O Concello de mos inicia a reparación do pavimento do Camiño de Santiago ao abeiro dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.
A reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago, no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos, é unha necesidade urxente e moi necesaria, xa que debido ao paso dos anos as infraestruturas foron deteriorándose, sobre todo co paso dos vehículos por esta zona. Coa peonalización deste tramo, e o arranxo das zonas danadas, quérese conseguir dotar de valor o entorno do Pazo de Mos e a preservación do Patrimonio nas mellores condicións posibles.
Os traballos consitirán na reparación mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables coa substitución por outras das mesmas.
A reparación de pezas soltas e movidas para acadar a planeidad idonea para o tránsito dos peregrinos nunha lonxitude de 42 ml. O custo da obra acada os 23.275 euros.