13.9 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Xaneiro de 2021

Tag: alén da raia

A Confederación Miño-Sil investiu máis de 2.832.000€ en limpeza e restauración de leitos no ano 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, investiu 2.832.800€ en actuacións de conservación do Dominio Público Hidráulico nas provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra, Zamora e León, ao longo do ano 2020.

O proxecto Manufactur 4.0, no que participa a Xunta, permitiu incentivar a implantación das tecnoloxías 4.0 no sector naval e metalúrxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada en liña de peche do proxecto europeo Manufactur 4.0, que lidera a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño e que está financiado a través de fondos Feder do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

O alcalde de Cerveira denuncia o peche da sucursal do Santander Totta na vila e “privilexiará” as dúas entidades que manteñen as súas oficinas

O presidente da Câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, vén de denunciar o peche da sucursal do Santander Totta no municipio, logo de que no mes de setembro, cando se deran os primeiros rumores sobre o cese de actividade da oficina da entidade bancaria e nunha reunión solicitada coa administración do banco por parte do propio Nogueira, esta lle garantira que, naquel momento, "non existía motivo de preocupación".

O alcalde de Cerveira apela ao “civismo das poboacións” ante unha COVID-19 que continúa a condicionar relacións transfronteirizas

Coa prohibición de circulación entre concellos decretada polo Goberno de Portugal, entre os días 30 de outubro e 03 de novembro, como contención da pandemia Covid-19, o presidente da Câmara Municipal de Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, "apela a que sexan cumpridas rigorosamente estas directrices". Fronte ás inmensas dúbidas levantadas por cidadáns galegos, dada a proximidade xeográfica e a excelente relación de cooperación transfronteiriza, Nogueira interpreta que “a medida sexa extensível a cidadáns estranxeiros”.

O AECT Rio Minho fai frente conxunto contra unha posible mina de litio na Serra da Arga en Portugal

O AECT Río Minho vén de posicionarse claramente en contra do aproveitamento por parte do goberno portugués dunha posible mina de litio na Serra da Arga, no territorio do Alto Miño luso. Así o manifestou o deputado e vicedirector do agrupamento, Uxío Benítez, logo de manter un encontro co Movemento SOS Serra d’Arga.

A Xunta participará nun exercicio de loita contra a contaminación mariña coordinado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Consellería do Mar participará activamente no desenvolvemento dun exercicio de loita contra a contaminación mariña que terá lugar a vindeira semana en Caminha froito da colaboración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e farano a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño-Intecmar e do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, implicados nos proxectos de investigación responsables desta acción coordinada (Radar on Raia, MyCoast e Meloa).

Esgotadas as prazas para a actividade deste domingo en Monçao, dentro do programa de ecoturismo “Vive o Río Minho”

Continúa a grande acollida das actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra para as fins de semana deste mes nos concellos galegos e portugueses da ‘raia’. Segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, as 50 prazas para a actividade deste domingo día 20 esgotáronse en apenas 30 minutos desde que se habilitou a inscrición e, no caso das do sábado, xa está practicamente cuberto o cupo, con apenas as últimas vacantes.

Colectivos galegos e portugueses aúnanse contra a explotación mineira da Serra d’Arga

O pasado sábado, membros do Movimento SOS Serra d'Arga e das asociacións galegas ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Mino), Centro Social Fuscalho e A Jalleira (Asociación Forestal e de Educación Ambiental) percorreron a Serra d'Arga a pé, visitando alguns dos lugares mais amenazados polo proxecto de explotación...

Medio Ambiente e Arte unen ao Aquamuseu do rio Minho e a Fundação Bienal de Arte de Cerveira nun proxecto común

'LowPlast–a arte de reducir o plástico' é un proxecto promovido polo Aquamuseu do río Miño de Vila Nova de Cerveira, en colaboración coa Fundación Bienal de Arte Cerveira (FBAC), a Asociación Portuguesa do Lixo Mariño e o Instituto Interdisciplinar de Artes–DTK, de Noruega, inciativa que contará cun investimento de 52 mil euros, financiado polos EEA Grants.

A XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira arranca este sábado con 350 obras de 370 artistas de 38 países

A XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira está de regreso e volve a marcar o calendario de eventos do 1 de agosto a 31 decembro de 2020, baixo o tema 'Diversidade-Investigación. O Complexo Espazo da Comunicación pola Arte'. En total serán presentadas máis de 350 obras de preto de 370 artistas de 38 países que se poderán coñecer, gratuitamente, en directo ou sen saír de casa.

A Feira Semanal de Vila Nova de Cerveira reanuda a súa actividade cun plan de continxencia que prima a seguridade

A CIM Alto Miño consensuou, este luns, o reinicio da actividade das feiras en todos os concellos do distrito a partir do día 25 de maio, unha vez que o Goberno luso incluíu este sector na 2ª fase do plan de desconfinamento da Covid-19. Con todo, este regreso vén marcado por un conxunto de medidas restritivas plasmadas nun plan de continxencia.

Vila Nova de Cerveira cancela os seus eventos até finais de xullo

O Concello de Vila Nova de Cerveira decidiu, na súa reunión deste mércores, cancelar até o 31 de xullo, toda a programación cultural e outras actividades municipais organizadas co apoio do municipio, así como anular a realización da edición 2020 dos Orzamentos Participativos Xeral e Mozo.

Vila Nova de Cerveira limpa e desinfecta os espazos públicos considerados “sensibles”

A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e as Xuntas de Freguesía do concello proceden, nestes días, a accións de limpeza e desinfección profunda de rúas e espazos públicos sensibles, é dicir, aqueles nos que se da "unha maior mobilidade de persoas por necesidade de acceso a servizos e bens esenciais".

Arte e debate polo Día Internacional da Muller en Vila Nova de Cerveira

Vila Nova de Cerveira celebra o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, cun proxecto artístico interactivo e a reflexión crítica para lembrar "a loita das mulleres por sobrevivir impunes na posmodernidade". 'DE PROFUNDIS: As (as súas) cidades en suspensión' é un proxecto dinámico baseado nunha das obras do famoso autor Óscar Wilde “pola actualidade repugnante”

Valença ultima novos produtos de turismo verde

Dende hai tempo, Valença de Minho é un concello que marca a liña a seguir en turismo verde e aproveitamento de recursos naturais. Este turismo sustentable contará, en breve, con novos atractivos ao dotar á zona dun novo corredor verde, a Ecovia das Veigas do Rio Minho e os Passadiços do Mosteiro de Sanfins.

Cerveira promove a campaña de sensibilización ‘Feira Limpa, un xesto… unha actitude’

A feira semanal de Vila Nova de Cerveira é, sen dúbida algunha, unha das feiras máis recoñecidas do norte de Portugal e Galicia e por iso, a Câmara Municipal de Cerveira quera manter unha "imaxe atractiva e aseada do espazo" e evitar que, logo de cada feira, a zona chea de lixo. A campaña 'Feira Limpa, un xesto... unha actitude' busca promover unha acción de sensibilización e apelar "ao bo sentido dos feirantes".

GNR e HMB na sexta edición do «Cerveira Acústica»

O tributo á música portuguesa nun rexistro intimista co público, volve a estar presente no escenario do Auditorio Municipal de Vila Nova de Cerveira. Continuando coa aposta en artistas de renome e "cunha carreira internacional xa consolidada" sinala a organización, a sexta edición do «Cerveira Acústica» manten o nivel de excelencia dos artistas convidados.

O Parque Acuático de Cerveira abre as portas o 14 de xuño

Coa proximidade do verán, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, vén de dar conta da apertura ao público do Parque Acuático o vindeiro 14 de xuño. Veciño ao Acuamuseo e ás beiras do río Miño, este parque temático incorpora unha impoortante compoñente lúdico pedagóxica con...

Colaboradores