Venres, 20 Xuño de 2025

Baiuca, principal atractivo das Festas Culturais de Mondariz

0

O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organizou unha programación cultural baseada en concertos e actividades para público infantil para celebrar as tradicionais Festas Patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque en condicións de seguridade. O ano pasado, diante das incertezas pola crise sanitaria, optouse por organizar un festival con grupos de música folk vencellados á localidade que levou por nome ‘Todo queda na casa’.

A actuación de Baiuca, que xa estaba na axenda cultural de 2020, tivo que ser reprogramada e agora, coa situación sanitaria máis estabilizada, é o principal atractivo das Festas Culturais de Mondariz 2021.

O evento, con todo, mantén a esencia do festival ‘Todo queda na casa’ porque tamén se convocou a un grupo de música folk de Mondariz, como Volta e Dálle. “Consideramos que é importante visibilizar e dar oportunidades ao talento local. En Mondariz temos unha enorme tradicional musical que hai que reivindicar na propia programación cultural”, destaca Anxos Carballo, concelleira de Cultura de Mondariz.

Tanto o concerto de Baiuca como as outras actividades programadas nas Festas Culturais de Mondariz son de acceso libre e gratuíto até completar a cabida permitida no recinto, que estará controlado para supervisar o cumprimento das medidas anticovid.

Baiuca vén de presentar este ano o seu último traballo discográfico, ‘Embruxo’, no que profunda na vangardista e aplaudida mestura de sons propios da tradición galega e a electrónica. Actualmente, atópase inmerso nunha xira de concertos pola xeografía española, polo que actuacións como a de Mondariz supoñen unha oportunidade única de apreciar este proxecto musical en directo.

O CN Ponteareas pecha a tempada cunha boa actuación no Campionato de España Open Junior-Absoluto de Las Palmas

A tempada oficial en piscina rematou de xeito oficial está fin de semana coa disputa do campionato de España open Júnior-Absoluto. A piscina do CN Metropole na illa de Las Palmas de Gran Canaria acollía esta derradeira proba á que o CN Ponteareas presentaba a maior representación galega.

Dúas nadadoras, Carla Faro, nos 200 estilos e Iria González nos 200 bolboreta, e tres nadadores, Lucas Costa, Javi Alonso e Pablo Cabana, foron os competidores de Ponteareas.

Destacamos a medalla de bronce Júnior de Pablo Cabana nos 400 estilos, con mellor marca persoal que, ademáis tamén foi quen de acceder a tres finais das 4 probas nas que participaba.

En xeral, o nivel amosado polos deportistas do condado foi moi alto, e valoraron a asistencia a un evento nacional en piscina de 50 m como “unha experiencia moi proveitosa”. Abrese agora o paso ás probas en augas abertas, co seu circuito e o Campionato Galego programado para setembro en Castrelo de Miño (Ourense).

Dende o xoves, A Ramallosa acolle o Festival da Cervexa Artesana con preto de 70 tipos diferentes á venda

0

As principais marcas de cervexa artesana de Galicia, unidas a dúas de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 12 de agosto ata o domingo 15 na Alameda de A Ramallosa a quinta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada o ano pasado pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’ (como novidade, esta marca local presenta unha cervexa IPA sen glute).

Novamente, este evento organizado por Concello, Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e Trisk-Ale será en formato reducido por cuestións de seguridade sanitaria, con aforo limitado e rexistro de asistentes, desinfección de mans e mesas mantendo distancias, recordando a organización a obrigatoriedade de empregar máscara sempre que non se estea a consumir.

Unha vez máis será unha feira pensada para un público familiar, contando con sete foodtrucks con diferentes propostas culinarias para acompañar a cervexa, unha ducia de xogos populares de madeira para a infancia e concertos protagonizados por grupos con fonda raigame na comarca todos os días ás 21:30 horas agás o sábado ás 22:30 h. Así, Blue Monk será a banda encargada de abrir o xoves 12 o festival, seguindo o venres con Three Roosters, sábado Pacheco Bros e domingo 15 Losto Kinsky.

“O sector da cervexa artesana sufríu especialmente os sucesivos peches da hostalaría, moitas firmas tiveron que pechar, así que desde o Concello non dubidamos en manter este festival como xeito de apoio nun momento especialmente duro para eles. Ademais, será novamente unha ocasión para promover aos músicos da comarca nun momento tamén complicado para este sector cultural”, explica o o alcalde, Juan González, quen subliña a presenza novamente no festival da cervexa promocional ‘Nigrán, Equilibrio Natural’.

Así, as firmas de cervexa artesá que estarán presentes son Trisk-Ale de Nigrán, Atlántica, Nos e Irmaos da Lei de Vigo, The One Beer de Sanxenxo, Bubela de Lugo, Castreña do Bierzo, Go e San Nicasio de Madrid. “Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou de máis gradación…”, explica Esteban Loureiro, portavoz da asociación, quen incide en que o obxectivo “é promover o consumo deste producto artesá nuns intres moi difíciles para o sector por mor da crise sanitaria, polo que máis que nunca precisamos do apoio dos nosos consumidores habituais”.

A programación cultural do Rosal céntrase, o mércores, na infancia co espectáculo de Peter Punk e Brais das Hortas

0

A programación cultural do Rosal céntrase o próximo mércores nos máis pequenos e pequenas. O parque de Pías acollerá ás 20:00 horas a actuación do espectáculo infantil PunkInfantil de Peter Punk e Brais das Hortas, e ás 21:00 h será a quenda da banda infantil da Agrupación Musical do Rosal, actuación programada dentro da II edición de O Rosal Cámara Fest.

O paseo fluvial de Tui énchese de cine esta semana con ‘Los Goonies’, ‘Fiebre del sábado noche’ e ‘Abominable’

0

O Paseo Fluvial de Tui volve converterse esta semana nunha sala de cinema ao aire libre. Está programadas tres películas que se proxectarán hoxe martes, mañá mércores e o xoves ás 22 h. A reserva de entradas, de forma gratuíta, está xa aberta a través da web municipal www.tui.gal

A primeira cita, hoxe martes, será coa proxección de Los Goonies un clásico do cinema dos anos 80 que nos permitirá gozar das aventuras dun grupo de amigos na busca dun tesouro pirata do século XVII. Co botín, que tamén perseguen os Fratelli, buscarán salvar as casas das súas familias. O filme, cunha duración de 114 minutos, foi dirixido en 1985 por Richard Donner.

O mércores, tamén ás 22 h, será a quenda doutro clásico Fiebre del sábado noche. Tony Manero (John Travolta) volverá bailar na discoteca ‘Odisea 2001’ xunto a Stephanie Mangano (Karen Lynn Gorney) para gañar un campionato. Dirixida por John Badham, en 1977, ten unha duración de 119 minutos.

Por último o xoves, ás 22 h, proxectarase a película de animación Abominable dirixida por Jill Culton e Todd Wilderman. Ao longo de 97 minutos podemos gozar das aventuras de Yi, unha adolescente, axuda a un xoven yeti que atopa na azotea do seu edificio en Shangai, a fuxir e reencontrarse coa súa familia no máis alto de Everest.

Estas proxección de cinema ao aire libre forman parte da programación cultural do verán organizadas pola concellería de Cultura do Concello de Tui. Contan con protocolo de seguridade con todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, con control de acceso e rexistro de asistentes, desinfección das mans con xel hidroalcohólico no acceso, e distancia de seguridade entre espectadores, entre outros.

A Xunta colabora coa diócese de Tui-Vigo na mellora do Templo Votivo de Panxón, Nigrán

0

A Xunta de Galicia xa está colaborando coa Diócese de Tui-Vigo na mellora do Templo Votivo do Mar en Panxón (Nigrán), obra do arquitecto Antonio Palacios. Con obxecto de mellorar as condicións desta singular igrexa (coñecida tamén como Igrexa de San Xoán de Panxón), técnicos da Consellería de Cultura desprazáronse o pasado mes de xullo ao templo, onde se reuniron cos seus responsables co obxectivo de estudar posibles solucións así como as metodoloxías máis axeitadas para levar adiante os traballos de conservación do monumento en base ao coñecemento que xa teñen sobre o seu estado.

Esta colaboración enmárcase dentro do seguimento da evolución da afección do templo que veñen facendo os responsables da Parroquia e da Diocese de Tui-Vigo (que como propietaria do inmoble é a encargada de velar pola integridade do mesmo), co asesoramento dos servizos técnicos da Consellería de Cultura.

Na reunión púxose de manifesto a complexidade da conservación, xa que se trata dun inmoble construído no século XX, con pedra de granito, cemento portland, vidros deseñados para o uso industrial e formigón de deficiente execución, nunha época na que estes materiais non eran habituais e, ademais, eran escasos.

Con todo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai apoiar esta rehabilitación que se mostra como singular e dificultosa tendo en conta as características particulares do monumento así como a a deficiente calidade e evolución dos materiais e sistemas construtivos empregados na súa construción.

Unha vez pechado os estudos previos e o informe de necesidades, procederase á redacción do proxecto e a contratación dos traballos nos termos nos que fixe o acordo de colaboración coa Diócese.

‘Depoauga’ segue batendo récords e esgota en menos dunha hora as prazas para a saída polo miño ao seu paso polas Neves

Despois de que este pasado domingo se estreara por todo o alto ‘Depoauga’ no concello da Cañiza, hoxe abriuse o prazo de inscrición para a segunda das súas actividades con tal aceptación que fixo que en menos dunha hora se esgotaran todas as prazas para percorrer o río Miño ao seu paso polo concello das Neves. A saída terá lugar o sábado 28 de agosto e con ela “DepoAuga” -a novidade da programación estival da Deputación de Pontevedra- afiánzase como unha das actividades de referencia no verán da provincia.

Nesta segunda ruta, preto de 60 persoas realizarán unha excursión guiada que comezará na praia fluvial situada nas proximidades da área recreativa de Santa Mariña, nas Neves. A visita está pensada para todos os públicos e levarase a cabo sobre unha táboa de paddle surf ou en kayak. Ademais, para garantir as medidas de seguridade, haberá catro quendas distintas que comezarán a percorrer o Miño ás 11.00 horas.

Malia que esta é a última das saídas de “DepoAuga”, as actividades de “Aviventa o Deporte” continuarán ata o mes de outubro espallando os hábitos de vida saudables por toda a provincia á vez que descobren ás persoas que participan nelas recunchos nos que poder desfrutar da natureza. Deste xeito, estas saídas da Deputación están dirixidas a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

Arbo acomete a mellora e ensanche dun camiño no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela

0

O Concello de Arbo, dentro de seu programa de optimización da rede municipal de estradas, levará a cabo os traballos de ensanche e mellora dun camiño municipal en Pazos, Barcela, obras que contarán cun investimento de 34.898,54 euros (IVE incluído). O camiño, de titularidade municipal, atopase pavimentado con aglomerado pero a súa anchura so permite a circulación du vehículo e con certas dificultades.

O acalde de Arbo, Horacio Gil, adiantou que de cara a conseguir a mellora da seguridade vial do treito, “realizarase un ensanche integral da plataforma da zona de actuación, conseguindo un ancho libre de 4 m”. Ademaís a zona dotarase de dous postes de formigón coas súas luminarias correspondentes, para conseguir unha boa visibilidade nas horas nocturnas.

Horacio Gil subliñou que coas obras que se prevén neste proxecto “pretendese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar a seguridade vial do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso”.

Estes traballos forman parte do proxecto do Goberno local de optimización da rede municipal de estradas para mellorar a seguridade viaria tanto para vehículos coma para peóns.

Dada a amplía superficie do concello e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado, explica o alcalde de Arbo, “é complicada”, sendo necesarios “continuos proxectos de ampliación da plataforma que melloren a seguridade tanto de vehículos coma de persoas”.

‘Está na túa man, pecha a billa cando toca’, campaña para fomentar o consumo responsable de auga en Gondomar

0

O Concello de Gondomar e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña ‘Está na túa man, pecha a billa cando toca’. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival.

Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, asociacións culturais e vecinais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes socias de ambas entidades.

A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable.

Actualmente, a capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta boas porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 62,8 % en Galicia-Costa nun 76 %.

Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén hai que ter precaución con actividades típicas deste época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.

Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que presta asistencia técnica, deseña, fabrica, constrúe e mantén infraestruturas diversas; ao tempo que xestiona servizos de abastecemento, saneamento e depuración.

Máis de 8.600 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo no mes de xullo

0

Durante o mes de xullo na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendéronse a 8.684 persoas que demandaron información turística sobre a localidade e a contorna, e sobre o Camiño de Santiago. Do total de consultas recibidas 6.638 foron realizadas por turistas e 2.046 por peregrinos.

Do 22 ao 31 de xullo foi cando se rexistrou a maior afluencia de persoas a este punto de información turística con 3.564 consultas, unha cifra que duplica a da semana do 8 ao 14 de xullo cando 1.569 persoas se achegaron até a Oficina de Turismo na praza de San Fernando.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, manifesta que os datos “son alentadores e permiten ver con certo optimismo o futuro”. Engade o edil tudense que, no número de turistas, “estamos en cifras semellantes ás do ano 2019, e en peregrinos hai un pequeno descenso motivado polos requisitos para poder tomar vos internacionais”. Destacaba coma as persoas que este verán están achegándose a Tui “quedan sorprendidos e asombrados pola fermosura da cidade, e valoran que Tui poida ser un punto neurálxico para coñecer a comarca, o Norte de Portugal e incluso as Rías”

O edil de Turismo destacaba coma estes días a visita ao Museo Diocesano, ou á Mostra de Traxes Tradicionais no cárcere vello, son un atractivo máis para os visitantes que se achegan á cidade.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui está situada na praza de San Fernando, a carón da Catedral. Abre de luns a domingo de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h, e se pode contactar coa mesma a través do teléfono 677 41 84 05.

O Porriño traballa nos protocolos de seguridade para a segunda edición de ‘Sons da Canteira’

A concelleira de Festas do Concello do Porriño, Cami Moreira, presidiu na mañá de hoxe lunes, 9 de agosto, unha reunión de traballo de cara a establecer os protocolos de seguridade para o II Festival ‘Sons da Canteira’, evento organizado polo Concello do Porriño, que volverá o próximo 28 de agosto á canteira de Vilafría, en proceso de restauración.

Xunto coa concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, asistiron o oficial xefe en funcións da Policía Local, o responsable da agrupación de Protección Civil, mandos da Garda Civil e responsables da empresa promotora do espectáculo.

“Sons da Canteira –sinala o Concello porriñés– establece estritos protocolos de seguridade e distanciamento social para un aforo reducido de persoas ao aire libre”. O festival ten, ademais, persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.

Os protocolos de seguridade, coa experiencia acadada na edición de 2020, son basicamente os mesmos cos engadidos que require o aumento de aforo que haberá este ano que pasará das 500 localidades do 2020 ás 600 deste 2021.

Para facilitar o acceso á Canteira de Vilafría, a organización porá a disposición das e dos espectadores autobuses gratuítos con saída dende O Porriño ás 17 h, 17 h e 18 h). Á hora de facer a compra, cada persoa poderá escoller o horario de autobús que mellor se lle axuste, xa que este será o único xeito de acceder cun vehículo ao recinto do festival. Unha vez no recinto, a pulseira de acceso funcionará tamén como moedeiro para facer todos os pagos pertinentes durante o festival utilizando a tecnoloxía cashless. Do mesmo xeito, o festival implanta nesta edición un servizo de atención en mesa para evitar aglomeracións e desprazamentos durante os concertos.

As entradas para esta edición de Sons da Canteira aínda seguen á venda. Poden mercarse na web sonsdacanteira.gal. O prezo é de 24 €/persoa a entrada individual e en parellas, e de 22 €/persoa para grupos de catro e seis asistentes.

O cartel desta edición estará formado polo trap galego, flow costumista o twerking rural de Boyanka Kostova; o pop, disco e trap de Verto; o folklore africano, a electrónica e o dancehall da lisboeta Pongo que ofrecerá en Sons da Canteira o seu único concerto en España; os sons eclécticos de Mounqup, que estreará no festival o seu novo espectáculo de gran formato, Akelarre AVS Extended Show; polos sets variados e transversais da DJ Teresa Ferreiro; e polo grupo local de danza e música tradicional Os Penediños de Atios.

Nigrán Area, un oasis nun calendario deserto de competicións

0

Este ano o Nigrán Area brillou como nunca. Foi algo así como un oasis no auténtico deserto que supuña nun calendario baleiro de competicións. Así, logo da cancelación do pasado ano, a carreira cumpriu por fin o seu décimo aniversario. O reto que supuña esta edición obligaba a un esforzo extraordinario pero, organización e persoas voluntarias, foron quen de superalo.

Saídas escalonadas, agrupamentos, máscaras, valados e protocolos para que todo fora ben e con seguridade foron os elementos que permitiron que o público puidera gozar dunha auténtica festa do deporte mentres que as condicións meteorolóxicas tamén contribuíron con temperaturas suaves e ceo anubado, cunhas pingas para refrescar o ambiente.

Nesta ocasión, a organización optou por facer saír primeiro ás e aos participantes da carreira absoluta aproveitando as horas de menor ocupación da praia. Foron vencedores Carlos Enrique Gutiérrez (Rungalicia-Intersport) e Ana Marinho (Atletismo Braga). Os primeiros clasificados do club foron Íñigo Millán e Martín Valverde, sen esquecer a Antón García, o atleta máis veterano da competición.

Nas categorías de menores en Sub16 foron vencedores Lucas García e Carmen Carrera, en Sub14 Elías Paradelo e Marta Pereira-Borrajo, en Sub12 Xoel Franco e Lucía Ageitos, en Sub10 Fabián López e Lena Currás e en Sub8 Carla Docampo (S. A. Val Miñor) e Lucas Ageitos. 

[su_image_carousel source=”media: 42789,42791,42794,42793,42788,42792″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Absoluto masculino (7 Kms. de Panxón a Lourido)

  1. Carlos Enrique Gutiérrez – 19,54 min
  2. Emilio Pérez Groba – 20,13 min
  3. Pablo Vicente López 20,39 min

Absoluta Feminina (7 Kms. de Panxón a Lourido) 

  1. 1ª Ana Marinho – 22.52´
  2. 2ª Sara Cunha – 23.15´
  3. 3ª – Carol Santos Villalón 24.56¨

Sub 16 Masculino

  1. Lucas García Picón
  2. Yago Iglesias Tumes
  3. Lino Paradelo

Sub 16 Feminina

  1. Carmen Carrera Veiga
  2. Celia Vila Figueroa
  3. Sofía Marujo

Ponteareas, capital indiscutible da música tradicional do país

Con máis de dez lustros ás súas costas, o Concurso de Gaitas do País, é o concurso de música tradicional por excelencia e converte, a Ponteareas, en capital indiscutible da nosa música na súa máis pura esencia; compre salientar que só se admiten cuartetos tradicionais formados por dúas gaitas, bombo e tamboril. Con estes antecedentes, o vindeiro sábado 18 de setembro o municipio vestirase de gala para acoller a 54 edición deste certamen que, como sinalabamos, coloca a vila como referente no panorama da música tradicional galega.

Os grupos participantes tocarán en directo no exterior da Casa do Concello de Ponteareas, e ademais, cos seus traxes tradicionais completos (un dos requisitos dende a primeira edición), percorrerán as rúas da contorna coas súas melodías. Durante estes pases o xurado decidirá os gañadores dos catro premios que reparte o concurso, os primeiros recibirán 1.800 euros, os segundos 1.200, os terceiros 900, e os cuartos 600. Ademais, cada grupo participante, agás os gañadores, recibirá unha gratificación de 300 euros.

O Concello organiza este premio para promover e difundir a música tradicional galega. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, expón que “para nós é un orgullo e unha grande oportunidade ofrecer un lugar para que os grupos mostren as melodías que dignifican o folclore galego”. Este ano, ademais, para pechar a festa musical a administración local organiza na noite do sábado 18 de setembro no parque da Feira Vella o concerto de Milladoiro, e o compoñente do grupo Xosé Ferreiros formará tamén parte do xurado do concurso.

Para participar no concurso os grupos que o desexen deben realizar a inscrición no Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas a través da sede electrónica ou a través de calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), de balde.

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 10 de setembro de 2021. As bases polas que rexerá o concurso, así como a folla de inscrición e toda a documentación que é preciso presentar pode atoparse nesta ligazón.

O ACTE crea un ‘Anel Verde’ de 180 quilómetros de sendeiros continuos arredor do río Miño

O AECT Rio Minho quere potenciar o Río Miño como destino de natureza e para iso vai lanzar unha nova iniciativa: identificar os sendeiros que existen arredor da conca fluvial e unilos para crear un ‘Anel Verde’ con 180 quilómetros de rutas continuas accesibles a pé e en bicicleta. A información sobre o ‘Anel Verde’, coas características de todos os treitos, será subida a Wikiloc e dinfundirase para dalo a coñecer entre o público que busca destinos relacionados co ecoturismo, a aventura e o patrimonio.

A creación do ‘Anel Verde do Río Miño’ foi anunciado hoxe polo deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, quen explicou que nestes momentos estase a facer traballo de campo coa intención de presentar o proxecto aos concellos da zona o vindeiro mes de outubro.

O deseño do itinerario do Anel Verde está nestes momentos aínda aberto. Estase a trazar a xeolocalización das rutas que o conforman a través de todos os concellos da conca do Miño dende Caminha a Melgaço volvendo ata A Guarda pola parte galega, preferentemente polos sendeiros e pasos existentes máis preto do río, así como tamén por onde existen elementos de paisaxe, culturais e patrimoniais máis senlleiros. Esta formulación do Anel Verde será logo cotexada coa información municipal.

Tamén se están a elaborar fichas coas características de cada treito da ruta, como o grao de dificultade, situación e conservación, accesibilidade, se é recomendable para familias, ou tamén información sobre os elementos de interese que poida haber. Todo isto subirase a Wikiloc, unha ‘mashup’ internacional que reúne e comparte rutas ao aire libre xeorreferenciadas con puntos de interese en todo o mundo e dispoñible en varios idiomas, que é consultada como referencia por milleiros de persoas que buscan excursións de sendeirismo e itinerarios de moi diferentes tipoloxías.

Unha das vantaxes do traballo de campo que está a realizar o AECT é que está a identificar zonas non transitables, que precisan de rozas ou acondicionamentos (recuperacións de firmes, ampliación ou mellora para a circulación ciclista); permite localizar os puntos nos que é preciso facer unha interconexión entre rutas próximas pero aínda non unidas ou mellorar a continuidade existente; documenta o estado da sinalización, para a instalación de novos paneis informativos ou a súa reposición; e permite ampliar datos sobre as especies naturais de fauna e flora xa recollidas noutros traballos sobre a natureza da zona. Os resultados deste ‘levantamento’ do terreo servirán de base para actuar e chegar á máxima calidade da ruta.

O obxectivo de todo este traballo é a creación final do ‘Anel Verde do Río Miño’, unha proposta de ruta xeolocalizada continua de 180 km arredor do río con información e os máximos e mellores servizos para as persoas usuarias, que permita poñer o espazo natural en valor como un destino turístico de calidade para así realizar unha oferta internacional. De feito, preténdese unificar tamén a imaxe visual e corporativa para difundir campañas de promoción.

A iniciativa da creación do Anel Verde leva ‘en carteira’ dende hai tempo. De feito, o AECT Rio Minho xa realizou varias enquisas entre as persoas que participaron nas actividades ‘Vive o Rio Minho’ na campaña de verán de 2020 nas que se realizaran rutas de sendeirismo por tramos moi transitados, actividades de aventura e tamén de turismo cultural e patrimonial. A finalidade dos inquéritos era obter información sobre cales eran as principais peticións, os aspectos a mellorar e outros datos analíticos para definir estratexias de futuro.

Pontevedra acada en xullo un 65 % de ocupación media nos establecementos hoteleiros

“Cando remate a temporada turística, Rías Baixas estará moi ben posicionada en Galicia e no conxunto do Estado” asegurou a presidenta da Deputación ao dar a coñecer os datos de ocupación do mes de xullo rexistrados polo Observatorio de Turismo Rías Baixas. En establecementos hoteleiros a ocupación media foi do 65 %, “un salto importantísimo con respecto a xullo do 2020, ao medrar 17 puntos, o que sitúa á provincia de Pontevedra como un destino moi potente e resiliente”, informou Carmela Silva.

“Os establecementos hoteleiros de todas as comarcas –destacou a presidenta– superaron con creces os resultados acadados en xullo do 2020”. Así, a comarca de Vigo chegou ao 77 %, 29 puntos máis que o pasado ano; O Morrazo ao 76 %, 8,8 puntos máis; O Salnés ao 74 %, 23,7 puntos máis que en xullo do 2020; a comarca de Pontevedra ao 71 %, 25,7 puntos máis; o Baixo Miño chegou ao 70 %, 17,6 máis; Deza e Terra de Montes ao 55 %, 17,2 máis; O Condado e A Paradanta superaron o 53 %, 6,4 puntos máis que en xullo do 2020 e a comarca de Caldas o 50 %, 11,3 máis. No que respecta aos concellos, os establecementos hoteleiros de Vigo superaron o 81 %, os de Baiona o 80 %, os de Sanxenxo o 77 %, os do Grove o 69 % e os de Pontevedra o 68 %.

En canto ao turismo rural, a ocupación media na provincia foi do 73,3 %, o que supón 8,8 puntos máis que en xullo do 2020. “Non medrou tanto, en comparación cos establecementos hoteleiros, pero porque as casas de turismo rural xa foron os aloxamentos que a cidadanía escolleu maioritariamente o pasado ano”. Neste eido, Baixo Miño superou o 86,5 %; O Morrazo o 84,2 %; a comarca de Caldas o 83 %; O Condado e A Paradanta o 77,7 %; a comarca de Pontevedra o 67,2 %; a de Vigo o 66 %; O Salnés o 64 % e Deza e Terra de Montes o 58 %. Pola súa banda os cámpings rozaron o 61 % de media provincial, sendo a ocupación do 71,2 % na comarca do Morrazo, do 70 % no Salnés, O Condado e A Pardanta, do 60 % na zona de Vigo e do 31 % no Baixo Miño.

As vivendas turísticas acadaron unha media provincial en xullo do 88 %, 20 puntos por riba do obtido no mesmo mes do 2020. Neste tipo de establecementos a provincia de Pontevedra foi a que concentrou a maior ocupación de Galicia, con visitantes procedentes maioritariamente de Asturias, Castela e León e o País Vasco.

En canto ás visitas ao Castelo de Soutomaior, os datos son “sobresalientes e amosan –tal e como asegurou Carmela Silva– que as iniciativas que estamos impulsando é o que a cidadanía demanda”. Así, en xullo de 2021 visitaron Soutomaior 5.275 persoas o que supón 3.102 máis que en xullo do 2020, e mesmo un incremento do 34 % con respecto a 2019, cando se achegaron ao recinto 3.933 persoas.

No que respecta ao perfil das persoas que acoden ás oficinas de información turística da Deputación foron maioritariamente españolas (94 %) procedentes de Madrid, Barcelona, Bizkaia e Asturias. En canto ás persoas estranxeiras (6 %) proveñen maioritariamente de Francia, Portugal, Alemaña, Estados Unidos e Italia. A media de idade entre os 35 e 60 anos e permanecen na provincia entre 7 e 15 días motivadas/os pola oferta de ocio e cultura.

Previsións para agosto

“Hai que facer as estimacións con todas as cautelas”, asegurou a presidenta ,recordando que “a pandemia cambiou os hábitos das persoas e as reservas prodúcense con moi poucos días antes de viaxar, que a situación e moi variable e que a climatoloxía tampouco esta á axudar”. Sen embargo, nestes momentos, o Observatorio prevé unha ocupación en establecementos hoteleiros da provincia superior ao 71 %. Espéraseun 80 % na comarca de Vigo; de preto do 79 % no Morrazo; no Baixo Miño do 76 %; do 72,4 % no Salnés; do 72,1 % na comarca de Pontevedra; nas comarcas do Condado e da Paradanta superior ao 71,6 %; do 63 % na comarca de Caldas; e en Deza e Terra de Montes por riba do 60 %.

Xa no que respecta a concellos no mes de agosto agárdase que os establecementos hoteleiros de Vigo cheguen ao 75,4 %, de Sanxenxo ao 63,6 %, de Pontevedra ao 63 %, do Grove ao 62,9 % e de Baiona ao 60 %.

Pola súa banda os establecementos de turismo rural da provincia esperan unha ocupación do 80,1 % en agosto. Agárdase un 92 % no Baixo Miño; 89,4 % no Morrazo; do 85 % na comarca de Caldas; superior ao 81 % nas comarcas do Condado e da Paradanta; 75,4 % no Salnés; do 75,2 % na comarca de Pontevedra; do 74,4 % en Deza e Terra de Montes; e do 68,3 % na comarca de Vigo. Nos cámpings a estimación é do 65,5 % de media na provincia, chegando ao 80 % no Condado e A Paradanta, ao 78 % en Vigo, ao 69,5 % no Morrazo, ao 61 % no Salnés e ao 39 % no Baixo Miño. No caso das vivendas turísticas agárdase un 90 % de ocupación.

Campaña ‘É o teu momento’: 13 millóns de impactos

A presidenta da Deputación tamén puxo en valor os “espectaculares” datos da campaña de promoción ‘É o teu momento’, que en xuño e xullo acadou ata 13 millóns de impresións, con máis de 2,4 millóns de visualizacións completas dos vídeos e 46.000 clics nos anuncios. “A nosa promoción segue chegando cada vez a máis persoas o que nos permite seguir posicionando o destino pontevedra provincia”, subliñou Carmela Silva.

No pasado mes de xullo a Deputación desenvolveu u a campaña entre os días 12 e 25 de xullo conseguindo máis de 5,4 millóns de impactos nas redes sociais e medios de comunicación dixital. Durante este período leváronse a cabo tres tipos de anuncios: en vídeo a través de YouTube, Facebook, Instagram e Twitter que sumou os 2,6 millóns de impactos; un carrusel fotográfico en Facebook e Instagram con máis de 1,1 millóns de impactos; e un banner en medios de comunicación dixital que acadou os 1,7 millóns de impactos. En total xeráronse preto de 20.000 clics nos anuncios e detectouse un incremento nas visualizacións completas do vídeo promocional.

Gondomar da un paso máis na accesibilidade dotando de ascensor á Casa da Cultura

0

O Concello de Gondomar vén de facilitar á accesibilidade a todo o edificio da Casa da Cultura nun primeiro paso dentro da reforma integral que estuda o goberno que preside Paco Ferreira para este inmoble municipal. O proxecto, redactado polo arquitecto Pedro González, contou cun orzamento do algo máis de 50.728 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. A instalación do ascensor afectou o acceso e ao interior, respectando en todo momento o exterior do edificio.

Click para amplikar

Ademais do ascensor actuouse na entrada da Casa da Cultura adaptando o pavimiento á cota da vía establecendo así unha plataforma única no acceso do edificio e a súa planta baixa garantindo desta maneira unha total accesibilidade a ela.

O rexedor, Paco Ferreira, felicitouse por esta obra porque “supoñerá acabar cunha importante barreira arquitectónica, algo que perseguiamos desde hai tempo para facilitar as condicións de accesibilidade de todo o mundo que se achegase ata leste edifico, que ten máis de tres décadas de vida e que necesitaba non só esta reforma se non outros cambios que acometeremos”.

Lembrou que o plan de accesibilidade era un proxecto que no seu día quixo poñer en marcha pero que se topou con dificultades por parte doutras administracións, como ocorreu, por exemplo, coa instalación dunha rampla no acceso ao consistorio. Por iso “optamos por seguir buscando solucións e aproveitando os edificios dos que dispoñemos ou fomos recuperando”.

Así lembrou que o retorno do Centro de Saúde Antigo permitiu trasladar á súa planta baixa, con acceso accesible, o Rexistro Municipal, así como outros departamentos como o de Benestar Social, Igualdade ou Medio Ambiento. Cambios aos que se sumará a reforma que pretende acometer na Casa dá Cultura en cuxa planta baixa continúa a oficina de mocidade, e estúdase a posibilidade de convertela nun centro social para a terceira idade.

“É unha das ideas que temos sobre a mesa, sen descartar acometer reformas que permitan a localización da biblioteca – actualmente en proceso de catalogación- no resto do edificio, sempre buscando poñer ao dispor dos veciños os edificios municipais para o seu mellor uso e goce”, conclúe Paco Ferreira.

A Xunta asegura que as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade xa están agotadas

A Xunta de Galicia informa que xa están agotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos. Os ocos esgotáronse a primeira hora da tarde, despois de que a elevada demanda obrigara a poñer en marcha un plan de continxencia co fin de aliviar o tráfico na rede, incluso antes das 9 da mañá. Precisamente, a programación destas 25.000 novas autocitas se fixo en xornada de fin de semana para evitar repercusión nos sistemas asistenciais.

Tras unha primeira hora máis lenta no proceso, a partir das dez da mañá, xa se estaban citando arredor dunhas 300 persoas cada 10 minutos, ata chegar ás 2.000 cada 10 minutos, ao longo do día.

Sinalar que antes das nove da mañá xa había múltiples solicitudes, e que, nalgún momento houbo máis de 50.000 por minuto, alcanzándose, nas primeiras dúas horas, 1,6 millóns de solicitudes. A pesar deste volumen, o plan de continxencia previsto e o reforzo de recursos humanos e materiais previsto funcionou, e, ás 14 horas, xa había 6.000 autocitas dadas e, ao redor das 16 horas, se esgotaron as 25.000.

A Xunta de Galicia xa abrira a autocita no mes de xullo para persoas maiores de 50 anos e para os estudantes de ERASMUS; e, días despois, puxéronse uns 17.000 ocos e hoxe outros 25.000. A alta demanda demostra o interese da mocidade á hora de vacinarse, feito polo que debemos congratularnos.

A Xunta asegura que Galicia non recibirá ningunha das Pfizer prometidas polo Goberno do estado

A Xunta de Galicia asegurou tamén que “vese obrigada a reprogramar a vacinación da semana que vén”, tras comunicarlle o Goberno central que só recibirá a metade das doses de Moderna comprometidas e ningún dos viais de Pzifer que anunciara o presidente do Goberno. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non entende porque se penaliza a Galicia, unha das comunidades autónomas que máis rápido está a vacinar.

Segundo a información remitida polo Ministerio de Sanidade á Xunta de Galicia, as doses de Moderna se reducen á metade e argumentan que se compensan con 8.700 doses de Pzifer, o que obriga, unha vez máis, a reprogramar o operativo para garantir a segunda administración da vacina de Moderna a moitos cidadáns galegos. A isto hai que engadirlle a confirmación de que Galicia non recibirá ningunha dos viais anunciados polo presidente do Goberno a semana pasada.

Este anuncio prodúcese unhas horas despois de que o conselleiro de Sanidade remitira unha carta á ministra de Sanidade, Carolina Darias, exisindo información puntual e clara sobre o reparto de vacinas, para poder programar e seguir inmunizando á nosa poboación.

Así mesmo, o conselleiro refería na misiva que “sería, tamén, un bo momento para incorporar esa información a un informe completo, que non tivemos desde o inicio do proceso, sobre os criterios que se foron aplicando nas sucesivas reparticións ata hoxe”.

Criterios de repartición

Para o conselleiro, “na repartición destas novas doses debe seguir contemplándose o criterio de poboación diana que se nos dixo que se fixou desde un comezo, tendo en conta, tamén, outros factores como o número de casos positivos que tivo cada comunidade autónoma, e que, por tanto, requiren unha dose menos para recibir a pauta completa”.

Considera, así mesmo, o máximo responsable galego, que no axuste debe considerarse, igualmente, os positivos que se teñen dado en cada comunidade, pois, no caso dos menores de 65 anos, so precisan dunha dose e non de dúas, tal e como figura na propia extratexia de vacunación.

A Xunta de Galicia confía en que o Goberno rectifique esta decisión unilateral e non comunicada ata onte mesmo, unha semana despois do anuncio do presidente Pedro Sánchez.

A Deputación de Pontevedra licita a contratación do seu II Plan de Igualdade

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar, cun orzamento base de licitación de 65.403 €, o procedemento para licitar a contratación dunha empresa especializada en xestión de RRHH dende a perspectiva de xénero para definir e elaborar o documento definitivo do II Plan de Igualdade da institución no que se traballa para ser aprobado antes de que remate este ano 2021.

A empresa que resulte adxudicataria se ocupará de identificar as medidas prioritarias a incluír neste II Plan, que terá unha vixencia de 4 anos, e que se realiza ao abeiro dos resultados da avaliación do I Plan de Igualdade, que foi pioneiro ao ser o primeiro dunha administración pública en ser elaborado cunha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero. De feito, o primeiro Plan incorporaba xa as medidas do pacto de estado en materia laboral e as que o Senado recolle contra as violencias machistas, co que se implementaron un importante numero de medidas para garantir a igualdade laboral na administración provincial.

O proceso de elaboración do II Plan de Igualdade, conta cun traballo de avaliación no marco da comisión paritaria de seguimento, órgano integrado por representantes sindicais e persoal de Deputación, que se ten reunido xa en 5 ocasións para estudiar o grado de implementación das medidas do I Plan. A ultima reunión mantida foi o pasado 23 de Xullo, para facer xa a avaliación final coa redacción dun informe de conclusións que se fará público en breve

É precisamente esta análise final a que permitirá enfocar axeitadamente o deseño do II Plan de Igualdade, que volverá a abarcar a todo o persoal da Deputación, o persoal funcionario, laboral e bolseiros/as. O Plan tamén incorporará as novidades introducidas despois do RD lei 6/2019 de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, que é posterior a aprobación do I plan. Como no primeiro, tamén incluirá todas as recomendacións internacionais, a lexislación estatal e galega e mesmo, ampliará o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do convenio de Estambul. Igualmente, integrará todas as medidas do pacto de estado en materia laboral e as que o Senado recolle contra as violencias machista. Ademais tamén terá na súa carteira de traballo o seguimento e avaliación do grado de consecución da cada unha das medidas recollidas no mesmo de xeito anual ata o remate da súa vixencia no ano 2025.

A empresa que resulte adxudicataria prestará asistencia técnica para a elaboración do documento definitivo que, de novo, avaliará todas as medidas negociadas a través dunha nova comisión negociadora o que permitirá que a súa aprobación se produza sempre da man das representacións sindicais.

Roteiros transfronteirizos da Eurocidade Tomiño-Cerveira para dar a coñecer o patrimonio cultural e natural

0

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza este verán os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural.

[su_image_carousel source=”media: 42736,42735,42737,42740,42738″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Así, leváronse a cabo a Ruta das Pesqueiras e a Ruta da Cabana do Ladrón, quedando pendentes para próximas datas: Ruta dos Fortes da Guerra de Restauración (29 de agosto. 9.30 h PT); Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30 h PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9 h PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30 h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9 h PT); Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30 h. GAL)

As actividades son para todos os públicos e de balde, pero é preciso reservar praza previamente chamando ao Concello de Tomiño (986 622 001/3) ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Areeiro lanza un aviso fitosanitario no que asegura que o pintado xa comezou nas viñas de toda a comarca

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que fai referencia ao mildio e pon de manifesto que na maioría das viñas de todas as comarcas o pintado ou ben xa está bastante avanzado ou ben está a iniciarse. Con todo, aínda non está xeralizado, polo que existe un mínimo risco de danos ás uvas nalgúns predios. Segundo o observado polo persoal da EFA os síntomas a nivel dos acios limítanse a algúns rebuscos, mentres que a situación nas follas é variable. Ademais, dada a gran frondosidade que hai este ano de forma xeral nas viñas, non prevén que perigue a maduración das uvas e recomendan non tratalas, salvo excepcións.

Posta de Lobesia –frecha azul– e uvas afectadas podre

Do mesmo xeito, dende a Estación indican que é convinte manter aínda a vixilancia do oídio nos predios con danos históricos e naqueles con danos anteriores nesta campaña posto que a uva non acadou o pleno pintado. En canto á botrite, o persoal da EFA atopou nas súas visitas algún síntoma deste fungo en dous predios, menos do esperado tendo en conta as condicións climatolóxicas que se rexistraron. Polo tanto, tendo en conta as previsións meteorolóxicas para os próximos días, afirman que basta con eliminar os acios e grans con danos nas viñas que estean en bo estado fitosanitario e, do mesmo xeito, poderase aplicar un tratamento dirixido aos acios para evitar posibles danos naquelas viñas onde haxa feridas nos grans. Ademais, dende a Estación destacan que nesta semana tamén se observou un certo aumento de síntomas das avelaíñas do acio, pero moi lonxe do limiar que xustificaría unha intervención.

Para localizar eirugas Cydalima pode precisarse abrir niños de follas

O persoal da EFA tamén destaca no seu aviso capturas moi baixas de cicadelidos nas trampas, así como do número de ninfas atopado nas follas, o cal cualifica de testemuñal. En canto á erinose destacan que se está a manter estable tal e como o fai tamén o número de plantas con síntomas de patoloxías da madeira. Nalgunhas destas plantas si que se observan brazos illados completamente secos, que xa poden ser eliminados pero gardando as precaucións das boas prácticas de poda.

Neste primeiro aviso de agosto, a Estación tamén fai mención ao buxo e destaca que segue a haber eirugas dos últimos estados nas sebes que o seu persoal ten visitado. Malia que os síntomas permaneceron estables esta semana recomendan incrementar a vixilancia, en especial se as plantas están débiles ou con síntomas importantes.

A intelixencia emocional a xogo en Gondomar

0

Baixo o título “Unha viaxe ao meu corazón” desenvólvese estas semanas no municipio un taller psicoeducativo, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, centrado no traballo e xestión das emocións propias e alleas. Un total de 30 nenos e nenas, de entre oito e 12 anos, do municipio participan nesta actividade, que se dividiu en dous grupos, finalizando o primeiro este pasado venres cun acto de despedida ao que asistiu a edil de Xuventude, Nuria Lameiro e a técnica de xuventude, Alicia Sestelo, puideron ver os diferentes traballos desenvolvidos durante sete días, e que obxectivos agochaban cada un deles, explicados pola propia rapazada.

[su_image_carousel source=”media: 42719,42720,42721″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O obradoiro, dirixido pola psicóloga Paula Fernández Rodríguez, propón diversas actividades a través das que os participantes coñecen os sentimentos e emocións que unha persoa pode xerar. Recoñecelos e saber xestionalos adecuadamente en cada situación permitiralles converterse en persoas empáticas, resilientes e asertivas; comprender e xestionar non só as súas emocións se non as daqueles cos que se atopen ao longo da súa vida.

Desde o departamento de Xuventude incídese na importancia de apostar pola intelixencia emocional e traballar sobre ela, incluíla no desenvolvemento das novas xeracións, razón pola que se organizou o obradoiro, que a semana que vén recibirá ao segundo grupo de participantes.

Dentro desta política que se promove desde a concellería naceu a iniciativa Falamos, charlas-taller dirixidas ao alumnado dos institutos e familias, nos que se abordan non só as emocións se non outras cuestións que adoitan converterse en punto de conflito ou distanciamento entre proxenitores e adolescentes.

A Deputación promociona a música e tradición da provincia cunha edición especial de ‘Peixe’ de Xisco Feijóo que entragará como agasallo institucional

A Deputación de Pontevedra promoverá a música e o canto tradicional da provincia de Pontevedra coa entrega como regalo institucional dunha edición especial do disco Peixe, o primeiro traballo en solitario do cantante, bailador e coreógrafo Xisco Feijoó. A presidenta Carmela Silva e o artista presentaron no Pazo Provincial o agasallo musical, que ten un orixinal formato moi vencellado á provincia de Pontevedra. “Que mellor que entregarlle a quen nos visita o noso corazón, a nosa cultura, o que somos , nun formato extraordinario, metido nunha lata de conservas, que é tamén a nosa tradición económica”, explicou a presidenta.

Carmela Silva subliñou que “falar de Xisco Feijoó é falar da nosa cultura elevada á máxima calidade: é un dos grandes da música tradicional, e traballou cos e coas máis grandes”. A presidenta destacou que ao longo de toda a súa traxectoria o cantante e investigador do patrimonio oral e musical galego “percorreu aldeas recuperando as nosas tradicións para que non se perda o que somos e queremos seguir sendo”, e engadiu que “Peixe é un marabilloso traballo que a Deputación quixo ter como regalo institucional do 2021”. Neste sentido apuntou que “moita xente vai ter a Galicia na súa casa dentro dunha lata de conservas e coa mellor música” e xa anunciou que no encontro que manterán en setembro os presidentes e presidentas das Deputacións de toda España agasallaraos coa edición especial do disco.

O traballo, lanzado en xullo, inclúe dez pezas entre temas tradicionais adaptados por Feijoó e composicións propias, ademais do videoclip da canción que da nome ao disco. “Hai música e vídeos marabillosos que impactan, moven e fante posicionarte. É a tradición traída ao século XXI con valores que Xisco defende, os principios que nos fan humanas e humanos con ese poder que ten a música de manter aquilo que nos fai únicas e únicos”, subliñou Carmela Silva.

Homenaxe ás mulleres

A máxima responsable provincial tamén recoñeceu a Xisco Feijoó pola homenaxe que rende ás mulleres no disco como grandes conservadoras da tradición oral e musical de Galicia. “Se a nosa tradición se mantén é grazas a que a transmitiron as nosas tataravoas, avoas e nais, e hoxe é a voz das mulleres a que mantén vivas esas tradicións. En Peixe está reflectido o que as mulleres somos”, eloxiou.

Pola súa banda, o artista explicou que o disco “foi un esforzo e un soño que representou moitas vivencias e recordos durante moitísimos anos polas aldeas”. Feijoó explicou que o formato “representa esa lata na que todo é perdurable, a perdurabilidade das nosas tradicións e dun sistema económico que fixo levantar toda a nosa costa, que é tan noso, con tantas mulleres traballando nas conserveiras e tantas mans no salitre”. O cantante e bailador, que interpretou unha peza tradicional a capella durante a presentación do agasallo, declarouse “emocionado por que a Deputación teña escollido Peixe como regalo institucional”.

Peixe, resultado do traballo de recuperación que fixo Feijoó durante máis de tres décadas, é un disco de música tradicional creado desde unha óptica contemporánea. O artista contou coa colaboración de integrantes de Tanxugueiras (Aida Tarrío), SonDeSeu (Alba Faro), e O Fiadeiro (Diego Calviño, Diego Cabaleiro e Iván Blanco). Tamén participa Rodrígo Romaní, fundador de Milladoiro, director da ETRAD e de SonDeSeu; Alasdair Fraser, compositor responsable entre outras da banda sonora O último mohicano e Piratas do Caribe; ou Natalie Haas, mestra de cello na Berkeley School of Music). Completan as colaboracións Úrsula Rial (ETRAD) e Pepe Vaamonde (Pepe Vaamonde Grupo).

Gonzalo Caballero presenta as liñas claves de futuro do socialismo galego, “galeguista, ecoloxista, feminista e de esquerdas”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou que a comisión executiva nacional do PSdeG abriu o proceso para iniciar a elaboración da ponencia de cara ao vindeiro Congreso Nacional Galego, que se celebrará antes de final de ano. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación na mañá do sábado 7 de agosto, o líder socialista explicou que galeguismo e federalismo, ecoloxismo, feminismo e compromiso de esquerdas serán as grandes liñas do PSdeG para “fortalecer e impulsar unha reactivación que priorice e chegue ás persoas”.

Con este obxectivo, o líder socialista indicou que “imos poñer a toda a organización socialista a traballar nunha ponencia que recolla un proxecto nacional galego para conseguir sacar adiante o país pensando nas persoas, xerando emprego, defendendo os servizos públicos, buscando a igualdade e a cohesión social e modernizando a Galicia”.

Neste proceso, Gonzalo Caballero comprometeuse a “poñer toda a miña capacidade en darlle ao PSdeG ese impulso para ter un gran proxecto de país, porque sabemos que a dereita non é capaz de gobernar en tempos de reactivación pensando nas persoas e porque o nacionalismo estase mirando ao espello das vías independentistas en Cataluña en vez de pensar nos galegos e nas galegas”.

As liñas clave: galeguismo, ecoloxismo, feminismo e de esquerdas

Gonzalo Caballero afondou nos catro grandes eixes do PSdeG “para os tempos da reactivación” e que definen as grandes liñas de actuación para “reconstruír Galicia tras a crise da pandemia”.

En primeiro lugar, indicou que o proxecto do PSdeG é “galeguista e federalista”, pensado na xente do conxunto do país. Necesitamos asumir “a importancia do federalismo como mecanismo para construír a cogobernanza en España”. Isto, salientou o líder socialista, “implica tamén o municipalismo”, xa que “cando defendemos un PSdeG galeguista e federalista estamos tamén defendendo a clara compoñente municipalista dun Partido que goberna ao 55 por centos dos galegos dende as administracións locais, que goberna en cinco das sete grandes cidades de Galicia e en tres das catro deputacións provinciais”.

Afondou tamén na importancia do ecoloxismo, nuns tempos nos que “a defensa da biodiversidade e a importancia da sostenibilidade teñen que primar “á hora de elaborar todas as políticas públicas”. Neste sentido lamentou que o ecoloxismo fose “obviado e desprazado” nos doce anos de goberno de Feijoo.

O feminismo será outro dos eixes de futuro do PSdeG no obxectivo de “loitar a prol da igualdade e darlle ás mulleres un papel protagonista na Galicia do presente e do futuro”. Tamén incidíu na necesidade de “sentar as bases para que nesta crise económica as mulleres non saian máis prexudicadas”.

Ademais, Gonzalo Caballero, lembrou que ser de esquerdas e progresista “implica defender a cohesión social e a igualdade de oportunidades”, así como “os servizos públicos en pé de igualdade para todos os galegos e galegas con independencia de onde vivan e das súas condicións económicas”.

Por iso, resaltou, ”é tan imporante impulsar un proxecto progresista e de esquerdas no que os dereitos das persoas e a igualdade primen por enriba de calquera outro tipo de ideas nacionalistas, conservadoras e liberais ou de calquera dogma que non pode estar por riba das persoas”. Defendemos un proxecto de esquerdas porque “estamos comprometidos coa sanidade pública, coa educación pública, coas políticas sociais e queremos políticas económicas que xeren emprego de calidade en Galicia”.

Involucrar ao conxunto da militancia

Gonzalo Caballero explicou que o proceso iniciarase coa configuración dun documento de partida, “que vai ser sometido á análise e á participación de todo o PSdeG”, dende os grupos de traballo especializados que traballan nos distintos eidos de actuación ata todos os cargos do Partido e os seus representantes institucionais.

En calquera caso, o mandatario socialista salientou o peso que vai ter o conxunto da militancia na súa elaboración, pois poderá facer aportacións e contribucións en distintas fases. Por iso, neste proceso involucrarase a todas e todos os socialistas para que poidan facer as súas achegas “nun procedemento que incorpora mecanismos de abaixo a arriba”. “É o momento de contribuír entre todos e todas a facer a mellor Galicia e ese é tamén o meu compromiso persoal”, remarcou.

Caballero, acompañado na comparecencia por Pablo Arangüena, Ana Prieto e Marina Ortega, sinalou que a dirección do partido presentará proximamente aos ponentes que traballarán no documento de partida para a ponencia marco, á cal todos os militantes tamén poderán facer achegas.

Máis de catrocentas persoas reclaman en Tomiño unha Asistencia Primaria digna

0

Máis de 400 persoas reclamaron, este sábado 7 de agosto en Tomiño e respondendo a un chamamento da Plataforma en defensa da sanidade Pública  de Tomiño, mais médicos, mais administrativos e a reapertura  do consultorio médico de Goián, en suma, unha Asistencia Sanitaria Digna da que se ven privadas moitas localidades e que é especialmente sangrante no Baixo Miño.

O acto que presentado por Violeta de Santiago que, en nome da Plataforma, agradeceu a todos e todas a asistencia a concentración; no decurso da concentración tomaron tamén a palabra Conchi, de Tebra, unha usuaria do Centro Médico de Tomiño que padece múltiples problemas de saúde e que tamén é membro da plataforma. 

A concentración contou, unha vez máis, co apoio e presenza  de Jesús Araujo Nores, médico especialista en otorrinolaringoloxía, exdirector de centro do Chuvi e membro da asociación galega en defensa da Sanidade Pública e da Plataforma SOS Sanidade Pública e con María José Diéguez, secretaria de CCOO de Sanidade de Vigo e presidenta da Xunta de Persoal da área de Vigo.

O acto pechouse dando á coñecer ás e aos participantes que se abría un tempo para recollida de firmas e que, ao mesmo tempo, se irá informando das distintas fases de actuación  da Plataforma nas parroquias e no centro de Saúde en Tomiño.

Nigrán reclama á Xunta que inclúa o Templo Votivo do Mar no Plan Xacobeo do Goberno de España para restaurar patrimonio

O Concello de Nigrán demanda á Xunta de Galicia que inclúa o Templo Votivo do Mar de Panxón no Plan Turístico Xacobeo 21-22 do Goberno central para a restauración de monumentos ante o seu grave deterioro. A comunidade ven de recibir 25 millóns de euros para este fin sen que figure entre os seus once proxectos anunciados a igrexa de Panxón pese a estar en verdadeiro risco de sufrir danos irreparables desde hai décadas e pese a que no 2009 se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia unha proposta non de lei para realizar no prazo máximo dun ano un proxecto técnico dirixido a súa rehabilitación.

A obra cume do arquitecto porriñés Antonio Palacios, considerado o gran mestre do rexionalismo, presenta desde hai décadas desprendementos nas vidrieiras provocados polo agretamento do encintado en todas as fachadas, ao punto de que o rosetón principal está forrado interiormente con mallas para evitar posibles percances e un dos anxos que coroa a torre indicando os puntos cardenais xa perdeu o rostro, ademais de presentar filtracións de auga.

[su_image_carousel source=”media: 42695,42694,42693″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Resulta incríble que un monumento considerado como a obra cume de Antonio Palacios esté totalmente esquecido pola Xunta e en verdadeiro risco de que os danos sexan xa irreparables”, advirte o alcalde, Juan González

“Resulta incríble que un monumento considerado como a obra cume de Antonio Palacios esté totalmente esquecido pola Xunta e en verdadeiro risco de que os danos sexan xa irreparables”, advirte o alcalde, Juan González, quen incide en que por segunda vez a través do grupo parlamentario socialista volveuse a presentar esta semana ante o Parlamento unha proposta non de lei pedindo que se cumpra a aprobada por unanimidade na Comisión 4ª de Educación e Cultura do 18 de novembro de 2009 e que dicía: “levar a cabo no prazo máximo dun ano, un proxecto técnico que sexa fundamento para fixar o ámbito de rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón, para a posterior execución das obras de restauración, que deben comezar, á súa vez, no prazo máximo dun ano desde a presentación do proxecto de rehabilitación”.

As axudas do goberno de España recibidas pola Xunta incluirán conventos de toda Galicia, mosteiros, a Catedral de Mondoñedo, un muíño en Sarria… “Non dubidamos de que estes monumentos o precisen, pero resulta chocante que non figure o Templo Votivo cando precisamente un dos problemas que aducía Patrimonio era que non tiña fondos propios para emprender unha restauración desa envergadura”, lamenta o alcalde, quen subliña que se trata “dun dos bens patrimoniais máis senlleiros do municipio e mesmo da comunidade e, paradoxicamente, o que está máis en perigo”.

Templo Votivo do Mar

Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa do galego Antonio Palacios (1874-1945), considerado un dos grandes mestres do rexionalismo e con obras recoñecidas internacionalmente como o Palacio das Comunicacións de Madrid ou o Círculo de Belas Artes. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción do Templo Votivo do Mar dedicado á Virxe do Carmen en 1932 e finalizándoo en 1937. O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos se observamos a trazaría interior da cúpula con policromía de inspiración bizantina e decoración neomudéxar (o construtor nigranés José Mogimes seguiu os seus deseños para, xunto aos mozos de Panxón, configurar os espectaculares mosaicos de azulexo que cobren as bóvedas do templo e que representan diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carmen).

Cristina Fernández, “a gran maioría da xente, utilizando o sentido común, sabe que as obras fanse para mellorar”

Cristina Fernández Davila é alcaldesa de Ponteareas, cargo que viña desempeñando en funcións dende decembro do 2020 por enfermidade de Xosé Represas e que asume definitivamente tralo seu pasamento. Non é allea ao reto que se lle presenta –Xosé Represas deixou o listón ben alto– pero posúe a vantaxe de ter sido, durante os seis últimos anos, a man dereita do finado alcalde.

É consciente do reto que supón estar á fronte do goberno do municipio do Tea, centro neurálxico das comarcas do Condado e A Paradanta. Son tempos de transformación, tanto urbanística coma económica, e Cristina Fernández e o seu equipo saben que Ponteareas ten que dar un paso adiante se quere medrar e consolidar ao municipio no mapa social, político, cultural e económico do sur de Pontevedra.

Preocúpalle que o seu traballo sexa sempre comparado, aínda que sexa de xeito inconsciente, co de Xosé Represas?
Penso que é natural e inevitábel. Sempre defenderei que seguro que Pepe o faría mellor e posiblemente a súa idea sería distinta. Por desgraza xa non está con nós e botámolo de menos a diario. Deixou o listón moi alto, esa é a realidade.

Somos persoas completamente diferentes, con capacidades e características distintas. Aínda así, hai un proxecto en común, un proxecto de transformación no que se vén traballando dende hai seis anos e a liña de traballo vai ser a mesma.

Cando estás traballando ao fronte dun equipo sempre se imprime algo do xeito de ser e pensar da persoa. Cada un fai as cousas a súa maneira porque cada un ten unha forma de ser, de pensar e de actuar diferente sen que iso, insisto, impida desenvolver un proxecto común como o que nós temos para Ponteareas. O meu compromiso é traballar arreo para seguir liderando ese proxecto colectivo e dar continuidade, entre todas e todos os membros do meu equipo, ao camiño que comezou Xosé Represas.

Seis anos sendo a súa man dereita, danlle unha perspectiva máis clara da situación?
Sen dúbida. Traballar estreitamente con el permitiume coñecer todos os proxectos, cunha visión global, e saber cales son e en que punto está cada un deles.

Ademais tiven que asumir o posto de alcaldesa en funcións dende decembro do 2020, o que fai que o cambio non fora tan brusco como cando se chega a unha alcaldía por primeira vez.

Sempre dixo vostede que unha das cousas que máis lle gustaba era o seu cargo de concelleira de Ensino, ter contacto directo co persoal docente, as familias, as nenas e os nenos… Agora é alcaldesa con outras obrigas e unha carga diferente de traballo. Bota en falta o ensino?
Moitísimo. Boto en falta á comunidade educativa en xeral. Non fago tantas visitas como antes porque as miñas novas obrigas non mo permiten e o boto moito de menos. A comunicación é fluída, é certo, pero obviamente e por carga de traballo, teño menos contacto directo.

Cristina Fernández asegura botar en falta o contacto directo coa comunidade educativa. Na foto de arquivo, anterior á pandemia da Covid, nunha das xuntanzas mantidas cos colexios de Ponteareas

En días pasados, o Pleno Infantil coincidiume cunha xuntanza de alcaldes e alcaldesas á que non podía faltar e lamentei moito non estar aquí cos rapaces e rapazas, porque é un tema que me apaixona. Espero ter a oportunidade de conseguir algo de tempo dispoñíbel para recuperar ese contacto tan estreito que tiña antes, pero en calquera caso para min a educación será sempre un tema prioritario.

Sorprenden os cambios no Goberno, sobre todo de Francisco Floreal do que sempre se dixo que era o artífice do saneamento económico do Concello e que ía na lista de suplentes.
Pode que dende fóra pareza sorprendente, pero dende dentro non o é tanto. Hai que ter en conta que a Área de Facenda é moi específica para a que se require un coñecemento tamén moi específico… se o queres facer ben, claro. Unha vez que Pancho marchou, a outra persoa que había no equipo que controlaba esta área era o alcalde Xosé Represas, que como sabedes era economista. Coa súa perda, Pancho Floreal é a persoa idónea para levar o peso da facenda local.

No equipo contamos con outras persoas con formación superior e coñecementos específicos neste ámbito, como Eva Gil, pero ela está focalizando os seus esforzos no ámbito da promoción económica, o comercio e o turismo, áreas moi importantes ás que temos que apoiar e impulsar neste tempo que nos tocou vivir.

Cando llo propuxeron, o dubidou nalgún momento?
Pancho non o dubidou nin un só segundo. Dixo que contaramos con el para o que fixera falta, feito que aproveito para agradecerlle. Somos un equipo de persoas absolutamente centradas na mellora do noso municipio, e sempre é unha honra poder encabezar un grupo de persoas excelentes cun obxectivo e un proxecto común.

É caro o Goberno? A oposición asegura que houbo un desmedido crecemento do que lle custa o Goberno á cidadanía.
Alégrame moito que me fagas esta pregunta. A resposta é non, en absoluto. O custe do goberno é o mesmo que se acordou no 2019. O que acontece e que, por primeira vez en seis anos, recoñécese que o alcalde Xosé Represas non cobraba salario nun exercicio de renuncia e xenerosidade. Agora demóstrase que este foi un dos temas sobre os que a oposición mentiu descaradamente. Sempre dixeron que non era así e agora, por fin nos medios de comunicación o PP recoñece que o alcalde non cobraba salario porque renunciou a el para dedicar ese diñeiro á reactivación económica.

“por primeira vez en seis anos, recoñécese que o alcalde Xosé Represas non cobraba salario nun exercicio de renuncia e xenerosidade”

Eu vou ter salario, teño unha dedicación e teño que cobrar porque senón tería que dedicarme a outra cousa. Esa é a diferencia, que antes o alcalde renunciaba voluntariamente ao seu salario e agora eu no posto de alcaldía teño que cobrar a miña asignación para poder dedicarme por completo ao labor que teño encomendado.

Ponteareas está sufrindo unha transformación absoluta. Por que estes temas, que logo supoñen un beneficio á hora de mellorar a calidade de vida da veciñanza e dinamizar a economía, espertan tanta polémica e tanta controversia?
Eu penso que por dous motivos. Un porque as obras sempre asustan. Os cambios sempre asustan e as obras, en concreto, amais de asustar incomodan e xeran moito po, sucidade e, polo tanto, é lóxico que os comerciantes estiveran preocupados.

A maiores, a incomodidade das obras vén dada porque coñécese cando comezan pero non tan exactamente cando van rematar. Polo camiño aparecen problemas e dificultades que non estaban previstas, non por falta de estudo, senón porque trabállase tamén co subsolo e nunca se sabe o que se pode atopar un debaixo dunha capa de asfalto.

Pero é de supoñer que non só haberá críticas…
Por suposto. Hai tamén moitos encomios e felicitacións. A maioría da xente, utilizando o sentido común, sabe que as obras fanse para mellorar. Ti nunca fas unha obra na casa para que quede peor, aínda que logo haxa cousas que modificar, corrixir ou cambiar.

Pouco a pouco a veciñanza dáse de conta que a situación vai cambiando non soamente para o espazo que ocupas e recuperas para as persoas, senón que ese mesmo cambio vai xerar unha inercia económica positiva. Un bo exemplo o temos na humanización da rúa San Roque: en canto se avanzou coa intervención e as obras, as inmobiliarias comezaron a facer ofertas de compra de vivendas que están medio derrubadas. Iso quere dicir que a zona rehabilítase e ao mesmo tempo gaña valor e activa unha demanda das persoas. Pasa de ser unha zona degradada a ser un lugar no que as persoas queren vivir ou emprender os seus negocios.

Din os urbanistas que os cascos peonalizados son dinamizadores da economía local
É que é así e os feitos o demostran. Non hai ningunha vila, grande ou pequena, que despois de recuperar espazos para as persoas non mellorara e reactivara o comercio na zona. Ponteareas pode ter a súa fisionomía, as súas características propias, pero nese aspecto non vai ser diferente a ningunha outra.

Cristina Fernández Davila nunha reunión telemática dende o despacho da Alcaldía

Mobilidade e humanizacións, é complicado facelo nun casco urbano maltratado durante décadas por un urbanismo máis que cuestionable?.
É complicado e era complicado xa tamén hai tempo. O é dende o momento en que Ponteareas ten rúas nas que, literalmente, unha persoa pode darlle á man a outra que viva no edificio de enfronte. Con ese panorama era moi complexo, sobre todo, imaxinar por onde podías comezar. Unha vez que tivemos a estratexia e o plan definido, a verdade é que esa visión cambiou moitísimo e abríusenos un abano importante de posibilidades de recuperación do espazo público. Con esa base, xa é máis doado formular un plan de acción, o máis complicado é o financiamento para semellantes proxectos.

Quero lembrar que nestes anos o que fixemos foi centrarnos en ter os proxectos preparados, moitos proxectos de feito, para que cando saian as liñas de financiamento estar preparados e ter todo listo para poder obter unha valoración importante e poder acceder aos fondos precisos.

Na actualidade traballamos cos nosos técnicos, cos técnicos da Deputación de Pontevedra e tamén cos técnicos da Xunta para seguir definindo e desenvolvendo os que serán os seguintes pasos nese camiño de mellora da nosa vila. Recentemente obtivemos a primeira ARI (Area de Rehabilitación Integral) que solicitamos ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, e que abre moitas posibilidades neste eido.

Pero hai que ter dispoñibilidade orzamentaria…
Claro, hai que ter cartos propios para afrontar os proxectos. As subvencións financian o 70 ou 80 por cento, pero ti tes que ter un 20 ou un 30 % e de aí a polémica que xurde agora de porque, aseguran, estamos endebedándonos.

Cando nós chegamos no 2015 a este concello, o endebedamento que tiña o Concello, moito por certo, era para pagar pins, orquestras, gastos correntes… Nós non pedimos créditos deste tipo. Os cartos que pedimos son para rehabilitar espazo público, edificios, desenvolver obras de mellora da eficiencia enerxética, para cambiar luminarias, placas solares e ter aforro enerxético… En resumo, mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños. Utilizamos os créditos para iso e, por enriba, hai que ter en conta que os xuros son moi pequenos, case inapreciables e que case se pagan por si sos. Se conseguimos un aforro enerxético de 300.000 euros ao ano e os xuros do crédito supoñen un pagamento de 100.000 euros, todo o mundo poderá ver que non é mala idea. Se algún quere posicionarse en contra da veciñanza, pode facelo, pero moi de sentido común non parece.

As parroquias inclúense tamén nese cambio global de Ponteareas?
Non podería ser doutro xeito porque elas, co casco urbano, son Ponteareas. Por moito que a algúns lles interese poñer o foco de atención sobre as parroquias e que só se está actuando no casco urbano, o certo é que xa temos proxectos feitos para humanizar e devolver espazo público as persoas en torreiros e zonas de centros culturais. Non esquezamos que neses espazos é onde se desenvolve parte da vida das parroquias e polo tanto, a súa mellora e posta en valor, dará unha nova dinamización ás parroquias, outra sensación e unha mellor calidade de vida. Pero para iso hai que dotar ás parroquias de servizos e hai que mellorar tamén os seus espazos públicos.

Por moito que a algúns lles interese poñer o foco de atención sobre as parroquias e que só se está actuando no casco urbano, o certo é que xa temos proxectos feitos para humanizar e devolver espazo público as persoas en torreiros e zonas de centros culturais

Un bo exemplo é a subida á igrexa de Guláns. As obras que se realizaron supuxeron un cambio radical para esa zona. Agora estamos co proxecto de humanizar o torreiro, entre a igrexa e a escola o que contribuirá a modificar a fisionomía actual, gañar espazo, como dicía, para as persoas co que iso supón de mellora na calidade de vida, que é o que se busca.

E así nas vinte e catro parroquias?
Así nas vinte e catro parroquias. En Paredes, por poñer outro exemplo, hai un proxecto para dotala dun centro cultural ao igual que en Pías. No mandato pasado adquirimos un edificio para convertelo en casa cultural, agora hai que facer a obra para rehabilitalo. Temos moitísimos proxectos e ideas para todas as parroquias pero, como dicía, son 24 parroquias e hai que repartir e racionalizar os recursos e ir con calma, sen pausa pero con calma.

As subvencións marcan moito os tempos das obras?
Por suposto. É algo que as veces para desapercibido para a veciñanza que pode preguntarse, “por que non deixan isto para despois?”. Pois simplemente porque temos que aproveitar as subvencións que temos. Non podemos dicir que imos deixar isto para dentro de dous ou tres anos porque a oportunidade está agora e a subvención ou a axuda é para agora e non para máis tarde.

Boa sintonía coa Deputación?
Coa Deputación hai diálogo permanente. A administración provincial ten sufrido unha fonda transformación. Agora reúnense con nós, pregúntannos sobre as necesidades que temos, onde nos interesaría máis facer actuacións para despois sacar as liñas de axudas que teñen. É outro talante diferente. Antes as subvencións e axudas eran para os concellos “amigos” agora, pola contra, hai un reparto máis xusto e máis equitativo. Hai unha proporcionalidade respecto ao número de habitantes do municipio e sabes os cartos que podes ter, o que contribúe a unha mellor organización. Por poñer un exemplo, nós agora podemos estudar con detemento que proxectos metemos no Plan Concellos do ano que vén, algo que antes non se podía facer.

O poden disfrazar como queiran pero esa é a realidade.

En Ponteareas hai problemas que case poderían cualificarse de históricos polo tempo que levan sen arranxarse, por exemplo, escola infantil e a estación de autobuses.
Estes son dous temas que están pendentes porque ámbolos dous dependen da Xunta de Galicia. Cómpre dicir que dende o Concello temos contacto permanente coa Xunta de cara a facilitar o máis posible a súa solución para que vaian adiante.

É complicado porque son competencias plenamente autonómicas e que, dalgún xeito, se trata de que revertan no Concello. Nos podemos facilitar, colaborar e axudar pero o certo é que levamos soportando 1,8 millóns de euros todos os anos de gastos impropios e, como xa lle comentamos á veciñanza en máis dunha ocasión, sen ese diñeiro deixamos de facer moitísimas obras nas parroquias e na vila que se poderían estar facendo.

Logo está o PXOM, catro letras que convértense en auténticos pesadelos para a maior parte dos concellos. Ponteareas, por fin, parece entrar na recta final.
Con iso contamos. De feito, non debería haber ningún atranco máis. As modificacións que se levaron a pleno para a súa aprobación definitiva son as que pediu a Xunta, non son as que nos gustan nin as que nos gustaría facer a nós, pero foron as que a Xunta pediu para poder aprobalo. Así que agora non hai xa impedimento ningún. Todo indica, pois, que no mes de outubro, Ponteareas podería ter PXOM despois de 20 anos porque, é preciso facer memoria, levamos con Normas Subsidiarias dende o 2002.

Unha pregunta tan tópica como necesaria. Marca o PXOM un antes e un despois?
Sen dúbida. A aprobación deste documento pode supoñer a reactivación económica do municipio, poder empezar coa organización e legalización do polígono da Lomba; poder empezar a negociar coa Xunta outras moitas cuestións que agora non se poden tratar xustamente por iso, por non dispoñer dun Plan Xeral; poder dispoñer de parcelas dotacionais para contar cun novo centro de saúde, con instalacións deportivas, cunha nova EDAR en Moreira, unha nova ETAP en Cristiñade…

Agora que a pandemia parece remitir, aínda que con picos, a dinamización económica e comercial convértese nun obxectivo prioritario?
Absolutamente prioritario. Pero non hai que pararse en dinamizar, hai que revitalizar o sector traballando en conxunto coas asociacións e cos e coas comerciantes. É un sector que sufriu moitísimo durante o máis de ano e medio que levamos de pandemia e necesita un reforzo e un pulso importante. En esa liña levamos traballando estes meses e seguiremos intensificando esforzos.

Modernizarse?
Nestes tempos case imprescindible. Temos un proxecto moi importante, para o que haberá que buscar financiación que é o da remodelación do mercado de abastos. Esa obra, non só moderniza e optimiza esa instalación senón que é o converte nun elemento de revitalización de toda a contorna. É proxecto pensado para que comunique a rúa Castelao e A Perillana, que as veces parecen illadas, co centro urbano. Esa comunicación revitalizará toda a zona e a súa sinerxía comercial.

Ponteareas reclama a reposición das prazas de persoal sanitario que o Sergas suprimiu na última década

O Sergas, debido a falta de persoal facultativo que poda substituír baixas ou vacacións, decidiu interromper todas as consultas ordinarias en horario de tarde no centro de saúde de Ponteareas, e derivar aos pacientes de urxencia ou que xustifiquen que non puideron acudir de mañá ao PAC. A alcaldesa e concelleira de Saúde de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, reclama, cun escrito enviado hoxe á Xerencia do Sergas, a incorporación de profesionais sanitarios para evitar que siga mermando o servizo en Ponteareas.

No escrito lembra que a atención primaria no municipio presenta unha falta de recursos materiais e humanos que cada vez son máis preocupantes. Para a alcaldesa non é aceptable que moitos veciños e veciñas teñan que aprazar todas aquelas revisións ou probas que non se precisen de xeito inmediato, e lembra que, “en numerosas ocasións”, o Concello reclamou ao Sergas unha solución á falta de servizos e persoal sanitario, pero que, polo de agora, a situación continúa no mesmo punto.

Cristina Fernández asegura que o Concello de Ponteareas “sempre terá a man tendida para colaborar coa Xunta de Galicia para mellorar a situación actual”, e aproveita para lembrar que “investir en servizos prioritarios para as galegas e galegos como é a sanidade pública debe ser a maior prioridade”.

Centos de persoas rexeitan a construción dun parque eólico no San Nomedio, nas Neves

0

Centos de veciños das Neves, representantes das comunidades de montes de Santiago de Ribarteme, Rubiós, Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns e o Goberno local ao completo, achegáronse este sábado ata o miradoiro de San Nomedio para amosar o rexeitamento ao proxecto do parque eólico que, baixo o nome de ‘Coto de Lobos’, pretende instalarse neste enclave único da vila.

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Óscar González, comentou que os promotores do mesmo xa pediron á Xunta a declaración de impacto ambiental e que o Concello das Neves, logo de reunirse cos responsables das comunidades, presentará alegacións a este proxecto e apoiará e promoverá cantas mobilizacións sexan necesarias.

González apuntou que os sete aeroxeradores que se pretende instalar, terán uns fustes de 135 metros de alto e unhas aspas de 170 metros de diámetro, o que supón unha altura, en conxunto, “de 220 metros, cinco veces máis que as antenas de comunicación que hai neste lugar, que teñen unha altura duns 40 metros”.

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou os “gravísimos  prexuízos” que ocasionarían, “dende o punto de vista paisaxístico e medio ambiental, no que atangue ás augas ou ás escorrentías causadas polas choivas que serán completamente distintas ás de agora”.

Á vista de todo elo, tanto o Goberno municipal das Neves como as comunidades de montes, apuntaron que non consentirán que haxa un parque eólico neste miradoiro que está incluído na Rede de Espazos Paisaxísticos de Galicia, con elementos patrimoniais a conservar, coma a ‘Capela de San Nomedio’, que está no centro orográfico das Neves e que dende hai anos é un centro de observación astronómica”.

A marcha de Conxelados El Mar do polígono de Monte Faquiña, en Mos, preocupa á Plataforma Empresariado Galego

0

A empresa Congelados el Mar decidiu ven de confirmar a súa intención de deixar o Polígono Industrial de Monte Faquiña, en Tameiga, debido á pretensión da Comunidade de Montes de subir o prezo do canon polo uso dos terreos, a inseguridade que supoñería para a empresa realizar novos investimentos nun chan que non poderá ser adquirido e “ante a posibilidade de que os propietarios volvan cambiar a regras do xogo”, tal e como ocorreu agora, “cando os comuneiros asumen a propiedade destas parcelas e non respectan os acordos existentes anteriormente co Concello de Mos para o seu uso”, explica a Plataforma Empresariado Galego.

A empresa solicitou unha moratoria ata o mes de outubro para poder trasladar a planta e aproveitará este traslado fora do termo municipal de Mos para realizar os investimentos de modernización que inicialmente pensaba realizar no municipio.

Congelados el Mar usaba terreos de Monte Faquiña en base a unha concesión legal do Concello de Mos e este ano debía renovar a mesma. Con todo un fallo xudicial entendeu hai dous anos que os terreos industriais desta zona son propiedade veciñal. A partir de aí a Comunidade de Montes decidiu subir os prezos dos canons dos terreos de Monte Faquiña sen respectar os acordos anteriores, nalgúns casos ata un 1.200 %.

As instalacións de Congelados el Mar de Monte Faquiña corresponden á delegación Vigo-Ourense desta empresa e nela traballan 26 persoas. O grupo adquirira, a principio da década do 2000, as plantas da empresa Onda Congelados, pertencente ao grupo Vegalsa e con ela a concesión administrativa da parcela na que levantou as instalacións, o que esixiu un alto investimento atendendo á dotación de cámaras frigoríficas preparadas para o almacenamento e distribución dos produtos conxelados.

Non é a única empresa que considera desproporcionada a subida dos terreos por parte da Comunidade de Montes. Varias mercantís iniciaron un proceso xudicial para que se respecten os acordos e pactos co Concello de Mos, anteriores á sentenza xudicial que dá á Comunidade de Montes a titularidade dos terreos.

Os veciños chegaron a esta titularidade pleiteando co Concello de Mos e a pesar de que o terreo non era de aproveitamento forestal xudicialmente fallouse a favor da clasificación.
A semana pasada tivo lugar unha audiencia previa que tiña por obxecto buscar unha vía de diálogo coa Comunidade de Montes co fin de poder chegar a un entendemento amigable coa mesma. Con todo, afirma a Plataforma Empresariado Galego “os representantes da Comunidade de Montes de Man Común de Tameiga negáronse a negociar acordo algún polo que o trámite xudicial concluíu sen achegar posturas e o procedemento xudicial segue o seu curso estando prevista unha vista para o mes de novembro”.

El Mar

A empresa Congelados el Mar é unha gran firma estratéxica na zona. Trátase unha das 6 marcas do grupo Pescapuerta, xunto a Pescapuerta, Esquimal, Pescar, Fortitude e Loligo. O Grupo ocupa o terceiro posto na clasificación de operadores de produtos conxelados en España, detrás de Nova Pescanova e Iberconsa. Superou unha facturación en vendas de máis de 250 Millóns de euros no exercicio 2019 e ten un volume de 65.000 toneladas de comercialización.

Elmar Frozen Food, é a distribuidora dos produtos do Grupo dirixida principalmente á canle Horeca e Retail, obtivo un crecemento do 4,3 % chegando ata os 77,2 millóns de euros de vendas.

A marcha de Mos é unha gran perda para o Polígono de Monte Faquiña polo que poida supoñer para o emprego, investimentos e sinergías con outras empresas locais, xerando riqueza en toda a zona. Esta marcha e outras que se poidan producir debido ao encarecemento dos terreos preocupa ao sector empresarial de Mos.

A rúas de entrada do Camiño Portugués en Tui locen bandeirolas de benvida as persoas que peregrinan

0

As rúas de entrada ao conxunto histórico de Tui, concretamente a rúa Sanz e un treito da rúa Seixas locen dende hai varios días diversas bandeirolas co obxectivo de dar a benvida aos peregrinos que chegan ata Tui polo Camiño Portugués. Foron instaladas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.

Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, esta iniciativa de Turismo de Galicia contribúen ao ornato das vellas rúas tudenses que acollen estas xornadas a un número crecente de peregrinos que visitan a nosa cidade, punto de confluencia dos Camiños Portugueses e, por tanto, porta de entrada do Camiño de Santiago en Galicia a través da ponte internacional.

Esta iniciativa posúe o dobre obxectivo de darlle a benvida aos peregrinos así como animar e sensibilizar ás poboacións de vilas e cidades galegas das rutas xacobeas da súa pertenza aos Camiños de Santiago, promovida pola Vicepresidencia primeira a través de Turismo de Galicia coa denominación de proxecto Xacobeo Benvida, no marco da programación da celebración do Xacobeo 21-22.

Xacobeo Benvida é un proxecto no que se engalan diferentes tramos dos Camiños de Santiago ao seu paso por 37 cascos históricos das catro provincias. En total, algo máis de 200 bandeirolas decoradas con motivos xacobeos cos que se quere implicar á veciñanza na celebración deste Ano Santo excepcional. Esta decoración, coa que se busca facer máis visible a celebración do Ano Santo e do Xacobeo en todo o territorio galego, permanecerá pendurada ata o 30 de outubro, lembrando o vencello destes concellos coas Rutas Xacobeas.

Cine ao aire libre con ‘Cuñados’ o próximo mércores na praza do Maio de Tabagón, O Rosal

0

O próximo mércores día 11 a praza do Maio de Tabagón convertérase nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.00 horas comezará a proxección de “Cuñados”, unha comedia liderada polos galegos Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, e Federico Pérez. A entrada é de balde, pero debe reservarse a través da web do Concello.

A película conta a historia de Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán). Acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

A axenda cultural do Rosal non para, e a próxima semana, ademais do cine, tamén haberá un espectáculo de monicreques o luns ás 20.00 horas na Abadía das Eiras, e unha actuación infantil da man de Peter Punk e Brais das Hortas o xoves ás 20.00 no parque de Pías.

A Cañiza, xogando en cor

0

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, xunto cos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, inauguraron a mostra A Cañiza xogando en cor, unha orixinal idea formada por dez Cubos de Rubik e 6 dados de cores, dun tamaño de 1’25 metros cúbicos feitos por persoal do concello durante o inverno, aproveitando e reciclando os materiais de transporte das novas luces led de Valeixe.

A Cañiza xogando en cor é unha boa mostra de arte efémera, reutilización, reciclaxe, e, por suposto, traballo desinteresado do persoal do concello nos peores días do inverno. O desembolso económico para levar adiante esta interesante idea foi mínimo: un total de 160 euros ou, traducido, 10 euros por cubo.

[su_image_carousel source=”media: 42651,42652,42653,42650″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Agora, esa mostra de inxenio transformado en arte, estará durante esta quincena de agosto (dende o pasado día o 5 ata o domingo 22) en lugares destacados da vila.

Luís Piña, os concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e o persoal do Concello, aproveitaron a posta en marcha desta idea para facer un chamamento sobre “a necesidade de incrementar a reciclaxe e a reutilización de obxectos e materiais. Será positivo para o medio ambiente, para a economía e para todos nós”.

Cada peza, de 1’25 metros cúbicos, pesa 12 quilogramos.

O Goberno local redondelán reafirma a súa aposta polo deporte e pola mellora das infraestruturas deportivas

0

O Goberno local de Redondela, a través da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, vén de rematar os traballos de mellora e recuperación da pista e das bancadas do pavillón do CEIP de Porto Cabeiro, instalación de titularidade municipal e que, fora das horas lectivas, é utilizado por diferentes clubs deportivos da parroquia.

Os traballos contaron cun investimento de 39.304 euros das baixas do Plan Concellos do 2019 e reafirman o compromiso do Goberno que preside Digna Rivas co deporte en todas as súas disciplinas para o que é preciso “contar con instalacións axeitadas e dotadas dos materiais máis innovadores que garantan as mellores condicións para a práctica deportiva e a comodidade para o público asistente”.

Seguindo ese criterio de utilizar materiais innovadores, para a recuperación da pista do pavillón do CEIP Porto-Cabeiro, utilizouse o Game-Fix Skating, un revestimento que pola súa calidade e alta resistencia é utilizado para a práctica da patinaxe e que, polo tanto sofre, un menor desgaste coa práctica de calquera outra actividade deportiva. Este tipo de piso está especialmente recomendado para a súa utilización en instalacións deportivas públicas ou de centros de ensino.

Amais da súa resistencia, este piso ofrece unha superficie continua e sen xuntas polo que, á hora da práctica deportiva, redúcese o risco de lesións ao permitir xiros rápidos sen bloquear o pe das e dos deportistas e aliviando as cargas musculares que se lle transmiten.

Nese sentido, o concelleiro de Deportes, Nacho González, sinalaba a importancia non só de arranxar o piso dun pavillón que presentaba bastantes deficiencias, “senón de facelo con materiais que contribúan a garantir a seguridade de todas as persoas usuarias”.

No que as bancadas fai referencia, foron dotadas de 300 asentos de material plástico de alta durabilidade de cara a mellorar as condicións de comodidade do público asistente aos distintos eventos.

O pavillón do CEIP de Porto Cabeiro, de titularidade municipal –motivo polo que se puideron realizar as obras de mellora– é utilizado por clubs e veciñanza da parroquia fora das horas lectivas do colexio durante as que é de uso exclusivo para as labores propias do centro de ensino.

Salvaterra de Miño continúa co seu programa de mellora da seguridade viaria coa instalación do seu segundo paso de peóns intelixente

Despois da instalación do primeiro paso de peóns intelixente no barrio da As Santas en Oleiros, o Concello de Salvaterra de Miño instala o segundo paso na Vila, neste caso na entrada do pobo, en Rúa Miño, co fin de mellorar a visibilidade e a seguridade do peón.

Este paso é moi utilizado polos nenos e nenas en época lectiva, e ao encontrarse nunha recta moitas veces pasa desapercibido, a pesares da sinalización. Con medidas como  esta, coa instalación dun paso de peóns luminoso e coa redución de velocidade en todo o centro urbano búscase garantir a seguridade dos nosos peatóns.

A Biblioteca Municipal de Tui acolle os graffitis da exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década”

0

Ao longo do mes de agosto o Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, acolle a exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” que recolle unha escolma das obras participantes neste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia en numerosas disciplinas. Unha parte desta mostra colectiva, en concreto os graffiti poden contemplarse na Biblioteca Municipal de Tui.

Nesta mostra figuran as obras de Iria, Fafián, Miguel Aurelio Cajaraville, Fercho R.M. e Margot Rodríguez.

Esta exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A mostra, que ten carácter itinerante, confórmana diferentes traballos de mozas e mozos galegos en seis disciplinas diferentes que participaron nesta iniciativa da Xunta de Galicia que promove o talento e a creatividade da mocidade galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra.

O xulgado cualifica de “irregular, masiva, descontrolada e xeralizada” a contratación no Concello do Porriño

O xulgado do Contencioso–Administrativo Nº1 de Pontevedra vén de cualificar a contratación do Concello do Porriño como “irregular, masiva, descontrolada y generalizada en los últimos años”. Así o reflexa nunha sentenza na que condena á administración local a aboar máis de 6.000 euros a unha empresaria que acordou, co entón concelleiro de festexos, David Alonso, unha actuación da Orquestra América de Vigo na festa pre fin de ano do 2019.

A actuación celebrouse, tal e como se reflicte na sentenza, pero a empresaria tivo que demandar á administración local para que se lle aboaran os servizos prestados.

Segundo a sentenza na que se condena ó Concello de O Porriño por falta de pagamento, a contratación realizouse no verán de 2019 cando a empresaria “suscribió un documento contractual con el Concello de O Porriño, representado por D. David Alonso Barciela, quien estampó el sello del Ayuntamiento junto a su firma, en cuya virtud la referida orquesta se comprometió a realizar el concierto de fin de año por el precio de 5.500 euros más IVA”.

Neste sentido o xulgado de Pontevedra reflicte no documento que “dicho contrato es nulo de pleno derecho por haber sido suscrito en representación del Concello de O Porriño incumpliendo el requisito esencial de habilitación y reserva del crédito necesario para el abono del precio”.

Con todo, unha vez que o xulgado acreditou a realización da prestación de servizos e “sin perjuicio de las responsabilidades en las que pudiera haber incurrido la persona que firmó el contrato en representación del Concello incumpliendo las formalidades” a sentenza establece que “procede compensar a la contratista con el abono de una indemnización equivalente al precio pactado”. Así mesmo, o documento destaca a boa fe da empresaria “que suscribió el contrato, pactando el precio correspondiente, en la creencia de que se estaban cumpliendo las formalidades exigibles” fronte ao “enriquecimiento injusto en el que habría incurrido el concello a costa de la recurrente”.

É por elo, que se remitirá ó Xulgado de Instrución Nº 2 do Porriño a testemuña de particulares desta senteza “para la causa que se tramita en él sobre la contratación irregular, masiva, descontrolada y generalizada del Concello de Porriño en los últimos años”.

Tal e como sinala o PP do Porriño, agora, a administración local deberá aboar un total de 6.665 euros, sen costas nin xuros “al reconocer el Concello los hechos, facilitando la resolución del litigio”.

Os populares porriñeses lembran que non foi só neste ano 2019, a falta de contrato e pago ás orquestras que actúan no Porriño xa que, lembran, “nas Festas do Cristo do 2017, outra sentenza do Contencioso – Administrativo Nº2 de Pontevedra estima a demanda da empresa declarándose la obligación del Concello de Porriño de abonar el principal debido de 18.755 euros, e incrementada tal cantidad con los intereses legales correspondientes.

As facturas desta empresa de espectáculos constátase na sentenza que: “se concluye la existencia de acuerdo entre partes, y la propuesta aceptada por la Alcaldesa para la contratación menor, sin embargo no existe una aprobación del gasto, constatándose además que no existía consignación presupuestaria o disponibilidad de crédito, pues así se indica al pie del documento unido al folio 3. Por tanto, no puede considerarse existente el contrato.

A mocidade poderá acceder ao sistema de autocita a través do seu DNI ou da tarxeta sanitaria

O sistema de autocita que abrirá de novo dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8 terá dúas posibilidades de acceso: a través da introdución do número da tarxeta sanitaria ou, en caso de persoas que non sexan usuarias da asistencia sanitaria do Sergas, a través do seu número de DNI.

No caso das mozas e mozos pertencentes a unha mutualidade, e que por tanto non dispoñan de tarxeta sanitaria do Sergas, recoméndase que se aseguren de que a mutua ten rexistrado o seu DNI, pois só estarán habilitados para entrar na autocita aqueles números de DNI que fosen trasladados á Xunta polas distintas mutualidades.  

No referido aos medios tecnolóxicos dispoñibles, lémbrase a solicitude de autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (É-Saúde). Tamén pódese solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.

Esta fin de semana o sistema de autocita permitirá asignar un total de 25.000 doses para os nacidos entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a vindeira semana. A Xunta de Galicia quere así seguir progresando no proceso de vacinación dos grupos nos que o virus ten máis incidencia. Así, dende o dia 22 iniciou a vacinación do grupo de 29 a 20 anos, no que xa se avanzou considerablemente. Ademais, púxose en marcha a autocita entre os adolescentes, na que, inicialmente, dispúxose de 5.000 doses e 11.000 na segunda apertura.

Ademais, estase a citar por SMS a todos os cidadáns nacidos no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.

O club BM Cañiza pon en marcha o seu tradicional campus de verán

0

Un clásico da oferta de lecer do verán cañicense, o Campus do BM Cañiza, xa está en marcha. Desde o luns 2 de agosto vén celebrando a sexta edición deste campamento de verán, multideportivo e cultural, nesta localidade da Paradanta.

Máis de medio centenar de nenos e nenas entre os 4 e 16 anos de idade, propios da Cañiza e vindos de concellos veciños, gozan de actividades como o balonmán, a natación, manualidades, juagos de verán, cinema e teatro entre moitas outras.

As e os participantes no campus acompañados dos monitores, foron recibidos polo alcalde da Cañiza, Luis Piña, ás portas da Casa do Concello.

Aprobadas as subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Rosal

0

O Concello do Rosal acaba de aprobar as subvencións por concorrencia competitiva ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven algún proxecto social no municipio. Este ano a administración local dobrou o orzamento ata os 10.000 euros para fortalecer a súa colaboración con proxectos de inclusión social de persoas en risco de exclusión, campañas de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional, plans de atención no ámbito das drogodependencias, e proxectos para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación en xeral.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, expón que, con estas axudas, no Concello “queremos colaborar con  proxectos que fan do Rosal e da comarca, moitas destas entidades traballan nun ámbito supramunicipal, un lugar mellor para todas e para todos”. Destaca que o traballo das organizacións sen ánimo de lucro para promover o benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, “é de agradecer, e merecen toda a axuda que lle podamos brindar”. O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra. Esta convocatoria tamén estará publicada na páxina web do Concello. As solicitudes presentaranse no Rexistro electrónico do Concello.

Salceda acomete a limpeza da fachada do CRA Raíña Aragonta

O Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver nestes días as labores de hidrolimpeza das fachadas, canelóns e sumidoiros de pluviais do CRA Raíña Aragonta, unha limpeza extraordinaria que se realiza por primeira vez neste centro, forma parte do Plan de Mellora, mantemento, reparación e limpeza para a posta a punto das instalacións educativas.

A concelleira de Ensino, Gela Lego, adiantou que as previsións son “que todas as tarefas de mantemento e limpeza estean rematadas na primeira semana de setembro”.

Aproveitando a maquinaria tamén se está a repasar e afianzar as lousas da fachada, tanto as de madeira como as de formigón dado que o paso do tempo facía que algunhas das lousas cedan e poderían dar lugar a situacións perigosas.

Realizarase tamén unha imprimación da cuberta plana, na parte superior da entrada principal do edificio, actuando de xeito integral en toda a zona, para evitar filtracións.

Gela Ledo explicou que estes arranxos forman parte do Plan de Mellora e Mantemento que ten o concello en marcha, un plan, lembrou, “que se estende a todos os centros educativos”. Así, nas aulas unitarias das parroquias tamén se están a facer os arranxos de pintura, cambio de redes exteriores, pequenas reparacións, limpezas xerais e rozados.

Doutra banda, no CEP Altamira, este ano e tamén de xeito extraordinario, acométese con hidrolimpadora a limpeza de patios, muros exteriores e sumidoiros.

A alcaldesa de Verónica Tourón, alcaldesa, lembrou que este Plan de Mellora “foi consensuado a finais do curso cos equipos directivos dos centros, cubrindo así as necesidades básicas, para que os centros escolares do municipio estean en condicións para darlle a benvida ás nosas nenas e nenos en setembro”