Mércores, 18 Xuño de 2025

O programa Sumando na Rede de COGAMI anima ás persoas con discapacidade a que fagan voluntariado

A rede de voluntariado de COGAMI inicia en 2001 para canalizar todos os proxectos de voluntariado que se desenvolven, destacando programas como o de acompañamento e apoio a persoas con discapacidade dentro e fóra do domicilio, apoio educativo a estudantes que precisan de reforzo nalgunha materia, apoio nas charlas de sensibilización sobre a discapacidade, na atención ás persoas que realizan natación terapéutica, na práctica de actividades de lecer, entre outros.

Para mellorar esta rede de voluntariado, que arestora supera o milleiro de persoas inscritas, dende COGAMI estanse a desenvolver diferentes programas, a maioría cofinanciados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, como a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras.

Sumando na Rede é un dos programas específicos que desenvolve o servizo de voluntariado de COGAMI. Consiste no desenvolvemento de actividades de sensibilización que teñen por finalidade fomentar a participación de persoas con discapacidade como persoas voluntarias. Levan participado unha media de 200 persoas voluntarias en todos os programas durante este ano.

Formación dirixida ás novas incorporacións de persoas voluntarias é outra das accións que se realizan. Antes de que a persoa entre a formar parte da bolsa de voluntariado, recibe formación inicial de xeito presencial pero, dende que convivimos coa pandemia, estas actividades estanse a implementar tanto presenciais como a distancia en función da situación vinculada ao COVID-19. No que vai de ano recibiron 29 persoas formación en voluntariado.

COGAMI ofrece tamén formación especializada dirixida a persoal que xestiona programas de voluntariado nas distintas entidades que forman parte da Confederación. Este ano 2021, por mor do COVID-19, realizouse unha formación cunha duración de 60 horas de Xestión de Voluntariado Especializado en Programas do Terceiro Sector da Discapacidade e a este asistiron un total de 12 persoas.

O voluntariado tamén participa na realización charlas de sensibilización, concienciación e prevención de lesións medulares que COGAMI dirixe ao conxunto da poboación, sobre todo, a escolares nos centros educativos. A participación das persoas voluntarias consiste en contar as súas propias vivencias. Un total de 565 persoas asistiron a estas charlas que foron impartidas durante este ano e que se retoman a partir deste mes de setembro.

A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra anuncia investimentos para A Paradanta por importe de 1,8 millóns de euros

0

A Comisión Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra celebrou onte a súa reunión mensual no municipio de Covelo, no marco da filosofía de descentralización destes encontros de traballo, e abordou os vindeiros investimentos do Goberno galego para a comarca da Paradanta, que están cifrados en máis de 1,8 millóns de euros.

O delegado territorial, Luis López, mantivo un encontro co alcalde anfitrión, Pablo Castillo, e posteriormente presidiu esta reunión, que se celebrou novamente de xeito itinerante, desta volta no Lugar dos Devas, tras a celebrada o pasado mes de xullo no Centro Cultural de Pedornes, no Concello de Oia.

Na reunión cos responsables territoriais das distintas consellerías abordáronse as principais cuestións de ámbito autonómico, como o inicio da actividade das escolas infantís na xornada de hoxe, o inminente arranque do curso escolar nos colexios e institutos públicos entre esta semana e a próxima, os bos resultados turísticos dos meses centrais do verán en toda a provincia ou o balance da campaña de prevención e extinción dos lumes forestais, entre outros asuntos.

Así mesmo, e dado que o encontro tivo lugar na comarca da Paradanta, tamén se fixo un repaso aos inminentes investimentos da Xunta de Galicia para esta contorna, que está previsto que superen os 1,8 millóns de euros tras a melloras en centros sanitarios e educativos, infraestruturas viarias, accións e servizos sociais e apoio á contratación de persoal realizados este verán.

Deste xeito, está previsto que se destinen máis de 200.000 euros para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco coa seguinte distribución: 68.818 euros na Cañiza, 61.519 euros en Covelo, 39.695 euros en Crecente e 36.008 euros en Arbo. Tamén se vai proceder á modernización de infraestruturas municipais con 50.161 euros para A Cañiza destinados á reforma integral do vial das Adegas, en Valeixe, e con 62.719 euros para Crecente orientados á humanización da conexión Capela-Quintela.

En materia de infraestruturas, estase a traballar na tramitación da mellora integral da estrada PO-400 ao seu paso por Arbo cun orzamento de 1,2 millóns de euros e na reposición do firme na PO-406 entre Varóns e Filgueira, en Crecente. Precisamente, este concello tamén recibe máis de 90.000 euros para o abastecemento de Cavadas e O Cazapal e o saneamento en Xesta e Xestal, ao tempo que se redacta o proxecto de mellora integral da subministración de auga potable para o Concello de Arbo.

Finalmente, a Xunta tamén está tratando de axilizar a constitución do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) para a bisbarra da Paradanta, que terá a súa sede na Cañiza, e para o que se concedeu un camión de última xeración para a atención e coordinación das incidencias valorado en 200.000 euros.

Os nenos e nenas de Ponteareas desfrutarán de 12 xornadas de xogos nos centros culturais este mes

Ponteareas acolle dende hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Celeiros. É a primeira das 12 que percorrerán o municipio durante este mes de setembro, e que continúan o programa lúdico nos centros culturais que xa se realizou en agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que con estas actividades “queremos que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan desfrutar xogando sen saír das súas parroquias”. Ademais indicou que estas xornadas se realizarán soamente nas casas culturais que comunicaron o seu interese para acoller estes xogos. Todas se realizarán co mesmo horario: de 17.30 h a 19.00 h.

Ademais da xornada de hoxe, o Centro Cultural de Celeiros ofrecerá máis actividades mañá. Os vindeiros venres 10 e 27 o Centro Cultural de Bugarín recibirá aos pequenos e pequenas. A quenda do Centro Cultural de Arnoso será os días 10 e 28, a do Centro Cultural de Angoares os martes 14 e 21, a do Centro Cultural “Os Muíños de Oliveira” os mércores 15 e 22, e a do Casa Cultural de Prado os venres 17 e 24.

Para reservar entradas nestas xornadas será preciso contactar coas directiva dos centros culturais. A actividade é de balde e está aberta aos nenos e nenas maiores de 5 anos. O edil de Cultura engade ademais que o setembro de xogos está organizado gardando especial atención ás normas sanitarias.

A Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias ao abeiro do programa de dinamización da lectura ‘Ler conta moito’

As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de  outubro  diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.

Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e  obradoiros que perseguen dunha maneira lúdica chegar ao maior número de nenos e nenas, un programa enfocado a fomentar o hábito da lectura.

Por segundo ano consecutivo, e despois do éxito acadado o ano pasado a pesares da situación sanitaria, as actividades de dinamización á lectura dan un salto ás diferentes parroquias que conforman o concello de Salvaterra, e que poden ter máis difícil acceder dun xeito habitual á biblioteca municipal.

As actividades están dirixidas a nenas e nenos maiores de 7 anos, e serán con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo electrónico [email protected].

Actividades

  • Venres 24/09/2021 
    • Actividade de animación O museo científico por Xesús Fernández.
    • Lugar: Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.
  • Venres 01/10/2021
    • Actividade de robótica educativa. Creatividade inspiradora, impartido por A Nube Animación.
    • Lugar: Centro Cultural Xerme de Cabreira.
  • Venres 08/10/2021
    • Actividade de animación á lectura Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo impartido por Yago García.
    • Lugar:  Casa de Cultura de Leirado.
  • Venres 15/10/2021.
    • Obradoiro de animación á lectura “A arte de ler. Bolsas de mochila” impartido polo GRUPO O FAIADO DE NIN.
    • Lugar:  Casa de Cultura de Meder.
  • Venres 22/10/2021
    • Actividade de animación á lectura Atrapados con Harry Potter impartido por David Ballesteros. 
    • Lugar: Casa do Mestre  en Arantei. 

Empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal tenden novas pontes no MUMI, do 9 ao 11 de setembro

0

Os dereitos das artistas, as diversas formas de apoio á cultura, o papel das salas de concertos e dos festivais, ou o asocianismo na xestión cultural serán algún dos temas que aborden os faladoiros programados polo MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro a Eurocidade Tui-Valença acolle o Encontro Profesional das Músicas no Minho, cun programa completo que xa se pode consultar en mumimusicas.eu.

Ademais das actividades profesionais que discorrerán na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, moita música ao vivo con dezaoito showcases nos 3 días e dous concertos moi especiais: a Orquestra Galego Portuguesa de Liberación o 9 de setembro en Tui, e Galandum Galundaina e Uxía o 11 de setembro en Valença como peche do MUMI. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Deputación de Pontevedra, Bodegas Martín Códax, Gadis e Mel: Piquenique das artes!

Empresas de produción e management, responsables de programacións musicais, xestores e técnicos de cultura, xornalistas e artistas están convidados a inscribirse no MUMI 2021 a través da súa páxina web mumimusicas.eu. A actividade na Zona PRO, instalada na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, botará a andar o xoves 9 de setembro con dous faladoiros: “Dereitos de autoría e dereitos das artistas” (12:45 GZ, 11:45 PT) e “O asociacionismo na xestión cultural” (16:00 GZ, 15:00 PT). Así mesmo o venres 10 están previstos tres faladoiros: “Festivais: creando experiencias arredor da música” (11:00 GZ, 10:00 PT), “Diferentes fórmulas de apoio á cultura” (12:45 GZ, 11:45 PT)) e “As salas de concertos, un referente no sector” (16:00 GZ, 15:00 PT). Durante as mañás do 9 e 10 de setembro as persoas asistentes terán oportunidade de participar en speed meetings que servirán para poñer en contacto a profesionais e empresas que operan en Galicia e Portugal.

A Zona Pro do MUMI 2021 tamén acollerá a exposición “cantáMOLA en galego (2000-2020)”, unha mostra itinerante que amosa a variedade de estilos, formacións e solistas que compoñen o panorama musical en galego a día de hoxe. Os profesionais que participen no MUMI poderán achegarse, a través desta mostra, a referentes na canción de autoría, do pop máis intimista ao rock máis contundente, da electrónica á música infantil, agrupados en catorce roll-ups e co acceso a unha listaxe de reprodución en Spotify e unha canle de Youtube con vídeos de mostra. “cantáMOLA en galego (2000-2020)” é unha exposición cedida polo Concello de Pontevedra e que está promovida pola súa Concellaría de Normalización Lingüística. Dous destacados xornalistas musicais, Pepe Cunha e Teresa Cuiñas comisarian os contidos desta exposición con deseño e produción de Capicúa e que conta cunha cunha unidade didáctica preparada pola escritora Rosalía Fernández Rial.

18 showcases, especiais ao vivo e sesión Duendeneta

A organización do MUMI abre boa parte da actividade do encontro á cidadanía en xeral, con showcases localizados en espazos patrimoniais emblemáticos de Valença como a Fortaleza coas Cortinas de São Francisco ou a Fonte da Vila, e de de Tui como a Praza de San Fernando presidida pola Catedral ou o Paseo da Corredoira. Os showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal serán a columna vertebral do MUMI 2021 e boa parte deles ábrense á asistencia do público xeral. Familia Caamagno, Magín Blanco e A banda das apertas, Oîma, Os d’Abaixo , O Sonoro Maxín, Pálida, Pulpiño Viascón, Silvia Penide e Xacobe Martínez Antelo Quinteto conforman a relación dos showcases galegos. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén nove: Barry White Gone Wrong, Cassete Pirata, Conjunto!Evite, emmy Curl, Jorge da Rocha, José Valente, Káustika, TAKATUM apresenta Ah!Ah!Ah! e The Guit Kune Do. O MUMI 2021 tamén será escenario da estrea absoluta da Orquestra Galego-Portuguesa de Liberación o xoves 9 no concerto de apertura en Tui e dos espectáculos de Galandum Galundaina e Uxía o sábado 11 en Valença como peche desta edición. A organización do MUMI indica que nos concertos abertos ao público a entrada en gratuíta con acceso por orde de chegada e recollida de datos das persoas asistentes.

A animación nas rúas será unha parte importante do MUMI, que incorpora ao seu programa aberto a discoteca móbil vintage “La Duendeneta: os camiños das músicas galegas”, que aparcará na Corredoira en Tui o sábado 11 (19:00 GZ, 18:00 PT). O xornalista musical Carlos Crespo, cunha experiencia de máis de 20 anos na difusión da cultura desde diversos medios de comunicación, trae a súa furgoneta Avia de 1974 ao MUMI para ofrecer un percorrido atemporal e sen complexos polos últimos 50 anos da música en galego, desde Andrés do Barro até Tanxugueiras. Esta sesión didáctica da coñecida music-truck, viaxa pola historia da música galega desde os pioneiros até o día de hoxe e inclúe un código QR a través do que poder escoitar unha lista de reprodución de catro horas con todos os artistas citados no proxecto.

XOVES 9 SETEMBRO

  • VALENÇA
    • 10.30 PT/11:30gz. EXPOSICIÓN DE MÚSICA EN GALEGO DO S. XXI: “cantáMOLA en galego”. Zona PRO (Valença)
    • 11:45 PT/12.45 GZ: FALADOIRO Dereitos de autoría e dereitos das artistas. Zona PRO
    • 12:00 PT/13:00 GZ. SHOWCASE José Valente, Auditório Zona PRO
    • 12:45 PT/13:45 GZ. Acto de benvida. Zona PRO
    • 15:00 PT/ 16.00 GZ. SHOWCASE The Guit Kune Do. Auditório Zona PRO
    • 15:00 PT/16:00 GZ FALADOIRO O asociacionismo na xestión cultural. Zona PRO
    • 16:30 PT/ 17:30 GZ.. SHOWCASE. Oîma. Fonte da Vila (Valença)
  • TUI
    • 19:30 GZ / 18:30 PT. SHOWCASE Cassete Pirata. Praza de San Fernando (Tui)
    • 20:15 GZ /19:15PT, SHOWCASE O Sonoro Maxín. Praza de San Fernando (Tui)
    • 21.30 GZ / 20.30PT. Orquestra Galego-Portuguesa da Liberación, Concerto de Apertura, Paseo da Corredoira, Tui
    • 23:30 GZ/22:30 PT. Pálida. Espazo Off (Tui).

VENRES 10 SETEMBRO

  • TUI
    • 19:30 GZ /18:30 PT SHOWCASE Silvia Penide. Praza de San Fernando (Tui)
    • 20:15 GZ / 19:15 PTSHOWCASE. Barry White Gone Wrong. Paseo da Corredoira (Tui)
    • 21:00 GZ/20:00 PT SHOWCASE Conjunto! Evite. Praza de San Fernando (Tui)
    • 21:45 GZ/ 20:45 PT, Familia Caamagno. Paseo da Corredoira (Tui)
    • 23:00 GZ/22:00 PT emmy Curl. Espazo Off (Tui)

SÁBADO 11 DE SETEMBRO

  • 12:00 GZ/11:00 PT. SHOWCASE. TAKATUM presenta Ah!Ah!Ah! Praza de San Fernando (Tui)
  • 12.45 GZ/11:45 PT. SHOWCASE MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS. Praza de San Fernando (Tui)
  • 15:00 PT/ 16:00 GZ.SHOWCASE KÁUSTIKA. Fortaleza (Valença)
  • 15:45 PT/16:45 GZ. SHOWCASE. Pulpiño Viascón. Fortaleça (Valença)
  • 19:00 GZ/18:00PT La Duendeneta: Os Camiños das Músicas Galegas. Paseo da Corredoira (Tui)
  • 21:00 PT/22:00 GZ. Galandum Galundaina + Uxía. Concerto de clausura, Cortinas de São Francisco (Valença)

Os roteiros culturais da Deputación comezan este próximo domingo con todas as prazas esgotadas

A edición 2021 dos Roteiros Literarios e das Rutas de Arquitectura da Deputación de Pontevedra revalidan a súa excepcional acollida de anos anteriores e arrancarán o vindeiro domingo, 12 de setembro, co cartel de completo para as 225 prazas ofertadas. As rutas literarias se desenvolverán ata o 10 de outubro cun total de cinco sesións noutros tantos concellos, mentres que os sábados será a quenda das catro rutas arquitectónicas, que comezarán o día 18 e finalizarán o 9 de outubro.

Os Roteiros Literarios son desenvolvidos pola Deputación desde o ano 2017 en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e percorren cidades e vilas que son escenario ou que inspiraron obras literaria. Este ano chegarán a Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra, ofertáronse 125 prazas e terán como guías a autores e autoras que toman como base obras propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos.

O dramaturgo Ernesto Is será o encargado de guiar o primeiro dos percorridos, este domingo 12 de setembro en Vigo, en horario de 11 a 13.30 horas, e que leva por título Roteiro de dramaturxia, cunha camiñada por aqueles espazos que serviron de inspiración ou nos que se ambientan obras de autores como Marta Pérez, Cunqueiro, Valle-Inclán, María Xosé Queizán ou o propio Is. Posteriormente, o domingo 19 de setembro será o actor, director e dramaturgo Santiago Cortegoso quen ofrecerá en Moaña o paseo titulado O ronco do carneiro, onde contará historias de fuxidos polos montes de Domaio, inspiradas na obra do mesmo título e que falarán dos lugares e das consecuencias da represión franquista na comarca. Raquel Castro guiará o día 26 en Salvaterra Versos de auga e viño, con paradas en lugares que evocarán a pegada de Cunqueiro, Manuel Puente e Xela Arias entre outros, mentres que o 3 de outubro a xornalista e escritora Ana Cabaleiro guiará en Silleda Memoria e ficción no relato rural, un roteiro que percorrerá parte do centro urbano da localidade para poñer en valor as pegadas literarias que atesoura.

Estes percorridos rematarán o 10 de outubro en Pontevedra, onde o autor Xosé Monteagudo guiará o titulado Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos. Percorrerá escenarios desta novela de Monteagudo , en especial os espazos onde se situaban os cafés dos anos 20 e 30 do século XX, algúns edificios relacionados co pulo da docencia nesa época ou os lugares relacionados coa fundación do Partido Galeguista.

Por outra banda, as Rutas de Arquitectura, que a Deputación puxo en marcha para difundir o patrimonio da provincia en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, volverán percorrer desde o sábado 18 de setembro os pazos, mosteiros, as construcións civís, castrenses e relixiosas da provincia, con catro itinerarios que pasarán por dez concellos e para os que xa se esgotaron hai días as 100 prazas. Estes catro itinerarios, que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas, estarán guiados polas doutoras en Arquitectura Estefanía López e Luz Paz. A primeira conducirá a estrea o día 18 por Pontevedra e Poio, e no que as persoas participantes visitarán as Ruínas de San Domingos, pazos urbanos e as igrexas da Peregrina e San Bartolomeu en Pontevedra, así como o Mosteiro de Poio. A segunda das andainas desenvolverase o 25 de setembro na comarca do Baixo Miño, onde tamén Estefanía López guiará este percorrido polo Mosteiro de Santa María de Oia, a igrexa de Santa María e o Castelo de Santa Cruz no concello da Guarda e a Fortaleza de San Lorenzo de Goián en Tomiño. Por outra banda, Luz Paz ofrecerá as explicacións da ruta do 2 de outubro pola comarca de Caldas, nos concellos de Moraña e Catoira, na que se visitarán o Santuario dos Milagres de Amil (Moraña), e as Torres do Oeste, a ermida e a carballeira de San Cibrán de Dimo en Catoira. A última ruta o 9 de outubro contará coa mesma guía e pasará por espazos patrimoniais na comarca do Salnés, con paradas no Mosteiro da Armenteira (Meis) a Igrexa de Santa María de Dozo (Cambados) e o Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia). O desenvolvemento destes percorridos estará guiado por un estrito protocolo con tódalas medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.

Bruce Grinn e The Mirror enchen de són A Guarda no ‘Música nos Xardíns 2021’

0

O pasado venres 3 de setembro Bruce Grinn foi o encargado de iniciar o segundo concerto de Música nos Xardíns, unha iniciativa coa que o Concello da Guarda quere ofrecer visibilidade aos novos talentos musicais do municipio da súa contorna e que, neste 2021, incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Bruce é un músico independente, formado en Inglaterra onde se creceu como músico tocando en bandas locais, e se estableceu en 2011 na Guarda onde formou o grupo The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decidiu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu debut discográfico en 2018: Fustian Fumes. Con 8 temas de rock-alternativo e un son endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.

Bruce Grinn

En directo, Bruce, acompañado tan só dunha guitarra acústica e algo de percusión, ofreceu o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk e o rock dos anos noventa.

The Mirror

O grupo The Mirror, foi o encargado de pechar a velada, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos Xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia ou Sons do Casco, Baiona).

Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.

Último concerto de Música nos Xardíns 2021

Sábado 18 de setembro ás 21:00 h – The Charráns + Zalomon Grass

The Charráns (A.K.A los charranes) é un grupo local da Guarda nado no ano 2014 e formado entre compoñentes dos grupos Frakaso Skolar e Asegún como resposta a unha sociedade insociable. No ano 2016 editan o seu primeiro disco Punk furtivo da man de Baixo Miño Estudios e despois de ducias de concertos no ano 2020 gravan o seu novo LP en Grabaciones Ilegales con Charlie Thenstill e que foi publicado na internet por falta de fondos para a súa edición. Criáronnos dicindo que poderíamos ser ricos, ser famosos, cortar o bacallao e triunfar na vida, pero todo era mentira. Só uns poucos poden ser ricos e ao resto, tócanos sementar patacas, facer pan, ir ao mar ou construír esas casas que nunca teremos, ao resto tócanos ser Charráns.

Zalomon Grass e o seu desbordante blues cósmico ven a sacarnos da apatía e o entumecemento destes tempos estraños. Se te gustan os power tríos dos vellos tempos, esta é a túa banda.

Estes concertos están apadriñados polo Rock Guardés e o Galifornia Beat.

As reservas de entradas poden facerse no seguinte link: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda

Redondela fomenta o contacto directo entre a veciñanza e as concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno

0

O Concello de Redondela, vén de dar un paso adiante na participación cidadá posibilitando que a veciñanza poida solicitar reunións cos concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e así poder trasladarlles, directamente, as súas demandas e suxestións. Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “establecer canles de comunicación directa entre as veciñas e veciños e os responsables de cada área coa intención de axilizar a administración local”.

Os teléfonos móbiles das concelleiras e concelleiros do Goberno local serán publicados na páxina web do Concello e as veciñas e veciños poderán solicitar, de luns a venres e de 09 h a 14 horas, unha reunión con eles con cita previa.

A maiores, todos los luns, de 17 h a 19 horas, todas as concelleiras e concelleiros e a alcaldesa Digna Rivas, estarán na Casa do Concello a disposición da veciñanza para que lles poidan trasladar, directamente as súas demandas.

“Era unha idea que tíñamos pensado hai tempo pero que, polas restricións provocadas pola pandemia, tivo que ser adiada”, afirma a alcaldesa de Redondela. A iniciativa retómase agoara coa intención clara de facilitar a comunicación directa entre a cidadanía e as concelleiras e concelleiros “o que redundará nunha maior fluidez da xestión municipal”, afirma Rivas.

A eliminación paulatina de restricións por mor da pandemia da COVID, non só se plasma no establecemento do trato directo entre concelleiros, concelleiras e veciñanza, senón que permitirá que a alcaldesa Digna Rivas, poida retomar as reunións coas veciñas e veciños nas diferentes parroquias para coñecer, in situ, as súas inquedanzas, suxestións e reclamacións.

“Para nós, o contacto directo coas veciñas e veciños, sempre foi una prioridade. A chegada da pandemia impediu que puideramos desenvolver con normalidade esa iniciativa e agora, coa baixada das restricións, retomámola e a seguiremos mantendo, periódicamente, ata final do mandato”, afirma a rexedora local.

O reinicio destas xuntanzas periódicas coa veciñanza comezará o vindeiro día 7 de setembro, martes, no Centro Cultural de Cabeiro. Como xa viña facendo con anterioridade, antes da reunión a alcaldesa e as concelleiras e concelleiros, percorrerán distintas zonas da parroquia para, posteriormente, manter o encontro coas veciñas e veciños. “Buscamos que, sen ningún tipo de impedimento e con absoluta liberdade, a veciñanza teña a oportunidade de trasladarnos as súas necesidades”, conclúe Digna Rivas

Máis de 30 propostas para todos os públicos nunhas Festas de Setembro de Ponteareas “seguras”

O Concello de Ponteareas presenta o programa das Festas de Setembro para encher de cultura e de lecer a vila durante todo o mes. Máis de 30 propostas culturais e deportivas completarán unha oferta para todos os públicos, en todos os espazos da vila, e adicada a festexar con seguridade e diversión os seus días festivos.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destacou que todas as actividades previstas están programadas para que todos os veciños e veciñas “desfruten dun mes de setembro ao grande”. “Queremos que as nosas rúas manteñan o dinamismo do verán e, por iso, presentamos unha oferta ampla na que calquera grupo de idade poderá atopar actividades do seu gusto”, concluíu a rexedora.

O mércores 8 iniciaranse Os Remedios cun pasarrúas de xigantes e cabezudos e co posterior concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. O xoves o público familiar poderá gozar co grande espectáculo do Mago Teto antes de que o venres volva a música con Boyanka Kostova, que fará vibrar á mocidade nos centos de cadeiras habilitadas para toda a fin de semana no parque da Feira Vella. O sábado será a quenda dos ritmos verbeneiros do Sonoro Maxín, e o domingo 12 será Pelepau quen peche as festas dos Remedios. Todos os concertos serán gratuítos e terán capacidade limitada. As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través da páxina web: https://www.eventbrite.es/o/concello-de-ponteareas-31045287367

Dada a inestable situación sanitaria, este ano non se celebrará tampouco a Feira Tradicional dos Remedios, que ateigaba antes da pandemia as rúas do centro urbano con varios miles de persoas.

A música do país seguirá sendo protagonista no mes das Festas, e Ponteareas vivirá na mañá do sábado 11 a 34º edición do Festival Folclórico do Condado con actuacións en diferentes puntos do centro urbano para evitar aglomeracións. O sábado 18 a vila será a capital galega da gaita coa 54º edición do Concurso de Gaitas do País, que se clausurará co concerto de Milladoiro ás 22:00 horas no parque da Feira Vella.

A Volta Ciclista a Galicia será o evento deportivo máis importante do programa. Ponteareas será unha vez máis un dos espazos máis de referencia para o ciclismo galego. Entre os días 16 e 19 de setembro a vila do Tea acollerá dúas etapas da 19 edición da Volta Ciclista a Galicia: a inaugural, unha contrareloxo individual de seis quilómetros con saída e chegada no centro do municipio, e a segunda, que partirá dende Ponteareas e regresará a ela tras un percorrido de máis de 140 quilómetros polo concello e a comarca. Previamente, o 12 de setembro, celebrarase unha nova edición do Trofeo Ciclista Festas de setembro, que este ano será ademais o Gran Premio Borja Gómez Méndez.

A música de Tanxugueiras, A Banda da Loba, Grupo América ou Broken Peach, así como espectáculos para a infancia e o tradicional lanzamento de globos, formarán parte da celebración de San Miguel do 29 de setembro ao 3 de outubro para pór o broche ás Festas de Setembro en Ponteareas.

A celebración destas Festas conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da AGADIC, a través dos programas Musigal e Cultura no Camiño respectivamente.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros dous obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana dúas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre as diferentes contornas visuais dispoñibles en Instagram e a plataforma de email márketing Sendinblue.

Este martes 7 impartirase o obradoiro ‘Contorna visual de Instagram: todo sobre contido de imaxe’, no que a titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, Lara Taboada, falará das diferentes contornas da rede social, o tipo de contido que debe prepararse para cada unha delas, formatos máis axeitados, tendencias e consellos para mellorar o perfil.

Pola súa banda, o mércores 8, a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde, impartirá ‘Ferramentas de Email Márketing: Sendinblue’, obradoiro no que se centrará nesta ferramenta que fai máis áxil, eficiente e rápido o proceso de creación dunha estratexia de márketing dixital. No seu transcurso crearase unha campaña de email, editaranse diferentes modelos e explicarase o seu funcionamento.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Seis equipamentos da provincia financiados pola Deputación optan aos premios COAG de arquitectura

“Non é casualidade e responde ao modelo transformador, sostible, dixitalizado, moderno e de recuperación do espazo público que promove a Deputación”. A presidenta provincial, Carmela Silva, amosou hoxe a súa satisfacción polo novo recoñecemento ao modelo da institución que supón a inclusión de seis obras realizadas na provincia da man da Deputación nas candidaturas aos Premios COAG de Arquitectura, que se fallarán a finais de mes.

Trátase do campo de fútbol da Gandareira (Silleda), cun orzamento de 1,3 millóns que se financiou en parte co Plan Reequilibrio e o Plan Concellos; o campo de fútbol de Campañó (Pontevedra), cun investimento dun millón de euros a través dun convenio co Concello; a Escola Infantil de Vilaxoán (Vilagarcía), financiada co Plan Concellos; a restauración da Fonte do Campo da Torre (Caldas), subvencionada a través das achegas para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico e Cultural; o Parque Central da Cañiza, financiado co Plan de Reequilibrio e os proxectos de mobilidade peonil do Seixo en Tomiño, que contou co financiamento do Plan DepoRemse.

Carmela Silva lembrou que as actuacións derivadas do Plan de Reequilibrio ou DepoRemse “tiñan que cumprir uns baremos que teñen logrado que sexamos unha gran referencia”. “Está claro que a Deputación ten un modelo do que me sinto orgullosa –sinalou-. As administracións non están para dicir que queren máis poder, senón para mellorar a vida da xente e mellorar todos os concellos”.

A presidenta destacou tamén o feito de que algúns destes proxectos xa acadaron recoñecidos galardóns, como o campo da Gandareira, que entre outros conseguiu premio na XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU); a Escola Infantil de Vilaxoán, mención especial nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 e accésit en los Premios Juana de Vega de Intervención na Paisaxe 2019; o campo de fútbol de Campañó, finalista dos Premios FAD 2020 e a restauración da fonte do Campo da Torre, premio Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2019.

Máis de medio centenar de peregrinos parten dende Gondomar para cubrir o Camiño de Santiago por etapas

0

Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis 50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo, poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.

Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e, finalizar, o día 25 de setembro cubrindo ou tramo Valga-Santiago de Compostela.

[su_image_carousel source=”media: 44239,44241,44242,44243″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Cada xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.

Dende a concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a Covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.

A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.

A Asociación Galega de Ambulantes Autónomos denuncia a “ausencia de control” no mercado de sabarís

0

“A policía Local non fixo ningún tipo de control permanente durante o verán no mercado de Sabarís, permitindo a venda sen Licencia Municipal para exercer a actividade” denuncia a Asociación Galega de Ambulantes Autónomos (AGAA) nun comunicado remitido aos medios de comunicación.

A Asociación denuncia o que cualifica de “falta de control do Concello de Baiona no mercado de Sabarís” que se celebra os luns, recollendo as queixas das e dos comerciantes con licenza para a venda ambulante que aseguran que “a Policía pasa e mira para outro lado, só lle pide a licenza a quen xa saben que a ten”. Esta actitude, asegura a AGAA, provoca unha situación “de competencia desleal” que prexudica aos comerciantes debidamente autorizados.

Nas dúas últimas feiras –explica a presidenta da Asociación, Margarita González, “foi cando a Policía local comezou a pedir as licenzas que, como sempre cando se cumpre a data de límite de pago das taxas semestrais por ocupación da vía pública, comezan a facer o seu traballo e esquécense ata dentro de 6 meses”.

A AGAA solicítalle ao alcalde de Baiona e ao concelleiro de Comercio que “ordene o control continuo todos os luns do ano e así poder ter un mercado seguro para os usuarios que como consumidores poden esixir os seus dereitos”. Nese sentido a Asociación Galega de Ambulantes Autónomos lembra que cos comerciantes sen licenza “os consumidores non teñen onde reclamar, xa que non están á vista os datos do comerciante”.

¡Indultos!

Hace unas semanas fue la época de los indultos. Por un lado, se indultaron a los “díscolos catalanes” que quisieron “separarse de la madre patria” para ocultar las vergüenzas de tantos años de corrupción ya que, si no no se entiende. Ni historia ni, sobre todo los datos económicos, lo sostienen por ningún lado. Que se lo digan a Escoceses que, históricamente, estuvieron siempre luchando por la independencia de Inglaterra y cuando tuvieron oportunidad, no lo hicieron –otra cosa diferente sería en estos momentos después del Brexit, lo dicho, manda la economía, porque ¿a quién venden su petróleo?– o a Québec en Canadá, que cuando simplemente propuso un referendum legal, 400 de las 500 mayores compañías se marcharon para otras regiones del país.

Los indultos son el pago del peaje por estar en el poder, los votos para agarrarse al bastón de mando, ¿se indultará también al de Waterloo que está viviendo con paga que sale de todos nuestros impuestos a lo grande? Tiempo al tiempo.

También nos han indultado a todos, porque ya no es obligatorio el uso de mascarillas en exteriores, así que venga, libre albedrío, porque el virus ya ha desaparecido. Pero si ha desaparecido, ¿cómo es que en la fiesta de fin de curso que organizaron cientos de jóvenes en Mallorca se han contagiado y ya hay más de mil casos? ¿pero no había desaparecido? Porque casos cómo ese, dan a entender que todavía sigue ahí, pero bueno, en fin, después, cuando tengamos que volver a cerrar todo, nos echaremos de nuevo las manos a la cabeza.

Y el tercer indulto semanal, ha sido el del recibo de la luz, porque ahora, como algo excepcional, bajan el IVA de la factura eléctrica, siempre que no se pase de una potencia contratada de x cantidad, dicho impuesto baja del 21 al 10 % hasta final de año, porque claro, la energía eléctrica no es algo esencial y el próximo año, con la subida de salarios y pensiones que vamos a tener todos, aunque se vuelva a subir de repente un 11% el recibo de la luz, no pasa nada, ¿o será que como la luz está tan cara y lleva subido tanto ese porcentaje ya pasa desapercibido? ¿alguien se cree que vamos a notar en el recibo la bajada de este impuesto? Esto es como en las rebajas, que te ponen un precio rebajado sobre uno superior al que normalmente está el producto para que así realmente pienses que te hacen un muy buena oferta, pero la realidad lo que dice, es que algo tan esencial como la energía eléctrica, cada día es más cara.

Quién no va a realizar ningún tipo de indulto, somos nosotros y os vamos a seguir proponiendo como todas las semanas, buena música, como muestra, esta semana, música electrónica de calidad, en primer lugar, Vicent Villuis, más conocido como Aes Dana, una verdadera referencia en la música ambient contemporánea y por otro lado, ‘ramp, el proyecto de Stephen Parsick, reserva de calidad para todos los paladares amantes de la buena música electrónica, espero que los disfrutéis.

Aes Dana

Pollen

2017

Publicado originalmente en 2012 en CD, Ultimae Records, el fantástico sello francés de música electrónica y ambient contemporánea, nos presenta la reedición de éste trabajo en un doble LP con una presentación fantástica.

‘Pollen’ son diez temas compuestos por Vicent Villuis más conocidos por todos como Aes Dana, un tabajo vibrante y lleno de intensos momentos de la mejor música Downtempo y Trance de la actualidad, un trabajo que está inspirado en la polinización de las plantas.

Sin lugar a dudas, un hombre que nos sigue demostrando que es en la actualidad una referencia de estos estilos musicales.


‘ramp

Synchronize or Die

2017

http://www.parsick.com/

Muchos no conoceréis éste proyecto, que fue fundado originalmetne en 1996 por Stephen Parsick, Lambert Ringlage y Frank Makowski, aunque Ringlage abandonó muy pronto el proyecto, pero los amantes de la buena música electrónica seguro que si lo conocéis y es que su primer trabajo ‘Nodular’ es espectacular.

En el año 2008 Frank Makowski abondó el proyecto y se quedó solamente Stephen Parsick tras él y éste trabajo que os presentamos es del año 2017, después de cinco años sin editar nada y la verdad, que la espera mereció la pena, porque nos volvemos a encontrar con una disco donde las secuencias vuelven a llamar a nuestras puertas como los buenos vinos, reserva de alta calidad para los amantes de la música electrónica de la escuela Berlín, con cinco temas que se disfrutan, con sus largos desarrollos, cómo a nosotros nos gustan.

Sin lugar a dudas, música electrónica de la buena para disfrutar.

Cómo no hay ningún vídeo de este disco disponible, os dejamos con un tema de Stephen Parsick:

Xesús Constenla, «O peso do cerebro»

Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos. A pesar da dureza da historia e coma se fose unha reacción ao tempo pandémico que nos tocou vivir, o escritor apela ao humor coma recurso narrativo de primeira orde para facer máis levadeira a trama, chegando incluso a prantexamentos que rozan o surrealismo o que, ao meu entender, é un dos acertos da novela. Mais non o principal.

Na súa viaxe pola cidade, naerrada coma un longo monólogo interior, as lembranzas apodéranse do protagonista ata chegar a dirixir o seu camiñar. Don Honorio teima en acudir ao peirao para coller a lancha que o levará á outra beira da ría, onde unha loura agarda por el para iren xuntos á verbena. Esta imaxe dun pasado lonxano é a que marca a andaina do vello que, polo camiño, irá sumando unha serie de personaxes ben peculiares cos que se crea unha especie de confraría que acompaña a don Honorio, mentres, en paralelo, a súa neta e mailo mozo desta, Marcos, despregan o seu nerviosismo na procura do avó perdido.

A devandita confraría, integrada por un neno repelente que pasea unha robaliza coma se fose a súa mascota, a estatua de bronce dun vello marqués, un falso nazareno cun aquel de pervertido, ou dous rondallistas desafinados, entre outras personaxes igualmente estrafalarias, percorre a decadente cidade coma unha Estantiga vida a menos coa intención de dirixir os pasos de don Honorio cara ao peirao, o que engade unha dose extra de adrenalina a un desenlace que non resulta especialmente sorprendente. Máis o valor da novela non está no peche, senón no desenvolvemento da trama. Aí é onde Xesús Constela desprega unha morea de recursos cos que enganchar ao lector, a pesar do desconcerto inicial. E abofé que é quen de conseguilo.

Para iso conta coa inestimable colaboración de dúas personaxes máis que, para min, agora si, son o gran descubrimento desta historia: dúas mulleres que habitan unicamente nos abundantes pés de páxina, facendo comentarios sobre todo canto acontece e, ás veces, aportando información extra sobre a trama. Dúas espectadoras máis, coma o lector, ao que lle fan chiscadelas constantes cos seus chismes e dixomedíxomes. É tal a forza destas personaxes que ao autor non lle quedou máis remedio que concederlles un espazo propio alén do pé de páxina, en forma de capítulo extra dialogado case ao final do relato. Son elas as que aportan moita da retranca que ten a novela e as que enfían as distintas escenas até conformar unha especie de espiña dorsal sobre a que se asenta a trama.

Xesús Constela

O peso do cerebro

Xerais

Ponteareas leva o seu Corpus á Semana Verde de Galicia

Silleda converterase nestes días no mellor escaparate para o Corpus de Ponteareas. O Concello participará ata mañá domingo na Semana Verde de Galicia formando parte do stand do Xeodestino Condado-Paradanta, onde dará a coñecer a todo o público participante a única festa galega de arte efémero declarada de Interese Turístico Internacional.

Trátase dunha oportunidade “para achegar unha das nosas festas máis emblemáticas aos miles de visitantes que pasan cada edición por esta feira que acolle unha morea de certames turísticos paralelos, como Turexpo Galicia ou Festur”, como salienta a concelleira de Turismo, Eva Gil Solla.

Durante a fin de semana, as e os participantes na feira de Silleda poderán descubrir o gran patrimonio cultural ponteareá dunha festa coa arte floral como protagonista e que cada ano se vive de forma intensa nas rúas do municipio. O Xeodestino ocupará o stand 24, situado no pavillón 1, onde se promocionará o territorio e as súas festas de interese turístico como destino.

Máis de medio centenar de peregrinos parten dende Gondomar para cubrir o Camiño de Santiago por etapas

0

Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis 50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo de Gondomar, poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.

Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e, finalizar, o día 25 de setembro cubrindo ou tramo Valga-Santiago de Compostela.

Cada xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.

Dende a Concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a Covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.

A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.

Orpagu, 25 anos á vangarda

0

O milagre de que A Guarda, localidade galega de 10.025 habitantes, sexa o referente europeo do palangre de superficie, ten moito que ver co paso adiante que en 1995 deron 15 armadores ao constituír unha organización profesional, Orpagu, que representase os seus intereses: os dunha frota dirixida agora ao peixe espada tras pescar pescada en Marrocos durante a década dos 80, ata que o caladoiro deixou de ser rendible. Festexar ese exitoso cuarto de século de vida foi o obxectivo dos actos de aniversario que mobilizaron hoxe á cidadanía guardesa ao redor dun dos seus referentes e que contou co apoio de institucións pesqueiras de España e Portugal.

Na memoria, aquel 31 de agosto de 1996 no que nacía xa de forma oficial a Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) con 78 barcos e unha estrutura adaptada ás necesidades das súas empresas asociadas, maioritariamente de carácter familiar. O seu primeiro obxectivo foi o uso dos fondos europeos para a renovación dos barcos. Neses anos, desde Orpagu tramitáronse os expedientes de construción dunha vintena de novas unidades e a modernización de practicamente toda a frota do grupo. En Bruxelas xa empezaban a fixarse nesta pequena localidade galega.

Nestes 25 anos, Orpagu converteuse na organización de palangre de superficie máis importante do continente cun volume de produción conxunta, entre os asociados galegos e portugueses, que supera as 5.000 toneladas anuais de peixe espada, unha facturación por encima dos 60 millóns de euros e máis dun milleiro de empregos directos. Nisto ten moito que ver a unión da Guarda con Portugal, iniciada formalmente en 2017 coa adhesión da primeira empresa pesqueira lusa, o que conferiu a Orpagu a categoría de organización transnacional. Esta relación fortaleceuse en 2020 coa alianza estratéxica con Vianapesca, a Cooperativa de Armadores de Pesca Artesanal de Peniche e a Asociación de Armadores de Peniche. Desta forma, aos 39 palangreiros da Guarda uníronse outros 40 portugueses que, desde ese momento, realizan as súas descargas no porto de Vigo.

Este crecemento non é casual. A aposta de Orpagu por un modelo sostible e pola innovación marcaron a súa singradura nestes 25 anos e o seu carácter emprendedor ha quedado reflectido nalgunhas das accións que puxeron en marcha neste tempo. Un bo exemplo é a súa incorporación á comercialización dos seus produtos, transformándoos en conservas delicatesen ou noutros formatos capaces de captar a novos consumidores, como é o caso das hamburguesas de peixe espada. De Orpagu tamén saíu o deseño dun dispositivo ‘ salvatortugas’, para garantir a supervivencia das que capturan accidentalmente, así como o liderado do proxecto Obepal, que ten como obxectivo a estandarización da metodoloxía de observación electrónica pesqueira monitorada como alternativa e complemento á presenza de observadores físicos a bordo, pero mantendo a mesma fiabilidade.

Da vela ríxida aos exoesqueletos, sempre na vangarda

Pero, sen dúbida, unha das iniciativas máis ambiciosas da organización guardesa foi a súa aposta por un proxecto pioneiro para conseguir maior eficiencia enerxética nos barcos, potenciando o uso do vento para reducir o gasto de combustible e as emisións contaminantes. Así, o pasado mes de xuño, o palangreiro “ Balueiro Segundo” converteuse no primeiro pesqueiro do mundo en navegar cunha vela ríxida, un dispositivo de 12 metros de altura dotado dun sistema de control autónomo co que esperan contribuír á redución de emisión de gases.

Coincidindo co 25 aniversario, Orpagu fixo realidade outro dos seus soños: contar cunha infraestrutura propia que lle permita pechar o círculo da súa actividade, desde a captura á comercialización, pasando polo proceso de transformación e produción. A compra dunha parcela de máis de 7.000 metros cadrados en Tui permitirá construír unha planta frigorífica cunha capacidade de almacenamento de 3.000 toneladas de peixe e unha aula de I+D para desenvolver novos produtos.

Nesta liña enmárcase precisamente o novo reto da organización, agora en colaboración co Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia: a utilización por primeira vez no sector pesqueiro de exoesqueletos, uns armazones construídos “ad hoc” para potenciar a forza e os movementos das persoas que os leven co din de manipular sen esforzo as especies de gran tamaño que captura a frota de Orpagu.

Toda esta información é a que conforma a exposición organizada con motivo do 25 aniversario. Os 10 tótems exhibiranse no Concello da Guarda e o Paseo Marítimo ata o próximo día 17 de setembro. Esta mañá tivo lugar a presentación da mostra nun acto que contou coa presenza da secretaria xeral de Pesca do Goberno de España, a secretaria de Estado de Pesca de Portugal e a conselleira do Mar, sendo presidido polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o propio presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla.

A actuación musical dunha agrupación local, unha comida de confraternidade e diversas actividades para os máis pequenos completaron o programa co que Orpagu festexou os seus 25 anos de existencia. E o que queda…

Luis Piña visitas as obras do Pavillón Carballo do Marco

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou onte as obras dos vestiarios do Pavillón Municipal Carballo do Marco, que están subvencionadas ao 100% polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

A contía total da subvención ascende a un total de 46.714,15 euros. Esta reforma permitirá ofrecer un servizo de calidade aos usuarios ademáis de dotar ao pavillón dunha apariencia máis moderna, funcional e saudable. Cabe destacar que neste investimento tamén está incluída a obra de cambio do tellado do campo de fútbol do Vieiro, recentemente iniciada.

A reforma inclúe as obras de renovación das instalacións de electricidade e fontanería con instalación de novos aparellos sanitarios; execución de novos revestimentos en paredes da zona de duchas de todos os vestiarios  e pintado do resto de paredes con pinturas resistentes á humidade e antimofo; colocación dun novo pavimento vinílico antiescorregadizo no chan dos vestiarios e do corredor de acceso aos mesmos; sustitución do falso teito  de madeira por aluminio;  instalación de duchas con elementos antivandálicos e con temporizador para aforrar auga e reparación das paredes dos corredores.

Unha obra que, como xa manifestara o alcalde o pasado ano, encaixa na política do Goberno municipal de rehabilitación e mantemento dos bens municipais existentes, aplicando “rigor orzamentario”, ao non ter que aportar o Concello ningún recurso propio.

Unha reforma moi necesaria

Construida no ano 1983, esta instalación deportiva é unha das máis utilizadas polos clubes da localidade, onde se desenvolven importantes actividades e competicións. Con todo, durante os seus 37 anos de vida, os vestiarios do pavillón apenas sufriron modificacións, presentando importantes deterioros e desperfectos acumulados ao longo do tempo.

Ademais, as condicións de salubridade tampouco eran as máis óptimas para este tipo de instalacións, xa que a ventilación natural era insuficiente polo que provocaba humidades e un ambiente insalubre, motivo de queixa dos usuarios.

Por todo isto, o alcalde Luis Piña, dentro do seu primeiro Plan Concellos da Deputación, incluiu esta obra de rehabilitación, encamiñada a mellorar as condicións de salubridade e ventilación dos vestiarios másculino, feminino e dos árbitros.

Unha escultura de media tonelada de vidro reciclado, homenaxea en Mos a Óscar Pereiro

0

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España e o Concello de Mos renden homenaxe ao seu veciño natal Óscar Pereiro, exciclista e campión do Tour de Francia en 2006, pola súa traxectoria deportiva e o seu labor en defensa da sustentabilidade.

En colaboración coas autoridades locais, Mos acolle unha escultura do deportista, realizada con vidro reciclado por Ecovidrio, para recoñecer o compromiso de Óscar Pereiro co ciclismo e a promoción da reciclaxe como hábito exemplar para o coidado do medioambiente.

No acto de inauguración desta escultura, situada á beira do Edificio Multiusos das Pozas, participaron familiares, amigos e veciños da localidade así como diferentes autoridades institucionais e deportivas do ciclismo español e galego.

Unha homenaxe que simboliza os méritos deportivos do exciclista mosense e o seu activismo para promover a sustentabilidade no deporte como embaixador de Ecovidrio e La Vuelta por sexto ano consecutivo.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “para Mos é un orgullo acoller a edición máis sostible da historia de La Vuelta e facelo xunto a un dos nosos veciños máis ilustres. Esta escultura lembraranos sempre que o compromiso de cada un dos nosos veciños, tal e como demostrou o exemplo de Óscar, é fundamental para preservar a riqueza da nosa terra, todo un paraíso natural que queremos que sigan gozando as xeracións vindeiras”.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fdez-Tapias encomiou o compromiso de Óscar Pereiro co medio ambiente, “o seu labor como embaixador de La Vuelta Sostible e a súa aposta pola reciclaxe que permitiu levar a mensaxe da sustentabilidade a todos os afeccionados e afianzar aínda máis o compromiso dos ciclistas co medio ambiente”.

Borja Martiarena, director de Marketing de Ecovidrio, comentou “non se nos ocorre mellor forma de agradecer a Óscar o compromiso que demostrou durante máis de seis anos con Ecovidrio, a reciclaxe e o medioambiente que facelo no seu pobo natal. Óscar é un deportista excepcional e un compañeiro perfecto para difundir a mensaxe da sustentabilidade”.

Óscar Pereiro, embaixador de Ecovidrio e La Vuelta 21, sinalaba: “Todo o meu agradecemento á terra que me acompañou desde os meus inicios na carreira deportiva. Esta homenaxe quero dedicarlla a todos os profesionais que fan deste deporte unha referencia de competitividade, esixencia e compromiso, tanto co ciclismo como co medioambiente. Da mesma maneira que os ciclistas percorren máis de 3.300 km en 21 etapas, se desde o deporte e desde a sociedade preservamos o noso compromiso co medioambiente e a reciclaxe de vidro, todos alcanzaremos unha meta que é común: a saúde do planeta e a saúde das persoas”.

Como guiño á terra que lle viu crecer, Óscar Pereiro deseñou a penúltima etapa de La Vuelta 21, unha das máis decisivas para coñecer quen se alzará coa Camisola Vermella na última meta. O final da Etapa 20 será inédito na historia da proba ciclista: terminará no alto do Castro de Herville, no Concello de Mos, con fortes subidas e tramos de ata un 11,8% de desnivel.

“A Etapa 20 será decisiva porque é unha percorrido clave para o final de La Vuelta e está especialmente deseñada cos perfís de ascensos máis importantes nos que eu adestraba como profesional. Como ciclista, sempre quixen poder competir neses portos e será todo un orgullo para min acompañar aos deportistas nesta etapa, tan esixente a nivel deportivo e, á vez, referencia para a sustentabilidade nos espazos naturais”, sinala Óscar Pereiro.

Outra das grandes novidades da 76ª edición de La Vuelta é que tamén conta coa colaboración do exciclista mosense como embaixador do deporte sostible. Este ano Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, e La Vuelta propuxéronse converterse na edición máis sostible da historia da competición para transformar o evento nun auténtico exemplo de sustentabilidade. Menos residuos, máis reciclaxe e un obxectivo común: visibilizar a importancia de construír un futuro sostible tanto a nivel competitivo como social.

La Vuelta máis sostible da historia

A gran cita do ciclismo español multiplica unha vez máis as súas iniciativas ambientais para converterse na máis sostible da historia. La Vuelta 21 será de novo un escenario para a sensibilización sobre a importancia da reciclaxe para combater o cambio climático e a perda de biodiversidade. A penúltima etapa de La Vuelta, que arrinca o 4 de setembro en modalidade de montaña, acollerá as novas medidas a favor do medioambiente impulsadas por Ecovidrio para promover o espírito máis ecolóxico da rolda.

Por primeira vez, as recollidas do “Pelotón Verde” de voluntarios de Ecovidrio ampliáronse a cada unha das 21 etapas da volta ciclista para mellorar a pegada ambiental do evento. Ademais, outra das grandes novidades deste ano será a instalación de Eco Zonas ou áreas de recollida de refugallos patrocinadas por Ecovidrio para que os corredores poidan depositar os residuos, de acordo coa nova normativa ciclista. Como en edicións anteriores, Ecovidrio instalou contedores personalizados con imaxes da campaña nos municipios polos que pasa La Vuelta.

Os residuos de vidro que se recollan neses contedores serán utilizados para a realización dos trofeos de etapa que levantarán os corredores vencedores. Ademais, o número de contedores multiplícase ata 12 en lugares visibles do final da meta en Mos.

Sobre Ecovidrio

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España. En 1997, tras a aprobación da Lei de Envases e Residuos de Envases en 1997 e o arranque das súas operacións en 1998, converteuse na entidade xestora dun modelo de reciclaxe que garante un servizo completo e ao que teñen acceso todos os cidadáns. En termos de financiamento, 8.000 compañías envasadoras fan posible, coa súa achega a través do punto verde, o sistema de reciclaxe. O labor de Ecovidrio destaca por garantir a reciclaxe de alta calidade a través do contedor, potenciar as infraestruturas de contenerización e recollida, investir en plans e recursos destinados a incrementar a reciclaxe de envases de vidro na hostalería, mobilizar aos cidadáns a través de campañas de sensibilización e promover a prevención e o ecodiseño dos envases. Nas últimas dúas décadas o sistema de Ecovidrio permitiu o crecemento exponencial da taxa de reciclaxe pasando dun 31,3% no ano 2000 ao 76,8% en 2018, segundo os últimos datos oficiais do Ministerio para a Transición Ecolóxico e Reto Demográfico (MITERD).

A reciclaxe de envases de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sostible, fomentar a transición cara á economía circular e loitar contra o cambio climático. Ademais, a reciclaxe de envases de vidro é unha actividade apoia o cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, concretamente, redunda sobre os obxectivos (11) Cidades e comunidades sostibles, (12) Produción e consumo responsables e (13) Acción polo clima.

Sobre Unipublic

Unipublic é unha empresa especializada na creación, organización e comercialización de eventos deportivos de elite. Creada en 1975, xestiona desde 1979, a responsabilidade organizativa La Vuelta, a proba máis importante na súa modalidade a nivel nacional e unha das máis importantes do mundo. Máis de catro décadas á fronte da súa organización, nos que Unipublic soubo desenvolver e implementar un selo de calidade e profesionalidade. Desde 2008, coa adquisición da empresa por parte do grupo francés Amaury Sport Organisation (A. S.Ou.), organizadores do Tour de Francia ou o Dakar, entre outras probas deportivas, Unipublic goza da estabilidade e o prestixio que lle confire unha das empresas de referencia na organización de eventos a nivel mundial. Ademais, continuou expandíndose no universo da bicicleta. Fíxoo a través da creación e impulso de marchas cicloturistas no Principado de Asturias e a Comunidad de Madrid. Unipublic sustenta a súa política de traballo en catro piares fundamentais: a innovación, a paixón, a proximidade e o talento. Valores consolidados polo saber facer da empresa.

Nigrán ofrece este luns o documental ‘Donde acaba la memoria’ coa presenza de Pablo Romero e de Ian Gibson

0

O Concello de Nigrán ofrece este luns 6 de setembro no Auditorio do Centro de Negocios de Porto do Molle ás 19:00 horas a proxección da recente estreada película documental ‘Donde acaba la memoria’ coa presenza do seu director, o nigranés Pablo Romero, e do seu protagonista, o célebre hispanista irlandés Ian Gibson. Ambos establecerán posteriormente un coloquio co público asistente (a entrada é de balde, estando o aforo limitado por protocolo Covid).

Romero-Fresco, profesor contratado Ramón y Cajal na Universidade de Vigo e Honoray Professor of Translation and Filmmaking na  londinense de Roehampton, iniciou este proxecto documental cando hai 8 anos coñeceu casualmente no Reino Unido a Ian Gibson e ao seu amigo, o lendario cineasta Mike Dibb. En ‘Donde acaba la memoria’, Romero percorre Las Hurdes, a mítica Residencia de Estudiantes e Granada co obxectivo de construír o retrato de Ian Gibson, e para elo conta tamén coa colaboración de Mike Dibb, Carlos Saura e Roman Gubern. 

“É un dobre orgullo para este Concello ofrecer esta película, por un lado porque é froito do traballo dun nigranés recoñecido mundialmente polo seu traballo sobre tradución e accesibilidade e, por outro, porque recibimos a Ian Gibson en persoa, o gran historiador do noso pasado máis recente”,  explica o alcalde e tamén historiador Juan A. González, experto precisamente na Guerra Civil, polo que se recoñece “especialmente ilusionado de poder charlar con  Gibson”, un auténtico detective literario que leva máis de 50 anos traballando para recuperar a memoria recente de España a través das biografías de tres dos seus xenios máis recoñecidos: Buñuel, Dalí e Lorca.

“O plan inicial era revisitar o documental histórico de Buñuel en Las Hurdes, pero pronto se fixo evidente que a historia estaba en Ian…”, confesa Pablo Romero, quen despois dun ano de montaxe para converter 50 horas de metraxe nun corte final dunha hora sufriu o roubo da cinta na súa propia oficina. “Esa foi a primeira das moitas mortes de ‘Donde acaba la memoria’ durante case unha década que tamén incluíu o nacemento dos meus dous fillos e cambios de traballo e de país. Pero unha película sobre a perseveranza dunha vida adicada á busca non pode abandonarse así como así”, refire. Consecuentemente, tres anos despois da subtracción, viaxou con Ian a Granada para acompañalo na presentación da última edición do seu libro e visionou unha gravación súa inédita da famosa entrevista co enterrador de Lorca, material que aparece neste documental.

Esta película marca a fin dunha longa viaxe para o director e para o propio historiador, con máis de medio século de traballo desde que deixou a súa Irlanda natal para viaxar a Granada e escribir unha tese sobre Lorca. 

O Museo Meirande solicita a súa inclusión na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA)

0

A Concellería de Turismo que xestiona María Castro, vén de solicitar a inclusión forman do Museo Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) á que, ata o de agora, non pertencía. Unha das primeiras decisións tomadas pola nova concelleira foi preparar a documentación e presentar a adhesión do museo redondelán, solicitude que será levada á reunión que esta asociación museística celebrará neste mes de setembro “polo que esperamos que o Meirande sexa membro de pleno dereito do REMA neste vindeiro mes de outubro”, engade Castro.

Tal e como explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a inclusión do Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos “non só pon ao Meirande no mapa dos museos costeiros de Galicia, norte de Portugal e Asturias, senón que é un extraordinario elemento de dinamización do patrimonio ligado ao mar”.

Cómpre salientar que os museos –31 nestes momentos– que pertencen a rede, acollen exposicións temporais dos fondos cedidos polos seus membros “o que nos brinda unha marabillosa oportunidade de dar a coñecer os fondos do Meirande noutros espazos e, ao mesmo tempo, acoller fondos procedentes de museos membros para a súa exposición de difusión”.

Tanto a alcaldesa como a concelleira de Turismo, chaman a atención sobre a importancia de pertencer a unha rede na que, entre outros, atópanse o museo da Torre de Hércules, o Museo de Historia Natural do Ferrol, o Museo Marítimo de Asturias, a Casa da Navegación de Baiona ou Museo do Mar da Guarda.

O REMA foi posto en marcha polos GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) Costa da Morte e Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia: Costa Sostible e ten como obxectivo poñer en valor todo o patrimonio –material e inmaterial– ligado ao mar. De feito, lembra a alcaldesa de Redondela, “o REMA é a primeira rede especializada de contidos relacionados coa cultura mariñeira” polo que cualificou de “imprescindible” a presenza de Redondela neste organismo dada a súa estreita vinculación co mar e a importancia que o Meirande ten como centro de interpretación dun espazo histórico como Rande e a enseada de San Simón.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrece seis cursos durante o mes de setembro

A aula CeMIT comeza o mes de setembro de maneira intensa con seis formacións gratuítas a disposición da veciñanza. Os cursos son de balde e as persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 634 238 962 ou no correo [email protected]. O concelleiro Innovación, Benito Márquez, anima á veciñanza a asistir a uns cursos que “poden ser moi útiles a nivel laboral e educativo”.

Os luns en horario de 16.00 a 18.30 horas hai un curso de trámites coa E-administración, ese mesmo día hai outro de iniciación co Libre Office que comeza ás 18.30 e remata ás 21.00 horas, tamén os mércores e os venres ata o 17 de setembro.

Os luns, mércores e venres do 20 ao 28, e o xoves 30 de setembro en horario de 18:30 a 21.00 h o CeMIT ofrece un curso para aprender a elaborar publicacións con Scribus, un programa de código aberto para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora. Ademais todos os venres de setembro de 16.00 a 18.00 horas haberá unha formación para aprender a traballar coa nube de Google.

Os martes e xoves de todo o mes acollerán dúas formacións: unha adicada ao emprego de redes sociais de 16.00 a 18.00 horas, e outra que axuda a desenvolver a creatividade con Krita de 18.30 a 21.00 horas. Ademais a aula CeMIT estará aberta todos os mércores de 16.00 a 18.00 horas, e de luns a xoves de 18.00 a 18.30 h.

A Guarda acolle ata o 12 de setembro o 90 Encontro Internacional da FICC 2021

0

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuso celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que terá lugar do venres 3 ao 12 de setembro no Camping de Santa Tecla. A Federación Española de Clubs Campistas (FECC) xa organizou con éxito no Camping de Santa Tecla a 60 Acampada Nacional dos Clubes Campistas e Caravanista en 2018.

A pesar das dificultades consecuencia da situación sanitaria participa unhas 200 persoas procedentes de España e de 14 paises como Portugal, Francia, Suecia, Polonia, Eslovaquia, entre outros europeos, destacando aos participantes chegados dende Corea.

Durante estes días de convivencia, os participantes poderán desfrutar de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do Miño.

Entre as actividades programadas, terá lugar o domingo 5 de setembro a inauguración oficial do 90 Encontro Rally Internacional coa presenza das autoridades e os representantes das Federacións de cada país asistentes.

O Concello de Arbo reafirma o seu compromiso coas novas tecnoloxías aprobando dous plans de despregamento de fibra óptica

0

Os plans presentados aos concello de Arbo polas empresas Telefónica e Vento Verde, que contan cos informes técnicos favorables, buscan poñer ao municipio de Arbo na vanguardia das telecomunicación co obxetivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos arbenses. Para elo vaise despregar unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fara chegar a fibra óptica, no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.

Coa instalación da mencionada fibra óptica o que se pretende outorgar aos veciños e veciñas de Arbo, as vantaxes que este servizo ofrece como poden ser con maior seguridade e velocidade na transmisión de datos e navegación a alta velocidade –explica o rexedor de Arbo– Horacio Gil

A presentación do plan de despregamento ofrece así á operador axilidade e eficiencia na instalación de redes e, ao mesmo tempo, representa unha ferramenta fundamental para os Concellos á hora de asegurarse de que os intereses das operadoras non prexudican aos intereses urbanísticos do municipio, e de que as infraestruturas se sitúan nos lugares correctos e instálanse de forma adecuada.

Os plans que se presentados ao Consistorio contemplan en que supostos van efectuar despregamentos de cables e equipos por fachadas ou aéreos, e haberán de respectar as condicións técnicas esixidas para despregamentos.

O alcalde, Horacio Gil, expresa a súa satisfación pola aprobación deste proxecto xa que despois de tanto reclamo por parte desta administración “darase aos veciños e veciñas de Arbo, un servizo moi demandado e estas son melloras imprescindibles nos tempos nos que vivimos xa que practicamente podemos facer todo por internet.

O medallista olímpico Gustavo Rodríguez recibido con honores súa chegada a Tui

0

A Corporación Municipal de Tui recibía o 1 de setembro no Salón de Plenos da Casa do Concello ao deportista tudense Gustavo Rodríguez que o pasado sábado logrou a medalla de prata en Tríatlon como guía de Héctor Catalá nos Xogos Paralímpicos de Toquio.

Gustavo Rodríguez recibiu as felicitacións do alcalde, Enrique Cabaleiro, do resto do equipo de goberno e de todos os integrantes da corporación municipal alí presentes, nun acto sinxelo e emotivo ao que o deportista acudiu acompañado da súa familia. A continuación Gustavo Rodríguez saíu ao balcón do concello para saudar a cidadanía congregada na praza de Concello onde recibiu o cariño dos seus veciños e veciñas a quen o deportista dedicoulles unhas palabras de agradecemento.

[su_image_carousel source=”media: 44165,44164,44168,44167,44166″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Gustavo Rodríguez é o oitavo deportista tudense en participar nuns Xogos Olímpicos, e o segundo en lograr unha medalla olímpica.

Lembramos que até o de agora só Enrique Míguez contaba cunha medalla olímpica, a de bronce, lograda xunto a Narciso Suárez, en Los Ángeles 84, participando tamén nos Xogos Olímpicos de Seul 88 e Barcelona 92.

Son tamén olímpicos os deportistas Pedro Areal en Barcelona 92 e Sidney 2000; Jacobo Moroño e Jose Ignacio Bugarín en Barcelona 92; Suso González en Atenas 2004; Frank Casañas en Londres 2012 e Óscar Carrera en Río 2016.

O nome de Gustavo Rodríguez pasará a figurar na placa situada na rúa Olímpicos Tudenses.

O Rosal pon a punto os seus centros escolares

0

O Concello do Rosal tamén se prepara para a volta ao colexio. Estes días está a realizar obras para por a punto os seus centros escolares. “Queremos que os nosos rapaces e rapazas desfruten dunhas aulas melloradas”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández. A rexedora visitou esta semana cada un dos centros para coñecer de primeira man o estado dos traballos.

Entre as melloras que se realizaron están os habituais desbroces, e o mantemento en xeral. No CPI Manuel Suárez Marquier pintáronse dúas aulas, así como a aula croma, un espazo verde que facilitará o traballo audiovisual que desenvolvan no centro. Tamén se arranxou a rede, e limpáronse as canalizacións.

O Concello tamén acometeu varias obras de mellora nas escolas unitarias. Pintáronse as aulas da escola de Couso, así como o almacén da sede do CRA María Zambrano. Cambiáronse os calefactores eléctricos, e en Couso instaláronse novos puntos de calefacción. A escola de Novás recibiu novos estores. Ademais, en todos os centros realizáronse as revisións oportunas tanto do sistema eléctrico e dos distintos aparellos como da fontanería.

[su_image_carousel source=”media: 44135,44134,44133″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Na Escola Infantil A Galiña Azul cambiáronse todas as luminarias por unhas led, pintáronse varios cuartos, déuselle cera aos pisos, leváronse a cabo os traballos de limpeza das ventás e repintouse a zona de aprendizaxe de circulación viaria do centro.

A todos estes traballos hai que sumarlle ás accións de mellora da eficiencia enerxética e do confort para contribuír na conservación das escolas unitarias, e na protección do medio ambiente, que realizará o Concello. O proxecto conta cun orzamento de 200.00 euros e arrancará coa transformación da escola unitaria de Pías, que foi licitada o mes pasado. A reforma do CRA de Pías transformará o centro en termos de eficiencia enerxética, implementando medidas que axudan a reducir ao mínimo o consumo e mellorando en gran medida o confort interior.  A alcaldesa explica que para o Concello “as seis escolas unitarias do Rosal son unha prioridade”, que permiten “fomentar unha educación de proximidade e responsabilidade coa nosa contorna entre os nenos e nenas”. Ademais a rexedora tamén destaca que estas obras son un exemplo da aposta do Concello pola sostibilidade ambiental, e pola recuperación e mellora de edificacións cun gran valor patrimonial no Rosal.

Persoas usuarias da Asociación Érguete realizan a etapa Vigo-Redondela do Camiño Portugués pola Costa

0

11 persoas usuarias da Asociación Érguete realizaron, o pasado 2 de setembro, a etapa Vigo-Redondela do Camiño Portugués pola Costa. “É unha actividade que nunca fixemos, e unha oportunidade para superarnos a nós mesmos”, destacou Manolo, un usuario que prefire non mencionar os seus apelidos. Todos eles son residentes das vivendas da acollida da entidade en Vigo, onde viven en compañía dun equipo de profesionais e loitan para poder integrarse na sociedade de maneira normalizada, e deixar atrás así as súas adiccións e problemas de conduta.

“Facer deporte e esforzarse para mellorar é importantísimo para deixar unha adicción”, explica o coordinador do programa da Asociación, Javier Alonso. Por iso, cando a Policía Nacional animounos a realizar con eles un tramo do Camiño de Santiago “aceptamos encantados”, explica. Para a Asociación Érguete é unha máxima que estas persoas usuarias teñan presencia en actividade cotiás e de lecer para que “poidan comprender con feitos que poden integrarse da mellor maneira no día a día da sociedade”.

[su_image_carousel source=”media: 44155,44156,44157,44159,44160″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A expedición da Asociación e da Policía Nacional rematou o Camiño sen problemas, e algúns “preferían seguir ata Santiago”. Para os educadores e educadoras de Érguete esta actividade foi un “éxito que esperamos repetir”. Manolo, tamén aproveitou esta etapa para agradecer “o esforzo que fan na Asociación para axudarnos”, e afirmou que a entidade “é unha familia para nós coa que camiñamos hoxe e tamén todos os días”. “Coa súa axuda teño esperanza de saír do buraco da adicción, e comezo a facer cousas que non pensaba que puidera volver facer”, conclúe.

Dende a Asociación Érguete queren agradecer a Policía Nacional o seu traballo para por en marcha esta actividade, e agardan que o seu programa

‘Protegemos en Camino’ axude a persoas en risco de exclusión a desfrutar do Camiño de Santiago.

O programa de vivendas de apoio ao tratamento da Asociación Érguete está subvencionado pola Xunta de Galicia, o Concello de Vigo, e o Fondo Social Europeo.

Salceda celebra unha sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade para tratar o problema de orde público das últimas fins de semana

A subdelegada de goberno Maica Larriba e a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, presidiron onte xoves a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria, convocada de xeito urxente para tratar a problemática de orde público que sufre a vila nestes últimos fins de semana. En concreto, abordouse a situación que se está a producir debido ás aglomeracións de persoas na rúa Pontevedra, nas intermediacións da zona de ocio nocturno.

Tal e como apuntouse na mesa de traballo, a situación intensifícase despois do peche dos locais á hora que esixe a lei, non permitindo o descanso e a boa convivencia da veciñanza.

Nestas aglomeracións prodúcense conductas que xa deron orixe a sancións por parte da Garda Civil e Policía Local que intensificaron a súa labor de vixilancia na última fin de semana. A pesar deste aumento da vixilancia o problema persiste, polo que a alcaldesa, Verónica Tourón solicitou apoio á Subdelegación do Goberno.

A alcaldesa tamén mantivo o pasado luns unha reunión cos representantes das comunidades de propietarios das vivendas da rúa Pontevedra e coas persoas responsables dos locais, tras as inquedanzas trasladadas pola veciñanza.

Na Xunta Local de Seguridade, nas que estiveron representadas as forzas e corpos de seguridade da Garda Civil e da Policía Local, ademais da tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira e a concelleira de Seguridade Lucía Pereira, chegouse ao acordo de que dende os corpos e forzas de seguridade –Garda Civil e Policía local–, e en función de como se desenvolvan os acontecementos, póñanse a disposición do Concello de Salceda de Caselas todos aqueles recursos que sexan necesarios, mentres esta situación xere inseguridade e inquedanzas na poboación.

Lucía Pereira, concelleira de seguridade subliñou o “importante esforzo” que se realiza dende o Concello “os recursos dos que dispoñemos para atallar esta situación puntual e tratar de recuperar a harmonía entre o ocio e o descanso da veciñanza, que sempre foi o obxectivo”.

Nesa liña incidía tamén a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón que, logo de valorar moi positivamente o acordo acadado na Xunta Local de Seguridade, apuntou que “o ocio nocturno debe ser compatible co benestar e descanso da veciñanza da zona, polo que Concello, Subdelegación e forzas e corpos de seguridade traballaran coa máxima coordinación e con todos os medios dispoñibles para que isto sexa así”.

Tourón lembrou que dende o equipo de Goberno a pretensión “é que a boa convivencia sexa posible, e que Salceda continúe a ser unha vila segura, como reflexan os datos que hoxe mesmo nos trasladou o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil que nos acompañou nesta Xunta”.

Xornada infantil de convivencia en Afouteza con motivo de La Vuelta en Mos

0

Máis de 100 nenos de Mos e Vigo de entre 4 e 12 anos de idade participaron entre esta semana nunha xornada de convivencia organizada polo RC Celta na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras, dentro do programa municipal de actividades con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos.

O cento de cativos participantes recibiron a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, do Director da Fundación Celta, Germán Arteta, de Fernando Rodilla en representación do patronato da Fundación Celta e do concelleiro de Deportes mosense, José Areal.

A inscrición dos participantes realizouse a través dos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Club Louro Tameiga; e das ANPAS dos distintos centros educativos mosenses.

A Xornada de Convivencia Afouteza ten lugar en horario matinal, desde as 10.00 horas e ata as 13.00 horas.

Os nenos gozaron dunha xornada de convivencia onde realizaron unha visita guiada pola Cidade Deportiva Afouteza, e unha posterior actividade no campo de adestramento do RC Celta cun carácter lúdico e co obxectivo de gozar dun día de fútbol.

Protocolo de acceso

A entrada ás instalacións realizouse a partir das 10.00 horas exclusivamente para os nenos e nenas que participan na actividade. No acceso ás instalacións realizouse protocolo COVID con toma de temperatura e xel desinfectante.

La Vuelta

Esta trátase dunha iniciativa máis enmarcada dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o sábado 4 de setembro.

Tomiño celebra as súas Festas do Alivio con concertos e actividades para todos os públicos

0

Tomiño celebra a semana que vén e até o luns 13 de setembro, as súas festas patronais da Virxe do Alivio.

Como cada ano, o Concello prepara unha programación cultural propia pensada para todos os públicos, con diferentes concertos e tamén actividades teatrais e lúdicas dirixidas ao público infantil.

“Conversas con Tana”, un espectáculo teatral baseado na ventriloquía, con esencia educativa, espírito festivo, moi divertido e altamente participativo, abrirá o programa o vindeiro luns, 6 de setembro. Será na Praza do Seixo, a carón do Concello, ás 19 horas e dirixido a un público de entre 5 e 12 anos.

Lara Villaverde en concerto será a seguinte na programación. Unha moza tomiñesa de 19 anos. que canta e toca a guitarra eléctrica, ofrecerá un concerto ameno e divertido coa colaboración doutros artistas locais: Logan (vocalista de Heissel) e Rebeca Vázquez (tenda La reina caracola). Día 7 de setembro, ás 19 horas na Praza do Seixo.

Operación Plancton, unha obra con afán divulgativo e mensaxe ecoloxista, dirixida á educación e concienciación infantil sobre a problemática da contaminación de plásticos no océano, é a oferta para o día 8. Dirixida a público infantil e familiar, ás 19.00h na Praza do Seixo.

“Contos da lúa”, de Trécola producións, un espectáculo de marionetas que fomenta, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mútuo, chegará o día 9. Tamén na Praza do Seixo, ás 19.00h

“Concerto Eder tributo a Sabina”, co dúo acústico formado por Eder González e Manu Abalo no que rinden homenaxe a Joaquín Sabina, con temas en directo, será a aposta do día 10. Na mesma praza que actuacións anteriores e ás 22.00 horas

Aínda que as entradas son todas de balde, é preciso reservar praza por cuestións de aforo, chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

O documental sobre a tradición cesteira de Mondariz continúa a súa xira polos roteiros xacobeos en Arzúa

0

O documental, enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, está producido pola compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.

A historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas, serve de fío para tecer narrativamente a memoria colectiva do oficio e os aspectos culturais que o rodeaban, como o verbo dos cesteiros da localidade e a íntima relación coa natureza.

Despois da súa estrea oficial no Concello de Mondariz o pasado 30 de xullo, en véspera da Feira dos Oficios Artesáns desta localidade, o documental iniciou o 20 de agosto unha xira por diferentes roteiros xacobeos que continúa mañá venres, día 3 de setembro, no concello de Arzúa.

Venres, 3 de setembro: proxección itinerante en Arzúa

O documental, rodado no mes de maio en diversas localizacións de Galicia, foi presentado oficialmente o 30 de xullo de 2021 no Concello de Mondariz, en véspera da 32ª edición da Feira dos Oficios Artesáns desta localidade. No contexto do programa O Teu Xacobeo, o proxecto tamén inclúe unha xira de presentación por diferentes concellos atravesados por roteiros xacobeos que continúa este venres, 3 de setembro de 2021, no Concello de Arzúa.

Esta itinerancia conecta coa propia tradición dos cesteiros de Mondariz, que se desprazaban a outras localidades con maior demanda de cestos coas súas ferramentas ao lombo para traballar como artesáns residentes. Así mesmo, a presentación itinerante permite unir culturas cesteiras que se desenvolveron en diferentes lugares da xeografía galega a través do intercambio de saberes e memorias.

O documental, producido polo Concello de Mondariz a través dunha subvención do programa O Teu Xacobeo, será presentado por representantes políticos do propio Concello de Mondariz, firmemente comprometido coa recuperación deste oficio artesán. Nalgunhas das proxeccións estará acompañado polo produtor executivo da obra, Santiago Pérez (EscénaTe).

No concello de Arzúa, o documental será presentado ás 20:00 horas na Capela da Madalena.

Aberta a matriculación da Escola Municipal de Música de Baiona

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, informa de que o alumnado interesado en facer a matrícula para o curso 2021/2022 poderán facelo en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo de matriculación estará aberto ata o vindeido 20 de setembro.

A matriculación levarase a cabo no propio centro situado na rúa Alferez Barreiro nº20-21, onde as persoas interesadas terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: clarinete, frauta travesera, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín, viola. Tamén poderán facelo en canto e coro.

Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 986 35 60 81.

O Concello de Salvaterra aproba as axudas ao sector do comercio afectado pola pandemia

Un dos sectores máis afectados pola situación sanitaria provocada pola Covid-19 , sen lugar a dúbidas, é o sector do comercio, afectado pola reducción de horarios de apertura e limitacións de aforo, así como polos peches temporais que viñeron impostos a un gran número de negocios.

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar unha serie de axudas económicas para paliar, en parte, os gastos xerados polos sectores económicos (hostalería, comercio, axencias de viaxes, ximnasios ou similares, sempre que sexan pemes con ata 10 persoas empregadas e autónomos) que viron afectada a súa actividade durante a pandemia, co fin de que os prexudicados por esta situación poidan sufragar os gastos fixos realizados ou devindicados entre o 14 de marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2021. Este prazo de axudas abrirase mañá venres 3 de setembro, e poderanse solicitar ata o 23 deste mesmo mes.

O importe destinado a esta convocatoria é de 28.624,41 euros, ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.  Unha axuda que complementa os 38.000,00€ que o Concello de Salvaterra de Miño aportou ao 2º Plan de Rescate da Xunta de Galicia para chegar de forma axil e directa ao sector da hostalería.

A axuda consistirá nunha cantidade única coa que se apoia o compromiso de manter a actividade económica e o emprego.

  1. Concederase unha cantidade fixa de 800 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que se viu obrigada ao peche de actividade.
  2. Concederase unha contía fixa de 400 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que non se viu afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sempre e cando exista unha reducción de facturación igual ou superior ó 40%, con relación á media do ano 2019.

No caso de non poder realizarse a comparativa por tratarse dunha empresa creada no ano 2020, terase en conta o anterior trimestre do ano 2020, ou aquel de maior facturación aos efectos de acreditar este extremo.

Toda a información relativa a estas axudas está dispoñible na páxina web do Concello  https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/info.0.

O “Rías Baixas Film Fest” da Deputación recibe setembro co Festiva de Cans

Imaxe de arquivo da presentación do Festival de Cans 2021

O mes do setembro non fai que a cultura e o deporte decaian na provincia, de feito, esta semana a Deputación ten programadas ata 14 accións para un total de nove municipios. Os concellos do Grove, Porriño, Tui, Vila de Cruces, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Gondomar e Bueu acollerán actividades dos programas “Rías Baixas Film Fest”, “Musigal”, “Música no Ar”, “Bosques Terapéuticos”, “Voando nas Rías Baixas” e “Depo Orienta”. Ademais, a exposición do ente provincial “A gaita na música tradicional galega”, estará aberta ao público nas Xornadas Etnográficas do Morrazo ata o 11 de setembro.

O prato forte da programación cultural desta semana marca o seu inicio este xoves 2, coa apertura do primeiro dos “Rías Baixas Film Fest” 2021. Terá lugar ás 20.00, coa inauguración do Festival de Cans, e estará marcada pola proxección do filme “Donde acaba la memoria”, do vigués Pablo Romero co protagonismo do hispanista Ian Gibson. Ata decembro, o emblema audiovisual da marca provincial completará o seu cartel cos festivais FicBueu (10-19 setembro), Primavera do Cine (7-12 setembro), Play-Doc (22-26 setembro), Festival de Cine Inclusivo (12-16 outubro), Galician Freaky Film (29-2 outubro) e Novos Cinemas (14-19 decembro). En Cans este venres terá lugar ás 12.30 en Porriño un coloquio aberto ao público con Ian Gibson e, unha hora máis tarde, a colocación da Estrela que se lle dedica no Torreiro. Pola noite, ás 21.00, “Musigal” amenizará a noitada no concello do Grove coa actuación de Budiño, e na Igrexa de Bouzas en Vigo se proxectará ás 21.30 a película “María Soliña”.

O sábado iniciarase ás 10.00 en Tui cun itinerario enmarcado no programa “Bosques Terapéuticos”. A ruta do Monte Aloia percorrerá o Parque Natural da Serra do Galiñeiro, cuxa atalaia acada os 700 metros de altura e conta con máis de 5 miradoiros con extraordinarias vistas sobre o río Miño. No terreo musical, ás 21.30, “Musigal” achega o concerto de Balbino ao municipio de Vila de Cruces. Máis tarde, ás 22.30, celebrarase a Gala Final e entrega de premios do Festival de Cans, que contará coa actuación musical de SÉS.

Finalmente, o domingo 5, comezará ás 9.30 en Cerdedo-Cotobade cunha nova actividade ornitolóxica de “Voando nas Rías Baixas”, que se desenvolverá na Serra de O Cando. Ás 10.00 terá lugar outra ruta de “Bosques terapéuticos”, esta vez en Ponte Caldelas. O Sendeiro Azul do río Verdugo, unha ruta de máis de 1,8 quilómetros de dificultade baixa, consistirá nunha senda circular que parte da praia fluvial da Calzada e transcorre ás beiras do río enxalzando os seus valores naturais e paisaxísticos, entre os que sobresaen as pontes e muíños. Tamén as 10.00, o programa provincial “Depo Orienta”, que ten como obxectivo que os seus/as participantes realicen no menor tempo posible e a contra reloxo un percorrido marcado no terreo coa única axuda dun mapa, ofrece a primeira das súas rutas no Monte Galiñeiro. Ás 19.00, a Praza do Concello de Campo Lameiro acollerá o concerto de Manoele de Felisa. Por último, ás 21.30 terá lugar no auditorio de Gondomar o concerto de Suelen Estar Quartet, enmarcado na programación de “Música no Ar”.

A Xunta pon en valor a difusión arqueolóxica realizada polos participantes no campo de voluntariado de Oia

0

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe os participantes no campo de voluntariado de Oia. Os membros do Executivo autonómico puxeron en valor a importante labor de difusión arqueolóxica realizada en varias zonas do Camiño portugués pola costa.

As mozas e mozos que participan nesta actividade, de entre 18 e 30 anos, tamén están a coñecer varias localidades próximas como Viana do Castelo, A Guarda ou Tui. Esta actividade é unha das 13 novidades que se engadiron este ano á oferta de campos de voluntariado da Xunta. En total sumaron un total de 40 campos en diferentes zonas da Comunidade.

Cristina Pichel sinalou que os campos de voluntariado, así como o resto de actividades da campaña de verán, permiten que a mocidade coide e coñeza o valor arqueolóxico e natural de Galicia. O campo de voluntariado rematará o vindeiro mércores 8 de setembro.  

A Xunta citará para vacunarse contra a Covid-19 ás persoas que xa superaron a enfermidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa, de que a Xunta de Galicia comezará a citar ás persoas que xa pasaron a enfermidade da Covid-19, para recibir a  primeira, ou a segunda dose, da vacina.

O anuncio prodúcese logo de que o Ministerio de Sanidade reducise o prazo de espera necesario para vacinar a aquelas persoas que superaron o coronavirus, e que, até o de agora estaba fixado en seis meses.

García Comesaña convidou a toda a poboación que aínda non recibíu ningunha das doses contra a covid-19 a facer uso do sistema de autocita habilitado pola Xunta de Galicia, para as persoas maiores de 20 anos.

Neste senso, Sanidade habilitou 30.000 ocos de autocita destinados ás persoas que superen esa idade e estean sen vacinar. O conselleiro de Sanidade precisou que en Galicia soamente o 8% da poboación diana todavía non foi vacinada “un bo dato, que sitúa á comunidade galega entre as que máis poboación vacinou”, co 91,2% da poboación diana con alomenos unha dose. Con todo, abundou o conselleiro, “aspiramos a acadar o 100% da poboación vacinada”.

Sobre a evolución epidemiolóxica de Galicia, Garcia Comesaña salientou que “seguimos a observar un descenso da curva que agora vai a un ritmo máis apresurado que semanas atrás”. Nesta liña, apuntou que a incidencia acumulada en Galicia é de 106 casos a 7 días, e de 259, na súa análise a 14 días. En ámbolos casos, as cifras reflicten un número inferior  á metade de casos activos, na súa comparativa cos datos de hai un mes.

O responsable de Sanidade informou que o 95,7% da poboación maior de 40 anos xa conta coa pauta completa de vacinación e que, 150.000 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 19 anos (85% deste grupo etario) xa recibiron alomenos a primeira das doses.

Sobre a reunión mantida esta mañá cos responsables da hostelería galega, o conselleiro de Sanidade cualificou a xuntanza de “moi frutífera”, agardando que nos próximos días se poida consolidar un “documento de consenso estable”, que satisfaga tanto as necesidades sanitarias, como as do sector hostaleiro.

Respecto de situación epidemiolóxica en Galicia, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, cualificou que a súa evolución segue a ser “favorable”. Así, enumerou algúns dos indicadores que amosan esta boa progresión. Entroutros, o número reprodutivo instantáneo continúa por debaixo de 1 en todas as áreas sanitarias e, a taxa de positividade descendeu até o 7,84%. No que atinxe á situación asistencial dos hospitais galegos, o xerente do Sergas, José Flores, subliñou que “a baixada da presión asistencial é paralela á situación epidemiolóxica galega”. Con todo, lamentou que “tras pasar dous meses o número de persoas ingresadas segue a ser considerable”. Porén, o doutor Flores, convidou á poboación a vacinarse e a seguir a cumprir as normas sanitarias establecidas, pois “non podemos normalizar as cifras de casos activos, nin a de persoas ingresadas que temos nos hospitais galegos”.

O Rosal desfrutará do teatro familiar coa obra ‘O secuestro da bibliotecaria’

0

O Rosal estrea setembro cunha nova cita cultural. Este domingo 5 Sarabela Teatro chega ao auditorio municipal ás 19:00 horas coa súa obra de teatro familiar O secuestro da bibliotecaria, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.

A obra conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón á que os bandidos deciden secuestrar a pesares de ser orfa e non ter familiares ricos. O obxectivo é xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Non obstante, as intencións da banda tomarán un novo rumbo ao descubrir que a Ernestina contaxiounos co virus da varicela, que deixou a todos os bandidos cunha morea de graniños na cara que lles resta toda a credibilidade nas negociacións. E, por se fora pouco, un tremor de terra complícao todo aínda máis.

Para garantir a saúde de todas e todos, a obra de teatro contará cun aforo limitado e con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias. A actividade será de balde, con entrada libre ata completar aforo.

Gondomar propoñerá bautizar o pavillón de deportes de Donas co nome de Desirée Vila Bargiela

0

“Dános igual o resultado, xa é a nosa campioa”, así valorou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a actuación de Desirée Vila, veciña do municipio, nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020 na proba de salto de lonxitude T63 na que quedou en sexto lugar. “É todo un exemplo a seguir e nosa mellor embaixadora algo que queremos recoñecer desde este goberno propoñendo que o pavillón municipal de deportes de Donas leve o nome de Desiré Vila”.

A esta proposta sumou o feito de propoñela como madriña da próxima Gala do Deporte “que esperemos poder celebrar con total normalidade xa o ano que vén”. O rexedor desexoulle todos os éxitos que “se merece esta gran persoa, exemplo de superación a seguir” e engadiu que “todos e todas a queremos moito, como proban as máis de 100 persoas que se reuniron hoxe aquí para animala desde a súa localidade”.

Familiares, amigos e representantes do goberno local seguiron desde as 12.00 do mediodía que se retransmitía a través dunha pantalla xigante en directo. Un público que lucía camisetas de apoio deseñadas pola concellería de Deportes e repartidas entre os asistentes que non se quixeron perder a competición de Desirée.

Unha situación que podería repertirse o vindeiro sábado, coincidindo co paso da Volta Ciclista de España polo municipio, se Desirée Vila logra clasificarse para a final dos 100 metros lisos, que se podería seguir, de novo, nunha pantalla xigante na Praza Paradela a partir das 13.30 horas.

O Goberno local de Redondela reordena as súas areas de traballo nas que “o servizo á cidadanía seguirá sendo a única prioridade”

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinou o pasado 31 de agosto a aceptación da renuncia dos tres concelleiros de AER, e a conseguinte remodelación das áreas de Goberno para as que non haberá maior prioridade que “o servizo as nosas veciñas e veciños e traballar arreo para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, afirmou a rexedora redondelá.

Digna Rivas quixo agradecer o traballo realizado polos concelleiros e concelleira de AER durante estes dous anos e asegurou que a redistribución de áreas “non supón maior problema dado que contamos cun equipo preparado, traballador e que sabe que as necesidades das nosas veciñas e veciños teñen que estar por enriba de calquera outra consideración”.

Na reorganización das áreas de responsabilidade, Ignacio González, suma ás concellerías de Deportes, Medio Mariño e Transición enerxética que xa xestionaba, á de Seguridade e Interior.

Pola súa banda, María Castro Abad, mantén a dirección das áreas de Economía e Facenda, Urbanismo e Vivenda, Patrimonio e Emprego e farase cargo tamén da área de Turismo.

Vicente Lamas, suma ás súas responsabilidades a concellería de Servizos Públicos Básicos amais das de Vías e Obras, Benestar Comunitario, Feiras e Mercados e Transportes que xa viña desenvolvendo ata o momento.

No que atinxe ás concellerías de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, estas serán asumidas por Olga García Ballesteros quen, amais, mantén a xestión das áreas de Xuventude, Ensino e Conservatorio.

Alberto Álvarez, pasará a xestionar a área de Medio Ambiente, que se engade ás de Persoal, Parques e Xardíns e Limpeza Viaria que xa dirixía.

Finalmente, Iria Vilaboa, ata o momento concelleira de Servizos Sociais, Persoas Maiores e igualdade, será a responsable das concellerías Cultura e Festas.

O reparto de áreas permitirá seguir atendendo “ás necesidades da cidadanía”. Para alcaldesa redondelá, “o noso mellor aval e o traballo e a dedicación que lle prestamos ás demandas da cidadanía”. Dar cumprida satisfacción as necesidades que teñen cada un dos nosos e nosas veciñas “seguirá a ser o noso obxectivo porque, ese traballo, será o que nos permita seguir construíndo a Redondela de futuro e con futuro que todas e todos queremos”.