22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA actuación da compañía Titiritantes o sábado 25 será o avance do...

    A actuación da compañía Titiritantes o sábado 25 será o avance do XXII Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day que se traslada aos días 1 e 2 de outubro

    Redondela adía para o 1 e 2 de outubro o XXII Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day ante as desfavorables previsións meteorolóxicas

    O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o cambio de datas do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro. As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Comerciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.

    En todo caso, o Festival de Artistas de Rúa terá un previo máis que interesante coa compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 25 ás 18 horas”.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, tanto o Festival de Artistas de Rúa coma o Shopping Days, “quedarían totalmente desvirtuados ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”. Ao mesmo tempo, a alcaldesa redondelá lembra que o propio aprazamento permite “que o Festival conte cun máis que interesante avance como é o da compañía Titiritantes, unha agrupación de recoñecido prestixio e enorme calidade escénica”.

    Cómpre lembrar que nesta edición dos Shopping Days está prevista a participación de 42 establecementos de diferentes sectores comerciais os que, durante a fin de semana, ofrezan os produtos de fin de tempada a prezos moi rebaixados. Ao mesmo tempo, no interior das tendas, farase un avance do que será novidade na vindeira tempada.

    XXII Festival de Artistas de Rúa

    Na nova programación, con algún cambio obrigado de artistas que xa tiñan as novas datas comprometidas, o Festival mantén como denominador común “a altísima calidade de todas e cada unha das compañías e dos espectáculos que ofrecerán”, afirma a alcaldesa Digna Rivas que lembra que os espectáculos “serán itinerantes para evitar, dese xeito, as aglomeracións de público e que, ao mesmo tempo, poidan gozar de todas e cada unha das propostas o maior número posible de espectadores e espectadoras”.

    • 25 de setembro
      • 18.00 h Compañía Titiritantes – Ulterior, a viaxe. -Saída dende a Praza de Ribadabia
    • 1 de outubro
      • 17.30 h Compañía Xip Xap – Rum Rum. – Saída dende rúa Pai Crespo
      • 19.00 h Compañía Troula Animación – Pachamama – Saída dende a Praza de Ribadavia.
    • 2 de outubro
      • 17.30 h Compañía Inventi Teatro – A tropa do doutor milagre – Saída da rúa Salgueiral.
      • 19.00 h Compañía Troula Animación – Circo Krasnobaraka – Saída Praza de Ribadavia

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.