21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño inaugurará este sábado un dos maiores skatepark da provincia

    Tomiño inaugurará este sábado un dos maiores skatepark da provincia

    O acto será aberto ao público e haberá unha exhibición das diferentes modalidades, como BMX, Skateboard, Scooter ou Roller

    Este sábado terá lugar a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián, que estará composta por unha pista de skatepark e unha pista polideportiva. O novo espazo está encadrado dentro do proxecto “Máis Goián”, un proxecto integral de reforma urbana que procura conectar todos os equipamentos públicos da vila a través da mobilidade peonil, e virá a complementar outros equipamentos deportivos situados na área como o campo de Fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

    O acto será aberto ao público, comezará ás 13:00 e contará coa intervención de Uxío Benítez, 1º tenente alcalde e deputado provincial de Mobilidade e Espazo Público; Teo López, representante do colectivo local OG Rippers; Sandra González, alcaldesa de Tomiño e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. Ao remate da presentación haberá unha exhibición das diferentes modalidades que poderán practicarse na pista, tales como BMX, Skateboard, Scooter ou Roller. Pola tarde, a partir das 15:00 horas, o colectivo local OG Rippers organizará tamén dúas competicións de skateboard, unha para menores de 14 anos e outra para adultos, na que é posible inscribirse a través dun formulario dipoñible na súa páxina de Facebook. O ámbito da intervención, financiada a través do Plan Concellos 2020, abarca uns 4.000 metros cadrados, dos cales preto de 1.400 corresponden ao skatepark,converténdoo nun dos maiores da provincia. No seu deseño contouse co asesoramento de expertos nestes deportes, participando no seu deseño un dos técnicos organizadores do recoñecido evento de cultura urbana e deportes extremos “O Marisquiño”, ademais de ser fundamental en todo o proceso a participación da mocidade do municipio que practica algunha destas modalidades.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.