14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA banda Reveriano Soutullo encherá de música a praza Fernández Vega de...

    A banda Reveriano Soutullo encherá de música a praza Fernández Vega de Ponteareas este sábado

    A actuación comezará ás 20.00 horas e a entrada é de balde ata completa aforo

    A banda Reveriano Soutullo encherá de música a praza Fernández Vega de Ponteareas este sábado ás 20.00 horas. A agrupación presentará as súas mellores melodías para todos os públicos, xa que conta cun amplo repertorio adaptado a todas as idades, entre o que se pode escoitar música galega de sempre, con pezas de compositores ponteareáns, pero tamén con títulos máis modernos. A entrada é de balde.

    A banda de música debe o seu nome ao histórico compositor ponteareán, Reveriano Soutullo, unha das figuras musicais máis influínte e importante de principios do século pasado.

    Na súa grande obra o compositor sempre gardou unha gran relación coa música tradicional do país, como a banda á que lle da nome, e aportou vairas creación propias e instrumentacións do repertorio internacional en certames de bandas de música e orfeóns de Galicia. Todo esta traxectoria exemplificase nunha das súas cancións máis coñecidas: “Pasodobre de Ponteareas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.