8.7 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece mañá venres a segunda sesión de contacontos dirixida á primeira...

    Nigrán ofrece mañá venres a segunda sesión de contacontos dirixida á primeira infancia

    É preciso inscrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979

    O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece este este venres 24 de setembro no Auditorio Municipal ás 18:00 horas o contacontos ‘Unha viaxe para cantar e contar’ a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979.

    A cargo de ‘Donde viven los cuentos’, está dirixido á primeira infancia (de 0 a 5 anos). Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que vivirán aventuras trepidantes ao mesmo tempo que aprenderán conceptos como as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Esta sesión constará de catro contos adaptados o galego: Polo camiño, Animales a mano, Mi cara, e La araña hacendosa.

    O martes 28 de setembro ás 18:00 horas e o venres 8 de outubro será a quenda de Raquel Queizás con sendos contacontos.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.