11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondela'Os Bolechas' explican á infancia de Redondela fragmentos da historia do municipio...

    ‘Os Bolechas’ explican á infancia de Redondela fragmentos da historia do municipio nas áreas infantís da Xunqueira e Trasmañó

    A familia xurdida da imaxinación de Pepe Carreiro, conta de xeito breve e ameno a historia da Coca ou a Batalla de Rande nunha iniciativa que se estenderá aos demais parques do municipio a medida que estes se vaian remodelando

    Que os máis cativos e cativas de Redondela comecen a tomar contacto coa historia do municipio e as súas tradicións, é o que busca a iniciativa posta en marcha polo Concello coa colocación de chamativos paneis informativos protagonizados polos Bolechas, nos recentemente remodelados parques infantís da Xunqueira e da parroquia de Trasmañó.

    Mentres que na área infantil da Xunqueira, ‘Os Bolechas’, a familia xurdida da imaxinación de Pepe Carreiro, explican detalles sobre a Festa da Coca nunha linguaxe adaptada aos pequenos usuarios e usuarias da instalación, o parque de Trasmañó ofrece detalles sobre a Batalla de Rande, acontecemento intimamente ligado á súa parroquia.

    Cartel dos Bolechas no parque de Trasmañó explicando a Batalla de Rande

    Trátase, sinalan a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, “que os máis pequenos e pequenas comecen a coñecer a historia de Redondela e o fagan dun xeito lúdico e, sobre todo, moi divertido e para iso ‘Os Bolechas’ que son un referente para nenos e nenas, o poden facer mellor que ninguén”.

    A iniciativa non queda cinguida a estes dous parques infantís senón que, tal e como explica a alcaldesa de Redondela, “estenderase aos demais parques do municipio a medida que vaian sendo reformados e, en cada un de eles, ‘Os Bolechas’ explicarán as tradicións propias da parroquia”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.