7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaO Mosteiro de Oia acollerá a representación de teatro veciñal e mais...

    O Mosteiro de Oia acollerá a representación de teatro veciñal e mais artistas convidadas

    Conta atrás para a representación a cargo do obradoiro de teatro veciñal de Oia, que este ano se desenvolverá no interior do Mosteiro de Oia. Cun formato de visita dramatizada e con temática feminina, esta proposta cultural contará coa participación de 5 artistas galegas. A cita será o vindeiro sábado 25 e haberá tres pases: ás 12.00 horas, 17.00 e 19.00 horas.

    A proposta deste ano desenvolverase baixo o título “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores” e, xunto co alumnado do obradoiro veciñal, participarán un total de 5 artistas de diversas disciplinas: Mónica de Nut (música), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música).

    Seguindo os protocolos por mor da Covid-19, as prazas para asistir á actividade son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou no teléfono 639 32 94 93 (indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto). Para máis información pódese chamar ao Concello de Oia ao número 986 36 21 25.

    A visita dramatizada constará de varias pezas de temática feminina, poñendo en valor a achega das mulleres na historia de Oia e recoñecendo traballos tradicionalmente invisibilizados ou pouco recoñecidos.

    A actividade forma parte do proxecto “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.