11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasAberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería e pequenas empresas...

    Aberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería e pequenas empresas do concello de Salceda

    O Concello de Salceda de Caselas informa da apertura do prazo para a solicitude das axudas de aos sectores máis desfavorecidos da pandemia. O orzamento destinado ascende a 26.714,95 euros dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e a contía ascende a 500 euros por solicitante.

    Estas axudas están dirixidas a persoas autónomas, establecementos de hostalería, comercio e pequenas empresas de ata 10 persoas empregadas, que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Salceda e que cumpran os requisitos que se establecen nas bases.

    A finalidade destas axudas é paliar nalgunha medida o impacto na actividade económica que deixaron as distintas restricións e peches perimetrais por mor da pandemia.

    Subvencionaranse gastos de alugueiro, tanto bens mobles como inmobles, arrendamento de maquinaria e vehículos, gastos financeiros directamente relacionados coa actividade, servizos de xestoría, asesoría e consultaría, gastos de subministros, seguros vinculados á actividade económica, mantemento de comunicacións e compra de mercadorías relacionadas coa actividade.

    As axudas serán directas e con carácter finalista, non podendo ser empregadas para outros fins, pero compatibles con subvencións doutras administracións. A concesión da subvención será a través de concorrencia non competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar dende o día seguinte a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BPO 21 de setembro)

    Esta medida forma parte dun paquete de iniciativas que o goberno local ten establecidas para estes sectores, que se complementan con fondos propios destinados á programación de actividades dirixidas á promoción económica e fomento do comercio local. Así como outras medidas económicas como a exención da taxa de terrazas para os exercicios 2020 e 2021.

    Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de comercio: “despois de atravesar unha época de tantas dificultades debido á crise sanitaria, consideramos que este tipo de iniciativas destinadas a incentivar o consumo de proximidade son a mellor maneira de axudar ao noso comercio local e hostalería. Un comercio no que hai que destacar o trato persoal, a proximidade e os produtos e servizos de calidade”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.