O Concello de Nigrán remata esta semana as obras para a renovación da rede de abastecemento do camiño dos Lagos que realizara Aqualia en colaboración con el Concello polo que foi preciso o corte de dita estrada de Panxón.
Os traballos, que estarán rematados este venres, consisten en substituir 300 metros a tubaxe para reparar o abastecemento de auga a preto dunha ducia de casas que sufrán numerosas avarías.
“A situación era preocupante xa que as roturas eran continuas e causaba moitos invonvintes aos veciños e ao viario público. Aproveitamos para realizar as obras durante as vacacións escolares ao ser a estrada de acceso ao CPI Arquitecto palacios de Panxón, explica o alcalde, Juan González.