Sábado, 7 Xuño de 2025

O BNG defenderá dende a Xunta que se manteña a moratoria para a eólica mariña e se retiren todos os megaproxectos previstos

O BNG dende o goberno da Xunta defenderá o mantemento da moratoria para o desenvolvemento da eólica mariña e a retirada dos megaproxectos eólicos previstos nos POEM que afectan a amplas zonas da costa galega, as máis produtivas, e concretamente á zona sur da provincia de Pontevedra dende Baiona ate o norte de Portugal. “Son iniciativas arrasadoras, por iso é importante paralas”, destacou.

O cabeza de lista do Bloque pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, así o manifestou no encontro que mantivo en A Guarda con representantes da confraría de pescadores da zona, as asociacións ecoloxistas ANABAM e A Jalleira, así como do centro sociocultural Fuscallo. No encontro estiveron tamén presentes a candidata da comarca Carme Núñez, o portavoz local Anxo Baz, e a deputada e viceportavoz municipal Beatriz Lomba.

Bará explicou que dende o Bloque considérase imprescindible facer estudos sobre o impacto dos proxectos de eólica mariña tanto nos ecosistemas como na actividade pesqueira, contando para iso co sistema universitario e investigador e, especialmente, os centros de investigación e oceanografía. Destacou que as persoas especialistas deben avaliar o impacto destas infraestruturas, tanto das turbinas como das infraestruturas de evacuación, así como das amplísimas zonas de exclusión de centos de quilómetros cadrados previstas arredor destes megaproxectos.

“O BNG nesta materia defende o principio de precaución e, polo tanto, que non se aproben os proxectos solicitados. Defenderemos diante do goberno central que prime a conservación dos ecosistemas e que prevalezan as actividades pesqueiras propias da costa galega”, apuntou.

Salientou que é preciso ter en conta Galiza é unha potencia pesqueira no Estado e na UE, xa que representa o 50 % do emprego pesqueiro estatal e o 10% de toda a Unión Europea, con máis de 40.000 postos de traballo, e que a cadea de valor da pesca mar-industria supón 9.000 millóns de euros. “A actividade pesqueira é estratéxica para o país e para zonas costeiras como as de A Guarda nas que a actividade xera un emprego e unha riqueza no territorio insubstituíble e que se pode perder se se levan adiante todos estes proxectos”, destacou.

Modelo enerxético ao servizo do país

Insistiu Bará en que o BNG aposta por un modelo enerxético diferente ao do PP. Asegurou que “fronte ao modelo do oligopolio eléctrico, o modelo do Partido Popular que está ao servizo de grandes grupos económicos que espolian os recursos do noso país, o BNG dende o goberno vai impulsar o empoderamento e a toma de control cidadá da produción, do consumo e do abastecemento enerxético”.

Segundo dixo, unha das primeiras medidas do Bloque no goberno galego será impulsar unha alternativa enerxética de proximidade baseada no autocosumo colectivo e nas comunidades enerxéticas para que tanto empresas como familias poidan abastecerse de enerxía limpa de quilómetro cero.

As propostas do Bloque en relación á enerxía, dixo Bará, baséanse na participación pública ao servizo do país e das súas necesidades, sendo respectuosa co medio e as persoas que viven e traballan no rural e no mar. Explicou que o BNG ten programado un conxunto de medidas para aplicar logo do 18F: un novo Plan sectorial eólico baseado no desenvolvemento ordenado, con garantías xurídicas, con participación social e sometido a avaliación ambiental estratéxica; unha empresa pública de enerxía, produtora e comercializadora; e unha tarifa eléctrica galega para dispoñer dunha factura máis barata.

O GDR Condado Paradanta colabora no proxecto europeo EC4RURAL para ser parte activa da transición enerxética

0

O xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, Paco González, exporá na sede da FEGAMP en Santiago de Compostela, o proxecto “Condado Paradanta Xera”, recollido na súa estratexia de desenvolvemento local participativa “Reverdecendo Condado Paradanta”. Farao na xornada que organiza o proxecto europeo EC4RURAL, liderado pola Universidade de Vigo e que busca impulsar comunidades enerxéticas en 22 concellos.

Nesta xornada o GDR Condado Paradanta afondará, xunto ao resto dos participantes, no plan de traballo inmediato para promover a participación rural na transición cara enerxía limpas a través de comunidades enerxéticas; coñecerá as iniciativas que se están promovendo e desenvolvendo e avaliará as posibles sinerxias que se poidan xerar entre o traballo do GDR e EC4RURAL.

A estratexia de desenvolvemento do GDR de cara aos vindeiros anos xa contempla ser parte activa da transición enerxética motivo polo que o xerente do GDR Condado Paradanta compartirá co público “Condado Paradanta Xera”, unha iniciativa que pretende dar un servizo á poboación facilitando o aforro enerxético e a implantación dunha economía verde de escala; fomentar a cultura da enerxía innovadora para crear un entorno medioambientalmente sostible e establecer canles colaborativas comunitarias coa fin de facer realidade a creación da primeira comunidade enerxética comarcal.

Ao igual que “Condado Paradanta Xera”, o proxecto EC4RURAL, financiado polo Programa LIFE, busca afondar e transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír á transición enerxética limpa en Europa ao tempo que se garante a participación activa dos axentes locais, evitando que sexan deixados de lado nestes procesos. O proxecto garantirá que as comunidades rurais formen parte e se beneficien dos procesos da transición enerxética limpa fomentando a creación de comunidades enerxéticas rurais para producir electricidade a través de paneis fotovoltaicos.

Nesta liña de traballo no pasado ano, o GDR Condado Paradanta organizou un ciclo de xornadas dando a coñecer o concepto de comunidades enerxéticas e modelos que se estaban a desenvolver.

A acción de EC4RURAL aborda o cambio nos comportamentos dos consumidores e empresas, para facilitar un maior diálogo e investimento conxunto dos actores públicos e privados (inalcanzable a nivel individual), tal e como establece o Pacto Verde Europeo. O proxecto tamén contribuirá ao desenvolvemento rural dentro da nova Política Agraria Común, así como ao Pacto Rural Europeo e á Política de Cohesión Territorial.

EC4RURAL porá en marcha este novo cambio de paradigma a través de 2 pilotos en Estonia e España, cun total de 34 casos de estudo en diferentes municipios rurais, co obxectivo de propiciar a replicabilidade, non só nas rexións participantes, senón tamén a nivel europeo, a través das actividades de comunicación, divulgación e explotación levadas a cabo coa rede de socios e colaboradores externos.

EC4RURAL reúne a un grupo de 10 entidades que compoñen un consorcio multidisciplinar situado en 3 países diferentes da UE (España, Estonia e Bélxica). O consorcio está liderado pola UVIGO e participan diferentes autoridades públicas locais e autonómicas, xunto con diferentes entidades capaces de proporcionar aos concellos, cidadáns e pemes o apoio necesario para desenvolver, implantar e controlar as comunidades enerxéticas rurais.

O alumnado de limpeza de superficies e locais do obradoiro ‘Coidando Miñor’ limpa a fondo o pavillón de deportes de Baiona

0

Un grupo de 10 persoas participantes no obradoiro ‘Coidando Miñor’ promovido pola Xunta de Galicia e no que se están formando alumnado dos tres municipios do Valmiñor nas especialidades de limpeza de superficie e locais, desprazáronse ata o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona para poñer en práctica o aprendido e facer unha limpeza a fondo das instalacións.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona coordinouse co profesorado que imparte o obradorio para levar a cabo unha limpeza en profundidade nas instalacións. A limpeza destas instalacións implicou unha variedade de tarefas, que van desde a limpeza xeral dos espazos comúns ata a hixiene específica dos equipos de exercicio. Manter as instalacións deportivas limpas e hixienizadas é esencial para garantir a seguridade e o benestar dos usuarios.

[su_image_carousel source=”media: 81265,81266,81267,81268,81269,81270,81271,81272,81273,81274,81275,81276,81277,81278,81279,81280,81281″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Realizouse un intenso traballo de limpeza nos vestiarios, os asesos, as oficinas, a pista do pavillón polideportivo, a pista de pádel, as bancadas de bancadas así como a sala de máquinas e a distinta maquinaria. Tamén se hixienizou a sala de actividades e o material que se utilizan nas distintas especialidades deportivas que se imparten no pavillón municipal de Baiona.

Igualmente, os cristais das distintas salas e os teitos foron obxecto de traballo a conciencia.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, quere mostrar “o seu agradecemento ás persoas implicados nestas tarefas que traballaron intensamente na limpeza do Pavillón Deportivo Municipal, unha instalación pola que pasan moitos veciños e veciñas de Baiona a practicar deporte”.

A Xunta inicia a redacción do proxecto da prolongación da autovía Tui-A Guarda entre Areas e a PO-350

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a iniciar a redacción do proxecto do novo treito da autovía Tui-A Guarda, entre o enlace de Areas e a estrada autonómica PO-350. Así llelo explicou hoxe o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, aos empresarios do polígono industrial de Areas-Tui, atendendo á súa petición de reunión para abordar a continuidade desta vía de altas prestacións.

A redacción do proxecto estase a desenvolver no marco do contrato adxudicado a PROYFE-URBING, UTE por máis de 1 M€ para impulsar diferentes actuacións na provincia de Pontevedra. Este contrato forma parte dun máis amplo dividido en catro lotes, un por provincia, cun orzamento global de 4 M€.

O traballo consiste en definir tecnicamente o proxecto da autovía entre o enlace de Areas e a estrada autonómica PO-350, co obxectivo de prolongar a vía e de duplicar o paso inferior de acceso ao polígono, de modo que dea funcionalidade a un enlace completo, tamén en sentido A Guarda, aos tráficos en relación co Areas. Así, coa duplicación do paso inferior, cada sentido de circulación discorrerá por un dos pasos, e, ademais, será posible habilitar unha beirarrúa para o paso de peóns.

De xeito paralelo, tamén se tramitará un proxecto de trazado cos ramais que completen o enlace cara a Tomiño. Tramítase de forma separada porque necesitará dun procedemento expropiatorio para a súa materialización, e deste modo non ralentizará a execución da obra da seguinte fase da autovía, ata a PO-350.

Esta intervención daralle continuidade ao treito que está a ultimarse, que é a conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas, que xa está completamente en servizo, agás o ramal de entrada en sentido Portugal.

Na xuntanza de hoxe, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, informou aos empresarios dos traballos destinados a rematar esta actuación coa posta en servizo dese último ramal nas vindeiras semanas.

Na xuntanza abordouse tamén as obras previstas para este ano 2024 para mellorar a contorna do enlace, beneficiando tamén a circulación en relación co polígono. Esas actuacións Incluirán a adecuación da antiga conexión da autovía coa PO-552, agora xa sen uso, e permitirán prolongar a beirarrúa na marxe da estrada, a adecuación das interseccións do polígono que soportaron os desvíos de tráfico durante a execución das obras, e a mellora dun paso inferior de acceso ao polígono baixo a A-55.

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario cun gran concerto o vindeiro sábado 10 de febreiro

0

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado, 10 de febreiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui nun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas. participarán no evento músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

O repertorio a interpretar serán Balada Galega de Juan Montes; Reflexos Paisagísticos e Balada de Outono de Bernardo Lima; Alborada Galega de Pascual Veiga; Grândola, vila morena de Zeca Afonso; Uma Casa Portuguesa cpm arranxos de Amilcar Morais; Catro temas galegos de Manuel Mª Veiga; Cancoes de tradiçao de Luís Cardoso; Que viva Tui de José A. Veiga Paradis; e Havemos de ir a Viana con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical que a diario se produce na Eurocidade con músicos valencianos que estudan en Tui e músicos tudenses que o fan en Valença, ou que forman parte de agrupación da outra beira do Miño. Así a música continúa a tender pontes entre Tui e Valença.

As entradas para poderanse retirar, de forma gratuíta, dende ás 20 h, no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.

Luis López anima a visitar o castelo de Soutomaior para participar nos actos da camelia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu a coñecer a programación dos actos da camelia no Castelo de Soutomaior. Un programa que se levará a cabo nos meses de febreiro e marzo e que consta de visitas guiadas para o público xera e escolar, obradoiros de debuxo e degustacións de té de camelia. “Convido a toda a veciñanza a e visitantes da provincia a que se acheguen neste final do inverno ao Castelo de Soutomaior a desfrutar do espectáculo das camelias, a desfrutar dunha experiencia 100 % Rías Baixas”, sinalou o mandatario provincial despois de detallar as actividades previstas.

As visitas guiadas para o público xeral teñen un prezo de tres euros por persoa, unha duración de sesenta minutos e levaranse a cabo todos os martes e xoves en horario de tarde ata o 26 de marzo. Mentres que as visitas para escolares son gratuítas e terán lugar na queda de mañá todos os martes e venres ata o 22 de marzo. En ambos os dous casos, as visitas estarán dirixidas por persoal do Castelo, que centrarán o percorrido na floración da camelia, a evolución desta especie e a súa relación coa provincia de Pontevedra.

Os obradoiros de debuxo están fixados para o 11 e 18 de febreiro, así como para o 10, 17, 24 e 31 de marzo. Estas actividades están pensadas para familias con fillos maiores de tres anos, o prezo é de 8 euros e o aforo máximo, de 30 persoas. Nestes obradoiros, os participantes poderán coñecer a importancia e a diversidade das camelias na provincia de Pontevedra para, a continuación, representar estas plantas empregando as técnicas artísticas de pintores locais como Maruja Mallo, Seoane, Jose Frau ou María Antonia Dans.

No caso das degustacións de té de camelia, están previstas para os días 23 de febreiro e 22 de marzo, cun aforo máximo de 25 persoas, un prezo de 8 euros e unha duración aproximada de dúas horas. A actividade consistirá nunha visita guiada polos xardíns e o castelo prestando especial atención ás camelias e, despois, unha degustación conducida por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e directora da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para coñecer o cultivo e a preparación do té de camelia.

Como é habitual, para participar en calquera destas actividades, as persoas interesadas deben solicitar cita previa e mercar a entrada a través da páxina web oficial do castelo de Soutomaior, www.castelodesoutomaior.com

O Rosal busca alternativas sostibles ao caucho para a base do campo de fútbol da Mata

O Concello busca alternativas sostibles para empregar como base do céspede artificial na próxima remodelación do campo de fútbol da Mata. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís; o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo; e o edil de Vías e Obras, Germán Fernández visitaron as instalacións da Cidade Deportiva do S.C. Braga xunto ao seu director, Paulo Ferreira, para coñecer a súa experiencia tras empregar cortiza como base dende 2018.

“Dende o Goberno municipal traballamos na renovación das infraestruturas municipais para convertelas tamén en lugares máis eficientes. Por iso buscamos alternativas ao tradicional recheo de granulado de caucho, adiantándonos á normativa da Unión Europea que entrará en vigor no 2030 e que non permitirá empregar este material nos campos de céspede sintético por ser unha fonte de emisión de microplásticos”, resaltou Fernández Callís.

Biodegradable, 100 % natural e con nulo impacto no subsolo, a cortiza presenta vantaxes fronte aos recheos tradicionais. Este material mellora a experiencia de xogo ao achegar confort na pisada, illa da calor polo que é menos abrasivo para as fibras de céspede alongando a súa vida útil, precisa menos rego e permanece húmido máis tempo.

O Concello seguirá estudando diferentes alternativas para substituír ao caucho no recheo do renovado campo de fútbol da Mata, como pode ser a cáscara de piña, un material co que xa están a traballar empresas galegas.

Salceda investirá máis de 1 millón de euros na renovación do seu alumeado público

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82 €. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.

Este importante proxecto está financiado na súa totalidade por fondos europeos a través do IDAE, constituíndo deste xeito a maior subvención da historia de Salceda e que, segundo a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, “é o resultado do traballo de moita xente ao longo destes últimos anos, que hoxe por fin se fai realidade”. Castiñeira lembrou que se está a falar “da maior subvención da historia do noso Concello, que nos vai permitir acometer unha reforma fundamental a custe cero para as arcas municipais”.

Trátase dunha actuación integral no rural a fin de conseguir unha infraestrutura de alumeado segura e eficiente enerxeticamente, para o cal se levará a cabo unha renovación dos 53 cadros e dos 2.780 puntos de luz existentes nas parroquias do municipio, co que se conseguirá reducir o consumo de enerxía en máis dun 60%. A reforma levarase a cabo durante este ano 2024.

Para Marcos Troncoso, concelleiro de Axenda Ecolóxica, este investimento “supón un fito para o noso Concello, porque ademais de conseguir a renovación completa da rede de alumeado público e o impacto indubidabelmente positivo que isto suporá en canto a aforro enerxético e económico, implica tamén un paso adiante en termos de sostibilidade e no compromiso deste Concello por diminuír o seu impacto ambiental e contribuír na mitigación do cambio climático”.

Pablo Barcia destaca que unha lei promovida polo PPdeG consegue o mantemento da actual praza de pediatría de Mondariz

0

O voceiro municipal do PP de Mondariz, Pablo Barcia, vén de anunciar a próxima cobertura con carácter fixo da actual praza de pediatría no centro de saúde do municipio trala resolución dun concurso de méritos para prazas sanitarias de difícil cobertura, que se resolverá nos vindeiros días e que permitirá manter a este profesional, como na actualidade, de xeito compartido co Concello de Covelo.

Esta convocatoria de 60 prazas de pediatría de atención primaria, que inclúe a de Mondariz, foi anunciada en febreiro de 2023 polo presidente Rueda e realizouse a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada no Parlamento de Galicia co voto en contra de BNG e PSdeG.

Esta lei incentiva a cobertura destas prazas ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición. Barcia lamentou a postura de PSdeG e BNG lembrando que, se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir esta praza e criticounos a eles e aos seus socios por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres os seus partidos votan en contra das solucións.

“Estábamos nunha situación límite e complexa, pero con moito traballo, que hai que dicir que se fixo desde o PP porque o goberno local desentendeuse e preferíu usar este tema para tentar sacar réditos electorais, pois conseguimos que se manteña a praza actual e que se lle dea resposta a través dos concursos para postos de difícil cobertura”, explicou o concelleiro popular, que cre que, deste xeito, “vaise garantir que os veciños reciban unha cobertura axeitada na atención pediátrica beneficiando aos 360 cativos de Mondariz”.

Pablo Barcia agradeceu o traballo, a colaboración e a implicación do xerente da área sanitaria, Javier Puente, na resolución desta cuestión sanitaria e anunciou que, en vindeiras datas, desprazarase ata o concello para manter unha reunión informativa cos veciños na que se abordará a situación real do servizo de Pediatría e do centro de saúde e tamén as previsións de futuro.

“Mentres os partidos de esquerdas deron completamente as costas aos veciños de Mondariz e se adicaron neste asunto a montar barullos, manifestacións e manipulacións contra a Sanidade Pública, desde o PP actuamos con responsabilidade e puxémonos a traballar para tratar de buscar unha solución a un problema estrutural de carácter nacional, que é a falta de pediatras, e afortunadamente conseguimos o noso obxectivo de que se manteña a praza e o servizo, xa que debémonos exclusivamente aos veciños e ao seu benestar”, concluíu Pablo Barcia.

O BNG desenvolverá dende a Xunta un Plan de equilibrio territorial que beneficie A Paradanta

0

O BNG desenvolverá dende a Xunta un ‘Plan de equilibrio territorial’ para actuar nos territorios da Galiza cun nivel de renda máis baixo como os concellos da Paradanta, Ourense ou o interior de Lugo. O cabeza de lista do Bloque Luís Bará así o comprometeu nunha reunión con diferentes colectivos en Covelo, onde destacou que o goberno galego co BNG á fronte realizará investimentos públicos e actuacións de discriminación positiva para mellorar os servizos públicos de todo tipo co fin de corrixir o desequilibrio existente con respecto outras áreas máis urbanas e desenvolvidas.

Asegurou tamén o nacionalista que o goberno do BNG porá en marcha un novo ‘Plan de dinamización económica’ para o territorio mediante o fomento dos sectores tradicionais do sector primario, agrario, gandeiro, forestal, e tamén de novas actividades económicas que xeren emprego no territorio, ben actividades de carácter máis industrial ou de transformación das cadeas de valor.

O cabeza de cartel, acompañado das tamén candidatas pola provincia Cristina Fernández e Rocío Barreiro e Xosé Luís Rivas Cruz ‘Mini’, ata agora voceiro de Medio Rural do BNG no Parlamento Galego, subliñou a aposta do Bloque pola reactivación do rural e a urxencia de dotalo de servizos para desenvolver unha vida de calidade con prestacións semellantes ás que hai nas áreas urbanas en canto á sanidade, telecomunicacións, auga, ou saneamento, entre outros. “Nós queremos un rural forte, queremos que renaza do desleixo e esquecemento do Partido Popular, que só o menciona nas súas campañas de comunicación, dixo

Dende o punto de vista económico o nacionalista falou de dinamizar actividades tradicionais do sector primario en ámbitos estratéxicos como o agrogandeiro e o forestal. Neste sentido destacou que é de vital importancia recuperar terra agraria, xa que existe unha grande superficie de terra útil sen aproveitar, subliñando o proxecto do BNG para mobilizar 100.000 hectáreas para aproveitamentos diversos e o potencial do monte seguindo un modelo multifuncional, impulsando a cadea de valor monte-madeira.

Ademais dos aproveitamentos tradicionais, Bará puxo sobre a mesa a promoción de actividades non vencelladas ao sector primario (como o turismo, artesanía, telecomunicacións…) para incentivar a volta ao rural e atraer xente nova.

Como medida estrela, Bará falou do ‘Ticket rural’, unha axuda de 15.000 euros durante cinco anos para quen se estableza con actividades que diversifiquen o tecido económico, asentando proxectos e de emprego, sempre con asesoramento.

Subliñou o cabeza de lista que o BNG dará beneficios fiscais para persoas autónomas, coa rebaixa ou eliminación das cotas, que pasarían a ser compensadas dende o goberno galego ao ser estatais. Finalmente, falou do impulso que un goberno do Bloque dará para reformar os organigramas da administración para apoiar as actividades no territorio, creando oficinas con persoal para asesorar sobre modelos de negocio ou enerxía, entre outros.

Arrinca o “Salceda Activa” con actividades para miores de 55 anos

O concello de Salceda de Caselas en colaboración con AFAGA ( Asociación de Familias de Persoas Enfermas de Alzheimer e outras demencias de Galicia) vai desenvolver unha nova edición dos programas “Cultiva a mente” e “Estimulación cognitiva” no Centro Neuroactivo que se atopa na parroquia de San Xurxo.

Estes proxectos engloban a prevención e tratamento das demencias e a promoción de hábitos saudables a niveis cognivos e emocionais. As persoas participantes fano de xeito activo, nun programa formativo que explora as preocupacións e necesidades persoais, promocionando ferramentas que proporcionen hábitos saudables no cognitivo e afectivo do seu día a día.

Nese sentido, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira asegura que son “coñecedoras do positivo destas accións no envellecemento saudable da nosa veciñanza. As persoas maiores cada vez están máis concienciadas e animadas a participar nestas actividades que xeran un gran interese e beneficio para os/as usuarios/as e tamén para as súas familias”. “Seguiremos a traballar para ampliar o ‘Salceda Activa’ con máis iniciativas”, asegura a rexedora local.

Este mes de febreiro arranca o novo cursos onde as persoas que asistan realizarán actividades de memoria, lóxica, planificación, orientación espazo-temporal ou organización, da man dunha psicóloga especializada na prevención, identificación e tratamento das enfermidades neurodexenerativas.

Tras a última visita da Alcaldesa Loli Castiñeira e da Concelleira de Benestar Social Selene González na que as persoas participantes mostraban a súa opinión positiva das actividades que alí realizaban, valorouse pertinente a ampliación deste servizo. Deste xeito, nesta nova edición 45 veciños e veciñas poderán participar no programa “cultiva a mente”, 15 máis que no curso 2023. Mantéñense as 10 prazas do programa de “estimulación cognitiva” algo especialmente importante para aquelas persoas que precisan unha atención máis individualizada contando este servizo con tres profesionais para desenvolver as súas sesións, con constante coordinación e orientación para as súas familias.

Febreiro será tamén o mes no que comecen os talleres de uso de móbil para as persoas maiores de 55 anos. Estes realizaranse no Centro Social A Devesa en colaboración coa Xunta de Galicia. O manexo básico do smartphone, coñecer as aplicacións útiles para a vida diaria, manexarse por internet de xeito seguro, coñecer aplicacións que favorezan o ocio saudable e a estimulación cognitiva, e utilizar dispositivos como gafas de realidade virtual ou bolígrafo 3D serán algúns dos contidos que as educadoras sociais da Función Esplai impartirán nestes talleres.

A Deputación aproba o novo convenio coa Xunta e FEGAMP para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte a prórroga do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) da provincia. En concreto, a Deputación aportará para o 2024 o 40 % do orzamento total, que supón 1.088.000 euros, mentres que a Xunta aportará o 52,5 % e os municipios o 7,4 % restante.

Entre as principais novidades, tal e como explicou o presidente da Deputación Luis López, o convenio recolle o incremento do financiamento, xa que este ano cada un dos GES recibirá 40.000 euros máis que o pasado, pasando dos 280.000 € do 2023 aos 320.000 €. Ademais, crearase un subgrupo de emerxencias de seis membros no Grove. “Unha petición que o Concello levaba tempo facendo, que vimos de facer realidade”, explicou o presidente provincial, Luis López, e que contará cun financiamento anual de 160.000 euros. Ademais, este ano iguálase a financiación dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo ao dos GES, pasando cada un deles dos 155.000 aos 320.000 euros.

Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais existentes na provincia de Pontevedra na actualidade son os da Estada, Lalín, Mos, A Guarda, a Mancomunidade Val Miñor, Ponteareas e Sanxenxo, aos que se une este ano o subgrupo do Grove.

Nace en Arbo a Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago, asociada ao GDR Condado Paradanta

Xunto á pesqueira do Coxo, en Arbo, descubrimos da man de Florencio Gago que no Tratado de Límites do 1864 aparecía co nome de “pesqueira de Figueiros” pasando máis tarde a ser coñecida como “pesqueira Gloria” e decatámonos de por que é tan necesario o nacemento da “Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago”, asociada ao GDR Condado Paradanta.

“Hai estudos de persoas que se foron interesando pola importancia que tiveron ao longo da historia de Arbo e da comarca as pesqueiras. César Portela, Daniel Pino, Molinero Llorente, Lois Ladra ou Manuel Caamaño son algúns dos investigadores que quixeron afondar no noso patrimonio pero nunca ao longo da historia houbo unha entidade ou colectivo encargado de recompilar, documentar, arquivar, comparar e pór en valor das máis de trescentas pesqueiras que existiron no tramo do río destes catro concellos e nos que aínda se pode pescar; Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente”, explica Florencio Gago quen salienta a importancia de unirse e traballar de xeito conxunto para potenciar este territorio.

Unha das primeiras decisións da asociación foi unirse ao GDR ao considerar que “é unha ferramenta útil para coñecer o territorio traballando dun xeito bidireccional. Por un lado ofrecemos os nosos coñecementos ao GDR e polo outro lado eles aportan a súa visión máis ampla que nos permite establecer alianzas e aportar cada un o mellor”.

As milenarias pesqueiras foron para a veciñanza de Arbo un modo de subsistencia vital e de suma importancia que os acompañou ao longo de moitas xeracións e que neste século desapareceu das vidas das e dos arbenses e do resto da comarca. Para estudalas e dignificalas nace esta asociación que leva o nome dun veciño de Barcela nado no ano 1933, fillo do último alcalde da República, e que adicou a súa vida a loitar polo ben común. Adiantado aos seus tempos, Ignacio Gago vía nas artes tradicionais, nos costumes locais e no patrimonio natural, etnográfico e histórico as señas de identidade capaces de facer singular a súa vila. Por este motivo, agora o seu neto pon en marcha a Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago que será presentada de xeito oficial nos vindeiros días.

Co obxectivo de rescatar da memoria a importancia das pesqueiras a asociación nace cun primeiro proxecto, o de recoller toda a documentación para clasificala, estudala e arquivala, inventariar e catalogar dun xeito contrastado e veraz.

O segundo paso será sensibilizar e difundir para que as veciñas e veciños de Arbo recoñezan e valoren estas xoias que formaron e aínda forman parte das familias.

“A día de hoxe tan só no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello de Arbo figuran reflexadas as pesqueiras pero non no de As Neves, Crecente ou Salvaterra. E no planeamento autonómico tampouco podemos atopar recollidas ningunha das 300 pesqueiras nin as que chegaron aos nosos días nin as que xa non están operativas. Hai que crear unha base documental que recolla todas e corrixa erros de ubicación ou nomeamento, entre outros datos”, engade Gago.

A súa intención é facer un traballo integral e sólido que obteña o recoñecemento de Ben de Interese Cultural (BIC) ao ser un elemento singular da arquitectura.

Achegar ás veciñas e veciños ao río é fundamental, que coñezan todo o que supón para as nosas vidas, a riqueza natural pero tamén a etnográfica, continúa Ignacio á vez que lanza o segundo dos proxectos que marcou na axenda, “coñecer a arte de tecer redes, a enxeñería de cada pesqueira e o seu rol porque non hai dúas iguais, a diferenza entre o biturón empregado río arriba e a rede cabaceira empregada a partir de Sela…”

Segundo relata Gago as pesqueiras son un legado da arquitectura e da enxeñería do que podemos sentirnos orgullosos e do que presumir porque unha boa maioría das familias leva na súa historia un relato do río e das pesqueiras “como eu da pesqueira na que ía pescar meu avó na desembocadura do río Cea entre a parroquia de Arbo e Barcela”.

As persoas que queiran contribuír na conservación do patrimonio material e inmaterial a través desta asociación deberán realizar unha solicitude para asociarse no correo electrónico [email protected]

Os socialistas da Guarda destacan o compromiso de Besteiro coa VAP e o Centro de Día comarcal

0

O PSdeG-PSOE da Guarda desenvolveu un acto na glorieta de Goián que contou coa presenza das candidatas Leticia Gallego e Fátima Rodríguez, para agradecer os compromisos de José Ramón Gómez Besteiro co vial de alta capacidade A Guarda-Tomiño (VAP) “que a Xunta ven dilatando desde fai 15 anos, e coa posta en marcha dun Centro de Día Comarcal”, sinalaron as candidatas socialistas.

O PSdG-PSOE denunciou que o proxecto da VAP, iniciado xa por Pérez Touriño na Xunta en 2008, foi continuamente bloqueado desde 2009 coa chegada de Feijoo ao Goberno Galego. “Así que case 20 anos despois seguimos aquí, compostos e sen VAP”. Por iso, o PSdeG-PSOE agradeceu “o compromiso claro de Besteiro cun vial clave para todo o Baixo Miño sen o que a comarca está destinada a morrer”.

As e os socialistas subliñaron tamén que Besteiro, comprometeuse co Colexio de Traballo Social de Galicia a desbloquear a atención á dependencia “que Rueda deixou ao borde do colapso, creando un novo centro de día comarcal que atenda a inxente demanda destes servizos, que  permiten mellorar a calidade de vida tanto das persoas dependentes como das súas familias. Fronte a isto, dixeron, Rueda limitouse a anunciar un bono electoralista de suposto Coidado no Fogar para atender a persoas dependentes que nin é universal, nin automático na maioría dos casos, fomentando a privatización e abandonando os servizos públicos”.

Ponteareas axudica a subministración do servizo eléctrico por 825 000 euros e cancela a débeda municipal anterior

Ponteareas adxudica a subministración do servizo eléctrico por un importe que ascende aos 825.000 euros. A duración do contrato é dun ano. Así o anunciou o concelleiro de Facenda, Francisco Represas, no pleno municipal no que, ademais, se aprobou o último tramo do plan de pagos que posibilita finalizar coa débeda contraída neste servizo durante o ano 2022.

Na cifra dos 825 000 euros, inclúese a custe de electricidade dos edificios que dependen da administración local así como do alumeado público. Ademais, a empresa adxudicataria deberá facer un exame exhaustivo sobre o consumo co obxectivo de mellorar as potencias das instalacións municipais. Esta tarefa deberá realizarse nos vindeiros días. Pola súa banda, o contrato inclúe a modernización do sistema de abono das facturas mediante a simplificación administrativa para que, deste xeito, se acorten os períodos de pago.

A alcaldesa, Nava Castro, apuntou que “con esta licitación, velamos pola arcas municipais posto que o contrato permite o aforro de custos” e insistiu en que “isto foi posible grazas a que aprobamos os orzamentos en tempo e en forma, outorgando equilibro ás contas do Concello”.

Fin da débeda da subministración do servizo da luz

O pleno da corporación municipal aprobou (coa excepción da abstención de PC) a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito. O Concello salda así a débeda de 180.856 euros que o anterior executivo local acumulou durante o ano 2022, e ademais amortiza as cantidades pendentes no exercicio 2023. Durante os próximos dous meses, a administración local abonará as últimas cotas do plan de pagos que ascenden a un total de 71 753 euros.

A alcaldesa, Nava Castro, apuntou que “esta débeda produciuse por unha falta de previsión no orzamento dos anteriores anos en canto á estimación do custo real do alumeado público e da enerxía eléctrica, o que ocasionou graves prexuízos en todos os servizos municipais”. Indicou que “desde o inicio do presente mandato, decidiuse asinar un convenio entre o Concello e a empresa para acadar a regularización das cantidades económicas”.

A cartelería da Festa da Arriba volve a súa esencia coa Carabela Pinta e a Fortaleza de Monterreal

O valo publicitario municipal instalado na Avenida dá Foz do Miñor, na entrada de Baiona, acolleu o acto de presentación da cartelería da XXVIII Festa da Arribada que se celebrará en Baiona os días 1,2 e 3 de marzo. A cartelería rompe coa estética dos últimos anos e volve á esencia da festa –a chegada da Carabela Pinta ao porto de Baiona– e ao rigor histórico –coa fortaleza de Monterreal–, todo iso baixo a técnica da ilustradora Nuria Bouzas Loureiro.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou na súa intervención que “o cartel se encargará de poñer a Baiona no mapa como o porto de chegada do regreso da viaxe de América, por iso quixemos que estas dúas ferramentas únicas de promoción, a propia Carabela Pinta, e a Fortaleza de Monte Real, sexan as protagonista da cartelería. Trátase dun cartel que na súa esencia representa a orixe da nosa festa: a Arribada da Carabela Pinta a nosa Villa”.

O rexedor explicou que a ilustración “busca volver á orixe e á esencia da festa atrapando a visión do maior número de xente posible cunha imaxe radicalmente sinxela iso si con moita técnica detrás pois é unha ilustración feita a man”, indicou. “Nos últimos anos a cartelería da Arribada ía soamente centrada no que é “festa” pero quixemos que a xente lembre a Baiona non soamente por iso senón tamén polo feito histórico”, matizou.

Click para ampliar

Vázquez Almuiña estivo acompañado, nesta presentación, polo seu equipo de goberno, no que interviñeron tamén a concelleira de Turismo, Sheila González Martins, e o xefe de sector provincial de Correos, Miguel Blanco González.

A autora do Cartel, Nuria Bouzas Loureiro, doutora en Belas Artes e especialista ilustradora, comentou en canto á ilustración que “se quixo rescatar a orixe da propia festa da Arribada e por iso é polo que se collese como protagonista do Cartel á Pinta xunto coa Fortaleza por ser un dos emblemas da localidade”.

Arribada 2024, unha nova forma de difusión
A Concelleira de Turismo foi a encargada de explicar a campaña de promoción desta edición 2024: “Puxémonos a traballar nunha nova forma de difusión da Arribada, buscando alternativas aos medios tradicionais e atopamos en correos un socio colaborador moi importante. As imaxes da nosa Festa de Interese Turístico Internacional e a cartelería estarán durante todo este mes en 40 das oficinas de maior afluencia de correos de Madrid, de Castela e León e das principais cidades galegas”. Con esta colaboración preténdese “ dar un paso máis aló e que a Arribada chegue máis lonxe en palabras da concelleira: “Queremos que a Festa da Arribada sexa o principio da tempada para que os visitantes cheguen a Baiona e que non veñan soamente para quedar esa fin de semana senón que cheguen días antes ou queden días despois para poder gozar de Baiona, do destino e de todo o que ofrece o seu entrono”.

Por parte de correos, Miguel Blanco González, xefe de sector provincial de Correos destacou que “Desde Correos, queremos contribuír para seguir expandindo a marca de Baiona, a marca da Arribada, desde a oficina de Baiona a Cibeles, desde a Praza de Compostela a Valladolid, desde A Coruña a rúa Goya de Madrid, porque con 88 millóns de visitas o ano, Correos é uns dos destinos máis visitados do noso país que poñemos ao dispor do Concello de Baiona para atraer o maior número de visitantes posibles”.

Cicloturismo e produto turístico industrial, eixos do ambicioso proxecto común dos concellos do Xeodestino

Manter un territorio unido con grandes proxectos conxuntos. Esa é a máxima que alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras decidiron novamente aplicar no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, que comeza a perfilar as primeiras accións a levar a cabo ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) e no que volverán a apostar por iniciativas conxuntas que beneficien a todo o territorio.

“Imos todas e todos da man buscando o desenvolvemento do noso territorio de forma conxunta e estamos a facelo coa posta en marcha de novos proxectos de futuro moi emocionantes. Primeiro foi o Xeodestino, logo acadamos o PSTD e agora é tempo de traballar noutro proxecto que marcará un antes e un despois para todas e todos nós”, salientou a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Nun encontro celebrado este mércores en Mos, as e os representantes dos 13 concellos implicados no PSTD (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui) decidiron poñer en marcha dúas pioneiras accións conxuntas. Por unha banda, crearanse e homologaranse as rutas de sendeirismo en contornas enogastronómicas ‘Entre campos e viñedos’; por outra, avanzarase na posta en marcha dun produto de turismo industrial vinculado á gastronomía e centrado en catro temáticas: pedra, terra, auga e persoas.

Como resaltou a representante institucional do Xeodestino e alcaldesa de Oia, Cristina Correa, “seguimos apostando polo desenvolvemento turístico conxunto. Por iso, nesta reunión decidimos non facer un reparto de fondos do PSTD por concellos, senón buscar como podemos utilizar o financiamento conxuntamente para establecer novos produtos que poñan o noso Xeodestino no mapa, un destino sostible, de calidade e que ofrece produtos diferenciais”.

No marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por fondos Next GenerationEU da Unión Europea, o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño obtivo un financiamento de 1,5 millóns de euros para o seu PSTD, ‘A despensa de Galicia’. O plan convértese así nunha oportunidade única para financiar actuacións transformadoras e de calado suficiente como para converter a Ría de Vigo e Baixo Miño nun destino sostible, innovador, competitivo e rendible co que atraer a un turismo de alto valor engadido ao tempo que se apoia á economía local e se aposta polo desenvolvemento do territorio, do patrimonio, da cultura, da profesionalidade do sector, da promoción e da dinamización conxunta.

Redondela conta con 36 casos de violencia de xénero con seguimento policial

0

A día de hoxe no municipio de Redondela existen 36 casos activos de violencia de xénero, segundo datos recollidos no Sistema VioXén, o programa de seguimento integral de vítimas. O ano 2022 pechárase co 28 casos activos.

Desde a concellería de Igualdade explican que moitas das mulleres vítimas con seguimento de VioXén seguen a estar no sistema ao longo do tempo. “Son casos que moitas veces mantéñense no sistema durante anos, o seguimento é constante e danse altas e baixas segundo a súa situación”, sinala a concelleira Iria Vilaboa.

A alcaldesa Digna Rivas salienta a importancia de formar parte do Sistema VioXén, xa que este programa “permite aglutinar esforzos das diferentes institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar toda a información dos diferentes casos, co que a atención as vítimas e o seu seguimento é máis eficaz”.

Dos 36 casos que se rexistran actualmente en Redondela só nun deles se contempla un risco alto para a vítima, 9 están en nivel medio e 11 en nivel baixo. Para estas mulleres vítimas existen ordes de protección. Nos outros 15 casos non se aprecia risco.

Como medida de protección hai 16 mulleres que contan co Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas de violencia machista (ATEMPRO). Este dispositivo ofrece ás mulleres unha atención inmediata as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal for o lugar en que se atopen. ATEMPRO usa tecnoloxía de comunicación telefónica móbil e de telelocalización e permítelle ás vítimas contactar en calquera momento cun Centro de atención preparado para dar resposta ás súas necesidades. Ante situacións de emerxencia, o persoal do Centro pode mobilizar outros recursos se é necesario.

En Redondela hai actualmente dous casos que contan co sistema COMETA. Trátase dun dispositivo que permite xeolocalizar de forma telemática tanto ao agresor como á vítima para garantir que o que se cumpre a orde de afastamento imposta. Con este sistema faise efectivo o dereito da vítima á súa seguridade, ademais de documentar posibles quebrantamentos da orde de afastamento.

O sistema Cometa ofrece información actualizada e permanente sobre o cumprimento ou incumprimento das medidas impostas e das incidencias, tanto accidentais como provocadas. O dispositivo é tamén un xeito de disuadir ao agresor de quebrantar a orde de afastamento.

As autoridades lembran que existen dous teléfonos de axuda e información ás vítimas de violencia machista: 016 e 112.

Un total de 629 propietarios reciben no Concello os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso, A Cañiza

0

O Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu o acto de entrega dos títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso aos 629 titulares que de xeito organizado foron atendidos polos funcionarios da Consellería de Medio, un acto no que participaron o conselleiro de Medio Rural, José González e o alcalde da Cañiza, Luis Piña. Foron un total de 740 hectáreas que se reorganizaron pasando de 13.110 parcelas a 1.890, cunha media de 3.915 m2 conseguindo, con esta medida, unha superficie 6 veces maior que as parcelas antigas que tiñan por media uns 564 m2)

Nesta entrega tamén participaron a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

O alcalde Luis Piña amosou a súa satisfacción por terse rematado esta concentración parcelaria, iniciada hai 34 anos e na que o Concello tamén tivo un papel determinante no último mandato ao colaborar coa Consellería de Medio Rural para acelerar o peche do procedemento.  No ano 2020 dende o Concello “conseguimos espertar e reactivar este expediente que estaba bloqueado porque a Consellería non tiña consignada partida orzamentaria para poder inscribir os títulos na Notaría da Cañiza e posteriormente rexistralos no Rexistro da Propiedade de Ponteareas”, manifestou o alcaldeda Cañiza. “Grazas a este impulso conseguimos, despois de moitas reunións, que a Consellería de Medio Rural dotase partida orzamentaria para rematar o expediente” engadía o mandatario local.

Ademáis dende o Concello conseguiuse recopilar e actualizar os Documentos de Identidade de moitos dos titulares, necesarios para avanzar no expediente e, nestes últimos días, dar difusión á entrega.

“Nos vindeiros días –engadiu Luis Piña– enviaremos un comunicado para informar cómo poden retirar os títulos de propiedade aqueles veciños que hoxe non puideron acudir ata o Concello. Informaremos do procedemento e lugar que se designe a tal efecto”.

Javier Jurado desvela o poder da música na «IX Semana da Educación» de Tomiño

0

Os actuais avances sobre neurociencia avalan que a música é unha das materias capaces de activar todo o cerebro, xunto á educación plástica e visual e a educación física. Máis alá da súa importancia como porta de entrada á arte e á súa apreciación, a música é “unha ferramenta que fomenta a aprendizaxe e o rendemento, desenvolve o pensamento transversal e constrúe persoas máis afectivas, ledas e prudentes”.

Esa contribución da música á formación integral do alumnado será o eixo central da charla de Javier Jurado na IX Semana da Educación de Tomiño, un encontro no que o docente e investigador ilustrará ao público sobre o papel do ensino musical como catalizador da adquisición de competencias educativas propias dos países da contorna entre a cativada.

Jurado subirase ao escenario do auditorio municipal de Goián o vindeiro martes 6 de febreiro ás 19.00 horas coa súa conferencia ‘Educar na globalidade’, na que tamén abordará como “a experiencia musical dende a infancia dá pé ao desenvolvemento de seres sensibles, empáticos e equilibrados, un crecemento que se acentúa e retroalimenta ao facer e escoitar música”.

Catedrático de Historia da Música no Conservatorio Superior de Música, onde desempeña o cargo de director do Mestrado en Creación, Interpretación e Investigación Musical, Javier Jurado ten impartido clases de música en diferentes niveis educativos, dende educación infantil ata universitaria, pasando por primaria, ESO ou bacharelato. Colaborador da Universidade Internacional de Valencia e director de teses na Universidade Politécnica de Valencia, o musicólogo desenvolve liñas de investigación sobre temáticas diversas, como a zarzuela en Galicia e a obra de compositores galegos como José Fernández Vide, Ángel Rodulfo, Bernardo del Río ou Reveriano Soutullo.

Licenciado en Historia e Ciencias da Música e titulado superior en Frauta traveseira, Jurado tamén é doutor en Didácticas Específicas pola Universidade da Coruña e doutor en Humanidades pola da Rioxa. Ademais, compaxina o seu traballo co de director de Dos Acordes, unha empresa dedicada á preparación de oposicións docentes dende hai máis de 30 anos e outros servizos musicais, como o de editorial, discográfica ou produtora cultural.

O Concello de Tomiño organiza por noveno ano consecutivo a Semana da Educación de Tomiño, unhas xornadas de balde protagonizadas por expertos e expertas do mundo educativo dirixidas tanto a persoal docente e educador como a pais, nais e familias que busquen informarse ou formarse en diferentes aspectos relacionados coa educación.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas oferta 130 prazas para realizar visitas guiadas nos catro arquipiélagos esta primavera

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia oferta preto de 130 prazas para realizar visitas guiadas aos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada esta primavera. No marco do programa Descubrindo o Parque Nacional, a Xunta ofrece un total de sete rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro, marzo e abril co obxectivo de dar a coñecer os principais valores e singularidades deste espazo natural protexido nunha época do ano distinta ao verán.

As rutas, con guía de balde para os participantes, desenvolveranse en grupos reducidos para ofrecer unha mellor calidade da visita aos espazos protexidos. Ao mesmo tempo, para garantir a participación do maior número de interesados, limítase a inscrición a unha actividade por persoa. Con todo, habilitarase unha listaxe de agarda coa que cubrir posibles baixas.

As persoas interesadas en participar no programa Descubrindo o Parque Nacional deberán reservar a súa praza no apartado das Illas Atlánticas da central en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais ou directamente nas oficinas do Parque Nacional galego, no edificio Cambón de Vigo. As inscricións poderanse realizar desde mañá, xoves, 1 de febreiro, e o último día para anotarse a cada unha das rutas será catro xornadas antes da realización da mesma.

En canto ao transporte ás illas, farase a través das distintas embarcacións que se ofrecen, en función da illa a visitar, e o custo deberá ser sufragado polos participantes. O importe aboarase á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.

A temática das rutas é moi diversa; dende o carácter histórico e botánico da illa de Cortegada con O segredo dun bosque no mar, pasando polas rochas de Sálvora coas súas Esculturas e lendas e polos lugares pouco coñecidos de Ons coa ruta A illa e o mar, ata chegar á historia das Cíes a través da visita proposta baixo o título Viaxe no tempo. En todos os casos, son itinerarios recomendados para maiores de 12 anos.

A continuación, indícanse o calendario, portos de saídas e número de prazas por cada actividade:

IllaDataRutaPortoPrazas
Ons13 de abrilA illa e o marBueu20
20 de abrilA illa e o marBueu20
Cíes17 de febreiroUnha viaxe no tempoVigo20
Sálvora24 de febreiroUnha illa de esculturas e lendasO Grove20
17 de marzoUnha illa de esculturas e lendasO Grove20
Cortegada3 de marzoO segredo dun bosque no marCarril15
7 de marzoO segredo dun bosque no marVilagarcía12

Luis López redobra o compromiso do PP con Tomiño tras investir 20,6 millóns de euros a Xunta na última lexislatura

0

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, puxo en valor “a aposta e os feitos” da Xunta de Galicia polo Concello de Tomiño e redobrou o compromiso do Partido Popular con este municipio do Baixo Miño tras investir 20.661.362 euros desde o Goberno galego na derradeira lexislatura.

O mandatario provincial fixo balance destes catro anos e anunciou as propostas e os obxectivos do PP para o mandato autonómico 2024-2028 durante o percorrido que fixo esta mañá pola tradicional feira dos mércores acompañado pola voceira municipal, Lara Meneses, o candidato Moisés Rodríguez e membros da agrupación local. Durante a súa visita polo mercado, fixou como obxectivo “superar esta xa de por si elevada de cifra de 20 millóns de euros en Tomiño durante a vindeira lexislatura para seguir atendendo as necesidades dos veciños e favorecendo o progreso e o desenvolvemento do municipio”.

Luis López recalcou que a aposta dos populares por Tomiño desde a Xunta foi “transversal e global” e destacou especialmente os 8.428.148 euros destinados a investimentos sociais, salientando os máis de 700.000 euros para a gratuidade universal da matrícula nas escolas infantís ou osu algo máis de 2 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar.

O presidente provincial tamén concretou que se fixeron achegas de apoio e colaboración con 90 comercios e empresas locais, moitas delas vencelladas aos sectores da hortofruticultura e o viño, con achegas de ata 4,4 millóns de euros procedentes das consellerías de Economía e Medio Rural.

Nestas liñas de apoio, Luis López incidíu tamén no respaldo ás potentes comunidades de usuarios de augas de Tomiño, que se beneficiaron de 736.000 euros da Xunta de Galicia para melloras, equipamentos e infraestruturas “co obxectivo de apoialas na prestación dun servizo básico que, neste concello, é da máxima calidade e unha referencia en Galicia”.

No eido da obras, púxose sobre a mesma o 971.000 euros en investimentos educativos, que permitiron modernizar os colexios Pedro Caselles, Sobrada e Pintor Antonio Fernández, e o 1.081.066 euros en infraestruturas, onde destacou a humanización e mellora da estrada autonómica PO-552 coa corrección do seu Tramo de Concentración de Accidentes.

Finalmente, Luis López anunciou que, para a vindeira lexislatura galega, as principais propostas do PP para Tomiño céntranse na rehabilitación integral do IES Antón Alonso Ríos, que vai contar cun novidoso proxecto baseado na sostibilidade e que roldará os 5 millóns de euros, e na construción da autovía Tui-A Guarda, que xa pode acometerse con garantías tras o remate do enlace de Areas e cuxo primeiro treito chega ao concello tomiñés.

A ruta «D·Gusta Porriño 2023» entrega os seus premios

O Concello do Porirño acolleu o acto de entrega dos premios ás persoas gañadoras da Ruta de pinchos e tapas «D·Gusta Porriño 2023», organizada por Ahospor en colaboración co Concello do Porriño.

As dez tarxetas por valor de 50 euros para gastar no comercio e hostalería local, corresponderon a María Begoña Fernández, Mari Carmen Martínez, Uxía Relova, Ana Cristina Gómez, María Nieves Rey, Maria del Carmen Diz, Cristina Iglesias, Paula Saavedra e Xose Anxo Ferreira. O de maior valor –a tarxeta dotada de 500 euros–, foi para o porriñés Iván Coto.

Estas persoas foron as agraciadas entre os máis de 5.000 trípticos selados que se entregaron e recibiron as súas tarxetas de mans do alcalde, Alejandro Lorenzo, o presidente de Ahospor, José Manuel Fernández, o director de Abanca no Porriño, Jorge García, e o concelleiro Marcos Martínez.

Redondela fai historia e rende homenaxe aos veciños deportados en Mauthausen

0

O paseo da Xunqueira de Redondela, ás portas do Multiúsos, acolleu o acto de homenaxe aos veciños do municipio represaliados nos anos 40 e que acabaron no campo de concentración de Mauthausen. Antonio Piñeiro Otero, José González Vázquez e Olimpio Míguez Pazos foron asasinados neste campo de exterminio nazis, e Alejandro Lafuente Pose foi liberado polas tropas aliadas en maio de 1945.

O Concello de Redondela, en colaboración co Colectivo Republicano, celebrou este acto coa presentación do libro da historiadora e escritora María Torres “De Redondela a Mathausen” e a colocación de catro Stolpersteine, lastras da memoria, coas inscricións das catro vítimas redondelás.

Click para ampliar

Marcos Lareira, presidente do Colectivo Republicano, agradeceu o poio do Concello e afirmou que Redondela vive “un día histórico” coa colocación dos Stolpersteine. Estas pedras da memoria suman xa máis de 100.000 pezas en 27 países, “co Redondela xa forma parte do maior monumento descentralizado do mundo”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que con este acto a instancia do Colectivo Republicano, Redondela “fai xustiza coa memoria destes catro veciños represaliados que estaban no esquecemento”. Advertiu que “se esquecemos o horror que supuxo o nazismo corremos o risco de que se repita”. Para Rivas é unha obriga “defender cada día a liberdade, a igualdade e todos os valores que representa a democracia”.

Tamén falou de memoria histórica Pedro Vieitez, do Colectivo, e fixo fincapé en que o fascismo segue vivo, “instalouse na nosa sociedade” mentres a poboación “acepta calquera noticia sen contrastar ou debater por pasotismo”. Advirte que son tamén mostras de fascismo cotiá sucesos que se dan en Redondela “coa sabotaxe do monumento aos asasinados polo franquismo no Alto da Concheira, a misoxinia de borrar o nome das asasinadas pola violencia machista no paseo da Xunqueira ou a desfeita da exposición Mulleres Conquistadoras”.

No acto participou a escritora María Torres, que asinou exemplares do seu libro e a poeta Andreia Costas, que fixo partícipe ao público dos miles de vítimas que aínda quedan por ser recoñecidas. O músico Seso Durán, que por un problema de saúde non puido interpretar o seu repertorio, interviu tamén para sinalar “a importancia destas iniciativas en tempos nos que axexan a insensibilidade e a ignorancia”. O acto contou tamén coa presenza da concelleira de Cultura Rita Táboas e o concelleiro de Infraestruturas Roberto Villar. A música correu a cargo de alumnas do Conservatorio Municipal.

Ponteaeas lembrará a Alfonso Quinteiro durante todo o ano no marco da celebración do centenario do seu nacemento

O Concello vén de iniciar a conmemoración do centenario do nacemento de Alfonso Quinteiro coa presentación do libro no que o escritor Manrique Fernández afonda na figura do artista local. No acto, que tivo lugar hoxe no salón de plenos, deuse a coñecer as demais actividades coas que se lembrará ao escultor durante todos os meses do ano.

Nesta presentación, interviñeron Nava Castro, alcaldesa, Ricardo González, edil de Ensino, Pilar Quinteiro, unha das fillas do artista así como Manrique Fernández e Antón Castro, escritor e prologuista da obra Alfonso Quinteiro, un talento na sombra, respectivamente.

Deste xeito, o seguinte evento que se celebrará na vila en homenaxe a Quinteiro terá lugar o próximo 24 de febreiro cunha visita guiada pola exposición da obra do autor. O 21 de marzo organízase un contacontos sobre o artista e os días 25 de abril e de maio, respectivamente, obradoiros de pintura e plastilina.

Na segunda metade do ano, o 28 de xuño é a quenda da exposición de escultura de Alfonso Quinteiro e o 24 de xullo do concurso de fotografía. A banda deseñada formará parte do calendario de actividades o 22 de agosto. Os nenos e as nenas participarán nun certame de redacción sobre o escultor o día 26 de setembro e o 5 de outubro celébrase unha exposición sobre a pintura do artista local. Para finalizar, o día 28 de novembro desenvolverase unha conferencia sobre o autor.

[su_image_carousel source=”media: 81153,81152,81151,81150,81147,81148″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O escritor Manrique Fernándezrevelou datos inéditos sobre o escultor e explicou diferentes mostras da obra que forman parte da súa herdanza artística. Indicou que “se trata dun dos persoeiros máis descoñecidos da vila pero que, á vez, conta cun maior talento”. Ademais, apuntou os aspectos relevantes da súa vida que resultan fundamentais para entender a importancia de Alfonso Quinteiro.

Pola súa banda, Antón Castro cualificou ao artista local como “un xenio oculto” e puxo en valor a súa formación técnica así como a súa vocación. A familia do ilustre veciño ocupou un lugar protagonista neste primeiro evento de homenaxe. Unha das súas fillas, Pilar Quinteiro, lembrou a figura do seu pai diante do público asistente e agradeceu o labor do Concello.

O edil de Ensino, Ricardo González, detallou o calendario de actividades que se desenvolverán ao longo do ano e apuntou que “se trata de ser partícipes das cuestións máis importantes para entender o seu legado”. Salientou a importancia do labor do escultor posto que “formou parte das iniciativas relacionadas coa arte que se desenvolvían no municipio. Por exemplo, no 1949 participou na III Exposición de Arte Local e en 1956, elaborou os monumentos que homenaxean aos tamén ilustres Gabino Bugallal e o compositor Reveriano Soutullo”.

A alcaldesa, Nava Castro, rematou o acto de presentación e apuntou que “o obxectivo é lembrar a importancia da obra do noso ilustre veciño e seguir sostendo o seu legado entre todos e todas”. Ademais, ofreceu unha sorpresa ao público asistente coa reprodución do pregón ofrecido por Alfonso Quinteiro durante as festas do Corpus Christi do ano 2007.

Rafa Domínguez fortalece os lazos entre o Museo de Pontevedra e o Museo Nacional do Prado

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado delegado do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de reunirse co coordinador xeral de Conservación do Museo do Prado, Víctor Manuel Cageao, para fortalecer os lazos entre ambas institucións museísticas. Na súa xuntanza, o vicepresidente provincial amosou a súa vontade de manter e ampliar a histórica relación que, desde a súa fundación, une ao Museo de Pontevedra co Museo Nacional do Prado.

O vicepresidente provincial expresoulle ao coordinador xeral de Conservación do Museo do Prado o seu agradecemento polo recente depósito dunha obra de Eliseo Meifén , Oraciones (Pontevedra), que dentro do programa Prado extendido incrementa o conxunto de pezas das coleccións do Museo do Prado que actualmente se encontran depositadas en Pontevedra. Son, en total, 75 e algunhas delas desde o ano 1929 cando se inaugurou o museo pontevedrés.

Domínguez manifestoulle tamén o interese en continuar mantendo a colaboración técnica en materia de conservación e restauración, así como as estadías de formación para o persoal no Museo Nacional do Prado que, como centro de referencia internacional, permite mellorar as competencias e capacitación para a xestión e coidado das coleccións do Museo de Pontevedra.

Igualmente, o vicepresidente provincial trasladoulle o seu desexo de que o Museo de Pontevedra pronto poida acoller nas súas sedes a itinerancia dalgunhas das próximas exposicións temporais que, pola súa relevancia, atraerán a novos públicos, xerando un diálogo artístico entre as coleccións e ofrecendo aos visitantes experiencias enriquecedoras na apreciación da arte.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día da Ilustración cunha sesión de debuxo

0

As Bibliotecas Municipais de Redondela convidan aos nosos usuarios e usuarias a participar nas actividades que organizan, o martes 30 de xaneiro con motivo do Día da Ilustración, data que o Calendario do Libro e a Lectura de Galicia recolle en conmemoración do nacemento de Castelao.

Realizaranse dúas propostas destinadas a fomentar a participación, a creatividade e a complicidade dos lectores e lectoras.

A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrará unha sesión aberta de debuxo para nenos e nenas, coa colaboración da ilustradora chapeleira Nusy Lo. Terá lugar o martes 30 de xaneiro a partir das 18:00 h. A rapazada interesada en participar pode inscribirse na biblioteca, no teléfono 986 454 226 ou no enderezo electrónico [email protected]

A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela instalará un gran caderno de debuxo na sala de adultos, animando a todas as persoas usuarias a deixar a súa ilustración. Será durante toda a semana desde o luns 29 de xaneiro ata o venres 2 de febreiro.

A Deputación abre hoxe o prazo de inscrición para a segunda ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’

Dende este luns 29 de xaneiro e ata o 9 de febreiro poderase formalizar a inscrición para participar na segunda das rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra deste 2024. A segunda proposta do ano do programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial da man de Seo/BirdLife, terá lugar o domingo 11 de febreiro cunha ruta polo Estuario do río Lérez e o Intermareal Combarro-Lourido (Pontevedra e Poio).

O Lérez verte as súas augas sobre o mar ao fondo da ría de Pontevedra e apórtalle ricos sedimentos a un interesante intermareal no que as áreas de lodo e area atraen a unha grande diversidade de aves. Neste espazo destacan as limícolas, coma o pilro común, a píllara cincenta, a píllara real, o mazarico chiador, o virapedras, o bilurico patirrubio, a gaivota ou o bilurico das rochas. Non faltan as aves mariñas coma o mourelo, o carolo, o carrán cristado ou o corvo mariño grande; os ardeidos como a garza real ou a garzota e incluso é posible atopar algún cullereiro.

As persoas interesadas en participar poderán facelo a través do formulario publicado xa na páxina web da Deputación de Pontevedra. Ofértanse 25 prazas e poderase anotar na actividade a persoa solicitante xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle unha guía de aves.

O programa “Voando nas Rías Baixas” contempla no 2024, ademais deste percorrido polo Estuario do río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido, outras cinco rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000. Deste xeito, en abril polas Ribeiras do río Umia (Ribadumia e Cambados), en maio pola Serra do Suído (A Lama, Fornelos de Montes e Covelo), en xuño pola praia da Lanzada (O Grove), en setembro polas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro polo esteiro do río Miño (A Guarda).

Luis López contrapón a aposta do PP polos Servizos Sociais no Condado-Paradanta fronte á “pobreza social” do PSOE-BNG

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro en Ponteareas cos representantes populares das bisbarras do Condado e A Paradanta, a “forte aposta” do Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega anual de 9,5 millóns de euros para estas atencións nestes nove concellos do sur da provincia, fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.

O tamén presidente da Deputación de Pontevedra centrou no contido social a súa reunión de traballo, na que tamén se abordaron cuestións vencelladas á campaña electoral, coa candidata ponteareana, Raquel Plana, os responsables locais, a anfitrioa Nava Castro, Horacio Gil, Pablo Castillo, Julio César García-Luengo, José Manuel Alfonso, Marta Valcárcea, Miguel Domínguez, Marisa Domínguez e Pablo Barcia, e os 56 concelleiros populares da bisbarra.

“Os cidadáns teñen que saber que o 18 de febreiro teñen que elixir entre dous modelos de atención social, o que desprega o PP consolidando e ampliando servizos e orzamentos, e o dunha maior precariedade e pobreza social de PSOE e BNG, que vemos perfectamente nestas comarcas, xa que as taxas máis baixas de cobertura do SAF e o maior abandono de quen máis o necesita prodúcese na Cañiza (24% e 62 persoas en lista de agarda), Mondariz (36%) ou Mondariz-Balneario (40%), mentres en Ponteareas e As Neves estase a remontar a malísima herdanza social deixada polo Bloque”, explicou Luis López, que alertou de que esta diminución no eido social pódese estender a toda Galicia se nacionalistas e socialistas están no Goberno galego “polo habitual desleixo e abandono que amosan con estes colectivos”.

O presidente provincial do PP, que anunciou que os populares seguirán incrementando estes investimentos sociais nos nove concellos do Condado e A Paradanta se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta de Galicia presentou un cadro informativo coas distintas partidas das liñas desta materia das que se benefician os municipios desta bisbarra.

Liña SocialPonteareasSalvaterraAs NevesMondariz
SAF784.656 €495.648 €244.368 €208.368 €
Bonos1.355.000 €612.000 €297.400 €362.200 €
Gratuidade garderías1.033.035 €412.860 €100.968 €
Atención TemperáUdiaf Arbo167.323 €Udiaf Cañiza
Inclusión Social500.612 €
Plan Concertado122.770 €34.580 €16.815 €33.630 €
TOTAL3.796.073 €1.555.088 €826.874 €604.198 €
Liña SocialArboCoveloCrecenteA CañizaBalneario
SAF231.840 €200.880 €157.680 €216.864 €48.816 €
Bonos177.400 €479.400 €121.600 €169.200 €15.00 €
Garderías15.803 €151.046 €100.698 €36.654 €46.760 €
At. Temperá253.795 €CañizaArbo253.795 €Cañiza
Plan Concertado30.223 €16.815 €16.815 €18.399 €8.408 €
TOTAL709.061 €848.141 €396.793 €694.771 €118.984 €

Luis López detallou tamén que os novos Bonos Coidado, o de Fogar -cunha achega anual de 5.000 euros para persoas dependentes- e o de complemento de Residencia -cifrado en 1.200 euros-, xa están a beneficiar desde este mes de xaneiro a 857 veciños do Condado e A Paradanta, dos que 290 son de Ponteareas, 149 de Salvaterra, 162 de Covelo, 77 de Mondariz, 61 das Neves, 40 da Cañiza, 38 de Crecente, 37 de Arbo e 3 de Mondariz-Balneario. Ademais, a gratuidade nas escolas infantís permite financiar un total de 447 prazas nestes nove municipios do sur da provincia.

Así, o presidente provincial puxo en valor que as políticas sociais e os fortes investimentos nesta materia impulsados polo PP desde a Xunta “permiten atender do mellor xeito e coa máxima calidade aos máis de 1.600 veciños das comarcas que máis o necesitan, algo que é de xustiza para mellorar a súa calidade de vida”.

E ademais, engadíu que todo este investimento anual complétase cos 40.000 euros anuais para o funcionamento das dúas Casas do Maior de Arbo, os 618.000 da nova escola infantil de Ponteareas e os 184.000 para melloras de accesibilidade e transporte en Ponteareas, Covelo e Crecente.

“O 18 de febreiro temos que elixir entre dous modelos claros, porque o que é medible non é opinable, un de apoio decidido aos maiores, dependentes, cativos familias e persoas en risco de exclusión sostido polo PP grazas ás políticas lideradas por Alfonso Rueda e un de abandono e pobreza social protagonizado por PSOE e BNG”, concluíu López, no seu encontro cos representantes públicos do Condado e A Paradanta.

O parking municipal da Ramallosa, en Nigrán, duplica o número de usuarios no seu segundo ano de funcionamento

0

O Concello de Nigrán contabilizou preto de 275 341 estacionamentos de vehículos durante estes dous primeiros anos de reapertura do parking municipal e gratuíto da Ramallosa. Isto tradúcese en que a media de usuarios duplicouse ao pasar de preto de 300 vehículos diarios no 2022 a 600 no 2023. O consistorio asumíu o 5 de xaneiro de 2022 a súa xestión directa tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, empresa liquidada e disolta no 2019.

“A xente xa o coñece e vai directamente a él porque resulta moi cómodo para vir á Ramallosa, afórrase moito tempo e é gratis, o primeiro ano moitos aínda creían que era de pago”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca esta aposta pola súa gratuidade “para apoiar o tecido comercial da zona”.

“O balance non poder ser mellor. O emprega moitísima xente de xeito asiduo e nótase en todas as rúas da contorna coa proliferación de prazas baleiras, todo elo en beneficio do pequeno comercio ao animarse máis clientes a vir a Ramallosa e dos veciños, ademais dos usuarios da piscina porque está ao seu carón”, explica sobre esta instalación pública da rúa Argonautas con apertura de 8:00 h a 22:00 horas de luns a sábado.

O aparcadoiro, ademais, estreará no vindeiro mes dous novos cargadores eléctricos semi-rápidos de 7,4 Kw tamén 100 % gratuítos que se sumarán aos outros dous xa existentes, polo que 4 prazas estarán reservadas exclusivamente para este tipo de turismos. A medida é un incentivo máis do Concello para potenciar os vehículos 0 emisións entre a veciñanza (compre destacar que Nigrán é o municipio de España con máis electroliñeiras públicas, sendo 4 delas situadas ao carón da Casa Consistorial municipais e gratuítas 100 %; ademais, estes vehículos ven bonificado o seu imposto de rodaxe). Por outra banda, esta instalación permitíu o acordo de 2023 con Rede Aberta para que levase a fibra todo aquel núcleo onde as teleoperadoras non chegan, xa que neste espazo se lles permitíu instalar un nodo de distribución a cambio de cubrir o 100 % do territorio.

O aparcadoiro súmase ao leira-parking municipal do núcleo urbano de Nigrán na rúa Vilameán, tamén 100 % público e gratuíto. “Somos conscientes do importante que son para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoas, polo que consideramos a re-apertura deste parking da Ramallosa de xeito 100 % público e gratuíto un dos grandes logros deste goberno”, resume González, quen menciona o Nigranbus como outro avance en mobilidade que beneficia directamente a este fin.

A Guarda publica as bases de participación no Desfile de Entroido 204

0

O Entroido se transforma na Guarda neste 2024 incorporando importantes novidades tanto na data, no percorrido como nas características das categorías participantes. Así o desfile realizarase o venres 16 de febreiro ás 20:00 h inaugurando un novo percorrido entre a Alameda e a Rúa do Porto, que transcorrerá por Concepción Arenal.

A participación no desfile en cada unha das categorías estará compensada cunha axuda á participación á que poden optar as 10 primeiras Comparsas ou Carrozas, así como os 5 primeiros grupos en inscribirse. Podendo ser ampliada esta axuda a mais agrupacións sempre que haxa crédito dispoñible

Os interesados e interesadas en participar poderán anotarse entre o 1 ao 6 de febreiro a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral, no caso de persoas físicas. As categorías de participación serán:

  • CARROZAS, deben ter un mínimo de 15 participantes representando un tema, dos cales 5 deberán estar enriba dun móvil.
  • COMPARSAS, un mínimo de 20 participantes representando un tema e acompañados de música
  • GRUPOS, deberán estar compostos por un mínimo de 10 persoas e un máximo de 15.

As bases están dispoñibles para a súa consulta no taboleiro de anuncios da sede electrónica, e na web municipal nesta ligazón.

O PSOE de Ponteareas valora positivamente os pasos do Goberno central para converter en realidade as obras de mellora da N-120

O secretario xeral do PSdeG de Ponteareas, Delfín Domínguez, e os concelleiros Vanesa Fernández e Rubén Pérez mantiveron unha xuntanza coa directiva da plataforma da N120 para coñecer e compartir de primeira man as alegacións que se presentarán a través dos departamentos técnicos do Concello –tal é como se fixo co goberno municipal anterior–, para mellorar e corrixir algunhas cuestións menores, así como a posibilidade de modificar lixeiramente a localización da rotonda de San Blas para poder salvar a única casa habitada que este proxecto ten afectada.


Os socialistas ponteareáns consideran que “son cuestións menores e de sentido común” que deberían ser aceptadas polos técnicos que están redactando o proxecto, un proxecto de mellora da seguridade viaria na N120 “que sigue dando pasos firmes para que poida converterse nunha realidade mais pronto que tarde, demostrando coas publicacións no BOE das distintas fases o compromiso do goberno central con Ponteareas”. 


O PSdeG de Ponteareas, asegura “entender e compartir as lexítimas demandas das veciñas e veciños para axilizar os tempos” e reafírmanse no seu compromiso de seguir traballando xunto ao subdelegado do Goberno de Pontevedra “para evitar demoras innecesarias co obxectivo de que a reforma da N-120 ó seu paso por Ponteareas sexa mais pronto que tarde, una estrada coa máxima seguridade vial”. 


Dada a gran densidade de tráfico que sofre esta estrada, “os socialistas defendemos activamente a necesidade desta reforma, importante para os veciños das parroquias implicadas pero tamén para o conxunto da cidadanía de Ponteareas que utilizamos habitualmente este vial”, conclúen.

Teatro, música e cinema centran a programación cultural de febreiro e marzo en Tui

0

Contraproduccións, Rilo e Penadique, Roi Borrallas, Gramola Gominola e Con de tres pés actuarán no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo. As funcións terán lugar cada venres e inclúen tamén a proxección de “O corno” de Jaione Camborda. Esta nova programación, presentada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, está formada por un total de seis espectáculo dirixidos tanto a público adulto coma familiar. As entradas están xa á venda a través de tui.gal e poderán adquirirse até 10 minutos antes do inicio da cada función.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reafirma o compromiso do Concello de Tui coa cultura mantendo a aposta por unha programación estable e de calidade que atrae a miles de persoas anualmente, tanto de Tui coma de municipios limítrofes e do norte de Portugal.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que esta proposta cultural que abre a programación de 2024 neste espazo escénico vai dirixida a todos os públicos dende bebés a adultos, cun abano diverso de propostas teatrais, de clown, música e cinema.

A compañía Contraproducións será a encargada de abrir esta nova programación o próximo venres, 2 de febreiro, ás 21 h con “Entrega na man”. A obra escrita por Martin McDonagh está adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Evaristo Calvo, Santi Romau, María Roja e Diogo Sales protagonizan esta comedia, cunha duración de 90 minutos, na que unha parella tenta enganar a un home que perdeu a súa man hai 27 anos e ofrece unha recompensa por recuperala. As entradas teñen un prezo de 10 € e 7,5 €.

O venres, 9 de febreiro, haberá dúas funcións de “Triscus Beliscus” ás 17.30 h e ás 19 h, cun aforo limitado a 100 espectadores por función. Vero Rilo e Sonsoles Penadique levan a escena este espectáculo de narración oral e música dirixido a familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos. Baixo a dirección de Verónica Martínez levan a escena esta obra, cunha duración de 35 minutos, xogando, contando, cantando e bailando. As entradas teñen un prezo de 5 € e 3,5 €.

Roi Borrallas presentará o venres, 16 de febreiro, ás 19 h “Sólo” un espectáculo que recibiu o Premio Feten 2023 á Mellor Interpretación Masculina e o Premio Zirkólina 2022 ao mellor Espectáculo de Pallasos/as. Dirixido a público a partir dos 5 anos, e cunha duración de 45 minutos, poderemos coñecer coma é un pallaso cando ninguén o ve. As entradas pódense adquirir xa en tui.gal a 5 € e 3,5 €.

A música abrirá a programación de marzo, o venres 1 ás 19 h, co concerto “As que máis molan da Gramola” no que Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Múñoz, A Gramola Gominola, interpretarán unha selección das mellores cancións rockeiras da súa carreira. As entradas están á venda aos prezos de 5 € e 3,5 €.

A proxección de “O Corno” de Jaione Camborda será a cita do venres, 8 de marzo, ás 21 h. O filme protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido recibiu a Concha de Ouro á Mellor Película no Festival de San Sebastián o ano pasado. Conta a historia de María, que tras un suceso inesperado fuxe do seu fogar na Illa de Arousa, cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. As entradas pódense adquirir aos prezos de 6 € e de 4,5 €.

Pecharase esta programación o venres, 15 de marzo, ás 21 h Con de tres Pés coa representación de “Síbaris”. Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa levan a escena a obra teatral póstuma de Domingo Villar. Un escritor, Víctor Morel, está nun bloqueo creativo que afecta a súa situación económica. A piques de tocar fondo a súa muller atopa unha saída. A entradas pódense adquirir aos prezos de 12 € e 9 €.

O «Enterro da Lamprea» e as actividades infantís centran o Entroido de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño ten todo preparado para dar a benvida ó Entroido do 2024. Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son os eixos sobre os que xira esta festividade no concello que preside Marta Valcárcel.

O Enterro da Lamprea, que este ano pechará inscricións con máis de 1500 persoas, percorrerá as principais rúas de Salvaterra de Miño o 17 de febreiro a partir das 17:00 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello. Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, sobre todo moitas risas, estarán asegurados.

No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. O Concello de Salvaterra lembra que todas as veciñas e veciños poderán acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas.

A programación de Entroido complétase co desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ó Parque A Canuda o venres 9 de febreiro, iso sen faltar a tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 13 de febreiro ás 17:30 horas con música, diversión e chocolate e rosca.

A Deputación renova a Q de Calidade en todas as oficinas de información turística que xestiona

Os deputados provinciais Nava Castro, Javier Tourís e Isabel Couselo recolleron na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles de Madrid os distintivos Q outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) ás oficinas de información turística que xestiona a Deputación de Pontevedra. “Sentímonos moi orgullos –afirmou a deputada delegada de Turismo, Nava Castro– pois a provincia de Pontevedra segue a ser un destino punteiro na implantación de sistemas de calidade turística.

A nosa aposta pola calidade é xa sinal de referencia de Rías Baixas e queremos seguir dando pasos cara adiante para consolidar este valor engadido que nos converte nun destino único en todo o territorio español”.

Deste xeito, renovaron a Q de calidade turística a oficina central de Turismo Rías Baixas situada no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, así como as que a institución provincial ten no Mosteiro de Armenteira e no Aeroporto de Vigo. Ademais destes oficinas, contan tamén coa Q de Calidade o Castelo de Soutomaior e o Museo de Pontevedra quen tamén acadou o selo S pola súa aposta en canto á sustentabilidade turística.

Ademais destas oficinas de turismo que xestiona directamente a Deputación de Pontevedra, outras nove adheridas á rede Info Rías Baixas, dependente da institución provincial, tamén conseguiron renovar o distintivo Q de calidade. Trátanse das oficinas de turismo da Estrada, da Casa da Bola de Cangas, de Baiona, do Casal de Ferreirós en Poio, do porto deportivo de Sanxenxo, das Dunas de Gaifar en Nigrán e de Cambados, así como os puntos de información turística de Cuntis e da Illa de Arousa.

En total son preto de 190 as entidades e establecementos da provincia de Pontevedra que contan cun distintivo Q outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

A Xunta celebra a incorporación da Illa de Tambo á oferta turistica galega para reforzar o destino

O expositor institucional da Xunta de Galicia da Feira Internacional de Turismo, Fitur, acolleu onte a presentación Illa de Tambo, Embarcamos! na que se ofreceron detalles das visitas guiadas á illa para este ano, tras a súa apertura ao turismo o ano pasado despois de anos pechada polo seu uso militar.

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, cualificou dunha “excelente noticia para o turismo galego” a súa incorporación ao turismo galego e augurou que este 2024 será “especialmente importante para o seu lanzamento e promoción”. O representante da Xunta de Galicia salientou o valor patrimonial e natural, pero tamén o seu “valioso e estratéxico papel” para o turismo de Poio, da Ría de Pontevedra e de toda Galicia.

Como recordou, desde o Goberno autonómico apostouse desde o primeiro momento por apoiar a súa incorporación ao turismo coa posta en valor dos seus recursos patrimoniais e naturais e salientou que nestes momentos é imporante tamén a súa promoción.

Durante a presentación, na que tamén se contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Regueira, déronse algunhas claves das visitas, que están coordinadas polo Concello de Poio a través da súa páxina web, desde onde se debe tramitar a autorización e se atopa toda a información necesaria. Organízanse grupos de 50 persoas con guías turísticos en dúas quendas de mañá e dúas de tarde os venres, sábados e domingos.

A presentación da Illa de Tambo é una das preto de 50 que terán lugar ata este venres no expositor institucional da Xunta en Fitur. Hoxe foi a primeira xornada e durante estes días darase a coñecer gran parte da oferta galega e novas iniciativas previstas para este 2024.

Nesta edición, Galicia aposta por consolidarse como un destino de calidade, sustentable, diferenciado e respectuoso e todas estas actividades levaranse a cabo no renovado expositor temático deseñado cun alto grao de orixinalidade ao redor dos recursos ligados á auga en todas as súas vertentes.

A programación completa da actividade profesional no expositor da Xunta de Galicia está dispoñible na páxina de Turismo de Galicia, desde onde tamén se poderán seguir en directo en streaming algunhas das actividades programadas.

A Arribada 2024 contará cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia para aumentar a seguridade durante a súa celebración

O Concello de Baiona acolleu a Xunta Local de Seguridade co motivo da XXVIII Festa da Arribada, reunión que foi presidida polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña. Responsables e mandos da Policía Local de Baiona e Nigrán, da Garda Civil do Posto Prinicpal de Baiona, da Garda Civil de Tráfico e da Comandancia de Pontevedra; e representantes da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) revisaron o plan de seguridade que se poñerá en marcha para garantir a seguridade dos miles de visitantes que acudirán a festa durante os tres días de celebracións.

Nesta edición 2024, como novidade respecto a anos anteriores, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) reforzará a seguridade cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia intensificando a vixilancia para previr os roubos e furtos dos carteiristas, evitar aglomeracións e resolver incidencias. Un total de 9 cámaras, 3 de cobertura fixa, e 6 de cobertura 360 graos domo, ambas as modalidades con sistema infravermellos que gravarán permanentemente tanto de día como de noite aos longo dos tres días.

O Alcade de Baiona, Jesús Vazquez Almuiña, sinala que “As cámaras, que achegan imaxes de puntos estratéxicos da festa en cada momento, proporcionando información en tempo real de todo o que está a ocorrer na rúa, que chegarán en tempo real ao Posto de Mando Avanzado, facilitando deste xeito o labor do operativo de seguridade xa que se trata dunhas ferramentas moi útiles que permitirán evitar e esclarecer actos delituoso así como actuar desde a prevención”.

O rexedor salienta en que “Coa instalación deste novo sistema de cámaras de videovixilancia demos un paso máis aló: A seguridade é unha prioridade e un compromiso primordial para que a nosa festa de interese turístico internacional siga crecendo e mellorando sempre da man da protección para que os baioneses e os miles de visitantes que vén a Baiona durante esa fin de semana gocen da festa con tranquilidade e seguridade”.

Plan de autoprotección ‘Festa da Arribada 2024’

Durante o encontro concretáronse as accións para seguir polos efectivos da Policía Local, Garda Civil e a Axencia Galega de Emerxencias que participarán do 1 ao 3 de marzo no dispositivo despregado con motivo Festa da Arribada para garantir a seguridade en Baiona. Analizáronse e previñéronse distintos escenarios e consecuencias que poden derivar da organización dunha festa de Interese Turístico Internacional da magnitude da Arribada, referente en Galicia e o territorio Nacional.

Así, a Policía Local de Baiona terá apoio de axentes doutras policías locais comisionadas doutras xefaturas, e apoio de axentes da Garda Civil que desprazará un gran número de efectivos e encargarase, entre outras tarefas, de controlar os accesos ao Val Miñor para que non se rexistre ningún incidente. Así como garantila seguridade cial con rpuenas de alcoholemia, drogas… O Concello de Baiona comunicará e solicitará a colaboración da Garda Civil do Mar, Seprona, Fiscal, USECIF e Trafíco. Aos servizos uniformados sumaráselle o reforzo de unidades policiais de paisano no recinto da festa.

Na zona do centro histórico reordenarase o sentido de circulación de peóns nunha única dirección (sentido das agullas do reloxo). Instalarase sinalización informativa de dirección. A organización establecerá membros seguridade privada para controlar o sentido da circulación así como a estancia de público nas zonas destinadas para a degustación.

Para garantir a seguridade no desenvolvemento da festa dispoñerase de número de axentes e medios materiais acordes ás funcións para desenvolver, ao obxecto de actuar con maior celeridade #ante os posibles riscos de orde pública que se poidan presentar na zona de máxima concentración de persoas, e nas horas nocturnas onde a actividade do Mercado Medieval será compatible co lecer nocturno.

As actuacións encamiñadas a prevención de alteracións de orde pública céntranse na presenza policial nos puntos de interese técnico, zona interior do centro histórico. Unidades uniformadas percorrerán as rúas interiores disuadindo coa súa presenza posibles condutas incívicas. Unidades policiais de paisano darán cobertura ás unidades uniformadas, sendo a ferramenta plausible de intervención en zonas saturadas, informando o xefe de servizo das incidencias rexistradas e actuando en consecuencia.

Operativo nocturno de peche do Mercado Medieval

Situaranse unidades policiais nos lugares de máxima concentración de persoas: Contorna de Santa Liberata, Praza do Concello, Praza Pedro de Castro, e demais zonas de lecer ata ao desaloxo completo do Centro histórico. Finalizado o desaloxo da zona interior darase cobertura ao embarque de pasaxeiros de autobuses na Rúa Xesús Valverde (Parador) e de sucesivo na rotonda Alfonso IX (PO 552-Porto pesqueiro), realizando un acompañamento dos autobuses en previsión de alteracións da orde.

Transporte Público

O Concello de Baiona aposta polo uso do transporte público, ofrecendo un servizo de lanzadeiras gratuítas tanto a Porto do Molle como directamente a Vigo co fin de fomentar o uso deste tipo de transporte. O Concello de Baiona habilitará un ano máis un aparcamento de 10.000 prazas totalmente gratuíto no parque de Porto do Molle (Nigrán), desde onde partirán lanzadeiras (tamén gratuítas) cada media hora. Ademais, haberá barcos que conectarán o porto de Baiona co de Vigo, Cangas, Moaña e Panxón.

Posto de mando avanzado

En canto ao posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) estará situado no porto pesqueiro e desde alí coordinarase todo o plan de seguridade. Nesta zona, instalarase unha Unidade Asistencial o Hospital de Campaña. Tamén se dispoñerá dun posto de emerxencias sanitarias na zona de Santa Liberata, integrado por unha Ambulancia de Soporte Vital Avanzado (Tipo C) e atendido por un Médico, un D.U.E. e un T.E.S.

Para ultimar os preparativos ao longo deste mes, realizaranse distintas reunións técnicas cos operativos de AXEGA, Protección Cilvil, GES Val Miñor, Incendios da Xunta, Servizos Facultativos de Emerxencia e Policias Locais do Val Miñor.

Ponteareas inicia as obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana

O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana. O obxectivo das actuacións é mellorar as condicións deste espazo destinado ao desfrute dos nenos e nenas da vila. Para iso, substituirase o chan e o peche perimetral e, ademais, procederase ao arranxo de distintos elementos de xogo.

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, indica que “logo de anos de abandono dos parques infantís da vila, iniciamos as obra para o acondicionamento desta zona de xogo á que acoden numerosos nenos e nenas durante a semana”. Apunta que “é unha das nosas prioridades, manter en boas condicións as instalacións que son dos veciños e das veciñas”.

O recinto permanece agora precintado durante tres semanas para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións na zona.

Preto de 400 deportistas déronse cita en Ponteareas no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno

Preto de 400 nadadores e nadadoras, pertencentes a 28 clubs de toda Galicia, déronse cita na piscina do complexo Deportivo Álvaro Pino no marco do en Campionato Galego de natación máster de inverno, cita organizada polo Club Natación Ponteareas e a federación galega de natación. Foron dúas xornadas de probas programadas en formato continuo.

Logo dos dous días, o club do condado acadou a victoria nas clasificacións masculina, feminina e conxunta,  revalidando deste xeito os títulos que defendía da pasada tempada.

[su_image_carousel source=”media: 81085,81083,81082″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Destacando a boa organización do evento, que comezou coa súa presentación no castelo de vilasobroso, e que contou tamén cunha zona de lecer no pavillón anexo á piscina para nadadores, nadadoras e público e coa emisión en directo en streaming de todo o campionato, os deportistas poñen agora a súa mirada no vindeiro  campionato de España de inverno, que terá lugar xa en febreiro en Pontevedra.

O director técnico, Andrés Carrera, felicita ao equipo máster, que “non para de medrar,  e que reúne un amplo abano de idades, realidades e obxectivos” e subliña “o impacto que as probas deportivas teñen na economía da nosa comarca”.

Abel Losada inaugura a exposición «Cartografía da Raia» que estará aberta no edificio ‘Francisco Sánchez’ de Tui ata o 10 de febreiro

0

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron a exposición sobre a cartografía da fronteira portuguesa. A mostra é unha iniciativa do Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, que dirixe o coronel Miguel Cortés.

Abel Losada agradeceu o traballo da Subdelegación na difusión da cultura da defensa e enxalzou a calidade técnica da exposición. Subliñou a importancia histórica da fronteira nas relacións entre Galicia e Portugal e o seu novo papel nunha Europa unida. Losada definiu a “raia” actual como un eixo de crecemento socioeconómico e destacou que a hoxe simbólica fronteira entre Valença e Tui é o espazo de maior fluxo de toda a fronteira hispano-portuguesa.

[su_image_carousel source=”media: 81069,81067,81065,81068,81064″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A exposición, que pode verse no edificio Francisco Sánchez, mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño. A exposición temporal presenta cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na zona obxecto da exposición: a fronteira luso española, incluíndo, entre outros, mapas costeiros e de zonas fluviais en Baiona, Tui ou Salvaterra de Miño. Recolle láminas ilustrativas achega do Tratado de Límites entre ambas as nacións e o seu desenvolvemento histórico ata a actualidade, así como os métodos e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia e outras fronteiras internacionais.

A mostra pode visitarse de forma libre e gratuíta no edificio Francisco Sánchez de Tui, ata o 10 de febreiro (de 9 a 14 h e de 16 a 21 h, de luns a venres; de 9 a 13 h, os sábados). Na mesma localización, o mércores 31 de xaneiro, ás 19 h, terá lugar a conferencia «Traballos de delimitación na Raia», con entrada libre ata completar aforo.