrece unha boa oportunidade para a formación de persoas en ámbitos laborais de gran proxección”.

Andrea Pousa presenta no Pazo de Mos o terceiro videoclip da súa ‘Triloxía Meiga’

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, acompañaron na tarde de onte á cantante Andrea Pousa na presentación do terceiro e último videoclip da súa ‘Triloxía Meiga’, que foi rodado no Pazo de Mos e leva por título Alalá Meigo. No acto de presentación estiveron tamén presentes os productores audiovisuais do proxecto, Fran Cortizo e o mosense Alberto Cortés, de OCO Visual Media.

Outra mosense que colabora neste proxecto é a cantante de Pereiras, Antía Caride, que se encarga dos estilismos de Andrea Pousa para esta triloxía.

O estreo mundial de Alalá Meigo produciuse o pasado 21 de decembro en Estados Unidos no Noticieiro da Televisión Americana Americatevé de Miami, onde Andrea Pousa foi tamén entrevistada pola xornalista Irene Díaz.

A Triloxía Meiga de Andrea Pousa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística, que dirixe Valentín García Gómez, e dos concellos colaboradores no proxecto: Mos, O Vicedo e Negreira.

A trioloxía consta dunha serie de 3 videoclips –Axendados (o primeiro), Camiñares (o segundo) e este último Alalá Meigo) todos cunha trama relacionada entre sí e co obxetivo de protexer e difundir o patrimonio cultural, fomentar o uso da lingua e divulgación do Camiño de Santiago, e apostar pola cultura nestes tempos nos que é tan necesario, e máis imprescindible que nunca, mantela viva. Este proxecto foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Reinventando o Nadal en Arbo: o Carteiro Real estará en todas as parroquias

0

O coronavirus forzará modificacións profunda no Nadal Cultural de Arbo, pero se  buscaron fórmulas para que non diminúan unhas festas tan importantes e que a máxia do Nadal viva nos corazóns de todos e sobre todo nos nenos e nenas de Arbo.

Con tal motivo, e seguindo coa tradición de todos os anos o carteiro real visitará Arbo para recoller as cartas dos cativos arbenses e que posteriormente serán entregadas aos reis magos.

Evitando a toda costa las aglomeracións e para seguir as recomendacións sanitarias, e para preservar a saúde de todos os veciños e veciñas de Arbo, serán seis os carteiros reais que se instalarán nas igrexas parroquiais e atenderán as demandas dos pequenos arbenses.

“As actividades de Nadal celébranse da mellor maneira posible nas circunstancias actuais, evitando todos os riscos posibles e con todas as garantías de seguridade, pero pensando sempre na ilusión dos máis cativos de Arbo, que xa levan sufrido moito durante todo o ano”  manifesta o alcalde Horacio Gil

 Os carteiros reais estarán O día 2 de xaneiro ás 17:00h. na Igrexa Parroquial Santa Mariña de Sela e  ás 12:00h. na Igrexa san Sebastian de Cabeiras,   e ó día 3 de xaneiro ás 12:00h. na Igrexa Santa Maria de Arbo , ás 13:00h. na Igrexa  San Xoan de Barcela, ó finalizar a  misa das 13:00 h. na Igrexa San Miguel de Cequeliños e ó finalizar a misa das 11:00h. na Igrexa San Cristovo de Mourentan, recollerán as cartas dos nenos e nenas e repartirán paquetes entre os participantes.

Dende o Consistorio rogase que se adopten as medidas covid, que se eviten aglomeracións, que soamente sexa un adulto o que acompañe ao neno ou nena, que se manteñan as distancias de seguridade e que se ateñan as recomendacións  dos voluntarios e voluntarias que estarán velando pola seguridade de todos e todas – insite o rexedor Horacio Gil.

A Xunta licita a mellora das instalacións do IES Primeiro de Marzo de Baiona por preto de 293.000 €

0

A Xunta de Galicia vai investir preto de 293.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Primeiro de Marzo, de Baiona, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo COVID.

Neste CEIP procederase á substitución das carpinterías exteriores do edificio principal, tanto en aulas como en talleres e despachos, por outras novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica.

Ademais, co obxecto de aumentar a superficie de ventilación dos ocos, as ventás a instalar terán apertura oscilobatente. E tamén se instalarán persianas enrollables de aluminio. O orzamento de licitación desta obra é de 292.790 euros

A través do portal Contratos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a licitación desta obra de forma conxunta xunto coas do CEIP de Curtis e do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), todas elas cun prazo de execución de dous meses e un investimento que acada os preto de 800.000 euros entre as tres actuacións.

Mellora de infraestruturas e equipamento

Esta obra enmárcase no obxectivo do Goberno galego de mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas, e para o cal o departamento educativo do Goberno autonómico ten programado obras por un importe de máis de 51 M€ en centros de toda Galicia.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación…), entre outras.

A alcaldesa de Redondela utilizará “todos os medios ao seu alcance” para que Chapela poida contar cunha Escola Infantil

0

“A Escola Infantil para Chapela é un tema irrenunciable para este Goberno porque é un dereito que teñen as veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas ao reforzar a aposta do executivo que preside coa instalación dunha escola infantil nesa parroquia redondelá. Dende hai ano e medio que o actual equipo de Goberno tomou posesión e pese as insistentes peticións da Alcaldía ante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar “a día de hoxe non hai nin tan sequera contestación aos nosos requirimentos dunha xuntanza urxente para tratar este tema”, afirma a alcaldesa.

Esta falta de contestación contrasta, por outra parte, “coa presa que se deron no intento de asinar un protocolo de colaboración entre o anterior goberno do PP e a Xunta, poucos días antes das eleccións municipais, exactamente o 21 de maio”, un documento que tal e como apuntaron os propios servizos xurídicos do Concello, non podería ter a consideración de protocolo xa que “expresaba compromisos concretos” e tería que ser, por tanto, un convenio.

Dito convenio, engade Digna Rivas, non se tramitou xa o Goberno local estaba en funcións dada a proximidade da cita electoral de maio, e o convenio “só se podía tramitar por administración ordinaria”. Dende aquela e ata hoxe, pese as continuas e reiteradas peticións de reunión por parte do Goberno de Redondela, o Consorcio segue sen responder “o que, repito, contrasta coa presa que se querían dar coa sinatura dun protocolo express que puideran vender nas eleccións aínda que non tivera base algunha”.

De feito o texto do ‘protocolo’ sinalaba que “ambas partes consideran oportunio formalizar o presente protocolo a fin de que no ano 2019 poidan iniciarse as obras de construción da escola infantil”, parágrafo corrixido polos servizos xurídicos do Concello que sinalaban a necesidade de retirar a data do 2019 “tendo en conta os trámites pendentes a realizar –terminar a tramitación de MPNSS a día de hoxe en información pública, urbanización, licitación do proxecto–fan prácticamente inviable que a esa data se poidan iniciar as obras”.

Se non fora pola gravidade da situación e da importancia da reclamación veciñal sobre a necesidade imperiosa dunha escola infantil en Chapela, o Goberno local ata consideraría divertido que, entre os motivos que argumenta o Consorcio para non asinar un convenio, “está a tramitación da Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Cidadelle, onde se quere instalar a Escola Infantil” cando a realidade e que cando o Goberno do PP e a Xunta buscaban asinar o protocolo, “dita modificación estaba moito máis atrasada que agora dado que, nestes momentos, xa se aprobou provisionalmente polo Pleno e remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa aprobación definitiva. “É dicir, que agora que está máis avanzado o proceso, non vale pero si valía cando estaba moito máis atrasado. Entón non era un impedimento e agora, curiosamente, si o é”, matiza Digna Rivas.

Queda claro para a alcaldesa de Redondela, “que non se trata dunha cuestión técnica, senón dunha postura claramente política na que se ignoran, deliberadamente, as necesidades dos veciños e veciñas de Chapela á hora de contar cunha Escola Infantil para os seus fillos e fillas”.

Digna Rivas quixo, finalmente, deixar clara a súa postura e a do seu Goberno: “loitar con todos os medios legais que teñamos ao noso alcance para conseguir a Escola Infantil para Chapela. Trátase dunha cuestión de xustiza e a veciñanza de Chapela ten dereito a que sexan escoitadas as súas demandas e se lles dea unha solución”

Sanidade amplia ata o 16 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe

A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de acordar a prorroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020 que se estenderá até o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.

A ampliación da campaña está destinada tanto para aquelas persoas que pertencen ás poboacións nas que a vacinación contra a gripe está indicada, como para a restante poboación que desexe vacinarse.

A campaña de vacinación antigripal deste ano xa superou moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020. Así, os datos actuais reflicten que o 76,32 % do persoal sanitario xa se vacinou, resaltando o persoal médico co 77 %, e o de enfermaría co 75,78 %. No que atinxe as mulleres embarazadas, xa se superou o obxectivo fixado para esta campaña ao acadar o 63,66%.

Ademais, e respecto das persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%. Neste último caso, cómpre subliñar que se incrementou en 11 puntos a cobertura respecto da campaña do ano pasado, acercándonos ao 75 % marcado como obxectivo.

Protexerse fronte a gripe este ano ten unha especial relevancia debido a crise sanitaria provocada pola pandemia do virus Sars-Cov-2. Porén, e tendo en conta que en Galicia aínda non se detectaron virus gripais, e que no noso entorno a actividade gripal é moi baixa, Sanidade anima a poboación a vacinarse fronte a gripe nas vindeiras semanas.

Baiona insiste sobre a necesidade de cumprir as normas sanitarias para previr a transmisión comunitaria da COVID-19

0

A Policía Local de Baiona e a Garda Civil veñen de poñer en marcha un operativo para informar e recalcar entre a poboación a importancia do cumprimento das medidas sanitarias –coincidindo coas festas do Nadal– co fin de reducir o risco de transmisión comunitaria da COVID-19, evitar os contagios e, dese xeito, impedir a expansión da enfermidade.

O operativo iniciado os pasados 24 e 25 de decembro foi meramente informativo e trouxo consigo o aumento do número de inspeccións para a vixilancia do cumprimento da normativa sanitaria vixente na hostalaría, poñendo especial atención no no aforo, horarios, máximo catro persoas por mesa ou agrupacións de mesas, distancia mínima de 1,5 metros, suspensión do servizo de barra, o uso obrigatorio de máscara ou a prohibición de fumar en terrazas se non se respectan as distancias mínimas interpersoais.

Así mesmo, volveuse a acordar establecer leste mesmo dispositivo conxunto entre Policía Local e Garda Civil, que verán reforzados os seus servizos o 31 de decembro e o día 1. O Concello lembra aos establecementos hostaleiros que a terraza deberá estar montada na súa totalidade pero a súa ocupación debe de ser do 50 % do aforo. Así mesmo e ante as novas medidas decretadas pola Xunta de Gailicia, desde o mércores día 30 e ata nova orde a hostalaría nos concellos en nivel máximo, como é o caso de Baiona, poderá pechar ás 18:00 horas en lugar da as 17:00 h actualmente estipuladas e, o día de Ano Novo, estes establecementos non poderán abrir antes das 11:00 h.

“Este ano, do mesmo xeito que noutros ámbitos, as festas do Nadal veranse adaptadas para evitar grandes concentracións de persoas nos arredores dos establecementos hostaleiros”, explicou o alcalde, Carlos Gómez Prado, quen destacou “o comportamento exemplar tanto dos hostaleiros como dos veciños e veciñas que viñeron cumprindo de forma responsable a normativa sanitaria establecida”.

A Policía Local de Baiona e a Garda Civil coordinaranse para apoiar e traballar de forma conxunta no cumprimento das normas que teñen como fin frear a expansión do virus.

A Deputación pecha 2020 con máis de 9,5 millóns de euros investidos na mellora da mobilidade e seguridade viaria nas estradas provinciais

Ao longo do 2020 a Deputación de Pontevedra investiu máis de 9,5 millóns de euros na mellora da mobilidade e seguridade viaria de estradas da provincia. Desde xeito, o deputado provincial Gregorio Agís vén de visitar algunhas das actuacións desenvolvidas durante este ano, que están a transformar as estradas provinciais e adaptando o espazo público ao século XXI no marco do modelo de mobilidade do Goberno provincial.

Do conxunto de investimentos realizados ao longo do 2020 na rede provincial de estradas, máis de 3,2 millóns de euros correspóndense co acordo marco de obras de conservación de firmes das vías provinciais, concretamente en estradas de 52 concellos da provincia entre os que se atopan Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecaldelas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Amais, preto de 1,2 millóns de € correspóndense co Plan Móvese de mobilidade e velocidade segura que está a impulsar a posta en marcha de elementos de redución de velocidade nas vías provinciais.

O deputado Gregorio Agís co alcalde de Arbo, Horacio Gil na EP 5003 A Cañiza-Arbo

Xunto aos 4,4 millóns de euros investidos a través do Plan Móvese e do acordo marco de conservación de firmes das vías provinciais, a Deputación de Pontevedra destinou neste 2020 máis de 5,5 millóns de euros para actuacións concretas de acondicionamento, seguridade viaria, reestruturación do espazo público, reposición de firme, reparación de beirarrúas e mobilidade peonil en 16 concellos da provincia entre os que se atopan Agolada, Arbo, Baiona, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Covelo, O Grove, A Lama, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Rodeiro, O Rosal, Silleda e Tomiño.

Neste marco inclúense actuacións como a reposición de firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003 A Cañiza-Arbo, á que se destinaron máis de 776.000 €; o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 Peso–Caroi, onde se investiron preto de 750.000 €; ou a mellora da mobilidade peonil e reforzo de firme na EP 2703 Pazos-Ponteareas, que contou cun investimento de máis de 580.000 €.

Gregorio Agís, acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, comprobou as melloras realizadas na EP 5105 Maceira-A Graña

Tamén outras actuacións como a mellora da mobilidade peonil na EP 6518 entre Silleda e Ponte que contou cun orzamento de preto de 450.000 €; a desenvolvida no núcleo da Chan en Cerdedo-Cotobade que ascendeu a máis de 440.000 €, a reposición de firme na EP 6302 entre Berredo e Brantega en Agolada na que se investiron máis de 345.000 €, os máis de 305.000 € que se achegaron á mellora da mobilidade peonil na EP 4004 de acceso á Igrexa de Guláns en Ponteareas, os preto de 230.000 € que se destinaron á seguridade viaria e senda peonil na EP 5105 Maceira-A Graña en Covelo ou os máis de 210.000 investidos na rotonda da EP 9101 no Grove. Xunto a estas iniciativas, actuouse tamén ao longo deste 2020 na rúa Silleda da Cañiza, na seguridade viaria na EP 3101 Tebra-Cristelos en Tomiño, na EP 2204 entre Sabarís e Belesar, na mellora da mobilidade peonil na EP 3302 no Rosal, na construción dun muro e estabilización da EP 0018 entre Xeve e Espedregueira en Pontevedra, en obras de emerxencia na EP 5005 ao seu paso polo núcleo de Crecente, na reposición de firme na EP 6204 entre Portela e Antes de Ulla en Rodeiro, na reordenación de espazos na EP 5005 A Cañiza-Pousa e na reparación de beirarrúas na EP 1102 entre Meira e Fraga en Moaña.

A Deputación mobiliza 1,8 millóns de euros para novas obras de mellora da mobilidade e seguridade peonil en Arbo

0

A Deputación de Pontevedra deu o visto bo a outros 1,8 millóns de euros para obras de mellora da seguridade viaria e peonil nas estradas provinciais. A Xunta de Goberno Provincial aprobou catro actuacións nos concellos de Meis, Moaña, Arbo e Barro para continuar recuperando espazo público no marco do modelo provincial de mobilidade segura.

Dunha banda, o Goberno provincial deu un novo paso para a execución de dúas ambiciosas actuacións en Meis e Moaña, coa aprobación dos expedientes para a adxudicación das obras. Trátase da mellora da seguridade viaria na EP9402 Mosteiro-Barrantes (Meis) e o das obras de recuperación do espazo público e mellora da mobilidade peonil na EP 1104 Moaña-Coiro (Moaña).

No primeiro caso, en Meis a institución provincial investirá 217.606 euros, no marco do convenio xa asinado co Concello. As obras desenvolveranse no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+250, no núcleo de Mosteiro. Consistirán na adecuación da plataforma do viario e marxes, atendendo a criterios de seguridade viaria e mobilidade amable. Con esta actuación, a Deputación asume amais o compromiso adquirido coa veciñanza de Meis para arranxar un problema histórico de inundacións neste tramo da estrada.

No treito anexo á praza de España deste núcleo proxéctase a execución dunha plataforma de uso compartido para peóns e automóbiles, con prioridade para os primeiros. No seguinte tramo, a actuación consistirá na renovación da capa superficial da estrada e resolveranse tamén os problemas de drenaxe da vía. Ademais, reforzarase a seguridade viaria mediante a adecuación de beirarrúas, a execución dun paso de peóns e unha mediana de separación de carrís sobreelevados e reforzos de sinalización e iluminación. Estas obras únense ás xa desenvolvidas na praza de España, financiadas co Plan de Reequilibrio e do Plan Concellos da institución provincial.

No que atinxe á mellora da EP1104 Moaña-Coiro, en Moaña, desenvolverase entre os puntos quilométricos 1+200 e 1+780. Na humanización desta infraestrutura, unha das máis agardadas no Morrazo, a Deputación vai investir 690.000 euros. O proxecto enmárcase no convenio asinado este ano entre a institución e o Concello, que fora cualificado de exemplar e pioneiro no Morrazo pola presidenta Carmela Silva e a alcaldesa, Leticia Santos.

O obxectivo desta obra é a creación de espazos específicos reservados a peóns e espazos de convivencia de tráfico (vehículos e peóns), con criterios de seguridade e mobilidade sustentable. Deste xeito, reservarase un itinerario peonil a nivel do viario, que se distinguirá cun pavimento de diferente material e cor que os dos carrís de circulación. Como medidas de calmado de tráfico, executarase un paso de peóns sobreelevado, redutores físicos de velocidade, sinalización máis restritiva e estreitamento de carrís. Así mesmo, no treito máis conflitivo deseñarase un espazo de convivencia de tráfico mixto, dando prioridade ao peón. O acceso á zona de convivencia realizarase mediante ramplas, co obxectivo de reducir a velocidade.

Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou dous novos convenios cos concellos de Arbo e Barro. O primeiro deles permitirá a execución do proxecto de mellora da mobilidade peonil nas estradas EP5202 e na EP5203, e está presupostado en 663.204 euros, dos que a Deputación asumirá o 70% (464.242 euros) e o Concello o 30% restante (198.961 euros).

Máis polo miúdo, en Arbo actuarase na EP5202 entre os puntos quilométricos 1+100 e 1+165 e na EP5203 do 1+150 ao 1+529, ao fin de humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a estación de ferrocarril e a estrada PO-405, así como o que discorre fronte á capela de San Antonio, o que mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e a súa contorna. O proxecto resólvese coa dotación dun percorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Amais, renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado, e dotarase de canalizacións para o soterramento da rede de cable eléctrico, tanto a de telecomunicacións como a rede eléctrica. Así mesmo, construiranse dous pasos peonís sobreelevados, ao obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.

No que atinxe ao convenio co Concello de Barro, a actuación prevista permitirá a recuperación do espazo e mellora da mobilidade peonil na EP0508 Curro-San Amaro ao seu paso pola praza de San Amaro. O orzamento do convenio ascende a 303.282 euros, dos que a Deputación asume o 70% (212.297 euros) e o Concello o 30% (90.984 euros).

Esta estrada comparte percorrido co Camiño Portugués e coa calzada romana do Itinerario Antonino Vía XIX. A praza de San Amaro é un lugar moi transitado, aínda que na actualidade, non dispón de beirarrúas, beiravías nin itinerario reservado para os peóns. Coa obra proxectada, preténdese o acondicionamento da estrada ao fin de mellorar a  funcionalidade da vía e a súa seguridade para o tráfico rodado e peonil.

Dotarase á praza, situada nun entorno con elementos patrimoniais de gran beleza como a Igrexa de San Amaro, dun pavimento e mobiliario urbano que permite recuperala para as persoas. Deseñarase unha zona de convivencia elevada e con prioridade peonil, co emprego de pavimentos de pedra e mobiliario urbano moderno. A maiores, contémplase unha nova rede de pluviais, así como melloras en servizos como o soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións, a execución dunha nova rede de fecais e novo alumeado público con luminarias LED.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nestas festas de Nadal

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía para doar sangue nestas festas de Nadal, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo, A Negativo e Cero negativo.

Os períodos de vacacións, como o Nadal, precisan dun reforzo na participación dos cidadáns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe nestas datas, polo que necesitamos da colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Mércores 30 de decembroNeda, Praza de España (Ferrol), Cee, Monte Alto (A Coruña), Mera (Oleiros), Negreira, Serra de Outes, Lalín, As Neves, Parroquia de Valladares (Vigo), Praza Maior (Lugo), Quiroga, O Barco de Valdeorras, Rúa do Paseo (Ourense)
Xoves 31 de decembroPraza de España (Ferrol), Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Barrio dos Mallos (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roja (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Cabral (Vigo), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)
Sábado 2 de xaneiroZona de Ultramar (Ferrol), Zona Gaiteira-Os Castros (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Lalín, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Abadín
DATACONCELLOS
Luns 4 de xaneiroCariño, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio de Peruleiro (A Coruña), Sta. Cruz Rivadulla (Vedra), A Baña, Caldas de Reis, Arbo, Barrio de Teis (Vigo), Sta. María de Oia, Castro Riberas de Lea, Barrio do Couto (Ourense)
Martes 5 de xaneiroBarrio San Valentín (Fene), Arteixo, Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Bertamiráns (Ames), Urbanización Os Tilos (Teo), Cambados, Arcade, Zona O Calvario (Vigo), Cospeito, Guitiriz, Avda Portugal  e Barrio A Carballeira (Ourense)
Xoves 7 de xaneiroMugardos, Carballo, Baio (Zas), Muros, Cabo de Cruz (Boiro), A Estrada, Salvaterra de Miño, Zona Travesía de Vigo (Vigo), Foz, O Carballiño
Venres 8 de xaneiroAres, Carballo, Camariñas, Ribeira, Calo (Teo), Pontecesures, Redondela, Rúa Barcelona (Vigo), Meira, Verín
Sábado 9 de xaneiroAres, Carballo, Ribeira, Redondela, Barrio da Estación (Ourense)

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑALuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROLLuns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGOLuns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSELuns e venres das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRALuns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Pode atopar máis información no seguinte código QR:

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

O CIM agasalla ás crianzas un recurso lúdico educativo para contribuír a que a igualdade forme parte das vacacións de Nadal

Foto de arquivo dunha reunión do CIM Ponteareas

O Centro de Información á Muller de Ponteareas (CIM) creou un recurso para as crianzas para contribuír, un ano máis, a que a igualdade forme parte das vacacións de nadal das nenas e dos nenos de Ponteareas.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Verónica Carrera, explica que este ano elaboraron un caderno de actividades con propostas para crianzas de diferentes idades. Este recurso foi repartido nos sete centros escolares de Ponteareas, nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, en total 824 nenas e nenos.

O CIM facilita para todas as persoas interesadas o enlace para a súa descarga: http://ir.gl/e80b09.

Máis de 600 familias do Porriño apuntáronse para que os seus fillos recibiran unha vídeo chamada dos Reis Magos

602 familias rexistráronse ata onte, último día do prazo, para que os seus fillos reciban unha videochamada dos Reis Magos, unha iniciativa do Concello do Porriño, organizada pola Concellería de Festas e Cultura, de acordo cos protocolos de seguridade que veñen obrigados pola pandemia.

“Este ano 2020, debido á alerta sanitaria motivada pola Covid-19, e sabendo que os Reis Magos tamén se modernizan, o Concello facilita que as Súas Maxestades de Oriente se poñan en contacto coa rapazada a través de vídeo chamada”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira responsable.

Ademais, tendo en conta a posibilidade de que algunhas familias non poidan ter acceso a internet, o Concello fará chegar á vivenda indicada e no día acordado, un dispositivo electrónico para poder facer a conexión da vídeo chamada.

Visita do “Apalpador”

Por outra banda, a Concellería de Cultura lembra que este mércores 30, a partir das 19 horas, “O Apalpador” estará no Porriño. Percorrerá a zona peonil para saudar e falar cos nenos do porriñés para contarlles como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas.

A visita do Apalpador realízase coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

550.000 quilos de alimentos recadados, cifra total e definitiva da primeira Gran Recollida Virtual

Unha vez finalizado o cómputo total das achegas dinerarias rexistradas durante o desenvolvemento da primeira Gran Recollida Virtual da Fundación Provincial Banco de Alimentos, recadáronse en total 550.000 quilos de comida, cifra histórica e sen precedentes nos 25 anos de actividade humanitaria da entidade.

Cando se cumpre pouco máis dun mes da celebración da devandita acción social, a de maior envergadura, desde a ONG quérese agradecer publicamente a xenerosidade e o compromiso de todos e cada un dos doantes demostrando a súa empatía coas persoas máis desfavorecidas e que creceron exponencialmente polo estalido da pandemia. “Damos as grazas á cidadanía por poñerse unha vez máis na pel dos beneficiarios da nosa axuda básica, sentimos atafegados pola resposta solidaria de vigueses, pontevedreses e residentes en todas as comarcas da provincia porque todos a un tempo lograron 550.000 quilos de alimentos, inimaxinables”, manifesta o presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira.

Precisamente, eses 550.000 quilos totais de alimentos recadados tradúcense en “un colchón importante” de produtos básicos para os almacéns tanto de Vigo (Lavadores) como de Pontevedra (Faustino Santalices). Prevese ter comida suficiente, polo menos, ata pasada a primavera de 2021.

“Non era tarefa fácil este ano ser voluntario da Gran Recollida polo labor completamente novo que levaron a cabo. A pandemia obrigounos a reinventarnos nun tempo récord, non puidemos recoller alimentos físicos, pero sabemos que unha boa parte do exitazo desta campaña foi grazas a eles, pola súa boa disposición e traballo”, destaca emocionado Pereira.

Grandes os nosos voluntarios informativos Así mesmo, o máximo responsable da entidade quere destacar “a implicación e profesionalidade” mostrada por parte dos preto de 200 voluntarios mobilizados nos supermercados da provincia durante eses días da Gran Recollida Virtual, desenvolvendo un labor informativo ‘in situ’ “impecable” e nunca antes desenvolvida.

De carácter apolítica e aconfensional, a Fundación Provincial Banco de Alimentos, creada en Vigo hai 25 anos e con delegación en Pontevedra desde 2014, viu incrementadas as peticións de axuda nun 40 por cento desde que comezou a pandemia. Durante o primeiro semestre deste 2020, a entidade repartiu a nivel provincial, un total de 1.001.425 quilos de comida cubrindo así o 35 por cento das necesidades dos seus destinatarios.

O Banco de Alimentos, que entrega comida a 150 ONG na provincia, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.

A Guarda emitiu máis de 200 comunicacións á poboación sobre a Covid-19 e o estado de alarma

0

O Concello da Guarda, dentro das xestións realizadas por mor da pandemia provocada pola Covid-19, estableceu un protocolo para manter informada á poboación polas canles oficiais, web municipal, taboleiro de anuncios, medios de comunicación e redes sociais oficiais.

A Comisión Municipal de Seguimento da Covid-19 na Guarda, formada polo grupo de goberno municipal, representantes da Policía Local e GES, así coma de Servizos Sociais, reuniuse en 7 ocasións para avaliar as diferentes medidas a adoptar en función da evolución da pandemia en cada momento.

En total emitíronse 80 notas de prensa con informacións de interese sobre a Covid-19, realizándose ademais diferentes infografías, cartelería e material complementario para a poboación.

Creouse un apartado específico na web municipal, onde se atopa toda a información de xeito unificado referente á pandemia da covid-19: https://www.aguarda.es/covid-19/ .

Establecéronse medidas de protección e seguridade nos espazos públicos municipais, así coma o peche de servizos municipais en momentos puntuais, incrementando a limpeza e desinfección dos mesmos.

Dende servizos sociais incrementouse a asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade, aumentando tamén o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar e, en coordinación con Policía Local e GES, repartíronse alimentos e medicinas entre as persoas afectadas pola Covid-19.

Doce mulleres baionesas, protagonistas do calendario 2021

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona en vista do éxito das Axendas Igualitarias 2021 edita un calendario para o ano 2021 coa historia das 12 mulleres baionesas protagonistas desta axenda. Esta acción ven a por o remate do proxecto ‘Igualdade todo o ano’ impulsado pola concellería no seu compromiso por levar a cabo actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e contra as violencias machistas.

A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que foi tal o éxito das axendas igualitarias, “e dado que non todo o mundo puido facerse con unha, que decidimos editar este calendario para que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan ter este almanaque nas súas casas e poder coñecer de primeira man a historia destas 12 mulleres baionesas que loitan pola igualdade”.

O calendario 2021 ilústrano as historias recollidas na axenda igualitaria 2021. Desde a concellaría quíxose recoñecer con esta axenda, e agora co calendario, o papel que ten a muller no municipio, a través de doce baionesas que foron pioneiras en diferentes campos. Así,  cada un dos meses está dedicado a unha muller da vila, algunhas suficientemente recoñecidas e outras do todo descoñecidas até o momento: xaneiro a Irene Silva; febreiro a Lula Goce, marzo a Iria González, abril a I ria Misa, maio a Mónica Sueiro, xuño a Mila López, xullo a Ana María Gameiro, agosto a Cristina Míguez, setembro a Susana González, outubro a Ramona Marcote, novembro a Carmen Piñeiro e decembro a Fefa. Detrás de cada unha destas mulleres hai unha historia de loita pola igualdade que merece que os seus conveciños e conveciñas coñezan.

Premer para ampliar

Editaranse 7.500 calendarios e as persoas interesadas poden recollelos en distintos puntos habilitados nas parroquias do municipio. Así, en Baiona poderán acudir a praza de abastos municipal e o edificio do Concello; en Sabarís, no casino e na praza de abastos; en Baíña, na cafetería do centro cultural e na tenda desta parroquia; en Belesar na tenda-bar de Media Aldea e en Baredo na tenda desta parroquia. A partir do luns tamén se poderán recoller no Centro Ángel Bedriñana, situado na rúa Carabela Pinta.

A axenda igualitaria 2021 e a edición do calendario supoñen o colofón do proxecto “Igualdade todo o ano”, unha iniciativa didáctica e pedagóxica, na que asumen o protagonismo o alumnado que cursa a ESO tanto no CPI COVA TERREÑA coma no IES PRIMEIRO DE MARZO e mulleres dá nosa vila. O proxecto, promovido polo Concello de Baiona a través dá Concellería de Igualdade, Xuventude e Novas Tecnoloxías e o Centro Municipal de Información á Muller municipal, é subvencionado pola Deputación de Pontevedra, no marco dá Liña dous do Plan Concellos 2020.

Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado sinala que: “temos claro que o que non se nomea, non existe, e temos unha débeda de xustiza inmensa con xeracións de mulleres anónimas que seguen sen aparecer nos libros de texto e no imaxinario social. Estas 12 mulleres baionesas que figuran na axenda igualitaria e no calendario axudan a visibilizar o papel da muller na nosa vila. Elas figuran en representación de todas as que viron os seus nomes invisibilizados na historia da localidade, e en recordo ás que sufriron e continúan sufrindo a consecuencia máis dolorosa e extrema da desigualdade como é a violencia machista. Trátase de mulleres pioneiras e que co seu traballo contribúen ou contribuíron de maneira decisiva ao desenvolvemento social, económico e cultural de Baiona. Pero tamén queremos recoñecer a todas esas mulleres anónimas que desde as súas casas día a día foron e son e serán as auténticas protagonista de sacar a familia adiante. Grazas ao seu traballo e ao seu esforzo ocupáronse de sacar adiante á familia, educadoras, coidadoras, xestoras do fogar que con traballo e sacrificio impulsaron os seus fogares. O meu recoñecemento a todas e cada unha delas”.

E conclúe que “con accións de visualización como a edición tanto das axendas igualitarias como dos calendarios o grupo de goberno do Concello de Baiona aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Entre todos construímos unha Baiona mais igualitaria. Queremos unha Baiona libre de violencia machista”.

A veciñanza poderá gozar do vídeo do Calendario Galego de Ponteareas a través do seu sitio web e das súas redes sociais

O Concello de Ponteareas compartirá, a través da súa páxina web e das súas redes sociais, o vídeo do Calendario Galego de Ponteareas 2021. Hoxe, día 30 de decembro, a partir das 21:00 horas descubriremos fermosas instantáneas que recollen unha parte do noso patrimonio cultural e natural, lugares únicos que o Concello quere difundir e pór en valor para que sexan coñecidos e aprezados pola veciñanza.

Ao non ser posíbel a presentación presencial, o Concello difundirá a través das novas tecnoloxías o seu Calendario Galego e así chegar a todas as ponteareás e a todos os ponteareáns que se atopan tanto na nosa vila como en diferentes lugares do mundo. Arxentina, Cuba, México ou Venezuela son algúns dos destinos aos que chegará o noso calendario.

O Concello lembra que as veciñas e veciños pódense facer cun exemplar na Biblioteca Pública Municipal ou na propia Casa do Concello.

Fernando Groba, concelleiro de Lingua, explica que o Calendario Galego de Ponteareas difunde, cada ano, algúns dos principais elementos que forman parte dos nosos sinais de identidade.

Como novidade, un sistema de xeolocalización acompaña cada fotografía para facilitarlles a súa visita a aquelas persoas que desexen coñecer estes fermosos lugares, que ademais van acompañados dun texto explicativo que ofrece a información máis destacada.

Os concellos do Val Miñor inauguran a segunda edición do obradoiro dual de deseño gráfico e coidados sociosanitarios

0

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou hoxe a segunda edición do obradoiro dual de emprego ‘Crea e Coida Miñor’ promovido polos tres concellos do Val Miñor e que está orientado por un lado a formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou en domicilio, e, por outro, a deseño de produtos gráficos destinados a promover a comarca.

Os tres alcaldes do Val Miñor, xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiron esta mañá á xornada inaugural no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, municipio onde terá lugar boa parte da formación (agás a parte práctica de atención sociosanitaria, que se desenvolverá na casa cedida polo Concello de Nigrán ao Centro Juan María, en Camos, e que non interferirá neste uso). O obradoiro conta cunha subvención de 346.446 € por parte da Consellería de Economía e Emprego da Xunta de Galicia e 3.500 € aportados por cada Concello, dando traballo durante nove meses a 20 alumnos-traballadores da comarca que se atopaban en situación de desemprego e que o INEM seleccionou.

Esta acción é froito dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade do Val Miñor) para solicitar unha subvención ao respecto e foi creada consensuadamente dende os respectivos servizos técnicos municipais ao detectarse un viveiro de emprego que, precisamente, non depende da estacionalidade.

Os participantes percibirán o salario mínimo interprofesional e, no caso de ‘Deseño de produtos gráficos’, adquirirán competencias para desenvolver proxectos gráficos a partir das especificacións iniciais do producto, elaborando bocetos, seleccionando e axeitando color, imaxes e fontes tipográficas, creando elementos gráficos, maquetas e artes finais… Un traballo que, paralelamente, permitirá crear unha imaxe corporativa común para o Val Miñor, para as súas prazas de abastos e para crear pictogramas para facilitar a comunicación ás persoas con diversidade cognitiva.

Por outra banda, os 10 alumnos-traballadores de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou centros de día recibirán formación dividida en diferentes módulos, de hixiene e atención sanitaria domiciliaria, atención e apoio psicosocial domiciliario ou apoio domiciliario e alimentación familiar (as prácticas terán lugar na casa cedida polo Concello de Nigrán ao CEE Juan María).

“Son dous cursos que aportan o certificado de profesionalidade preciso para exercer dúas profesións moi demandadas especialmente nesta comarca e que non dependen da estacionalidade. Dende os tres concellos quixemos unir forzas para, un ano máis, formar a persoas desempregadas en eidos de claro compoñente social”, sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González, durante a presentación desta mañá.

Os Reis Magos percorren os barrios do Rosal

0

Este ano os Reis Magos chegan a todos os barrios do Rosal. Unha delegación cos tres Reis e un axudante que velará por garantir que se cumpran as medidas de prevención percorrerán os diferentes barrios durante os días 4 e 5 de xaneiro, facendo paradas en máis de 60 puntos do municipio. “Queremos achegar a programación de Nadal aos barrios, implicando á veciñanza e facendo que os nenos e nenas desfruten da visita dos Reis de xeito cómodo e seguro”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Concello organizou un total catro equipos que se distribuirán para visitar en varios horarios diferentes puntos de Fornelos, Picón, Viso dos Eidos, Martín, Marzán, Cachada, Fecha, Pacenteo, Caselas, A Lomba, Couselo, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Urgal, Valdemiñotos, Couso, Calvario, Cumieira, Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Novás, Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, As Eiras e Tabagón.

A comitiva entrará nos barrios ao ritmo da música, aínda que será un acto estático no que se delimitarán os espazos para que o público que acuda poida manter as distancias de seguridade. Os Reis Magos levarán algunha sorpresa agochada para as nenas e nenos que lles visiten. En caso de choiva as actividades trasladaranse ás escolas unitarias. Dende o Concello quere agradecerse a colaboración das asociacións rosaleiras, sen as que non sería posible levar adiante actividades como esta.

Os Reis Magos continuarán a súa visita polo Rosal o martes 5 pola tarde. Será a partir das 17:00 horas no pavillón municipal, onde estarán precedidos polos Trasgos do Thea. Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través da web do Concello. Estarán permitidas un máximo de 3 persoas por solicitude.

Nesta ligazón pode consultarse e descargarse o calendario completo da visita dos Reis Magos ao Rosal.

Ponteareas entrega os premios do ‘I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal’

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas, un certame que contaba con tres categorías e que contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.

O xurado, formado pola escritora María Lado; polo xornalista e escritor Manrique Fernández e polo catedrático de debuxo Berto Álvarez, salientou a calidade e o esforzo das e dos participantes por establecer unha simbiose entre os textos e as ilustracións que os acompañaban, sobre todo na categoría adulta.

Ante o nivel dos relatos, na categoría adulta, decidíuse dar un accésit.

Categoría Infantil

  1. Roi Lamela Rodríguez co relato ‘Papá Noel e os toques de queda’
  2. Iria Barros Rodríguez co relato ‘Concurso de debuxos’
  3. Zoe Rivas Rosende co relato ‘As Chamas’

Categoría Xuvenil

  1. Lidia Martínez Pérez co relato “Un regalo de valor incalculable”
  2. Rebeca Núñez Álvarez co relato “Relato”.
  3. Yanira Pérez Fernández co relato “A lenda do home de vermello”

Categoría Adultos

  1. Isabel Blanco co relato ‘Cea de Nadal’
  2. Alexandro Bouzo Otero co relato ‘Lupus’
  3. María José Pérez Rodríguez co relato ‘A segunda oportunidade’
  4. Áccesit: Tere Ríos co relato ‘Uxía debuxa o Nadal’

O Pontebike Team-Sportskids de Ponteareas incorpora a Óscar Barciela nas súas filas

O Club de Enduro/ Dh de Ponteareas, Pontebike Team, dá un paso máis no seu crecemento e para esta vindeira Tempada 2021 crea o seu Equipo de competición na Real Federación Española de Ciclismo, denominándoo Pontebike Team-Sportskids, e incorpora ao varias veces campión galego de motocrós e supercrós, Óscar Barciela Fernández.

Este é un paso máis para o Club que só ten un ano de vida, pero que conta entre os seus compoñentes con xente con experiencia máis que demostrada.

Óscar Barciela gañou o Campionato Galego de Motocrós e Supercrós nas categorías categorías 85cc e 250cc. Amais foi subcampión Nacional Portugués de Motocrós 85cc 2010; campión Nacional Portugués de Supercrós 85cc 2010, e 7º Clasificado Kawasaki Team Green Cup Copa Monomarca 2011.

Agora incorpórase ás filas do Pontebike Team despois de pasar unha tempada no Espectáculo Elekron de Macao (China), como rider. Nas filas do equipo ponteareá espera, ao igual que todos os seus compañeiros, realizar unha gran tempada 2021.

Se es amante do Enduro, Dh ou Xco, non dubides en contactar co Pontebike Team para Federarte na próxima tempada. Podes contactar co club a través do seu email [email protected] ou do teléfono 653 461 257.

Os Reis Magos ofrecerán unha recepción o próximo martes 5 de xaneiro no Teatro Municipal de Tui

0

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán o próximo martes, 5 de xaneiro, en Tui. Este ano debido á pandemia da COVID -19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença. De todos os xeitos as súas maxestades de Oriente chegarán en tren até a Eurocidade realizando un percorrido máxico por Valença e Tui que se poderá visualizar nun vídeo que o luns, día 4, á noite se difundirá a través das redes sociais e a web municipal.

Os Reis Magos volverán repartir maxia e ilusión o martes día 5, e compartir uns momentos cos cativos e cativas que se acheguen ao Teatro Municipal de Tui. De 16 a 19.30 h terá lugar no teatro tudense a recepción real para a que será preciso reservar previamente entrada de forma gratuíta en tui.gal dende hoxe ás 19 h. Cada entrada dará acceso a un máximo de 4 persoas, e establécense cinco quendas cada 10 minutos, cun total de 110 quendas ao longo da tarde. No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto de cada unha das persoas asistentes. A recepción contará cun estrito protoloco anticovid. Á chega á Area Panorámica os paxes reais e o persoa municipal irán conducindo aos asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles. Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións. No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.

O escenario do Teatro Municipal transformarase cunha decoración especial para unha cita tan destacada coma esta recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar. Amais as carrozas reais permanecerán estacionadas na parte peonil do Paseo da Corredoira.

Cómpre lembrar que Tui continúa en peche perimetral e que conta cun nivel de restricións medio-alto que inclúe entre outras cuestións agrupacións máximo de 4 persoas.

A Deputación aproba unha achega de máis de 200.000 euros para Ponteareas e Cuntis

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra pecha o ano aprobando máis obras do Plan Concellos 2020, que contou neste exercizo cun orzamento global de 42,2 millóns de euros. Desta volta deuse o visto bo a recursos por máis de 200.000 euros para os concellos de Cuntis e Ponteareas. Ponteareas obterá preto de 142.500 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Chan da Gándara e labores de conservación e mantemento do cámping ‘A Freixa’, mentres que Cuntis recibirá 66.800 euros que permitirán o acondicionamento do camiño de acceso e do interior do núcleo rural de Fontecova.

O Concello de Ponteareas pavimentará o lugar de Chan da Gándara, na parroquia de Padróns, grazas a unha achega provincial de 72.000 euros. A finalidade desta subvención é mellorar o servizo ofrecido aos usuarios e usuarias nun tramo que supera os 1,2 quilómetros. Tamén se prevé a ampliación da plataforma en varias zonas para homoxeneizar os viarios.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou para Ponteareas unha partida de 70.500 euros para as labores de conservación e mantemento do cámping municipal ‘A Freixa”’, ás beiras do río Tea. Neste marco, levaranse a cabo obras de acondicionamento interior, de mantemento dos acabados exteriores e o cambio de puntos de enganches á rede eléctrica e de auga.

A obra a realizar en Cuntis consistirá no pavimentado do firme do camiño así como a colocación de bandas redutoras de velocidade para aumentar a seguridade no viario. Ademais, procederase ao pintado do mesmo e á inclusión de sinalización horizontal. Como complemento, instalaranse novas canalizacións pluviais e acondicionaranse as contornas de dous elementos de valor etnográfico e cultural: unha fonte e un lavadoiro.

O Concello edita o libro O Mosteiro de Oia e a Virxe do Mar

0

O Concello vén de editar o libro O Mosteiro de Oia e a Virxe do Mar, unha publicación que ve a luz co gallo do 250 aniversario da colocación da figura da virxe no camarín do Altar Maior da igrexa parroquial de Santa María de Oia.

A obra, elaborada pola Asociación Cultural Amigos de Mosteiro de Oia (ACAMO) foi presentada no Salón de Plenos do Concello nun acto no que participaron a alcaldesa, Cristina Correa, xunto co coordinador e autor dos textos, o historiador Fernando Javier Costas Goberna.

A rexedora local agradeceu o traballo de todo o equipo que participou na elaboración da obra e louvou este tipo de iniciativas por “achegarnos á nosa historia e coñecer as nosas tradicións”. O Concello repartirá entre a veciñanza exemplares do libro como agasallo de Nadal.

Pola súa banda, o coordinador do estudo explicou que a obra é froito do “traballo coral” de varios anos por parte dun equipo composto por membros de ACAMO e varias institucións, como a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, o Real Mosteiro de Oia, a igrexa parroquial, a Comisión de Festas de Santa María de Oia e o propio Concello.

En canto á obra, sinalou que “permite situarse no contexto do achado (en 1581), do seu traslado ao Convento e posterior traslado a Salamanca” así como doutros fitos como a súa volta a Oia, a colocación inicial da talla no altar da Virxe do Rosario e a posterior e definitiva no camarín do Altar Maior (1770), onde permanece na actualidade.

“A Virxe do Mar, patroa de Oia, está inseparablemente unida á vida monacal do mosteiro situado na parroquia de dito nome”, lembrou Costas Goberna.

Sobre o libro

O libro fai unha completa e amena revisión de fontes escritas, orais, gráficas e bibliográficas, incluíndo novas referencias e achegas documentais.

A través de todas estas fontes, o traballo de investigación resultante permite coñecer o momento da aparición da figura da Virxe en Oia e no Mosteiro para entender mellor as circunstancias e repercusións do achado da figura, de orixe inglesa e aparecida na Punta Orelluda en 1581. Tamén achega informacións sobre a historia máis recente e da celebración das festas en homenaxe á virxe, desde a época monacal ata a actual.

Por outra banda, a obra afonda no estudo da imaxinería relixiosa do templo parroquial e aborda a problemática da conservación deste tipo de bens. Nese senso, o libro lembra que “a inquedanza polo mantemento deste patrimonio está xustificada porque forma parte da nosa historia e das nosas tradicións ancestrais”, tendo en conta ademais que se trata de imaxes de “extraordinario interese artístico e histórico”.

O Concello de Nigrán muda o pavimento da pista do pavillón municipal por PVC de 6 mm

0

O Concello de Nigrán ven de investir 40.000 € con cargo ao remanente de Tesourería para mudar a pista do Pavillón Municipal de Panxón por PVC de 6 mm dando así un gran salto de calidade nas súas instalacións. Desde a súa orixe, a pista era de formigón pulido, resultando demasiado ríxida e menos saudable para celebrar competicións e previr lesións. Con este troco realizado pola empresa Sport Equipalia, usuarios das escolas municipais e clubes como o Baloncesto Nigrán, Futbol Sala Panxón-Nigrán e Patinaxe ven cumpridos os seus desexos de actualización da mesma.

Este pavimento sintético deportivo cubre toda a pista de 40×20 metros, sendo o interior en color imitación madeira e o exterior azul. A mesma foi marcada para futbol sala e balonmano, basket e mini-basket, tengo o escudo do Concello no centro e as letras Concello de Nigrán nos laterais. As súas vantaxes fronte a outras solucións son a adaptabilidade ás diferentes disciplinas deportivas, durabilidade e mínimo mantemento.

“A pista de formigón pulido deu un gran resultado e era a idónea no momento en que se construíu a instalación, pero actualmente quedara desfasada porque hai solucións económicas e máis saudables, como é o caso deste vinilo que, ademais, ofrece unha imaxe moderna”, resume o alcalde, Juan González.

Sanidade actualiza as medidas para fin de ano logo de analizar a situación epidemiolóxica actual

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa sobre a actualización de medidas para fin de ano establecidas polo Comité clínico, logo da xuntanza que tivo lugar onte. Nesta comparecencia estivo acompañado polo secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, o xerente do Sergas, José Flores; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

A principal novidade respecto das decisións adoptadas no Plan de Nadal, refírese aos horarios dos locais de hostalería que, nos concellos que actualmente están en nivel máximo e medio alto, poderán abrir unha hora máis, trasladándose o horario de peche das 17 ás 18 horas. Segundo destacou García Comesaña, este horario quedará establecido tamén unha vez rematen as festas. No referido ao día 1 de xaneiro, os locais terán que retrasar a súa apertura ata as 11 da mañá, volvendo o día 2 ao horario de apertura habitual.

O conselleiro informou que entre as 00, 00 horas do día 30 de decembro e as 23 horas do día 1 de xaneiro permitirase a mobilidade de persoas con motivos das visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopan perimetrados. Esta mobilidade adicional tamén será extensiva para aquelas persoas que visiten a nosa comunidade durante estas datas, e polo mesmo motivo.

Así mesmo mantense para a noite de fin de ano o mesmo horario que houbo xa na Noiteboa, ampliándose ata as 1,30 horas a mobilidade para poder retornar ao domicilio no lugar do horario máximo das 23 horas que rexe nos restantes días.

Composicións dos grupos familiares

Durante a súa intervención, Julio García Comesaña insistiu na recomendación que fai Sanidade de que as xuntanzas familiares estean integradas unicamente por persoas que pertenzan á mesma unidade familiar, sendo esta unha modalidade na que non existiría límite no número de persoas.

A segunda opción refírese a que as xuntanzas se cingan a un máximo de dúas unidades familiares, introducindo como límite a cifra de 10 persoas, para respectar o establecido no Plan elaborado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Por último, a terceira opción proposta pola Xunta, fai referencia as xuntanzas compostas por máis de dúas unidades familiares, unha situación na que non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo de 4 nenos con idade non superior aos 10 anos.

Unha subvención da Deputación de Pontevedra permitirá recuperar a Fonte de Santiago situada no casco urbano redondelán

0

A Deputación de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Redondela unha subvención de 10.667 €  para a rehabilitación da Fonte de Santiago, elemento patrimonial situado no casco urbano redondelán. O proxecto foi redactado polo arquitecto Luís Gil Pita en colaboración co técnico do Servzio de Normalización Lingüística de Redondela e está previsto que as obras comezan no primeiro semestre do vindeiro 2021.

A recuperación da Fonte de Santiago, tal e como explican a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de patrimonio, María Castro, enmárcase dentro das distintas actuacións que o Goberno local “está desenvolvendo en materia de rehabilitación, conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural, histórico e artístico do municipio”.

Nesa liña de actuacións, lembra a alcaldesa, o Concello levou a cabo a recuperación da Fonte da Raíña, en Cedeira; a rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio na rúa Isidoro Queimaliños ou a recuperación do cemiterio de Eidos.

“Todas estas actuacións e as que se seguirán desenvolvendo –apunta Digna Rivas– teñen un dobre obxectivo, evitar a desaparición do noso patrimonio e por tanto da nosa historia e, ao mesmo tempo, dalo a coñecer e poñelo en valor como parte inseparable da identidade de Redondela”.

Nova subvención ao Servizo de Normalización Lingüística

Doutra banda, compre salientar que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, vén de conseguir unha nova subvención da Deputación de Pontevedra que achega 2.072,12 € pola homenaxe que o Concello rendeu a Xohana Torres o pasado 26 de xullo.

A poeta galega conta dende ese día cun espazo propio como é o parque infantil da Alameda de Redondela, onde se instalou un panel informativo con información tanto para crianzas como para adultos. Ademais, nas actividades organizadas polo SNL para celebrar o Día Nacional de Galicia , ofreceuse un concerto a cargo de Antía Muíño e un recitado de poemas de Xohana Torres.

Esta axuda, dirixida aos concellos de menos de 50.000 habitantes que presentasen actividades de dinamización lingüística, súmase a outra subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para o reforzo do SNL de Redondela cunha cantidade que ascendeu os 20.000 €.

O Concello de Redondela tiña previsto anunciar unha campaña de promoción da cultura e da lingua galegas no sector do comercio que se tivo que paralizar polas extraordinarias circunstancias sanitarias. De todos os xeitos, o Concello de Redondela, tal e como explica a concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, agarda no 2021 “retomar este proxecto e amplialo con novas medidas que favorezan a reactivación da economía do comercio local onde a cultura e o idioma ocupen un lugar sinalado para confirmar a Redondela como un dos municipios referentes da cultura en Galicia”.

Unha nova empresa abrirá as súas portas no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña a vindeira primavera

0

Deste xeito xa son 90 as parcelas adxudicadas no PEMOS-Veigadaña, quedando tan só 6 pendentes de venda. Sendo do 94% a porcentaxe de parcelas ocupadas no polígono mosense e do 6% a de parcelas pendentes de adxudicar.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a enxeñeira e a tesoureira municipais, reuníronse fai uns días no salón de sesións do Concello con representantes da empresa Frioya, que se atopa rematando as obras para instalarse próximamente no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña. Frioya instalará no polígono mosense un complexo industrial frigorífico.

Frigoríficos Oya (Frioya), conta con licenza municipal para edificio industrial-novo complexo frigorífico no Polígono da Veigadaña, sumando así unha empresa máis que elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións.

O crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, é exponencial; e con esta nova incorporación empresarial a Mos demóstrase unha vez máis o potencial do municipio mosense como Concello empresarial e industrial.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “o feito de que Frioya teña elixido Veigadaña como ubicación para asentarse tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, territorio de oportunidades que se seguen a facer visibles”.

O solar no que se asentará Frioya é o resultado da agrupación das parcelas C02, C03, C04 e C05 do Parque Empresarial de MOS (PEMOS), Polígono Industrial A Veigadaña. A futura actividade a desenvolver por Frigoríficos Oya prevé o almacenamento de europalets de 1.000 kg e de ata 2100 mm de altura a temperatura negativa. O almacenamento realizarase combinando rack fixo e robotizado (bases móbiles) en prol de optimizar o rendemento volumétrico e a eficiencia da instalación.

Dado que a parcela obxecto de proxecto ten 12579.24 m2 edificados, resúltanlle de aplicación 126 prazas de aparcamento, das cales se proxectaron 96 prazas de aparcamento no interior da parcela, de dominio privado.

O proxecto contempla a construción dun edificio industrial para o posterior desenvolvemento da actividade da empresa promotora, especializada en loxística de produtos (alimentarios) conxelados e refrixerados. Consiste nun conxunto de naves industriais encostadas e comunicadas entre sí, de maneira que exteriormente a imaxe sexa dun único edificio homoxéneo e illado na parcela. Cada unha destas naves destínase a un uso específico propio da actividade para desenvolver.

O edificio ten unha única planta sobre rasante, excepto na zona de oficinas onde se proxectan dúas plantas, aínda que a súa altura total é inferior á das zonas de actividade industrial. A cuberta resólvese en cada corpo, lixeira tipo deck, a dúas augas. Na zona de oficinas será plana tipo investida. O edificio desenvólvese en tres grandes naves encostadas entre sí para aloxamento das cámaras frigoríficas ao redor das cales se van articulando o resto de edificacións, dependendo das necesidades de uso de cada zona específicas, nunha serie de volumes con distinta altura, todos sobre rasante e dunha única planta, excepto nas oficinas onde hai dúas. En conxunto é un edificio illado. A cuberta é lixeira a dúas augas na zona industrial e plana investida sobre as oficinas. Os cerramentos serán de panel prefabricado de formigón, en tonalidades claras de espesor adecuado acorde coa eficiencia enerxética do edificio.

O total da superficie útil de planta baixa é 8952.44 m2, o total superficie útil de planta alta é 825.60 m2 e o total de superficie construída 12599.24 m2.

O orzamento de execución material desta costrución ascende a 3.148.344,98 euros.

Baiona inicia unha campaña publicitaria deseñada para atraer o turismo interior

0

O Concello de Baiona vén de poñer en marcha unha campaña publicitaria para a promoción do municipio. A campaña emitirase na televisión autonómica co fin de manter viva a evocación dos aspectos positivos do municipio como destino turístico entre aqueles que xa o coñecen e gozaron aquí das súas vacacións, pero tamén para posicionar Baiona como un posible lugar de interese para aqueles que se decidan a viaxar dentro da nosa comunidade autónoma cando mellore a situación actual derivada da crise sanitaria do Coronavirus.

“Desde o Concello de Baiona somos conscientes da necesidade de reactivación do turismo, do comercio e a hostalería, unha vez contrólese a progresión do virus pode haber un volume relevante de persoas a principais mercados emisores que estean dispostas a viaxar. É sobre esta bolsa de posibles visitantes, o turismo de proximidade, sobre a que se quere incidir, de aí a idea dunha campaña de promoción autonómica, poñendo de relevo as características do municipio como destino tranquilo e con elementos dun alto valor cultural e ambiental que gozar”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

Para a campaña usarase como soporte o anuncio promocional do Concello de Baiona ‘Baiona, ou futuro escríbeo ti’ presentando hai pouco máis dun mes que reflicte nas súas imaxes as características que converten a vila mariñeira nun destino turístico de primeiro nivel. Cunha versión adaptada ao formato TV, o anuncio de 20 segundos comezouse a emitir o 22 de decembro e proxectarase durante 16 días, ata o próximo 6 de xaneiro, no prime-estafe da televisión autonómica, máis de 1.000” de imaxes de Baiona chegarán de forma directa aos fogares galegos durante as festas do Nadal.

O rexedor detalla que a campaña persegue un triplo obxectivo, “recuperar a demanda turística tras a crise sanitaria; promocionar o municipio; e incentivar a chegada de viaxeiros da comunidade e en especial daqueles lugares estratéxicos para Baiona, tanto por proximidade como polo potencial emisor de turistas cara á nosa localidade”.

O vídeo fai especial incidencia no recordo xa que nunha situación de incerteza como a actual é “moi posible que os compradores de paquetes turísticos busquen preferentemente espazos coñecidos, seguros, tranquilos máis que experiencias en destinos novos ou exóticas que representan unha incógnita”. Pero tamén quere captar a atención de posibles visitantes que non viñesen nunca pero que buscan estes mesmos valores a un destino turístico.

Finalmente, o alcalde insistiu en que este proxecto “baséase en animar a que a xente veña a Baiona, unha vez a situación derivada da crise do COVID-19 mellore, propoñendo a Baiona como destino. Trátase de convidar a vivir a experiencia de percorrer as súas rúas e contemplar os seus monumentos. De gozar amodo da súa gastronomía, do seu comercio… De descansar nos seus hoteis ou cegarse da súa frondosa natureza. De gozar con tranquilidade da seguridade dun destino único e das súas xentes acolledoras. En definitiva, de presentar a Baiona, como o destino por excelencia.”

Maica Larriba destaca o alto grao de cumprimento das restricións impostas pola Covid19 durante as últimas datas festivas

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu onte a reunión do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) da provincia, á que asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, a comisaria provincial do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Estíbaliz Palma, o inspector xefe accidental da Policía Autonómica, Pablo Diz, e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro. Este órgano volveuse a reunir en aras de garantir a cogobernabilidade, a coordinación e o intercambio de datos e información entre o goberno autonómico e central.

Durante a reunión, os seus integrantes realizaron un balance da actuación das Forzas e Corpos de Seguridade estatais e autonómicos durante os pasados días festivos. Desde que entraron en vigor as novas medidas –o pasado 22 de decembro– ata onte, a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a cabo 1.706 dispositivos de control e vixilancia na provincia, que alcanzaron a case 6.000 persoas e 2.853 vehículos. En total, interpuxéronse 331 propostas de sancións, unha cifra que representa pouco máis do 5 % do global.

Pola súa banda, e segundo os datos facilitados polo inspector xefe accidental da Policía Autonómica, Pablo Diz, o corpo policial autonómico levou a cabo do 22 ao 27 de decembro 34 dispositivos de vixilancia, nos que se controlaron a 121 persoas e 29 vehículos e se elevaron 8 propostas de sanción.

A subdelegada do Goberno quixo agradecer ás Forzas e Corpos de Seguridade estatais e autonómicos o traballo realizado estes días, así como “a todos os veciños e veciñas de Pontevedra a súa responsabilidade, xa que a baixa cifra de sancións interpostas evidencia o alto grao de cumprimento das restricións”.

Do mesmo xeito, quixo facer un chamamento á cidadanía para que “continúe cumprindo coas medidas vixentes na nosa comunidade xa que o virus non entende de festividades nin de celebracións e as cifras de contaxio na provincia continúan a ser preocupantes”.
Por último, Larriba avanzou que as forzas policiais continuarán vixiando o cumprimento das restricións vixentes na nosa provincia en colaboración coas autoridades autonómicas.

A Deputación quere sumar ao turismo do futuro as comarcas do Condado-A Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes

A Deputación de Pontevedra non quere que a provincia quede atrás na carreira que xa ten comezado para captar fondos estatais e europeos para o desenvolvemento do “turismo do futuro”. Despois de aprobar o pasado mes de agosto o Plan de Sostibilidade para o xeodestino Rías Baixas, dá agora un novo paso para sumar ao interior da provincia ao cambio de paradigma que está a vivir o turismo. O deputado de Réxime Interior e Novas Tecnoloxías, Carlos Font, e a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, presentaron hoxe aos concellos das comarcas do Condado-A Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes unha novidosa iniciativa para desenvolver Plans de Sostibilidade Turística nestas dúas áreas.

A Deputación pon a súa experiencia de xestión a disposición dos concellos destas comarcas do interior provincial para acadar un financiamento trianual que estaría en torno aos tres millóns de euros en cada un dos dous Plans de Sostibilidade previstos e permitiría, ademais, dotalos de ferramentas para afrontar os retos do rural, como a despoboación, a fenda dixital e a competitividade no novo marco de economía circular, mobilidade sostible e desenvolvemento inclusivo derivado da Axenda 2030.

A través de dúas xuntanzas telemáticas celebradas esta mañá presentouse a idea aos alcaldes, alcaldesas e concelleiros/as e anuncióuselles que xa se está a traballar na elaboración dun diagnóstico participativo multinivel (políticos/as, técnicos/as municipais, sector turístico local e cidadanía) para detectar as potencialidades e necesidades en cada municipio. A continuación redactaranse as memorias coas que se concorrerá á convocatoria que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo abrirá o próximo mes de xaneiro. Os tres millóns de euros con que está dotado cada Plan de Sostibilidade (45% a cargo do Ministerio, un 45% da Xunta de Galicia e un 10% da Deputación, polo que o custo para os concellos é cero) ten un prazo de tres anos para desenvolver os plans aprobados (2021-2024). Ana Laura Iglesias explicou que o Ministerio decidirá e tanto se aproba os plans, un deles ou ningún, a Deputación quedará mellor posicionada para concorrer a próximas convocatorias deste programa, así como a convocatorias doutros programas relacionados co turismo e dotados con fondos europeos.

A proposta, que foi moi favorablemente acollida e mesmo cualificada como “unha idea excelente” por varios dos concellos participantes nas xuntanzas, parte da base de que nas comarcas do Condado-Paradanta e do Deza-Tabeirós-Terra de Montes hai abundancia de recursos, pero falta estruturalos en produtos turísticos “empaquetables” e que poidan chegar con claridade aos consumidores de turismo que buscan alternativas ao turismo tradicional. Deste xeito quedaron informados os concellos de Ponteareas, Salceda de Caselas, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, As Neves, Covelo e Arbo, por unha banda, e Lalín, A Estrada, Forcarei, rodeiro, Silleda, Agolada, Dozón e Vila de Cruces, pola outra.

Ana Laura Iglesias e Carlos López Font na reunión coas comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes

Ana Laura Iglesias destacou que a Deputación é consciente das dificultades que os concellos terían para tramitar e conseguir Plans de Sostibilidade e, por iso, a Deputación decidiu dar o paso de ofrecer a súa axuda nun marco de cogobernanza. “A unión fai a forza e pensamos que é o momento de, aproveitando o traballo que xa feito dende os xeodestinos cunha perspectiva máis local, darlle a isto unha proxección estratéxica con visión provincial e apostando, decididamente polo rural”.

A deputada destacou especialmente que os Plans de Sostibilidade no Destino Turístico están aliñados cos ODS, por tanto, coas políticas públicas que impulsa a Deputación de Pontevedra dende hai tres anos. Deste xeito, resultarán financiables os proxectos de iniciativa pública que cumpran cos criterios da Axenda 2030. Durante as dúas xuntanzas explicouse polo miúdo que hai “unha ventá de oportunidade” cos fondos de reactivación da Unión Europea e toca adaptarse para non perdela e consolidar un novo modelo que aposte por captar visitantes tanto nos mercados próximos como nos especializados. En palabras de Ana Laura Iglesias, “o turismo do futuro é o turismo sostible, ou sexa aquel que consigue achegar as actividades dos visitantes ás da poboación local, fuxindo da cousificación e da masificación”. Un turismo coa saúde, a sostibilidade e a “estratexia verde” como eixes condutores. As actividades agropecuarias e o seu vínculo coa gastronomía local, a paisaxe e os costumes son valores que suman.

Os Plans de Sostibilidade Turística en Destino poden dirixirse a destinos maduros (como o xeodestino Rías Baixas) ou destinos emerxentes, como é o caso desta última iniciativa impulsada pola Deputación para as comarcas do Condado-Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes. O programa, adscrito ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, está dirixido a concellos, mancomunidades e deputacións provinciais e supón unha poderosa ferramenta que permite a consolidación dos destinos achegando o financiamento necesario para aqueles proxectos públicos enmarcados nos principios da Axenda 2030. Neste ano 2020 téñense aprobado 25 Plans de Sostibilidade de Destinos Turísticos.