Tag: nigrán
Oito persoas do centro Juan María terán a posibilidade de facer prácticas como conserxes
O Concello de Nigrán dispón ata o 1 de Xuño de oito novos conserxes grazas ao Centro Juan María. A propia Casa Consistorial, a Biblioteca e os colexios Carlos Casares (Vilariño), Humberto Juanes (Nigrán) e Da Cruz (Camos) son por vez primeira o lugar de formación práctica para 4 mozos e 4 mozas con discapacidade intelectual que están a realizar o curso de 'Operaciones Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais'.
Nigrán ofrece un roteiro por Portugal
O Concello de Nigrán ofrece o domingo 26 de marzo unha xornada gratuita de sendeirismo de 6 km polas aldeas do Xisto (serra de Lousa, centro de Portugal).
Nigrán proxecta o domingo a película “Valentina”
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo 'Mes Violeta' con motivo do 8-M, ofrece o vindeiro domingo 19 de marzo ás 17:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a película 'Valentina', destinada a familias e público infantil.
Nigrán inaugura hoxe unha exposición de “Nancy”
O Concello de Nigrán ofrece do 17 ao 26 de marzo, no auditorio municipal, unha exposición de bonecas 'Nancy' da coleccionista Marga Fernández, traballadora precisamente do Concello e coñecida en todo o país polos seus perfís de Facebook 'El desván de Nancy' e 'Margochiña Fernández'.
Nigrán comeza este domingo o primeiro ciclo do ‘Primavera Jazz’
O Concello de Nigrán estrea este domingo 19 de marzo o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co cuarteto do guitarrista Felipe Villar ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. As seguintes citas serán o 14 de abril co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o 7 de maio con Xan Campos. Todos os concertos son con entrada de balde ata completar o aforo.
Nigrán celebra este sábado o “Día da Rítmica”
O Concello de Nigrán celebra este sábado, 18 de marzo, desde as 17:30 horas no Pavillón Municipal de Panxón o 'Día da Rítmica' coa presenza de 132 ximnastas de 22 clubes de toda Galicia.
O ‘II Trofeo Concello de Nigrán’ celebrarase mañá mércores
Finalmente, o Valinox Novás de O Rosal (División de Honra Prata) e Cisne de Pontevedra (Asobal) disputarán este mércores, 15 de marzo, no Pavillón Municipal de Panxón ás 20:30 horas o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’, sendo a entrada de balde.
Nigrán transformará o CEIP da Cruz en Camos
O Concello de Nigrán será no vindeiro curso un referente pedagóxico en toda Galicia grazas á transformación dos patios do CEIP da Cruz (Camos) e CEIP Carlos Casares (Vilariño) en auténticos bosques-escola. Co fin de poder licitar ambas obras nas próximas semanas, o goberno local consignará no pleno do 27 de Marzo un total de 124.000 € para o CEIP da Cruz e 117.932 € para o CEIP Carlos Casares.
Nigrán ofrece unha ruta teatralizada este domingo
O Concello de Nigrán, Teatro do Ar e Somos Terra, dentro da súa programación conxunta do 'Mes da Natureza', ofrecen o domingo 12 de marzo ás 11.00 horas unha ruta teatralizada polo sendeiro dos muíños de Camos (Os Matos-Río Táboas).
“Mulleres en acción” chega a Nigrán
A Deputación continúa a espallar o programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”, sementando igualdade e loitando contra as violencias machistas a través da arte por toda a provincia.
Nigrán ofrece este domingo un monólogo
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo ‘Mes da Muller’, ofrece este domingo 12 de Marzo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o monólogo de Arantxa Treus ‘Sexo débil… O carallo!’.
O Basque Culinary Center visitará Arbo
En apenas dous meses, entre o 28 e o 30 de abril, celebrase a sesenta e tres Festa da Lamprea, que este ano se estrea como Festa de Interese Turístico Internacional e Arbo, segue recibindo visitantes atraídos polo misterio e encantos de este manxar que identifica á vila “Lamprea” e os seus viños con D.O. Rías Baixas.
Nigrán estrea a exposición de fotobordados ‘Pioneiras’
O Concello de Nigrán estreou, coincidindo co Día Internacional da Muller, a mostra de fotobordados 'Pioneiras', realizada por usuarios da Fundación Érguete e que estará exposta durante todo o mes nas dependencias municipais.
Continúa o prazo para presentar ofertas de rehabilitación do muíño de Porto do Molle
O Concello de Nigrán mantén ata o 21 de marzo o procedemento aberto para que as empresas interesadas presenten ofertas para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun orzamento base de 259.152,94 euros.
O pavillón de Nigrán acolle este venres o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’
Dous dos clubes máis punteiros do balonmán galego, o Valinox Novás de O Rosal (División de Honra Prata) e Cisne de Pontevedra (Asobal) disputarán este venres 10 de marzo no Pavillón Municipal de Panxón ás 21:00 horas o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’.
Nigrán estrea este mes o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’
O Concello de Nigrán estrea a partir deste mes de marzo, e ata maio, o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ con tres citas impresicindibles cos mellores músicos galegos.
Concello de Nigrán e SOGASEX convocan un concurso de curtametraxes
O Concello de Nigrán e a Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) convocan un concurso de curtametraxes coa sexualidade e os abusos como eixo temático para coincidir coa ‘Semana da Diversidade Sexual’ que cada ano ofrecen conxuntamente en xuño, cando se dará a coñecer ao gañador (2 de xuño).
Nigrán abre as inscricións para unha excursión de maiores a Portugal
O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este luns 6 de Marzo de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón para unha excursión a Portugal o domingo 12 de marzo.
Nigrán retoma este sábado o programa de paseos saudables
O Concello de Nigrán repetirá desde este 4 de marzo ao 22 de abril o programa de andainas dos sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable.
Nigrán celebra este sábado o enterro do kiko
O Concello de Nigrán pecha o seu entroido este sábado 4 de marzo co tradicional enterro do kiko, evento realizado sempre grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor.
Nigrán comenza o seu ‘Mes Violeta’ este sábado
O Concello de Nigrán abre este sábado, 4 de marzo, a programación especial do 'Mes Violeta' cunha morea de actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade de xénero entre público infantil, adulto e adolescente.
Gran acollida da ruta literaria de Domingo Villar
Literatura e turismo consolidan un binomio perfecto en Nigrán grazas á novela de Domingo Villar ‘A praia dos Afogados’. A proba é que a ruta literaria presentada polo Concello de Nigrán na Feria Internacional de Turismo (FITUR) está a despertar interés nacional e internacional.
O CEIP Carlos Casares planta especies autóctonas no Monte de Santa Cruz
O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada co alumnado do CEIP Carlos Casares (Vilariño) a plantación de especies autóctonas no coñecido como 'Monte de Santa Cruz'.
Prado Surf Escola recibe o Premio ao Mellor Club Galego
Cada ano a Federación Galega de Surf celebra unha gala para recoñecer aos mellores surfeiros das diferentes ligas do 2022 e tamén aos mellores clubs.
Hoxe ratificaranse os galardoados cos ‘Premios Nigrán 2023’
A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces da semana pasada os galardoados cos Premios Nigrán 2023 e quedarán ratificados oficialmente no pleno ordinario de hoxe, luns 27 de febreiro.
Nigrán celebra hoxe o seu tradicional concurso de comparsas
O Concello de Nigrán celebra hoxe, venres 24 de febreiro, desde as 21:00 horas o seu tradicional concurso de comparsas con 14 agrupacións de toda a comarca que suman 964 participantes.
Nigrán organiza un obradoiro de manexo de aplicacións móbiles
O Concello de Nigrán ofrece desde o vindeiro martes, 28 de febreiro, e ata 18 de abril, no Local Social de Vilameán, un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles.
Nigrán completa a obra de abastecemento de auga no barrio da Mámoa
O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para completar o abastecemento público de auga no barrio de A Mámoa, na parroquia de Priegue.
Nigrán bonifica cun 95 % do IBI a todas as entidades socio culturais
O Concello de Nigrán bonificará nun 95 % o IBI de seis entidades socio-culturais da localidade despois de que se aprobe no pleno ordinario do 28 de febreiro unha moción do goberno para consideralas de interese ou utilidade municipal.
Nigrán ofrece mañá unha andaina guiada
O Concello de Nigrán ofrece mañá, martes 21 de febreiro, unha andaina guiada pola costa de Lourido para descubrir a "Praia América" dos anos 30 e 40 e que foi bautizada por Manuel Lemos como "A Niza galega".
Nigrán intentará duplicar o número de beneficiarios do programa ‘Xantar na casa’
O Concello de Nigrán solicitará ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a modificación do convenio de colaboración do programa 'Xantar na casa' para poder volver a duplicar o número de usuarios.
O Concello de Nigrán estrea en abril o trail ‘5 Miradoiros’
ncello de Nigrán estreará este mes de abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio.
O concurso de entroido de Nigrán trasládase ao venres 24
O Concello de Nigrán apraza o tradicional concurso de comparsas previsto para este sábado 18 ao venres 24 de febreiro ás 21:00 horas ante a nova do falecemento hoxe de Javier Martínez Giráldez pescando en Monteferro, veciño de Parada moi coñecido en todo o municipio.
Wilco, primeira confirmación do festival dos pazos de Nigrán
Espazo Fest, o festival que se desenvolve en varios pazos do Concello de Nigrán, e polo que pasaron máis de 6.000 espectadores o ano pasado, celebrará a súa terceira edición este verán.
Nigrán inicia o primeiro perímetro de seguridade do parque forestal municipal
O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana baixo a dirección técnica da consultora forestal Landra e coa súa propia brigada municipal o primeiro perímetro de seguridade do futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’.
Nigrán obtén un avance de cara a aprobación provisional do PXOM
Paso trascendental no futuro urbanístico de Nigrán: o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán conta xa oficialmente con todos os informes sectoriais favorables, cuestión indispensable de cara a súa aprobación provisional.
Nigrán ofrece unha excursión á festa do lacón con grelos de Cuntis
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de entroido, ofrece o vindeiro domingo 26 de febreiro unha excursión para maiores de 65 anos empadroados no municipio á ‘XXIV Festa do Lacón con Grelos’ en Cuntis.
Nigrán garda un minuto de silencio
Un cento de veciños de Nigrán, xunto ao alcalde e demais corporación municipal, protagonizaron esta mañá (10:00 horas) a concentración e minuto de silencio convocada polo Concello de Nigrán en homenaxe á Beatriz Lijo Gesteira, asasinada onte en Baiona presuntamente pola súa ex-parella.
Parada contará cunha senda peonil
A ansiada senda peonil que vertebrará a parroquia de Parada a través da EP-2106 será realidade antes de que remate o ano. O Concello de Nigrán deu o paso definitivo na súa tramitación esta semana.
Nigrán declara o loito oficial
O Concello de Nigrán declara tres días de loito oficial con bandeiras a media hasta e convoca mañá martes 7 de Febreiro á veciñanza a gardar 1 minuto de silencio ás 10:00 horas ante o consistorio.