Luns, 16 Xuño de 2025

A Agrupación Musical de Vincios porá ritmo a noite do sábado do Rosal

0

A Agrupación Musical de Vincios porá o ritmo a noite rosaleira deste sábado. O grupo ofrece un concerto ás 21.00 horas na Praza do Calvario onde compartirá coa veciñanza todo o seu gran repertorio musical. A entrada é de balde ata completar o aforo e o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva,  anima aos veciños e veciñas a asistir para “desfrutar da música na rúa en pleno centro do Rosal”. 

A Agrupación Musical de Vincios naceu no no ano 1979, cando Julio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde, crean a primeira escola de música da parroquia de Vincios. Ese proxecto faise realidade no ano 1982 coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música e da que foi o seu primeiro presidente Néstor González Vilaboa. Na actualidade a Agrupación está composta por máis de 150 persoas, que se reparten nas tres bandas de música (dúas delas formadas por alumnos da escola) e un coro.

Esta actuación forma parte do programa O país das bandas, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística no país. Ao seu abeiro estanse a celebrar preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións que rematarán a finais a deste mes.

O Concello de Nigrán habilita o seu segundo espazo de recreo para cans

0

O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca, en Estrada pola Vía. Este ocupa  350 metros cadrados en forma cuadrangular e están pensado para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

A superficie, de céspede natural, está sendo delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotarase a zona de sanecáns para depositar os excrementos e, máis adiante, de bancos e elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recordará as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.

“Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde

Baiona ofrece o domingo 26 unha visita guiada gratuíta polo Casco Vello

0

Tras o éxito da aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio, a Concellería de Turismo, a cargo do alcalde, Carlos Gómez, decidiu ampliar a oferta ao mes de setembro despois da gran acollida que tivo a iniciativa nos meses de verán.

Desta forma, dáse continuidade á reactivación do sector turístico neste mes e ofrécese unha alternativa segura aos visitantes que se acheguen a coñecer o municipio.

Este próximo domingo, 26 de setembro, ofertarase a última, polo momento, das visitas guiadas polo Casco Lanuxe da Vila.

Con saída ás 11:00 horas, as persoas participantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por unha guía oficial.

A visita é gratuíta. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Centro histórico.

A visita levarán a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.

O número de asistentes será de 30 persoas polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: [email protected], ou por teléfono no 986 68 70 67).

O punto de encontro para ambas as visitas, tras a confirmación de praza, será o palco do Parque da Palma.

As persoas interesadas deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.

A visita será guiada por unha Guía Oficial habilitada pola Xunta de Galicia, como vén sendo habitual, e formada en materia de prevención de riscos laborais ante a COVID- 19.

Así, este pasado xoves, 9 de setembro, tivo lugar “Xoves no Camiño”, un programa posto en marcha para dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa polo municipio.

A visita, que arrincou ás 10:00 horas desde a oficina de Turismo, percorrendo a Praza de Santa Liberata e continuando o trazado do Camiño Portugués pola Costa nas rúas Manuel Valverde, cale Conde e O Burgo, a praza Vitoria Cadaval de Sabarís, finalizando o traxecto na Igrexa de Santa Cristina.

Redondela mantén a súa aposta pola inclusión social das persoas xordas e xordocegas

0

Coincidindo coa Semana Internacional das Persoas Xordas, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de anunciar a posta en marcha do Servizo Municipal de Accesibilidade en Lingua de Signos que sitúa a Redondela na vangarda dos concellos galegos en canto a igualdade de dereitos das persoas xordas e xordocegas no seu acceso á información e a comunicación.

Este servizo, xestionado pola empresa redondelá EN LINGUA DE SIGNOS ten por obxectivo achegar a administración local ás persoas xordas e avanzar cara unha sociedade máis inclusiva. Entre os servizos que se porán en marcha, destaca o servizo de interpretación de lingua de signos para calquera xestión ante a entidade local.

A partir de agora, as persoas xordas ou xordocegas de Redondela que teñan que facer trámites ou xestións en calquera departamento municipal, poderán solicitar (previa cita) a presenza dunha intérprete de lingua de signos que garanta o seu dereito de acceso á información e á comunicación.

Ademais do servizo de interpretación, o Concello quere achegar a Lingua de Signos á cidadanía con distintas accións formativas e de sensibilización que se irán programando ao longo do ano. O acceso á cultura é outro dos puntos fortes deste novo servizo, que pretende promover actividades culturais máis accesibles. Redondela tamén contará con interpretación de lingua de signos en todos os actos de carácter institucional que sexan de especial relevancia para a cidadanía.

O goberno municipal aposta así por ampliar dereitos ás persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva e tamén procura avanzar na súa inclusión social con accións e actividades dirixidas a toda a veciñanza.

Digna Rivas fixo fincapé na importancia da posta en marcha deste servizo xa que, asegurou, “a inclusión social de todas e todos é o único xeito de avanzar cara un futuro máis solidario, igualitario e xusto”.

A nova depuradora de Ponteareas, a un paso de ser realidade

A nova depuradora de Ponteareas está a un paso de converterse en realidade. O Concello aprobará o vindeiro martes 28 en pleno o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e o Estado que permitirá levar a cabo as obras de ampliación e reforma da estación depuradora de augas residuais da Moscadeira, dando así solución a un dos problemas históricos máis graves da vila, a contaminación do Tea e a falta de saneamento no rural.

“Con este investimento poderemos acabar por fin cun problema que vén arrastrando a vila dende hai máis de 25 anos, cando entrou en funcionamento a actual depuradora sen capacidade para tratar o caudal que recibía xa daquela, provocando dende o inicio verteduras ao río Tea e as súas consecuentes sancións”, salientou a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, que recalcou tamén que as obras na EDAR serán ademais “imprescindíbeis para poder ampliar o saneamento nas parroquias que carecen del, cunha repercusión moi positiva non soamente para a veciñanza, senón tamén para o medio ambiente”.

O convenio contempla un investimento de 11,7 millóns de euros para a execución e explotación destas actuacións de saneamento e depuración, financiados ao 50% polo Estado con fondos europeos, ao 30% polo Concello e ao 20% pola Xunta. Segundo recolle o acordo, a ampliación da depuradora e dos colectores xerais de nova creación que rodearán o casco urbano deberan estar rematados en 2023.

Xunto coa ampliación e reforma da EDAR da Moscadeira, as obras contemplan a mellora do saneamento, reducindo as filtracións e separando as augas procedentes da choiva que ata o de agora aumentaban o caudal que recibía a depuradora.

Isto suporá un antes e despois para o sistema de saneamento ponteareá, deseñado para pouco máis de 10.000 habitantes e que na actualidade recibe o equivalente a 16.000, traballando por enriba da súa capacidade e provocando verteduras ao río. Coa execución destas obras ampliarase a capacidade de tratamento a 20.000 habitantes, que permitirá rematar cos vertidos e sancións e ampliar a rede de saneamento a máis parroquias.

O Goberno municipal está traballando de xeito paralelo no proxecto de nova depuradora para atender as necesidades de saneamento das parroquias situadas na cunca do río Uma, que tecnicamente non poden empregar a depuradora da Moscadeira.

O Porriño está a piques de rematar as obras do Camiño de Casal de Vello, en Torneiros

A construtora “Covsa”, adxudicataria do proxecto de mellora, está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros, no Porriño.

Segundo informou a Concellería de Infraestruturas dirixida por Pedro Pereira, “as obras de asfaltado concluirán esta semana e só quedará a execución de cunetas e o levantamento das tapas das arquetas”.

A obra está financiada a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural. Para iso dispúxose dun orzamento duns 59.000 euros.

Salceda de Caselas lanza a campaña “Sen Clientes non Hai Explotación” contra a prostitución e a explotación sexual

A través da área de Igualdade que dirixe Loli Castiñeira, o Concello de Salceda ven de impulsar a Campaña “Sen Clientes non Hai Explotación”, unha acción de sensibilización cidadá contra a prostitución e a explotación sexual, que pon a lupa nos clientes e consumidores de prostitución e aborda a realidade desta gravísima violación dos dereitos humanos, que constitúe unha forma de violencia contra as mulleres. Pagar a cambio de sexo perpetúa esta violencia.

A campaña desenvolverase a partir de hoxe 23 de setembro, data conmemorativa do Día Internacional Contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos. Conta con cartaces e postais que se repartirán por toda a vila e que inclúen o lema da campaña “Sen Clientes Non Hai Explotación” e aporta datos sobre esta forma de escravitude en pleno século XXI. Castiñeira destacou que a campaña quere ter un amplo percorrido nas redes sociais e por elo empregaranse os hashtags #SalcedacontraaTrata #SalcedacoasVítimas e #SenClientesNonHaiExplotación.

A maioría das mulleres prostituídas son vítimas de trata e explotación sexual que están controladas por bandas mafiosas. A trata afecta a todos os países, sexa como lugar de orixe, tránsito ou destino das propias vítimas que son principalmente mulleres e nenas. Ademais, lémbrase no material gráfico que España é o primeiro país de Europa en consumo de prostitución e o terceiro a nivel mundial.

No marco da Campaña celebrarase unha mesa redonda ao redor deste tema e que contará, entre outras, con Mº Xosé Queizán, escritora e activista abolicionista galega. Neste debate o Concello busca a aistencia e participación de mulleres e homes da vila que queiran acudir o mércores 29 de setembro ás 18:00 h.

A campaña, incluída no Programa DIANA do Concello de Salceda, está financiada pola Deputación de Pontevedra e é a primeira vez que se desenvolve en Salceda, que ademais sitúase como un dos concellos de Galicia que conmemorará esta data.

Loli Castiñeira quixo lembrar tamén que esta campaña está contemplada como unha das 63 medidas do II Plan de Igualdade de Oportunidades de Salceda de Caselas, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas no pleno.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda declarou que “a prostitución é un tipo de violencia contra as mulleres que dende as administracións temos a obriga de erradicar”.

A Biblioteca Municipal do Rosal da voz aos ‘Contos de nenas grandes e pequenas’

0

Os contacontos no Rosal esta semana teñen voz feminina coa actuación de Tropa de Trapo, que traen o seu ‘Contos de nenas grandes e pequenas’ ao xardín da Biblioteca Municipal, catro historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e música con todo tipo de instrumentos e obxectos. Será este venres 24 de setembro a partir das 19.00 horas con entrada de balde. En caso de choiva a actuación trasladarase á Liga.

Con esta obra, Tropa de Trapo conta historias de mulleres, de guerreiras, de princesas… todas moi diferentes e con voz propia. Nenas que comparten, que vencen os seus medos ou os medos da xente, capaces de aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta ou que xogan á pelota, pero de nenas, ao fin e ao cabo.

O Concello do Rosal organiza esta actividade ao abeiro do ‘Ler conta moito’, un programa de dinamización da lectura que busca achegar á veciñanza a lectura e a información dun xeito lúdico e atraínte a través dos centros que pertencen á Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Volve o RasTEA, o rastrexo nocturno para a mocidade de Ponteareas

O venres ás 21.30 horas o parque da Feira Vella de Ponteareas será o escenario do inicio da segunda edición do RasTEA, o rastrexo urbano nocturno que o Concello organiza para a mocidade. Os rapaces e rapazas distribuídos en 15 grupos terán que ir pasando probas (habilidade, puntería, cultura local, …) nunha ruta ambientada no mundo do circo. As prazas para participar xa están esgotadas.

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima á veciñanza a participar nunha actividade “moi divertida”, e que o Concello preparou con “moitas ganas”. “É unha gran oportunidade para percorrer Ponteareas dunha forma divertida e chea de aventura”, destaca o edil. 

O RasTEA é unha actividade que forma parte do programa Mocidade Viva, unha iniciativa do Concello que é, para Miguel Bouzó, unha clara mostra de que se poden realizar actividades alternativas, saudables e de xeito seguro destinadas ás mozas e mozos. O concelleiro tamén aproveita esta actividade para recoñecer o “gran traballo” dos dinamizadores xuvenís e monitores de tempo libre, grupos de profesionais e de voluntarios e voluntarias que recibiron formación a través de axudas do Concello.

Os hostaleiros mosenses poden solicitar a bonificación da metade da taxa do lixo ata fin de mes

0

Os hostaleiros de Mos teñen ata o 30 deste mes para solicitar a bonificación do 50% da taxa do lixo. Trátase de dar continidade á medida municipal iniciada o ano pasado pero mellorada, xa que mentres que no anterior recibo os negocios de hostalería pagaban o importe íntegro e logo se lles reintegraba a metade, agora xa recibirán o recibo co importe reducido ao 50%. Ademais teñen a posibilidade de fraccionar o pago en dous prazos. Para todo elo deben cursar solicitude formal ata finais do presente mes de setembro.

Deste xeito o Concello de Mos continúa e amplía o seu Plan Municipal de Axuda á Hostelería, sector que é un dos grandes damnificados da crise sanitaria da COVID-19. Sen ir máis lonxe, esta semana quedarán resoltas as subvencións locais directas aos negocios do sector existentes en Mos que as solicitaron.

Esta liña de apoio contempla axudas directas de 1.000 euros a cada hostaleiro de Mos solicitante, (sumando 75.000 euros a contía destinada polo Concello a tal fin), que comezarán a serlles ingresadas aos beneficiarios durante os próximos días.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, declararon hoxe a este respecto que “todas as medidas municipais de apoio á hostalería emprendidas desde o Concello de Mos pretenden facer unha contribución á supervivencia e recuperación destes negocios que tan mal o levan pasado desde o comezo da pandemia”, comentan.

As representantes municipais insistiron “na vontade da administración local mosense de apoiar aos negocios hostaleiros do Concello de Mos, por iso decidimos manter e mellorar unha medida como a da bonificación do 50% do importe da taxa do servizo de recollida de lixo”.

Cruz Vermella Redondela promove hábitos de vida saudables a través do proxecto “Procurando Saúde”

0

Durante o mes de xullo, a sede de Cruz Vermella en Redondela retomou as actividades presenciais e deu inicio ao proxecto “Procurando Saúde”, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas a través do reforzo dos hábitos saudables e a xestión das
emocións e que pretende chegar, polo menos, a 40 participantes do Concello de Redondela.

O programa desenvólvese cunha metodoloxía lúdica e activa, e realízase tanto de forma individual como grupal (cun máximo de 10 participantes por sesión). Consiste nun itinerario personalizado onde realizamos unha valoración das necesidades individuais dos participantes e ofértanse unha serie de capacitacións grupais adaptadas ao grupo, todo iso reforzado por un seguimento a través de orientacións telefónicas e unha sesión de avaliación final.

Nas sesións abórdanse temas como a xestión da tensión a través do “Humor como terapia”, ou a autoestima, con sesións sobre o amor propio “quérome e cóidome” e o empoderamento como reforzo #ante situacións complicadas.

Ademais proporciónase información básica sobre hábitos saudables e o impacto que teñen na nosa saúde. Este proxecto desenvólvese entre os meses de xullo e novembro 2021 e está subvencionado polo Concello de Redondela, ademais de contar coa colaboración das diferentes entidades onde se realizan os talleres.

Actualmente estes talleres están a ter lugar Asociación Labrego Cultural de Reboreda
e o 5 de Outubro comezará no Círculo Cultural Recreativo de Chapela.

Despois de ano e medio ofrecendo actividades telemáticas e atención telefónica, Cruz Vermella Redondela, prevé volver ofrecer máis cursos presenciais e semi presenciais, sempre garantindo a seguridade dos participantes, para promover a interacción social.

Ademais do proxecto “Procurando Saúde”, continúan os talleres de memoria para persoas maiores, as clases de español para persoas inmigrantes e os talleres dentro do proxecto “Promoción do éxito escolar” para os máis novos, entre outros. Para máis información e inscricións:

  • Delegación Local de Cruz Vermella en Redondela
  • Teléfono: 986 32 56 00 | [email protected]

Cruz Vermella apóiase na importancia da incidencia e control dos determinantes da saúde e traballa na formación continua da poboación en xeral para aumentar a concienciación sobre a importancia dos hábitos saudables e o seu impacto. Desde Cruz Vermella estableceuse un reto importante para reforzar a vertente preventiva na saúde e promocionar hábitos de vida
saudables ás persoas atendidas, con especial atención nas persoas maiores e/ou con dificultades sociais e económicas.

O Sergas recibe o I premio ‘newsRARE’ pola Estratexia Galega en Enfermidades Raras

A subdirectora xeral de Atención Hospitalaria do Sergas, Raquel Vázquez Mourelle, recolleu en Toledo o primeiro Premio ao protagonista do ano en enfermidades raras que a Fundación Weber outorgou ao Servizo Galego de Saúde, pola iniciativa Estratexia Galega en Enfermidades Raras.

A través da súa revista de divulgación científica ‘newsRARE’, a Fundación Weber   recoñece con este premio o labor de entidades, tanto públicas como privadas, pola súas achegas na mellora da calidade de vida dos pacientes que padecen este tipo de doenzas.

Este ano, o Servizo Galego de Saúde compartirá premio co Hospital Sant Joan de Deu.

As enfermidades raras son doenzas crónicas e dexenerativas, a meirande parte delas xenéticas e que, con frecuencia, afectan a máis dun órgano ou sistema. Este feito fai indispensable unha abordaxe integral do paciente por diferentes profesionais, afastándose, polo tanto, da fragmentación na asistencia.

O traballo colaborativo realizado entre a Administración, pacientes, familiares e profesionais,  deu lugar á Estratexia Galega en Enfermidades Raras, coa que o Servizo Galego de Saúde optimiza a resposta asistencial que precisan os pacientes.

Deste xeito, partindo das necesidades que teñen estas persoas, desenvólvese un traballo en equipo e en rede, que fai uso das novas e máis avanzadas tecnoloxías, avanza no campo da xenética, impulsa a investigación e a formación; ademais de apostar pola coordinación sociosanitaria e a participación da cidadanía.

O  Rexistro de pacientes con Enfermedades Raras de Galicia, conta nestes intres con máis de 2.300 pacientes correspondentes a diferentes patoloxías, entre as que se atopan as 22 indicadas polo Ministerio de Sanidade. Neste trimestre, publicarase o primerio infome do Rexistro Nacional de Enfermidades Raras.

Sete eixos para acadar unha atención integral

A Estratexia Galega en Enfermidades Raras estruturouse en sete eixos prioritarios.  En concreto: o desenvolvemento do Rexistro Galego de Enfermidades Raras (RERGA); o reforzo da prevención primaria e secundaria, a normalización da asistencia sanitaria, a mellora no acceso a terapias farmacolóxicas e non farmacolóxicas; o impulso na coordinación sociosanitaria e a participación da cidadanía; o fomento da formación e divulgación entre profesionais, pacientes e cidadanía e; finalmente, a promoción da investigación e da obtención de resultados en saúde.

Na actualidade,  a dirección xeral de Asistencia Sanitaria encontrase inmersa no proceso de implementación da devandita Estratexia. Así, en relación co eixo 3, vencellado á Normalización da asistencia, a dirección xeral está deseñando tres Areas Funcionais Multidisciplinares, en colaboración coas areas sanitarias. Así mesmo, no eixo 6, referido á Formación e Información, está a elaborar un plan formativo que dea resposta ás necesidades dos profesionais, pacientes e as suas familias. Ademais, compre destacar a creación do portal web de Enfermidades Raras do Servizo Galego de Saúde, que aportará información contrastada e de alta calidade.

Nesta mesma liña, segue a impulsarse a utilización das ferramentas tecnoloxícas das que dispón o Sergas. Entre elas, destaca o emprego do Bigdata (HEXIN), que permite o desenvolvemento de algoritmos cos que  traballar para conseguir diminuír os tempos diágnosticos.

Por último, entre os principais recursos asistenciais artellados polo Servizo Galego de Saúde destacan a Comisión Galega de Enfermidades Raras; as Unidades Funcionais Multidisciplinares de Enfermidades Raras das áreas sanitarias de Vigo, Santiago e A Coruña); os comités clínicos das enfermidades raras ou os CSUR (Centros, Servizos e Unidades de Referencia).

O Rosal aposta por ‘Educar en familia’

0

O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

Tui acollerá a celebración do II Congreso FEMUPO

0

Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) organiza por segundo ano consecutivo un congreso sobre igualdade, que nesta edición leva por título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’.

Durante a celebración deste congreso, que terá lugar no Parador de Tui o vindeiro 25 de setembro en horario de 11:00 a 13:15 horas, serán obxecto de presentación e análise os recursos da Administración na loita contra a violencia de xénero, os protocolos de atención nos centros de información á muller (CIM), os procedementos de denuncia e as dificultades que atoparon as asociacións durante a desescalada.

Desde Femupo destacan a oportunidade que brinda este evento, xa que favorece un maior coñecemento e comprensión dos protocolos, axudas, ferramentas e recursos dispoñibles para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero grazas á intervención de persoas expertas como a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a presidenta da Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller, Montserrat González; a letrada do Centro de Información á Muller de Mos, Ana Rodríguez; e a presidenta de Femupo, Raquel Touriño.

O devandito encontro, que marca o segundo aniversario do nacemento de Femupo, busca consolidarse como un foro autonómico de referencia no eido da igualdade ao congregar a sectores e representantes deste ámbito.

O congreso concluirá coa intervención da presidenta de Amei Tui, Anabel Solla, que informará das actividades realizadas e das vindeiras actuacións desta federación.

Ponteareas promove a primeira liña de transporte público colectivo dende o rural ao Centro de Saúde

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, presentaron este mércores aos colectivos sociais de Guláns e Areas a primeira liña de transporte público colectivo dende as parroquias ao Centro de Saúde. Os actos encádranse no programa da Semana Europea de Mobilidade na que Ponteareas participa  por segundo ano consecutivo e ao abeiro do que hoxe conmemora o Día Europeo sen Coches.

A petición do Concello de Ponteareas, a liña foi autorizada pola Xunta de Galicia para a súa prestación por parte da empresa Raúl S.A., quen conta coa concesión da liña escolar no mesmo percorrido. Porén, o servizo prestarase nun horario diferente ao lectivo. Trátase dunha iniciativa experimental que, no caso de ter aceptación por parte da veciñanza e utilidade social, se ampliaría no futuro a outras parroquias e percorridos. A rexedora salientou que “esta medida se encadra nas nosas políticas de desenvolvemento sostíbel e saudábel e no noso compromiso de mellorar os servizos para a veciñanza do rural”.

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, sinalou que este novo servizo “pretende dar resposta á inexistencia de transporte público colectivo dende o rural adaptado aos horarios máis demandado para acudir ao Centro de Saúde por persoas que soen carecer de vehículo propio”. O edil engadiu que a iniciativa “tamén é unha aposta máis por reducir o uso do vehículo particular e mellorar o medio ambiente e a calidade de vida das persoas”.

De inicio o servizo prestarase todos os venres lectivos, con saída dende o barrio de Couso e percorrerá boa parte da parroquia de Guláns e o barrio de Ganade, na parroquia de Areas, chegando ao Centro de Saúde sobre as 07.45 horas, coincidindo co horario de servizos como as analíticas ou o Sintrom, e continuará até Ponteareas. O regreso realizarase ás 10.34 horas dende Ponteareas, pasando de novo polo Centro de Saúde e realizando o mesmo percorrido en sentido inverso. Mera salientou que “na elaboración do Plan de Mobilidade os colectivos das parroquias advertiron que os actuais horarios de regreso do transporte regular ao rural eran moi tarde, polo que esta liña adaptarase a esa demanda, regresando pouco despois das 10.30 horas”.

O servizo prestarase baixo demanda, é dicir, só no caso de que as persoas usuarias o soliciten, ben a través do teléfono 988 687 800 (Rede de transporte público de Galicia) en horario de 08.00 a 20.00 horas ou en bus.gal. A solicitude debe realizarse antas das 19.00 horas do día anterior. O prezo da viaxe é de 1,5 euros, en total 3 euros ida e volta.

Baiona en colaboración co “Royal Celtic Bay English Language School” ofrecerá becas para aprender inglés

0

O Goberno local de Baiona ofrecerá un curso académico, co correspondente exame grao B1 de inglés, en colaboración coa academia local “Royal Celtic Bay English Language School”, á fronte de Loreto Valenzuela Lenda. O proxecto está dirixido ao alumnado que proceda de familias sen os recursos suficientes “para que estuden o idioma”.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Conchy Vara, rubricou un convenio de colaboración coa academia local, centro Examinador de Referencia do Inglés do Trinity College London. Este proxecto pioneiro ten como obxectivo o acceso ao estudo do idioma Inglés da cidadanía.

Consciente de que o coñecemento do inglés converteuse nunha ferramenta fundamental para atopar emprego, créase este novo capítulo de bolsas, que ten como finalidade o fomentar o nivel de coñecemento da lingua inglesa.

O seguimento do cumprimento do convenio realizarase por parte da responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona. Así mesmo, da selección das persoas beneficiarias ocuparase a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “desde o primeiro momento no que nos sentamos a falar da iniciativa, as dúas partes puxéronse de acordo e puxéronse a traballar para que isto puidésese levar adiante. Agradezo enormemente a implicación de Loreto Valenzuela Lenda, directora do centro de estudos “Royal Celtic Bay English Language School”, neste proxecto pioneiro. É moi satisfactorio que unha entidade privada envórquese desta maneira cos veciños e veciñas do municipio”.

O rexedor sinala que “é a primeira vez que en Baiona asínase un acordo destas característica. O legado máis importante que podemos dar aos nenos e nenas é a súa educación, así que este curso escolar o goberno local ha apostado para que ese alumnado que teñan menos recursos para financiar ese proceso de estudo teña a posibilidade. Nunca antes impulsouse este tipo de cooperación, por iso apostei por este convenio que fomenta a aprendizaxe de inglés, un idioma importantísimo para o futuro dos nosos cidadáns máis novos e máis vivindo nunha localidade como Baiona, que recibe persoas de moitas nacionalidades”.

A Guarda conmemora o Día Mundial do Turismo con visitas guiadas especiais ao castro de Santa Trega

0

O luns día 27 de setembro celebrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.

Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega, volvese a ofertar este servizo pero nesta ocasión as visitas guiadas estarán centradas nas áreas escavadas dende o norte ao sur.

Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,…

Estas visitas especiais terán lugar o sábado 25 e sábado 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. As prazas están limitadas polo que precisan de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no teléfono 690 01 70 38 (tamén WhapsApp) ou un mail a [email protected]. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

A Xunta repara as beirarrúas e mellora a seguridade e accesibilidade da PO-403 en Ponteareas

O Grupo Municipal do PP agradece a actuación da Xunta de Galicia na PO-403, que vai de Ponteareas a Salvaterra, concretamente no cruzamento coa N120 ou tamén coñecido como cruzamento de Mondariz.

Os populares lembran que hai uns meses a Xunta xa actuara nese punto da estrada para dotar de novas beirarrúas nun tramo onde non existían, ademais de colocar unha varanda que favoreceu a seguridade peonil nese lugar.

Agora, procédese a reparar un tramo de 200 metros de beirarrúa existente e anexa á nova beirarrúa construída, que co paso dos anos deteriorouse principalmente porque o terreo cedeu rompendo a beirarrúa e as súas lousas por varios lugares ademais de xerarse unha diferenza de altura entre a beirarrúa e o acceso a vivendas e baixos comerciais, o que prexudicaba a accesibilidade peonil.

A actuación consiste na demolición e reposición do bordo e a demolición e reposición de 200 m2 de beirarrúa, e supón un investimento de máis de 7.000 euros por parte da administración autonómica no municipio de Ponteareas.

Arranca a vendima no Castelo de Soutomaior

Este mércores arrancou a vendima nas catro hectáreas de viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, unha recolección da uva que este ano realiza a adega Enoturismo Acha SL, de Baión, que foi a adxudicataria da poxa da Deputación cunha oferta de 1,36 euros por quilo de uva albariña recollida e de 1,1 euros para as outras variedades brancas (godello e torrontés). Prevese recoller ata 15.000 quilos entre uva albariña e variedades nas dúas xornadas nas que se desenvolverá a colleita, na que están a participar 25 persoas traballadoras.

Desde o cambio de goberno na Deputación no ano 2015, adoptouse este sistema de poxa pública para a recollida da uva da finca. A empresa adxudicataria leva a cabo a vendima na mesma leira do castelo, e encárgase do traslado á súa adega. O único criterio de adxudicación que se ten en conta é a poxa máis alta, partindo dun prezo mínimo establecido. Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 33) foron plantados nos anos 80, cando a Deputación de Pontevedra se fixo cargo da fortaleza e os seus xardíns. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

Garda Civil e Policía Local reforzarán o control do ocio nocturno en Tui

0

A subdelegada de  Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria deste municipio. Na reunión tamén estiveron presentes o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, e o xefe da Policía Local, entre outros mandos.

O alcalde tiña solicitada a celebración desta Xunta Local de Seguridade Extraordinaria debido aos problemas que se están producindo nas fins de semana, principalmente na zona monumental, debidos ás concentracións de xente nas rúas unha vez que pechan os locais de ocio nocturno. Estes acontecementos motivaron que por parte da Garda Civil se aposte por establecer operativos conxuntos coa Policía Local dirixidos a erradicar esta situación e a garantir que tras o peche dos locais a xente non permaneza nas rúas do casco histórico. 

Porén, durante a reunión acordouse a posta en marcha de diferentes dispositivos de coordinación e colaboración para afrontar os problemas derivados do ocio nocturno con patrullas conxuntas da Garda Civil e da Policía Local, que velarán polo cumprimento das restricións horarias e das medidas sanitarias vixentes.

Ademais destes operativos no casco urbano, a Garda Civil de Tráfico levará a cabo durante as fins de semana na localidade amplos dispositivos de control de drogas e alcohol para evitar a condución baixo os seus efectos.

 

Maica Larriba fixo fincapé en que a colaboración da Subdelegación para resolver esta situación “vai ser total” e por iso adiantou que se mobilizarán non só os efectivos dos Corpos de Seguridade do Estado da zona, senón tamén ás unidades de reserva necesarias.

A subdelegada sinalou que “Tui é unha vila segura entre os concellos da provincia malia estar sufrindo un problema puntual derivado do ocio nocturno que afecta á convivencia e á seguridade veciñal e que trataremos de solucionar mediante os compromisos e acordos alcanzados hoxe”.

Larriba fixo un chamamento para que estas actitudes se reconsideren e para que se respecten as actuacións da Garda Civil e da Policía Local “que só traballan para garantir o dereito ao descanso da cidadanía e para que se cumpran as medidas fronte a covid”.

Polo seu lado, o alcalde de Tui explicou que a celebración de botellóns na rúa máis aló do horario establecido para o peche do ocio nocturno, “ademais de causar molestias entre a veciñanza e aumentar os riscos sanitarios está provocando un aumento importante dos estragos no mobiliario público”. O rexedor lembrou que o consumo de alcohol na vía pública está prohibido e que permanecen vixentes outro tipo de limitacións por mor da pandemia, motivo polo que apelou á responsabilidade colectiva para erradicar estas situacións.

As eliminatorias pendentes do “Trivium Porriño” cambiarán de localización

A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo “Trivium Porriño”, previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón do colexio “Fernández López” onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado.

Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días.

As dúas primeiras quendas celebraronse a fin de semana pasada no Parque do Cristo.

“Trivium Porriño” é  un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do escenario do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo 2021.

A Deputación pon en marcha unha plataforma online para acceder a SmartPeme durante todo o ano

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha plataforma de formación online dirixida ás persoas autónomas, emprendedoras e empresas usuarias do programa SmartPeme. A aplicación, xa operativa, emprega o software libre Moodle, recoñecido a nivel mundial pola súa facilidade de uso, e permitirá que as e os usuarios poidan acceder aos contidos de SmartPeme as 24 horas dos 365 días do ano.

O Moodle de SmartPeme, semellante ao que xa emprega a Deputación de Pontevedra para a capacitación do seu persoal, contará cunha selección de pílulas formativas que serán periodicamente renovadas e actualizadas. A nova plataforma de formación online está organizada nas categorías TIC, Imaxe, CPED (Centro Provincial de Economía Dixital), Impulsa (competitividade global dos negocios) e TurisTIC (turismo), as carteiras de servizos do proxecto SmartPeme, e ofertará dende vídeos explicativos ata infografías ou presentacións. A día de hoxe conta xa cunha selección de cincuenta obradoiros do programa.

As persoas autónomas, emprendedoras e empresas interesadas en acceder aos contidos da nova aplicación de SmartPeme deberán rexistrase a través da ligazón permanente que estará á súa disposición en  https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio . Tamén a través do formulario que se enviará coa newsletter quincenal de SmartPeme. Unha vez recibidos os datos e realizada a inscrición as persoas interesadas recibirán unha mensaxe confirmando que foron rexistradas no sistema cun nome de usuario/a e contrasinal de acceso. A partir deste momento, as persoas poderán xa acceder aos contidos do Moodle de SmartPeme e ampliar, en calquera lugar e momento, sen limitación de horarios e rachando con calquera barreira física ou temporal, coñecementos en materia dixital e de mellora da competitivade.

A institución provincial dá un paso máis na formación telemática, impulsada notablemente trala pandemia da covid-19. Deste xeito, co novo Moodle de SmartPeme, que servirá como complemento ás actividades de capacitación que a rede vai seguir realizando con carácter semanal, a Deputación de Pontevedra amplía o catálogo de ferramentas dixitais ao servizo do tecido industrial da provincia.

A Xunta anima á doazón de médula ósea

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiu o acto de entrega de premios aos gañadores da sexta edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, promovido desde a Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). O acto de entrega, que tivo lugar esta mañá no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), tamén contou coa presencia da decana deste centro de ensino universitario, Emma Torres-Romay, e da directora de ADOS, Marisa López García.

No transcurso deste acto, o conselleiro de Sanidade salientou a importancia do reforzo dos medios precisos, por parte da Xunta de Galicia, para que os doentes acaden un doante compatible.

Neste sentido, indicou que a Xunta de Galicia conta cunha Unidade de Bioloxía Molecular dentro de ADOS, acreditada desde hai 23 anos coa certificación da Federación Europea de Inmunoxenética (EFI). Esta unidade permite facer as análises precisas para identificar os doantes compatibles e posibilitan os transplantes.

O responsable da sanidade pública galega salientou que este labor de tipaxe de novos doantes é prioritario e se están a facer importantes investimentos e renovando os laboratorios de ADOS, un dos cales rematouse este mesmo verán e a súa nova tecnoloxía posibilitará o incremento da capacidade de tipaxe de posibles doantes, incorporando, así mesmo, tecnoloxía NGS de secuenciación de nova xeración.

Sensibilización e divulgación

O conselleiro remarcou a importancia do traballo a prol dunha conciencia solidaria favorable aos distintos xeitos de doazón e ao transplante nos diferentes niveis educativos, sendo este labor especialmente importante para a doazón de medula ósea no eido universitario.

Julio García Comesaña lembrou o esforzo que se está a facer desde a Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS para fomentar a información e sensibilización do colectivo universitario a prol da doazón de medula ósea, eido no que se circunscribe esta sexta edición do Concurso de Curtametraxes.

Positiva evolución

O titular da carteira sanitaria quixo salientar a recente conmemoración do Día Mundial do Doante de Medula Ósea, lembrando que  ADOS é centro de referencia en Galicia para a tipaxe destes doantes no REDMO (Rexistro Español de Doantes de Médula Ósea) desde hai máis de dúas décadas e, na actualidade, 13.054 galegos e galegos figuran neste rexistro como doadores e doadoras dispoñibles.

Neste sentido, o conselleiro de Sanidade puxo en valor a positiva evolución no número de doantes inscritos por Galicia no REDMO ao longo do presente ano e que xa está a piques de superar a cifra dos 799 doantes inscritos ao longo do pasado ano.

Premiados

Nesta sexta edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, acadou o primeiro premio o traballo “Usa o teu poder”, realizado polo alumno da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, David Hortas García.

Polo que se refire ao segundo premio, recaeu na curtametraxe “O camiño dunha doazón de medula ósea”, realizado pola estudante da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Zaida López Estévez, mentres que o terceiro premio foi para o traballo “Doar e salvar todo é empezar”, presentado pola alumna da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de A Coruña, Alexia Mariño Beiro.

Nigrán iniciou as obras para rehabilitar a cafetería das instalacións de Dunas de Gaifar

0

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para  rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de, a posteriori, sacar a concurso público a súa xestión. Os traballos, adxudicados a Construcciones Castro por 48,348 € e cun prazo de 2 meses, contemplan reparar e repoñer todos os elementos que non se atopan en condicións óptimas ou foron retirados, así como mellorar a accesibilidade. Non se realizarán cambios na distribución dado que o uso de cafetería se manterá igual nin se intervirá na parcela exterior, xa que a xestión se desligará por completo do seu mantemento e da actividade deportiva. As obras inclúen a reparación da cuberta, petos, e revestimentos ou a mellora das instalacións eléctricas, de ventilación ou fontanería e eliminación de barreiras arquitectónicas

“O obxectivo é entregar a cafetería ao futuro concesionario nun estado óptimo porque repercutirá no beneficio de todos os usuarios e na propia imaxe de Nigrán. Como novidade, a súa xestión estará desligada das instalacións deportivas ou do mantemento da zona verde”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por unha cafetería “que funcione todo o ano e sen actividade de ocio nocturno”.

Segundo o proxecto aprobado, eliminaranse os cortaventos do alzado nordeste ao impedir a accesibilidade e dotaranse aos aseos do equipamento preciso para persoas con mobilidade reducida, xa que actualmente carece del. Paralelamente, debido ao seu mal estado, repararase por completo a cuberta e os seus petos e  substituirase o canlón; revisaranse e completaranse as instalacións de fontanería e eléctrica (faltan moitas luminarias e algunha toma); implementarase a ventilación e repoñerase o pavimento da zona de pública da cafetería (on linoleo está moi desgastado e presenta irregularidades). Finalmente, as carpinterías exteriores de aceiro serán renovadas dado o seu gran deterioro, mentres que as interiores só precisan ser pintadas e reparadas puntualmente. As obras inclúen o pintado da fachada e dos interiores (atendendo tamén aos seus revestimentos).

Finalmente, cunha finalidade estética, instalaranse pezas de madeira en vertical en dous tramos de fachada, por un lado na que dá cara as pistas de tenis e, por outro, na posterior, co fin de limitar o actual impacto visual das instalacións de aire.

“Entregaremos ao futuro concesionario unha cafetería renovada e en perfectas condicións para exercer a súa actividade, que é o que máis nos preocupa”, finaliza o rexedor.

Nigrán informa do corte de auga este xoves na zona de Panxón de 22:00 a 3:00 horas

0

O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro de 22:00 a 03:00 horas que afectará as seguintes rúas de Panxón: Arquitecto Palacios, Baiona A Real, Cidade de Vigo, Paseo Marítimo, Jesús Espinosa, Alvaro Mourelle, Gaifar, Rúa do Regueiro, Camiño da Gaivota, Rúa Veiga de San Xoán, Camiño da Costa, Rúa Gondomar, As Barrocas e Fenales. O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.

Rematadas as obras da zona deportiva do parque público de A Canuda en Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a obra de reparación do valado da pista polideportiva do Parque Público A Canuda. Deste xeito, a pista luce unha imaxe máis rexuvenecida e segura para a práctica deportiva.

Por outra banda, tamén están a rematar as obras na zona da piscina, onde se está cambiando o peche perimetral, as aceras e procederase a replantar toda a zona de herba, obra que, desde o Concello confían, se a situación sanitaria o permite, poidan desfrutar para o próximo verán.

Antes de final de ano procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso, para completar un espazo moi utilizado por numeroros rapaces e rapazas.

Para rematar, procederase tamén a cambiar a rede que rodea as pistas de tenis, modernizando a contorna deportiva de toda a zona e lucindo unha imaxe renovada e práctica.

Alfonso Pexegueiro presenta o seu novo poemario no Auditorio Municipal de Ponteareas

O escritor de Angoares, Alfonso Pexegueiro, compartirá os versos do seu novo poemario “Rizo y Riza. Un brindis por la duda” cos veciños de Ponteareas o vindeiro sábado ás 18.30 horas no Auditorio Municipal.

A presentación pecharase cunha pequena actuación do grupo PÄRBO, con Begoña Riobó ao violín e Anxo Pintos á zanfona. A entrada é de balde ata completa aforo e concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a veciñanza a asistir para “dialogar de literatura cun poeta do que estamos moi orgullosos”.

Alfonso Pexegueiro iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética “Rompente”. O ano seguinte comezou traballar na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume e en 1980 uniuse á Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, Encontros de Escritores vascos, cataláns e galegos, deu numerosos recitais de poesía e colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Na actualidade xa conta con cerca de vinte obras publicadas, tanto de poesía como de narrativa.

Cabeiro, Negros e Reboreda, protagonistas dos libros ‘Parroquias de Redondela’

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentou en rolda de prensa os tres novos libros da colección ‘Parroquias de Redondela’, editados polo Servizo de Normalización Lingüística, nun acto no que tamén estiveron presentes os autores dos tres novos títulos, Amante Romero de Cabeiro; Xosé Couñago de Negros e Carlos Rodríguez de Reboreda.

Digna Rivas quixo agradecer “a colaboración desinteresada de Amante, Xosé e Carlos nun traballo que busca poñer en valor o patrimonio cultural, natural e artístico das parroquias redondelás”. Os novos títulos ofrecen un percorrido por Cabeiro, San Estevo de Negros e Reboreda e dan continuidade aos xa editados sobre Trasmañó, Cesantes e Ventosela.

Lembraba a alcaldesa de Redondela que a intención do Goberno local de dar continuidade á serie de libros “mirouse truncada pola chegada da pandemia da Covid e das circunstancias que impedían a súa distribución entre a veciñanza”. “Entramos agora nunha época de nova normalidade –engadiu Digna Rivas– e recuperamos este proxecto que é posible grazas a implicación de persoas como Amante, Xosé e Carlos que se prestan a afondar na historia e patrimonio das súas parroquias”.

Os libros contan con portadas realizadas por Ángel Barros “un luxo de portadas” afirmou a alcaldesa quen destacou “a sorte de poder contar cun artista da calidade de Ángel para desenvolver este proxecto que pon de relevo a capacidade creativa, literaria por unha banda e artística por outra, dos nosos veciños”.

A alcaldesa de Redondela tiña tamén un especial recoñecemento “ao magnífico traballo” realizado polo técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez “sempre pendente de todos os detalles deste proxecto”.

Os tres autores, logo de agradecer a iniciativa do Concello, pasaron a explicar brevemente o contido dos seus libros destacando “o enorme patrimonio que teñen as nosas parroquias e que, moitas veces, pasa desapercibido” como no caso de Reboreda, –Reboreda: espazos de pedra, músicas de auga– “a cantidade de persoeiros cunha traxectoria histórica máis que salientable con que conta a parroquia e que son grandes descoñecidos da historia de Redondela”, afirmou Carlos Rodríguez.

Amante Romero, en Cabeiro, terra de Cesteiros, pon o foco de atención ha historia da parroquia, os lugares de interese, as festas e o patrimonio “dun recuncho de menos de mil habitantes, pero que para nós, os que nacemos ou vivimos en Cabeiro, é o noso mundo amplo e interminable”

O libro sobre a parroquia de San Estevo de Negros é o máis amplo dos tres ao contar con sete rutas, perfectamente marcadas nos gráficos e con códigos QR para poder acceder ao percorrido das mesmas “que permiten que, en camiñadas de dúas horas e media a máis longa, as persoas poidan percorrer toda a parroquia e os seus puntos de interese”, afirmou Xosé Couñago.

Os tres libros, tal e como adiantou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, serán presentados nas respectivas parroquias en datas que se darán a coñecer “para ser entregados en man ás veciñas e veciños e manter un encontro cos respectivos autores”.

A nova edición de ‘Parroquias de Redondela’ está impresa cunha tipografía de maior tamaño que as tres anteriores “atendendo ás demandas que fixo a veciñanza e posibilitando unha lectura fácil e cómoda para as e os nosos maiores”. Editouse unha tirada de 500 exemplares de cada un dos títulos e poden ser recollidos, de xeito totalmente gratuíto, no multiúsos da Xunqueira de Redondela e no multiúsos de Piñeiral do Crego en Chapela.

A Deputación inicia unha nova edición do programa Deporte-Escolas

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa Deporte-Escolas, que desenvolve en colaboración coas federacións deportivas, para promover o desenvolvemento da practica da actividade física entre as crianzas en idade escolar que residen na provincia. Deste xeito, trala publicación das bases desta iniciativa no Boletín Oficial da Provincia, desde o pasado martes 21 de setembro xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá realizarse preferentemente a través da sede electrónica da Deputación.

As Deporte-Escolas, ás que este ano a Deputación dedica un orzamento de máis de 330.000 euros, abranguen nove modalidades: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. As escolas comezarán o 13 de outubro e finalizarán en maio, excepto a de piragüismo, que polas súas características técnicas terá un período lectivo diferente, comezando no mes de marzo e finalizando no mes de setembro. As disciplinas dispoñibles por concello para cada tramo de idade, así como os horarios, están publicados xa na web da Deputación.

O programa Deporte-Escolas permite que centos de nenas e nenos se poidan iniciar en diferentes modalidades deportivas de xeito totalmente gratuíto ao longo de toda a provincia, en colaboración e coordinación coas diferentes federacións e clubs deportivos para contribuír ó desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. Trala publicación no Boppo, ábrese o primeiro dos dous prazos para a presentación de solicitudes, de 10 días hábiles, e unha vez finalizado poderanse consultar as listas de persoas inscritas na páxina web. A selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada. Haberá un segundo prazo de presentación de solicitudes dun mes a partir do 1 de novembro, co obxectivo de ocupar as prazas que quedaron baleiras.

O Mosteiro de Oia acollerá a representación de teatro veciñal e mais artistas convidadas

0

Conta atrás para a representación a cargo do obradoiro de teatro veciñal de Oia, que este ano se desenvolverá no interior do Mosteiro de Oia. Cun formato de visita dramatizada e con temática feminina, esta proposta cultural contará coa participación de 5 artistas galegas. A cita será o vindeiro sábado 25 e haberá tres pases: ás 12.00 horas, 17.00 e 19.00 horas.

A proposta deste ano desenvolverase baixo o título “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores” e, xunto co alumnado do obradoiro veciñal, participarán un total de 5 artistas de diversas disciplinas: Mónica de Nut (música), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música).

Seguindo os protocolos por mor da Covid-19, as prazas para asistir á actividade son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 639 32 94 93 (indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto). Para máis información pódese chamar ao Concello de Oia ao número 986 36 21 25.

A visita dramatizada constará de varias pezas de temática feminina, poñendo en valor a achega das mulleres na historia de Oia e recoñecendo traballos tradicionalmente invisibilizados ou pouco recoñecidos.

A actividade forma parte do proxecto “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Baiona celebrará esta fin de semana a romaría de San Cosme e San Damián

0

O vindeiro venres 24 de setembro, festivo local, o sábado 25 e o domingo 26, Baiona recuperará a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián. Esta edición, se cabe, é aínda máis especial, xa que o ano pasado a tradicional romaría baionesa viuse obrigada a suspenderse con motivo da crise sanitaria derivada da Covid-19.

Os veciños poderán participar, na contorna de Santa Liberata, nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos, gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.

Estes días oficiaranse actos relixiosos na honra dos santos e, como obriga a tradición, algúns veciños ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.

Durante tres días, a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado se extendiende tamén por rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.

Ademais, o mercado vai ser amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles. A festa comezará o venres, festivo local, ás 13:00 horas coa actuación de “ Cé Orquestra Pantasma” e ás 18:00 horas levará a cabo un pasacalles a cargo do grupo de gaitas “Vos Trebellos” de Baíña no Recinto de Santa Liberata.

O sábado día 25 ás 13:30 h a través de “cultura non camiño” farase unha homenaxe á tradición oral co espectáculo “Abrandares de sal, mulleres de terra”. Ás 19:00 h a Asociación Folclórica “Vila de Baiona” e a Asociación Cultural “A Seneira” ofrecerán unha actuación.

O domingo, día 26, ás 12:30 h celebrarase a misa solemne en honra de San Cosme e San Damián na Igrexa de Santa María de Baiona. Ás 13:30 h a través de Agadic xunto coa Federación Galega de Bandas Populares farase unha actuación dentro do programa “Ou país dás bandas”, a Banda de Música “ Belas Artes” de Cangas ofrecerá un concerto.

En canto aos actos relixiosos, o sábado, día 25 de setembro, as misas serán de tarde ás 18:00 e ás 20:00 h. O domingo, día 26 de setembro, haberá misas ao longo de todo o día: 08:00, 09:00, 10:30, 12:30 (misa solemne), 18:00 e 19:00.

Debido á Covid-19, non se celebrará a procesión habitual previa á misa solemne; no seu lugar, haberá un acto de veneración das reliquias, que tampouco se darán para bicar para garantir as normas sanitarias.

Coa idea de respectar o aforo establecido polas institucións sanitarias, o culto só se centralizará no templo parroquial, Iglesia de Santa María de Baiona, polo que non haberá celebracións na Capela de Santa Liberata. A Capela se permanecerá aberta ao público para todas aquelas persoas que a queiran visitar.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “o Goberno local profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta pola liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.

Mos repara o pavimento do Camiño de Santiago

0

O Concello de mos inicia a reparación do pavimento do Camiño de Santiago ao abeiro dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

A reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago, no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos, é unha necesidade urxente e moi necesaria, xa que debido ao paso dos anos as infraestruturas foron deteriorándose, sobre todo co paso dos vehículos por esta zona. Coa peonalización deste tramo, e o arranxo das zonas danadas, quérese conseguir dotar de  valor o entorno do Pazo de Mos e a preservación do Patrimonio nas mellores condicións posibles.

Os traballos consitirán na reparación mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables coa substitución por outras das mesmas.

A reparación de pezas soltas e movidas para acadar a planeidad idonea para o tránsito dos peregrinos nunha lonxitude de 42 ml. O custo da obra acada os 23.275 euros.

Nigrán súmase un ano máis ao proxecto de Adega “Móllate polos ríos”

0

O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 18:00 horas. Os interesados deben inscribirse antes deste venres 24 de setembro ás 13:00 horas a través do formulario web www.nigran.es.

O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela en Praia América ás 18:00 horas e a duración aproximada de 1,5 horas. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e auga. O Concello participa xunto a outras 50 localidades de toda Galicia e más de 65 entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Retirada de 200 kg no proxecto ‘Libera 1m2 polas praias e mares’

Por outra banda, un total de 13 persoas coordinadas desde o Concello de Nigrán participaron este pasado domingo 19 de setembro no proxecto Libera ‘1m2 polas praias e mares’ cunha xornada de limpeza matinal ao carón do peirao de Lourido (Praia América). Ao longo de hora e media retiraron preto de 200 kg de lixo, aparecendo fundamentalmente, como é habitual, moitas botellas de plásticos, microplásticos, restos de material de pesca…

Imaxe da xornada de limpeza do domingo

A Xunta inicia a administración de terceiras doses da vacina da Covid

A Xunta de Galicia iniciou esta onte, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da Covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar, hoxe, no resto de Galicia.

No acto estivo presente a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán; o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Consellería de Política Social, Antón Acevedo; e a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez Masid.

No acto, a directora xeral de Saúde Pública remarcou que Galicia está dentro das comunidades autónomas con maior porcentaxe de vacinación grazas á responsabilidade da cidadanía.

Carmen Durán pediu un paso máis de responsabilidade, “xa que é necesario que todos nos vacinemos, por responsabilidade individual e colectiva, e imos a ofertar todas as facilidades do mundo para chegar á máxima porcentaxe de vacinación posible”.

Ponteareas converte a Praza Maior nun espazo libre de vehículos a motor desde hoxe

Ao abeiro da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ponteareas deu un paso máis na recuperación do espazo público para as persoas convertendo a Praza Maior nun lugar sen vehículos a motor.

Ata o de agora os coches podían acceder libremente á Praza Maior os días laborables entre as 06.00 e as 16.00 horas e incluso estacionar na zona situada perante a Seguridade Social. Deste xeito, durante boa parte do día numerosos vehículos utilizaban a Praza Maior como itinerario de paso dende a rúa Santa Ana cara a rúa dos Ferreiros pola Calexa. A pesares de dispoñer do aparcadoiro público e gratuíto de Santa Ana con 100 prazas dispoñíbeis a menos dun minuto, eran moitos os vehículos que estacionaban ocupando unha ampla zona da praza.

Coa nova regulación que entra en vigor hoxe mércores 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, a Praza Maior converterase “nun lugar seguro e tranquilo para o desfrute das persoas, especialmente dos nenos e nenas, pais e nais e persoas maiores que enchen este espazo público a diario e que viñan demandando rematar coa circulación innecesaria, na maior parte dos casos, de vehículos pola praza”, segundo explicou o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

Segundo os datos rexistrados pola Policía Local, en días laborábeis unha media de 150 vehículos acceden á praza entre as 08.30 e as 13.30 horas, é dicir, un coche cada 2 minutos de media, dos que a metade o fan unicamente para atravesala cara a rúa dos Ferreiros.

A regulación que se aplicará é a mesma que regula o acceso a outras zonas peonís da vila como a rúa da Esperanza ou República Arxentina. Poderase entrar na praza con vehículo a motor para acceder a garaxes. Ademais, os residentes sen garaxe e os comerciantes e a clientela poderán facelo para descargar ou recoller obxectos voluminosos cando non sexan transportábeis a pé. Tamén se poderá acceder para deixar ou recoller a persoas con mobilidade reducida. Por último, estará permitida a carga e descarga de mercadorías e repartos en horario de 08.00 a 15.00 horas. A parada para todas esas necesidades farase polo tempo imprescindíbel, non superior a 15 minutos, ampliábel en casos xustificados previo aviso á Policía Local. A parada poderá realizarse o máis preto do destino e o acceso á Praza farase polo itinerario máis curto, dende Esperanza, Santa Ana ou San Xoaquín, segundo cada caso. Os vehículos autorizados deberán circular a 10 km/h como máximo, dando sempre prioridade aos peóns e garantindo unha separación mínima coas persoas de 1,5 metros. A Policía Local comprobará se a presenza de vehículos na praza se corresponde cos supostos autorizados e  polo tempo permitido, polo que non será necesario expedir tarxetas de autorizados.

Mera sinalou que “con esta medida avanzamos no novo modelo de mobilidade sustentábel e saudábel, nunha vila onte todo está a menos de 10 minutos camiñando e onde se ofrecen case 1.000 prazas de aparcamento ademais das existentes en rúas e avenidas para as persoas que precisan o vehículo para desprazarse ata o centro urbano”.

A Deputación colabora con AFAGA no seu proxecto “Alzhéimer 360°”

O deputado Carlos Font e a deputada Ana Laura Iglesias, veñen de visitar as instalacións de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia), coa que a institución colabora cunha achega de 20.000 € para a posta en marcha do seu proxecto “Alzhéimer 360º”. A través desta iniciativa subvencionada pola Deputación estanse a beneficiar de xeito directo e indirecto máis de 3.000 persoas de 24 concellos do sur da provincia. As súas actividades presenciais desenvólvense nas instalacións de Afaga Alzhéimer de Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Nigrán, O Porriño, Mos, Baiona e Vigo.

O proxecto “Alzhéimer 360º” está pensado para dar soporte profesional e especializado aos coidadores/as principais e familiares das persoas afectadas por algún tipo de demencia neurodexenerativa, dotándoos de ferramentas coas que afrontar o proceso evolutivo da enfermidade. Así, entre os seus obxectivos salientan o asesoramento e soporte emocional; a resposta a demandas de información e produtos que alivien, eviten ou retrasen situacións de total dependencia; o fomento da corresponsabilidade de xénero; apoio psicolóxico e actividades formativas. “Alzhéimer 360º” acompaña á contorna familiar e de convivencia ao longo de todas as fases da enfermidade, incluso no proceso de do tralo falecemento, polo que a atención pode prolongarse ata os 10 0u 12 anos. Amais, o proxecto terá un efecto especialmente positivo ao diminuír os niveis de sobrecarga acadados nos últimos meses coa actual crise sanitaria.

A súa metodoloxía partiu dunha fase inicial de detección por parte do servizo de acollida e atención social das necesidades que adoecían os e as coidadoras e familiares co gallo de redirixilos aos servizos e programas máis axeitados: acollida e atención social, atención psicolóxica, asesoramento técnico e produtos de apoio, asesoramento legal especializado e formación. “Alzhéimer 360º” destaca pola monitoraxe en tempo real da interacción entre profesionais e usuarios e polo emprego das redes sociais para a súa comunicación; e todas as súas actuacións serán cuantificadas e avaliadas seguindo o plan de calidade e auditoría interna e externa establecido pola entidade.

AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia, constituíuse en 1994 trala mobilización espontánea de familiares de doentes de alzhéimer á raíz da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade. Na actualidade, esta asociación sen ánimo de lucro integra a máis de 770 socias e socios e 55 profesionais, situándose como o principal expoñente na defensa e atención social das persoas que padecen alzhéimer e da súa contorna familiar; e constituíndo a primeira asociación de familiares doentes de alzhéimer (AFA).

Gondomar recupera o programa “Cultiva a mente” para a prevención e detección do Alzhéimer

0

O taller “Cultiva a mente” reanúdase tras a pandemia e contou coa presenza do presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, xunto á concelleira de Benestar Social de Gondomar, Nuria Lameiro. O responsable da asociación agradeceu ao Concello de Gondomar a súa aposta por unha visión transversal das persoas maiores e por visibilizar como éxito das nosas sociedades a súa lonxevidade e todo ou que poden achegar aínda”.

De feito, subliñou, que esta é unha das demandas que teñen sobre a mesa sumadas a outras tan importantes como a atención aos familiares coidadores ou a execución dun estudo real da enfermidade na comunidade.

Nese sentido desde o goberno local lembrou a súa implicación coas necesidades e a atención “dos nosos maiores para garantir a mellor calidade de vida”. Así ademais destes talleres, ao longo do ano compleméntanse con outras moitas actividades como a ximnasia de mantemento, aula de teatro ou as nosas instalacións como o recente inaugurado parque biosaudable, ou o proxecto do futuro paseo fluvial.

Os talleres de “Cultiva a mente” son impartidos por unha psicóloga e neles participan 30 veciños e veciñas de máis de 55 anos. Martes e xoves, durante dúas horas abordan diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.

Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspectos como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e ou cálculo, entre outros.

A infancia de Rosalía de Castro a escena no Auditorio Municipal de Ponteareas

María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba. Esta é a premisa da obra “Rosalía”, que Culturactiva presentará o vindeiro venres ás 18.30 na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.

“Temos no noso concello unha grande oportunidade de coñecer a infancia da voz máis emblemática da nosa historia”, afirma o concelleiro de Lingua, Fernando Groba, á vez que convida a veciñanza a asistir a un espectáculo de balde. As entradas poden reservarse en [email protected].

Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro é a protagonista desta obra de teatro, e será ela mesma a que lle conte aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre  a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

“Rosalía” é unha obra pensada para nenos e nenas de idade primaria, pero tamén para as súas familias. É froito do traballo dunha equipa de mulleres cunha grande experiencia no teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsábel de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís. Dúas actrices forman o reparto, Rocío González e Cristina Collazo, as dúas imprescindíbeis nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

O alcalde de Arbo reuniuse co coordinador provincial do Sector Ferroviario de CCOO

0

O sector ferroviario de CCOO mantivo unha reunión co alcalde de Arbo, Horacio Gil, co obxectivo de conformar un plan de necesidades de mobilidade adaptado aos  concellos da marxe da liña ferroviaria do Miño.

Esta iniciativa propon contar co consenso das administracións locais para favorecer a mobilidade das poboacións próximas, a través da converxencia de distintos medios de transporte, para conectar ao ámbito municipal de influencia con Galicia e resto do Estado, así como o veciño Portugal.

Antón Conde, coordinador provincial  do sector ferroviario de CCOO insistiu na necesidade dun deseño de transporte ferroviario que baseándose nunha rede de proximidade favoreza a mobilidade facía Ourense, para enlazar coa liña de Alta Velocidade, e cara a Vigo para enlazar co corredor Atlántico (en ambas as direccións, Norte e Sur).

O alcalde arbense informa que “o paso do tren por Arbo, e a situación estratéxica na que estaba situada a estación, permitiu durante moitos anos un desenvolvemento económico para a nosa vila, polo que temos que considerar o ferrocarril como sistema estratéxico para o desenvolvemento económico e social, que require dunha readaptación de algúns dos seus servizos para que sea unha palanca máis o alcance e crecemento de Arbo, polo que é necesario unha estratexia e propoñer realización necesarias para  a mellora do ferrocarril convencional, ampliar as paradas das liñas existentes no Concello de Arbo, co fin de mellorar o servizo ofertado e creación dun servizo de trens de cércania comarcal para vertebrar o territorio de Vigo – Ourense, moción que presentara o grupo politico de goberno para o vindeiro pleno”.

Requírense trens de calidade a prezos accesibles e con frecuencias que contemplen a  interopetarividade e o transporte intermodal. CCOO solicitou ao alcalde de Arbo que se sume a esta iniciativa que apunta á calidade do servizo ferroviario e á súa conexión con Europa. “Non podemos perder esta ocasión histórica ao contar cos recursos e medios do Plan Director e outros proxectos que transformarán as infraestruturas ferroviarias na liña do Miño.”

Nigrán tínguese de verde polo Día Mundial do Alzhéimer

0

O Concello de Nigrán e a ponte romana de A Ramallosa iluminaranse novamente esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde. O Concello quere expresar así o seu apoio a familares e doentes e, de feito, declarouse no 2015 “Localidade Solidaria co Alzhéimer” e conta dende 2016 cun centro municipal en Panxón xestionado por Afaga que desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para persoas con enfermidades neurodexenerativas tipo Alzhéimer.

A pesar de que en Galiza existe unha prevalencia estimada de 104.000 casos e que co aumento da esperanza de vida a cifra se duplicará nos próximos vinte anos, na comunidade non existe unha estratexia integral de abordaxe das demencias como esta. Así, o custo que supón, de máis de 30.000 euros, recae principalmente nas familias pese a que os seus recursos socio-sanitarios sexan escasos. Por todo elo, o Concello de Nigrán considera que é un problema de primeira magnitude do que se debe concienciar, contribuindo a súa normalización e explicando a toda a poboación a súa realidade e alcance.