Domingo, 16 Febreiro de 2025

Detido un veciño de Redondela por un presunto delito de violencia de xénero

O home tamén está investigado pola Policía Local por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria

Na tarde de onte unha discusión entre unha parella na praia de Cesantes levou a varios veciños que paseaban pola zona a alertar ás forzas de seguridade. Antes da chegada dos axentes a parella abandonou o lugar nun turismo que, posteriormente, saíase da vía provocando danos no mobiliario urbano e dándose o condutor á fuga.

Axentes da Policía Local falaron coa muller quen lles confirmou que mantivera unha discusión coa súa parella e que fora agredida, polo que os axentes comezaron os traballos de busca, localizando ao home agochado nunha finca próxima e procedendo a súa detención.

Ante os síntomas de atoparse en estado de embriaguez foi sometido ás probas de alcoholemia cun resultado positivo de 0.79 e 0.81mg/l e, ao non ter permiso de conducir en vigor, tamén está investigado por dous presuntos delitos cotra a seguridade viaria.

Na intervención tamén participou a Policía Nacional, que se fixo cargo do traslado do detido ao centro médico e posteriormente a comisaría.