A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de concecer á Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) por décimo ano, un Programa Integrado de Emprego, consolidando así o seu compromiso social e contribuíndo á xeración do emprego, tanto no Concello de Mos como da contorna.
O éxito acadado cos programas anteriores, “cunha media de inserción do 61 %” explica Aemos, fai que a asociación siga apostando pola mellora da competitividade laboral dos colectivos participantes e, ao mesmo tempo, achegar ás empresas coas que diariamente están en contacto, “unha ferramenta útil e profesional para cubrir as súas necesidades de persoal, adaptando a proposta formativa ofrecida aos participantes, aos perfís demandados polas empresas”.
dav_soft
A proposta do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Mos 2019-2020 cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, está dirixido a 100 persoas desempregadas agrupadas por colectivos, dos que 5 serán con discapacidade, 3 persoas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga), 15 persoas menores de 30 anos con baixa cualificación, 27 persoas menores de 30 cualificadas, 15 persoas maiores de 45 anos, 10 con prestación e 10 mulleres.
Este Programa Integrado abarca os Concellos de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Vigo e estableceranse diversas medidas de conciliación. Como novidade nestes Programas, os usuarios que participen nas accións recibirán unha bolsa de asistencia diaria de 5 €. Por todo iso, e dada a crecente participación do empresariado de Mos e a súa comarca nos programas de emprego que promove a Asociación, preténdese a superación do obxectivo de inserción establecido do 45 %.
Ao longo de todo un ano e ata o 14 de novembro de 2020, o equipo de técnicos da Asociación, “traballarán man a man cos participantes, establecendo itinerarios personalizados de inserción, prestando orientación e asesoramento individual, e deseñando propostas formativas orientadas a conseguir un emprego acorde co seu perfil profesional”, explica Aemos.
A Asociación centra os seus programas en ámbitos profesionais vinculados coa produción industrial, a xestión de almacén e a manipulación e condución de equipos industriais no ámbito loxístico baixo os máis esixentes estándares de calidade. En consecuencia, a formación que se propón será tanto transversal, en novas tecnoloxías e idiomas, como específica: Operador de Carretillas Elevadoras Norma UNE 58451, Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal Norma 58923, Operador de Puente Guindastre, Camión guindastre autocargante e un certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén ( COML0110) de 210 horas, ademais de formación en Lean Core, Relacións Laborais, Xestión Comercial ou Comunicación e Marketing persoal, entre outras.
Para poder participar neste programa, os interesados poden contactar coa Asociación de Empresarios de Mos no teléfono: 986 498 820 ou a través do correo electrónico [email protected]
Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.
O
alumeado de nadal está a espertar entre os guardeses e visitantes
moita expectación, dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal
teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos
os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e
#NadalnaGuarda nas Redes Sociais.
Mercado de Nadal
Este venres día 13 de decembro arranca na Praza Avelino Vicente (As de Copas) o Mercado de Nadal, un espazo que abrirá as súas portas todos os días de 10:00 h a 21:00 e que contará con máis dunha ducia de stands con produtos coma herbas mediciñais, ambientadores, artesanía, bixutería, complementos, entre outros.
Ademais
de contar as fins de semana con stands con oferta gastronómica entre
a que destaca viño quente, cafés, ponches, chocolate quente,
muffins, crepes, e moito máis. Este Mercado de Nadal estará aberto
ata o 6 de xaneiro.
Nadal solidario Conrazones
O sábado 14 e Domingo 15 de decembro a Praza de Juan Bautista será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario a cargo do colectivo ‘Conrazones’, que traballa con familias da contorna. Este mercadillo estará aberto en horario de 10:00 h a 18:00 h.
Pista de Xeo
A
Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en
funcionamento ata o 19 de xaneiro.
O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:30 h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00 h a 21:30 h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1 €. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.
Exhibición de patinaxe
Este venres ás 18:00 h a Pista de Xeo será o escenario para unha Exhibición de Patinaxe a cargo dos deportistas locais do Clube A Guarda Hockey Liña.
Manrique Fernández presenta, o venres 13 de decembro ás 20 horas na librería Cartabón de Vigo, o seu último traballo: ‘Os Anxos indecisos’, sete relatos que serven como fío condutor para abordar temas de actualidade, tan variados como as propias personaxes que falan deles.
A primeira pregunta semella obrigada: ¿quen son os “anxos indecisos” aos que se refire o título deste libro de relatos? A idea nace dun texto que incluín como cita inicial, extraído dun breviario do filósofo e pensador romanés e afincado en Francia Emil Ciorán. El explica que, segundo unha lenda de orixe gnóstica, houbo unha guerra no ceo entre os partidarios de Deus e os de Luzbel, que acabaría por se converter no Demo. Pero mentres se desenvolvía esa batalla, houbo un grupo de anxos que non tomaron partido por ningún dos dous bandos enfrontados.
Eses “anxos indecisos” serían posteriormente relegados á Terra para que aquí tomasen a decisión que non foran quen de adoptar durante a loita, de maneira que os “anxos indecisos” somos todos e cada un de nós. Eu, que son un gran amante da tradición popular, quedei fascinado con esta historia, que me fixo reflexionar moito sobre o poder das decisións nas nosas vidas. E desas reflexións foi de onde naceu o libro.
Entón, do que vostede fala é de que as decisións poden marcar as nosas vidas? Si, claro, ese é o fío condutor, o elemento aglutinador de todas as historias. Ás veces tomamos decisións que cremos irrelevantes e que acaban por ter unha enorme repercusión en nós ou, ben ao contrario, cremos que nos van a cambiar a vida e apenas nos afectan, ou padecemos as consecuencias de decisións que toman outros, ou vémonos abocados a adoptar determinadas decisións…
Esas situacións a cotío son quen de provocarnos incertidume, certa angustia perante a falla de seguridade sobre as nosas accións. Todo iso está no libro, revestido dunha maneira ou doutra, pero todos os relatos teñen algo que ver co tema das decisións e os seus efectos.
A proximidade dalgúns dos relatos á actualidade, vén dada pola súa profesión de xornalista?
Supoño que iso é algo do que non te desapegas nunca, aínda que deixes de estar en activo por un tempo. Son sete relatos que inclúen moitos temas de actualidade, dende o maltrato á muller ata a inmigración, a precariedade laboral, os desafiuzamentos… Pero tamén outros máis xenéricos, como a soidade, a enfermidade, a falla de comunicación…
Supoño que a miña profesión fixo que me achegase a moitos deses temas dun xeito diferente ao que o fai o resto da xente, que ás veces non ten a oportunidade de coñecelos máis que polas referencias que os xornalistas lles damos, e esta é outra maneira de explicar o que vivimos en cada momento e facerllo chegar a todos. En calquera caso, son temas que me preocupan persoalmente e sobre os que creo que todos temos que reflexionar moito máis a fondo do que o estamos a facer.
Manrique Fernández
“
“Son moi crítico co xeito actual de exercer o xornalismo, […] moitos xornais son tendenciosos e venden unha imaxe que non sempre se corresponde coa realidade”
Canto da súa propia experiencia persoal reflicte o relato que fala do xornalismo ao que, por certo, non o deixa vostede en moi bo lugar? O relato ao que te refires reflicte unha parte dea imaxe que eu teño do xornalismo, froito de vivencias directas, pero non conta un caso real nin unha experiencia persoal, se é o que preguntas; é pura ficción, pero unha ficción con base e con coñecemento de causa.
En canto ao de non deixalo mo ben, ven dado polo feito de que son moi crítico co xeito actual de exercer o xornalismo. Ao meu entender a liberdade de prensa é un dos baluartes esenciais de calquera estado democrático que se precie de selo, pero o que está pasando nas últimas décadas é, simplemente, bochornoso. Moitos xornais son tendenciosos e venden unha imaxe que non sempre se corresponde coa realidade facéndolle o xogo sucio a políticos e empresarios, e esa é outra maneira de prostitución.
Por suposto, hai honrosísimas excepcións, medios e xornalistas que manteñen a súa independencia e o seu caracter meramente informativo, para que a cidadanía saiba o que acontece ao seu arredor, pero a miúdo son asoballados ou ninguneados polos cartos das grandes corporacións, polo que o cidadán ten que ter moito coidado co que le ou escoita.
Na contracapa do libro dise que as personaxes viven no límite, na fronteira. E o certo é que teñen experiencias duras, ás veces traumáticas, e sempre motivadas por un entorno que as agrede ¿Está de acordo con esta apreciación?
Si, e por iso quixen fuxir da iconografía habitual referida aos anxos xa dende a portada. Os anxos que aparecen na capa do libro non teñen ás nin plumas, senón pugas coas que se defender desa sociedade hostil que os rodea. Non son nenos regordechos e loiros, querubíns espidos e tocando a lira, senón que somos todos e cada un de nós enfrontándonos a nós mesmos, aos nosos medos e ás nosas inquedanzas e, sobre todo, a un entorno que non deixa de nos agredir.
Non é unha visión excesivamente pesimista da sociedade? Eu diría que non. As cousas que están a pasar ao noso arredor non son para ser optimistas. Fai algúns anos permitiámonos o luxo de soñar cunha Arcadia feliz e pensabamos que o mundo se movía nesa dirección, agora constatamos o noso erro: reducción de beneficios sociais, precariedade laboral, o auxe dos extremismos ideolóxicos, a incomunicación, o cambio climático, a pobreza que cada vez nos rodea máis…
“
“A hipercomunicación o que está a provocar é o aillamento do individuo. Xa non quedamos cos amigos para charlar un pouco, conformámonos con facelo a través do móbil”
Non deixa de sorprender que fale vostede de incomunicación nunha sociedade cada vez máis comunicada: redes sociais, whatsapp… Si, é certo, pero esa hipercomunicación o que está a provocar é o aillamento do individuo. Xa non quedamos cos amigos para charlar un pouco, conformámonos con facelo a través do móbil. Lembro que vin unha fotografía dun bar que na entrada colgou un cartaz que dicía “Non temos wifi: falen entre vostedes”. Pois ben, ¡esa é a situación! E o aillamento leva á individualidade, e esa é a mellor ferramenta que ten o poder para desmobilizar á poboación. Por iso a reducción de beneficios sociais e a miseria que nos rodea, porque non hai quen proteste contra iso, quen esixa que nos devolvan o que nos roubaron; somos incapaces de organizarnos como facían os nosos maiores nos anos 60 ou 70 (¡e que agora volven facer co asunto das pensións…!) E, ademais diso, esta hipercomunicación arrastra outra eiva que tamén é moi grave: a desinformación. Ou, por dicilo mellor, a intoxicación. Corren polas redes noticias sen fundamento ningún que chegan a seren consideradas verdades absolutas e que o único que fan é desvirtuar a realidade. E aquí poderiamos enlazar de novo co que falamos antes sobre o xornalismo e o adoctrinamento… É todo un círculo vicioso que non xera, precisamente, optimismo.
Volvamos á literatura. Este é o seu segundo libro de relatos, pero tamén ten publicado novela, teatro, biografía… Resúltalle difícil decantarse por un xénero? Non é iso, é que eu son bastante ecléctico nas miñas lecturas, e iso lévame a selo tamén na escrita. En función do que queira contar escollerei un xénero ou outro. Teño unha certa predilección pola narrativa, pero iso non significa que non poida entrar noutros territorios e exploralos porque, no fondo, a iso se reduce o oficio de escribir: a explorar dentro de ti e sacar fóra o que levas dentro. E para iso calquera xénero é válido.
Algún novo proxecto en carteira? Si, claro, algunha cousa hai. De feito hai varias, pero non me gusta falar de proxectos aínda inconclusos porque, en moitas ocasións, dánse a volta completamente cando están a medio facer e acaban por se converter en algo moi diferente, polo que avanzar temas ou contidos pode levar a engano mentres non se materialicen. Pero aí seguimos…
O Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña ‘Comprar en Arbo ten premio’, en colaboración coa Asociación de Comerciantes do municipio, na que participan máis de oitenta establecementos que repartirán, entre a súa clientela, rifas polas súas compras do Nadal.
En total imprimíronse preto de 150.000 rifas e 34 delas teñen premio seguro. En total repartiranse ao redor de 3.800 euros en premios: un de 500 euros, un de 250, outro de 150 euros, un cuarto premio de 3 vales de 100 euros e trinta premios de 75 euros. O sorteo efectuarase en xaneiro, repartindo os vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo que participan na Campaña de Nadal, aos agraciados no sorteo.
O Concello de Arbo volve impulsar un ano máis esta promoción xunto cos comerciantes, “aumentando os premios e facendo máis atractiva a participación no sorteo”. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, salientou que coa posta en marcha desta campaña o “Concello e os seus comercios pretenden atraer a un maior número de clientes e fidelizar aos seus compradores máis habituais”.
Destacou tamén o rexedor local “a importancia de apoiar o pequeno comercio local tan importante para Arbo e que é a base da economía de moitos arbenses, polo que un ano máis incrementanse os premios e os comercios participantes”.
O consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas estivo hoxe presente nas III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, organizado pola FEGAMP en colaboración con UNICEF. Acompañadas da concelleira de Ensino e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, e do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, Hirut Philippon Salinas e Nicolás Paul Quiroga Snyder representaron ao Consello ponteareán para falar de asuntos relacionados co Ensino.
Na vila coruñesa de Boqueixón mantiveron un encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para expor as súas principais preocupacións, os dereitos das nenas e dos nenos, a pobreza, o cambio climático, a participación, a protección e outros asuntos que herdan das mans dos adultos e que son o seu presente, un presente no que queren participar para ter un futuro máis axeitado ás súas demandas.
O
Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF ten o obxectivo de
impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de
infancia. Coa implementación deste programa, mellóranse as
condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a
promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o
seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.
Actualmente
9 concellos de Galicia xa contan co recoñecemento como Cidade Amiga
da Infancia, pero siguen traballando para que sexa unha realidade en
máis concellos, co fin de mellorar o benestar dos nenos, nenas e
adolescentes da nosa comunidade.
Nestas
xornadas participaron alcaldías, concelleiros/as e técnicos con
competencias en materia de infancia, familia ou servizos sociais, así
como profesionais de entidades que desenvolvan o seu labor
profesional no ámbito dos servizos sociais, educación ou protección
de menores.
Seguindo
na liña da participación recollida na estratexia de crecemento
“Ponteareas, Hábitat Saudable” Cristina Fernández e Miguel
Bouzó salientan a importancia de que sexan as mozas e os mozos os
que dialoguen directamente cos responsables e profesionais dos
asuntos relacionados co seu presente e co seu futuro.
Este venres, día 13 de decembro, o xornalista e escritor Manrique Fernández presentará na libraría Cartabón o seu novo libro de relatos ‘Os anxos indecisos’, publicado na colección ‘Literaria’ da Editorial Galaxia. O acto comezará ás 20:00 horas e o autor estará acompañado pola tamén escritora Iria Collazo e polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro.
‘Os anxos indecisos’ é unha colección de sete relatos cos que o autor pretende explorar a relevancia das decisións que tomamos e como afectan ás nosas vidas e ás de outros, así como a incertidume que pode chegar a provocar a dúbida á hora de facerlles fronte a esas decisións.
Os relatos están ambientados en distintos escenarios pero todos eles falan de cuestións de actualidade, como a inmigración, os malos tratos á muller ou á infancia, a precariedade laboral, o papel dos medios de comunicación ou os desafiuzamentos, entre outros. Lonxe da iconografía habitual, os ‘anxos’ que protagonizan estes relatos non posúen nin ás nin plumas, senón pugas coas que se defender dunha sociedade hostil pola que se senten agredidos.
Ao longo de todo o libro, o autor xoga
con distintas voces narrativas para relatar cada historia, así como
con diferentes técnicas e estilos cos que darlle variedade ao
conxunto. As personaxes que protagonizan os relatos viven no límite,
enfrontándose permanentemente a unha sociedade da que non se sinten
parte e buscando un fío de luz ao que se aferrar para saír adiante.
Manrique Fernández é xornalista e, ademais de narrativa, ten cultivado a poesía, o teatro, a biografía ou o ensaio. Tamén mantén un blog de recensións literarias, unha sección quincenal –O Meu Andel– neste xornal de Comarcas na Rede e colabora co Concello de Ponteareas e con outras entidades en diversas iniciativas culturais.
Os portavoces dos grupos municipais do concello da Guarda, en representación da Corporación Municipal, reuníronse onte martes día 10 decembro para valorar a situación pola que está pasando o centro de saúde da localidade. Na xuntanza acordaron trasladar, a opinión pública e aos responsables do SERGAS, “a preocupación pola deficiente atención que se está prestando aos veciños e veciñas motivada, principalmente, pola falla de cobertura das prazas vacantes que se producen por vacacións, baixas e permisos”.
No seu comunicado, os representantes da cidadanía queren mostrar, á vez, “o seu apoio aos profesionais que veñen sufrindo unha sobrecarga de traballo pola falta de previsión na cobertura destas vacantes”.
No seu escrito, lembran que “o servizo de saúde pública na Guarda ven acarrexando deficiencias dende fai tempo que se están agravando nas últimas datas. Estes problemas fan que o servizo sexa máis precario aínda polo illamento que sofre A Guarda. Hai que lembrar que se tarda case unha hora en chegar ao hospital de referencia en Vigo, debido, sobre todo, a mala comunicación por estrada entre A Guarda e Tui”.
Chaman a atención, asi mesmo, que no pasado mes de xullo “as alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño xa solicitaron unha xuntanza co conselleiro para tratar os problemas sanitarios da comarca. A principal reivindicación naquela ocasión, por parte do concello da Guarda, era o reforzo do equipo médico do PAC de urxencias guardés, que atende, ademais da propia localidade, os concellos de Oia e O Rosal. Esta solicitude viña a sumarse, entre outras, a que se fixo dende o concello en maio do 2018, avalada por 2.500 sinaturas de veciños e veciñas das tres localidades”.
Dada esta situación, a Corporación Municipal esixe, á Consellería de Sanidade, “unha solución urxente ao problema de atención aos enfermos que se está a producir no centro de saúde guardés”.
A Asociación Ecoloxista ADENCO celebrará este sábado 14 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, un acto público a partir das 20 h no que se presentará a revista conmemorativa dos 30 anos de Xeiras Micolóxicas. O acto contará coa presentación do xornalista Alejandro Mínguez, divulgador micolóxico desde hai anos, e coa intervención de Marisa Castro, presidenta de honra do Grupo Micolóxico Galego, doutora en bioloxía e profesora na Universidade de Vigo, unha auténcia eminencia no mundo da micoloxía.
O acto está aberto á asistencia da cidadanía, de xeito libre, sen necesidade de apuntarse previamente, entregándose a revista que se presenta aos asistentes.
Ademais, o colectivo entregará neste acto o Premio Río Tea á Defensa do Medio Ambiente, un galardón co que o colectivo ecoloxista quere recoñecer e agradecer o traballo de diferentes colectivos e persoas da comarca a prol da conservación da natureza.
Así, con este premio quérese difundir o bo traballo que se leva facendo desde hai tempo por colectivos diversos, conscientes do valor do que nos rodea, da importancia de conservalo, do positivo que é, a todos os niveis, difundir a potencialidade do Medio e facilitar o asentamento de poboación no rural, que pode atopar na conservación da Natureza unha saída laboral respetuosa co Medio. O gañador do Premio deste ano revelarase no propio acto.
A Alcaldía de Redondela ditou este luns unha resolución pola que se inicia un expediente sancionador contra unha empresa que anuncia unoulet no IFEVI “pola instalación sistemática de carteis publicitarios sen autorización en diferentes espazos públicos”.
Os
feitos, segundo consta na Resolución, constitúen “unha infracción
grave segundo a Ley do Patrimonio das Administracións Públicas
(LPAP)” o que pode carrexar unha multa de hasta 1.500 euros.
Asi mesmo, o Concello de Redondela vén de
requirir á empresa “á retirada no prazo improrrogable de tres
días naturais de todos os carteis instalados”. No caso de que a
empresa non cumprira con este requirimento, ditos carteis serían
retirados polos correspondentes servizos municipais “cobrándoselle
á empresa o custo desta actuación e os posibles danos causados”
segundo dispón o artigo 193.3 da antedita LPAP.
O Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites. A nova esfera resulta tamén máis vistosa coas delimitacións das horas, un deseño baseado no antigo reló de 1928.
Os
traballos demoráronse algo máis do previsto posto que se tivo que
retirar a vella esfera, estragada polo paso do tempo, e levala a
Vigo, onde a empresa PAGAN encargouse de facer unha nova coas mesmas
medidas, para despois proceder á súa instalación.
Nunha
futura actuación preténdese recuperar tamén a antiga maquinaria
interna, fora xa de servizo, para por en valor este elemento
patrimonial da vila guardesa.
Técnicos agrícolas completaron esta mañá a plantación de froitos vermellos nunha parcela en desuso do monte comunal de Chandebrito, nun proxecto experimental que nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas, grosellas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes (neste caso trátase de solo completamente calcinado nos incendios de 2017, que afectaron ao 99% da parroquia).
O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes esta finca piloto en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como ‘Chans do Castro’ –moi próximo ao castro de Chandebrito–.
Este cultivo, que non precisa de gran superficie e resulta moi rendible económicamente, resulta idóneo para pequenos terreos infrautilizados en Galicia, contribuíndo así non só a xerar emprego, se non a evitar os lumes (producidos en gran medida polo abandono do medio rural). A vindeira semana os mesmos técnicos realizarán unha xornada informativa na parroquia onde abordarán todos os aspectos relacionados con este tipo de plantación.
Tras preparar o terreo e efectuar a plantación, responsables da comunidade de montes realizarán labores de mantemento e coidado para que empece a dar os primeiros beneficios económicos ao cabo de tres anos (estímase que a partires do séptimo ano a producción chega ao seu máximo cun rendemento de 11.000/20.000 kg/ha).
O obxectivo mínimo asumido é mantela e explotala a lo menos dez anos, estando os primeiros tres anos totalmente asesorados por técnicos de ASEFOGA (periodo que se considera o máis delicado para que acade o seu completo desenvolvemento). Ademais, a Comunidade de Montes de Chandebrito se compromete a facilitar visitas a grupos ou persoas interesadas en coñecer o proceso para a producción de froitos vermellos.
“O PH ácido do solo de Galicia, a humidade e o clima atemperado fai que esta terra resulte especialmente idónea para cultivar os froitos do bosque, estes contan cada vez con maior demanda por parte do consumidor e teñen un rendemento económico moi superior ao resto de froita, xa que se están a vender en fresco a unha media de 7/15 euros kilográmo, sendo o arándano o mellor pagado”, explica Diego Barral, técnico de ASEFOGA que traballa neste proxecto.
Así, segundo os últimos datos, en España a facturación de `berries´ aumentou un 300% nos últimos cinco anos debido a súa crecente popularidade entre os consumidores polas súas cualidades dietéticas, gustativas e terapéuticas (consúmense fundamentalmente como producto fresco pero tamén en marmeladas, deshidratados ou conxelados).
A Deputación destinou
36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento
dos froitos do bosque (amoras, arandos ou framboesas) e facer fincapé
na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e
forestais en desuso.
Baixo o nome de ‘Aprendizaxes para a vida’, a Deputación de Pontevedra en colaboración coa mestra creadora e coordinadora do traballo, Teresa Domínguez, vén de publicar a cuarta edición dos calendarios competenciais para infantil e primaria, unha innovadora experiencia de aprendizaxe que foi cualificada pola presidenta Carmela Silva como “marabilla didáctica”. Silva, que presentou a iniciativa nunha das aulas do CEIP Laredo de Redondela, destacou que “neste século XXI temos que educar doutro xeito, creando mentes libres con pensamento crítico para facer fonte aos grandes retos que se presentan”.
Os
calendarios competenciais, tal e como explicou a presidenta, teñen
por obxectivo facer que a “educación, aprendizaxe e competencias
que temos que adquirir se fagan desde múltiples perspectivas”.
Neste eido a presidenta destacou o “papel fundamental” que xogan
as nais e os pais: “é imposible educar en plenitude e de xeito
integral se non o facemos todos os axentes implicados, e dende logo a
familia ten un papel fundamental, así como as administracións
públicas”.
“
“… neste século XXI temos que educar doutro xeito, creando mentes libres con pensamento crítico para facer fonte aos grandes retos que se presentan”
Ao
respecto dos contidos dos calendarios, a presidenta destacou que
“ofrece numerosas propostas que teñen en conta todas as áreas de
coñecemento e permiten a relación entre centros e familia,
apostando pola igualdade e por visibilizar a mulleres en diferentes
eidos”. Neste sentido a presidenta subliñou que para 2020 as
mestras van ter un papel fundamental no calendario. “Quen non tivo
unha mestra que lle deixou unha pegada inesquecible? Eu aínda lembro
a miña profesora Argentina, que me deu clase en 2º de EGB, e que
espertou en min unha paixón moi forte pola lectura. Este calendario
vai ser tamén un recoñecemento ás mestras que son recordadas nos
concellos da nosa provincia”.
Durante
o acto de presentación dos calendarios, a presidenta enxalzou o
papel da educación pública, “a mellor educación que existe tanto
en contidos como en calidade, a que ten a mestras e mestres
comprometidas e comprometidos, que cren no público e na educación
como a grande institución transformadora da vida. As persoas viñemos
ao mundo para ser felices e iso conséguese sendo persoas formadas,
cultas, con compromisos, con valores e con principios nos que xoga un
papel moi importante a educación pública”.
Pola
súa banda, a creadora dos calendarios, a mestra Teresa Domínguez,
agradeceu o papel das familias para impulsar a educación de calidade
e destacou que para iso “naceron estes calendarios, un pequeno
instrumento que permite ter estratexias para educar máis e mellor,
que promove que tanto fillas e fillos como familias aprendan a
aprender, a sentir, a vivir, a emocionarse, a querer coñecerse e
motivarse no contexto próximo”. Sobre os contidos, Domínguez
informou que abordan “temáticas de actualidade, a igualdade de
xénero e cuestións como o Día da Paz, o coidado do medio ambiente,
o descubrimento da xeometría da contorna así como ideas para ler en
familia obras escritas por mulleres ou ver filmes dirixidos por
mulleres ou centrados en historias de mulleres”.
En
total este ano a Deputación recibiu xa un total de 5.000 solicitudes
de calendarios competenciais de infantil e primaria. “Temos que
pensar xa en abrir o campo dos calendarios e facer tamén un para
secundaria, queremos chegar a todos os centros educativos da
provincia”, asegurou a presidenta.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, asistiu este mediodía ao inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga ‘Canteira Ferro’, pertenecente a empresa Porriñesa de Canteiras S.A. (Pocasa). O buraco da explotación de granito ‘Rosa Porriño’ recheouse con 500.000 metros cúbicos de materiais procedentes de ata 150 obras, entre elas as da nova Estación de Vigo e da Autovía A-52.
Os traballos de rehabilitación, explica o Concello do Porriño, duraron 6 anos e remataran agora coa prantación de 1.000 piñeiros que iniciaron hoxe unha duzia de alumnos dos centros de educación especial ‘Aceesca’, do Porriño, e ‘Juan María’, de Nigrán, acompañados dos seus monitores. Precisamente por esa colaboración tamén acudiu ó acto deste mediodía Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán.
Segundo informou Jorge Massó, responsable da firma Pocasa, esta empresa porriñesa “foi a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975, non só en Porriño senon tamén en Galicia. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.
Audio de Eva García de la Torre sobre a recuperación da Canteira Ferro
Eva García de la Torre declarou que “hoxe é un día moi importante para o Concello do Porriño porque comprobamos como faise realidade a recuperación dun espazo que estivo adicado á explotación mineira despois dun traballo inmenso e coa reforestación prevista, tamén vai mellorar o medio ambiente”. “Agardo que outras canteiras que estean en desuso ou esgotaran o seu ciclo de explotación pois tamén realicen axeitados proxectos de recuperación dos espazos e montes que ocuparon”, engadiu a alcaldesa de O Porriño.
Unha recuperación “con irregularidades”
A directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, asegurou hoxe que a restauración da canteira ferro “está chea de irregularidades” e nese sentido sinalan que dita actuación “exceceu con moito o perímetro da concesión, que abrangue 31.000 metros cadrados, mentres que o recheo levouse a cabo nunha área aproximada de 4,5 hectáreas, o que multiplica o volume de metros cúbicos de verteduras”.
Entende a directiva dos comuneiros de atios, que ademáis incúmplese o decreto que rexe as explotacións mineiras “xa que non se devolve o terreo á súa configuración orixinal” ao mesmo tempo que poñen en dúbida a “ecoloxía da medida” xa que os materiais de recheo son “maioritariamente lodos procedentes dos aserradoiros de pedra e material triturado de construción”.
Aplaude a Comunidade de Montes de Atios, “accións solidarias como é a colaboración con entidades de apoio a persoas con necesidades especiais” pero consideran “que neste caso, coma noutros traballos de restauración que se están levando a cabo na zona, non se está facendo o correcto”.
Lamentan, eso si, que Comunidade de montes, “titular dos terreos ao abeiro dunha sentenza en primera instancia que aínda non foi contradita, non foi convidada ao acto. Tampouco a asociación de Afectados pola actividade das canteiras, os que máis padeceron o efecto nocivo dunha explotación industrial que durante anos se fixo sen control nin respeto ao entorno humano ou medioambiental. Restaurar está ben, é unha obriga ineludible do titular do dereito mineiro, pero non debe agochar as irregularidades cometidas en todo o proceso”.
Baiona acolleu onte a entrega de premios da segunda edición do ‘Concurso Interescolar de Poesía Visual Vila de Baiona’, un certame no que participaron todas as aulas do terceiro ciclo de educación primaria do municipio. Con este concurso, impulsado polo poeta David Fernández Rivera e organizado polo Concello e a Concellería de Educación, búscase, entre outras cousas, dar continuidade a todo o aprendido polos pequenos xunto a Rivera a través do Proxecto Caligrama 2000, un obradoiro que busca introducir aos colexiais na creación e interpretación das diferentes vertentes da poesía visual.
Nesta nova edición, na que como o curso pasado
cada aula participante debía presentar un único poema orixinal,
entregáronse tres premios: un premio ao mellor poema e dúas
mencións de honra. Este ano a aula gañadora foi a de 5.º do
CEIP Belesar e as mencións de honra foron para a aula de 6.ºA do
CPI Cova Terreña, así como para a aula de 6.º do CEIP
Belesar. Os alumnos premiados recibiron con ilusión senllos
galardóns de mans do Concelleiro de Educación, Óscar Carreño
Miniño e do propio David Fernández Rivera, a quen pediron con
entusiasmo repetir a experiencia o próximo curso.
Alumnos e alumnas de 6º A do CPI Cova Terreña, Mención de Honra
Así mesmo, este ano todos os alumnos recibiron
un agasallo especial, un libro antolóxico publicado polo Concello
de Baiona no que se recollen todos os poemas presentados ao
concurso nas dúas edicións celebradas. Esta antoloxía, que leva
por título Albor, sorprende gratamente pola calidade do
seu contido, un contido que demostra como calaron os ensinos de
David Fernández Rivera no alumnado e que pon de manifesto, entre
outras moitas cousas, a capacidade creativa dos máis pequenos,
algo que sempre reivindicou o poeta. As bibliotecas escolares
contarán cun exemplar do libro, así como a Biblioteca Municipal,
onde se atopará ao dispor do público.
A aula de 6º do CEIP Belesar acadou unha Mención de Honra
Por outra banda, Albor é unha das
poquísimas iniciativas destas características que se levou a
cabo en educación primaria a nivel nacional; tanto é así que
pola súa singularidade, e coa vontade de difundir o traballo
realizado en Baiona, David Fernández Rivera comprometeuse a
enviar algúns exemplares ao Centro de Poesía Visual, o centro
documental de referencia do experimentalismo poético
contemporáneo en España, sito na provincia de Córdoba.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para a adxudicación do contrato de servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa ‘En ruta coa Depo 2020’ mediante procedemento aberto.
A principal novidade é o incremento orzamentario que a Deputación de Pontevedra destina a esta iniciativa, que contará na súa quinta edición cun orzamento base licitación de 417.600 euros. Carmela Silva destacou que se trata da maior inversión da institución provincial neste programa, supoñendo 52.600 euros máis que na actual edición.
‘En ruta coa Depo 2020’ contará con 20.000 prazas, das cales 400 serán totalmente gratuítas para persoas usuarias en risco de exclusión social e/ou que acrediten escasos recursos económicos, e cun total de 32 rutas, manténdose os percorridos que existen na actualidade.
A presidenta provincial puxo o foco en que “o obxectivo deste programa é que coñezamos a provincia de Pontevedra” e isto farase a través de “rutas por lugares emblemáticos divididas en itinerarios temáticos, culturais, marítimos, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e rutas interxeneracionais”.
Tal e como subliñou a presidenta “o programa está dirixido a entidades sen ánimo de lucro e busca ofrecer alternativas de convivencia, ocio e tempo libre para os distintos colectivos sociais da provincia”. Con el preténdese crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional.
Silva tamén lembrou a importancia desta iniciativa na loita contra a soidade das persoas maiores, que é un dos ODS a cumprir na axenda 2030, así como que a mocidade “coñeza e ame a nosa provincia”.
“Un Nadal diferente. Nin mellor nin peor que os demáis, simplemente diferente”. Así definiu na mañá de hoxe a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, a programación de Nadal que hoxe se presentaba e que ofrecerá, durante case que un mes, máis de trinta actividades pensadas, fundamentalmente para un público familiar. Terá o Nadal de Salceda, iso si, o seu prato forte: ‘O Pequeno Circo de Nadal’.
A programación foi presentada hoxe polo Concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, ao que acompañaba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira; a tenenta de alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón e Nelson Quiteiro, director artístico do Pequeno Circo de Nadal.
Alex Rodríguez falaba dun programa “atractiva” non só para as e os máis pequenos, senón para toda a familia. Un programa que ten teatro, ranchos de reis a novidade do Pequeno Circo de Nadal ou actividades, xa tradicionais, como a San Solvaestre Solidaria ou o concerto da Banda Cultural de Salceda.
Pola súa banda, Nelson Quinteiro expresaba o seu “orgullo” por poder formar parte da programación de Nadal e definía ao ‘Pequeno Circo de Nadal’ como “un circo pero entendendo o concepto circo como recipiente, un espazo simbólico compartido no que queremos que a veciñanza de Salceda viva unha auténtica experiencia navideña”.
O espectáculo está dirixido ao público infantil porque, recalcou, “Salceda ten unha das poboacións máis novas de toda Galicia e é importante deseñar experiencias como esta”.
Así, dentro dese circo crease un espazo único para a diversión con zonas de lecer para que os e as máis cativas “pinten, coloreen, recorten ou construian” pero, ao mesmo tempo, un espazo para espectáculos. “Escollimos, –explicou Quinteiro– os espectáculos máis participativos, que apostan pola lingua galega, pola nosa música e a nosa cultura e que teñen, sobre todo, moitísima enerxía”.
O Apalpador e a Apalpadora, terán un especial protagonismo porque, asegurou o director artístico do Pequeno Circo de Nadal, “amais da tradición, o apalpador e a apalpadora achegan outros valores moi interesantes como a proximidade, a ecoloxía, a sostibilidade con agasallos sostibles e o medio ambiente”. O Apalpador xigante hoxe presente na rolda de prensa e creado por Títeres Errantes de Burgos, terá a súa compañeira “porque queremos poñer en valor a igualdade”, concluíu Quinteiro.
A tenenta de alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón “encantada pola idea da figura feminina do Nadal”, salientaba a intención do Goberno local de “darlle un cambio” ao Nadal e, como responsable de Comercio, destacaba o papel protagonista do Comercio ao que definía como “motor económico de Salceda” e, de cara a facelo partícipe a Concellería de Comercio organizou un concurso de escaparates de Nadal “aberto a todos os establecementos, incluídos ou non na Asociación de Comerciantes, que ten o prazo de inscrición aberto ata o 20 de decembro”.
E, sen dúbida, un concurso que precisará da participación da cidadanía que será a que vote, ata o día 3 de xaneiro, ao escaparate que lle resulte máis atractivo para, na tarde de Reis, facerlle entrega ao establecemento gañador dun pequeno agasallo. E un programa “participativo”, recalcaba Verónica Tourón, no que “traballan todas as áreas do Concello perfectamente coordinadas para consguir o que queríamos, un Nadal diferente”.
Nesa “diferenciación” facía fincapé a alcaldesa Loli Castiñeira ao sinalar que “cando se cambia de equipo de Goberno é preciso darlle un xiro ás cousas e nós apostamos por un Nadal diferente e facer cousas diferentes”. “Din que este Nadal ten un ‘toque fiminino’ –dicía Castiñeira– e non o vou negar porque a maioría da Corporación é feminina”.
Fuxía, eso sí, das “comparativas” tan de moda neste Nadal 2019. “O noso Nadal é diferente. Nin mellor nin peor que ningún outro, simplemente diferente”. A diferencia, explicaba a rexedora local, “é evidente. Temos algo que a maioría non ten: nenos e nenas”.
Non se pode esquecer, lembraba Loli Castiñeira, que “hai máis de 1.600 nenos e nenas nesta vila e temos unha media de idade moi nova, en torno aos 42-43 anos”, de aí que a programación sexa no só para os máis pequenos e pequenas, senón para toda a familia.
Alumnado dos centros escolares do Porriño participarán mañá mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia ás que os nenos e nenas porriñeses acudirán acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.
A sesión será inaugurada por Fabiola García, conselleira de Política Social; Alfonso Villares, vicepresidente primeiro da FEGAMP e alcalde do Concello de Cervo, e Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Comité Galicia.
A representación da infancia porriñesa intervirá, primeiramente, nun encontro coa Conselleira entre as 10 e as 11 horas, para expoñer as súas propostas para loitar contra a pobreza. Posteriormente, a delegación porriñesa intervirá nun coloquio sobre ‘Experiencias en participación nos concellos galegos’ xunto cos representantes de outras cidades declaradas Amigas da Infancia.
A concelleira de Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas inauguraron hoxe un novo obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós II’ que dará unha oportunidade laboral a vinte persoas desempregadas, ofrecendo por vez primeira formación para o sector forestal.
Acompañados
polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e
Industria, Ignacio Rial, e polo director da Axencia para a Industria
Forestal, José Ignacio Lema, o goberno do BNG-PSOE deu hoxe a
benvida ao alumnado que se formará e traballará tanto na rama de
sociosanitaria como na de forestal.
Durante
nove meses recibirán formación teórica e práctica para acadar un
doble título. Por un un lado, as/os dez alumnos de sociosanitaria
prepararánse para a atención de persoas dependentes en domicilio e
tamén en institucións sociais. Por outro lado, o alumnado da rama
forestal formarase para desenvolver actividades de auxiliares en
conservación e mellora de montes e para realizar repobacións
forestais e tratamentos silvícolas
ou mantemento de camiños forestais ou ser peón forestal ou de
explotacións forestais.
“O
obradoiro de emprego pemite que vinte persoas desempregadas teñan
maior formación para acadar a inserción laboral pero tamén redunda
nunha mellora dos servizos ofrecidos á cidadanía porque o seu
traballo contribuirá no coidado dos nosos maiores e tamén do noso
patrimonio natural”, explicou Vanesa Fernández.
O alumnado deste segundo obradoiro ‘Coidar de nós II’ deixará a súa pegada no concello de Ponteareas realizando as súas tarefas tanto na residencia de maiores Santa Ana como en moitos domicilios da nosa cidade mentres o alumnado da rama forestal actuará no parque forestal da Picaraña.
O
alcalde de Ponteareas agradeceu a colaboración da Xunta e das
comunidades de montes en man común e destacou a importancia de
acoller un obradoiro da rama forestal dada a importancia que ten este
sector que sostén un volume de negocio de máis de 2.200 millóns de
euros cunha cifra de facturación en exportación de máis de 800
millóns de euros.
O
goberno do BNG-PSOE posibilitou que nestes últimos cinco anos se
ofreceran de xeito continuado e estable obradoiros de emprego que
deron unha oportunidade laboral a 100 alumnas e alumnos e 30
técnicas/os encargados de ofrecer a formación, todos eles e elas
desempregadas.
Dende
o goberno local consideran imprescindible apostar por sectores
punteiros que actualmente demanden traballadores como é o sector
forestal que se atopa en crecemento e o sector sociosanitario no que
se acadou o 100% da inserción laboral nos últimos dous anos.
Este este venres, día 13 de decembro ás 18 horas, o auditorio municipal ‘Reveriano Soutullo’ acolle unha nova actividade de Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma. Nesa liña, desenvólvense materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.
Onde está Larry?, do ‘Teatro Calavera’, é un conto interactivo, onde as nenas e os nenos participan de forma activa no desenvolvemento do espectáculo, divertíndose con xogos, música e baile.
Esta
actividade é de balde e forma parte dun conxunto de actividades
realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias
co galego, dentro do proxecto Apego.
Todas
aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse
en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.
‘2020. Abrindo portas…’ é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.
Os doce meses do ano son ilustrados coas portas
tudenses do convento das Clarisas, a gótica de San Domingos, a
románica da Catedral, a do Casino Vello na Corredoira, a de Villa
Blanca na rúa Augusto González Besada, e unha porta da rúa
Canicouva. Mentres de Valença recóllense as portas da igrexa de
Santa María dos Anxos, da Casa do Poço, da capela do Bom Jesús, da
Casa do Eirado, da Casa da Toga e a Porta do Meio.
Os calendarios distribuiranse hoxe martes, e até fin de existencias, a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros por exemplar na Casa do Concello. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño.
Agradécese principalmente a entrega de leite, cacao, galletas, conservas, botes de garavanzos, lentellas e fabas, produtos de Nadal…
O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, unha actividade organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres e que conta coa colaboración do Concello de Oia.
O
campamento desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro en
horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas) co obxectivo de facilitar a
conciliación familiar. Entre outras actividades, os pequenos e
pequenas participarán no desenvolvemento de traballos manuais, xogos
e dinámicas de grupo.
O
campamento de Nadal ten un prezo total de 65 euros e de 10 euros/día
no caso de querer asistir en días soltos. As prazas son limitadas.
Máis
información e inscricións en [email protected]
e no teléfono 619.96.11.80.
A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron as obras de acondicionamento da casa de autopsias do cemiterio municipal, financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que supuxeron un investimento de 38.216,05 € (IVE incluído).
Os traballos permitiron a substitución das carpinterías exteriores e o encintado e tratado exterior das paredes. Amais, tal e como explicou Chus Garrote, tamén se actuou nos terreos do cemiterio revisando e subsanando a rede de abastecemento e a recollida de auga coa instalación de tomas na área das sepulturas “permitindo mellorar os puntos nos que as usuarias e usuarios recollen auga e a canalización das augas sobrantes destes puntos”.
Este edificio que data de finais do século XIX, segundo datos do catastro do ano 1900, servía antigamente como casa de autopsias, velatorio e almacén. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, adianta que “pasará a ser de uso do persoal municipal do seu departamento para que dispoñan dun espazo no que poder cambiarse e deixar as súas pertenzas na xornada laboral coa colocación de taquillas e bancos”.
Covelo e Garrote explican que
eran unhas obras moi necesarias nun edificio municipal podéndolle
dar agora un mellor aproveitamento.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaron na mañá de hoxe o convenio de colaboración polo que o Goberno autonómico achegará un total de 253.746,90 euros para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela. A achega da xunta suporá o 80% do orzamento base estimable para a elaboración do documento e farase efectiva de aquí ao ano 2023. O convenio condiciona o pago das anualidades á tramitación do Plan, aboándose a medida que o Concello acredite ante a Xunta os avances na redacción do mesmo.
As actuais Normas
Subsidiarias de Planeamento (NSP) de Redondela, aprobadas no ano
1987, non se adaptan á nova Lei do Solo de Galicia, nin sequera ás
normas urbanísticas de rango autonómico anteriores, polo que o
planeamento xeral vixente neste concello pontevedrés está
totalmente obsoleto.
A comezos de 2015 o pleno do Concello de Redondela aprobou a adxudicación dun contrato de servizos para a redacción do PXOM deste municipio, solicitando dous anos máis tarde á Xunta unha subvención co obxectivo de sufragar parte do custo. O convenio asinado agora entre ambas administracións compromete o financiamento necesario para poder finalizar o devandito plan e garantir canto antes a súa aprobación inicial por parte do pleno municipal.
O Concello deberá someter o documento a información pública e, despois, aprobarao provisionalmente, último paso antes de que a Xunta revise toda a documentación e, se está correcta, lle dea a aprobación definitiva ao PXOM para que todos os veciños e veciñas de Redondela poidan contar cun planeamento acorde á realidade vixente.
Tendo en conta que Redondela necesita adaptar con urxencia o seu plan á lexislación en vigor e aos condicionantes urbanísticos e socioeconómicos actuais, e que todos os concellos limítrofes teñen xa o seu plan adaptado á Lei do Solo de 2016 ou están en trámite de facelo, a Consellería de Medio Ambiente considerou oportuno e xustificado comprometer unha achega de, como máximo, 253.746,9 euros co fin de colaborar no seu financiamento.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que agradeceu a “sensibilidade” amosada pola conselleira Ángeles Vázquez “con un tema que é fundamental para o desenvolvemento do municipio”, amosou a súa confianza en que, unha vez sexa levado a Pleno “o que esperamos ocurra dentro de poucos meses” sexa aprobado por unanimidade xa que –apuntou a rexedora local– “trátase dun tema técnico e non político”.
Digna Rivas adiantou tamén que o PXOM será levado “a todas e cada unha das parroquias” para que veciñas e veciños coñezan ese documento “imprescindible para que Redondela poida acometer con garantías os retos de futuro”. Nese sentido, Rivas lembrou que con ese paso, da cumprimento “a un compromiso que adquirín coa veciñanza de Redondela na campaña electoral e, a min persoalmente, gústame cumprir todos os meus compromisos”.
Escolares da Guarda participaron, esta pasada semana, nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.
Esta
visita guiada, contou coa presenza de Mar Cortegoso, arqueóloga que
participou nas escavacións así como os técnicos de Patrimonio e
Desenvolvemento Local, que explicaron aos escolares como foi o
proceso para descubrir e por en valor este importante elemento
patrimonial.
A
visita estivo dividida en dúas partes: unha parte divulgativa a
cargo de Mar Cortegoso, e outra máis interactiva empregando a app
da web https://www.mardesal.aguarda.es/proxecto-de-ciencia-cidada/
coa que os alumnos sacaron fotografías coas que identificar novas
salinas rupestres. O
proxecto de Ciencia Cidadá na Guarda, Mar de Sal, ten como obxectivo
facilitar a participación da cidadanía na investigación científica
da produción de sal na Antigüidade. É moi sinxelo: mediante unha
app para móbil, calquera persoa interesada pode colaborar na
recollida de datos en campo, participando na prospección de novos
xacementos arqueolóxicos.
A
actividade permitiu tamén unha recollida de lixo por parte dos
escolares pola costa entre o Seixal e o Puntal, destacando o
compromiso do proxecto co Medio Ambiente e o entorno onde se levou a
cabo o mesmo.
Ao
rematar a actividade, cada alumno foi agasallado cunha gorra e unha
mochila de Mar de Sal.
Esta
actividade forma parte da segunda fase deste proxecto na cal se
realiza a musealización do xacemento, se publican os resultados das
investigacións iniciadas o ano pasado e se convida a diferentes
segmentos da poboación a participar en actividades de divulgación.
«A
Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor
das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica
sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas
anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local
participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local
do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de
pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo
a coordinación científica de D. Brais Currás.
O
obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir
da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial
concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e
de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da
identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao
mar.
O
proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o
desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O
estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor
permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da
cidadanía.
O
importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de
74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto
GALP7-066.
O
Multiúsos da Xunqueira acollerá, o vindeiro martes 10 de decembro,
ás 19:30 horas, unha charla sobre o «Alzhéimer e outras demencias:
detección e tratamento», organizada polas Concellerías de Servizos
Sociais e Terceira Idade do Concello de Redondela en colaboración
coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras
Demencias de Galicia (AFAGA).
A
iniciativa, englobada dentro do «Programa de Estimulación para
persoas con Alzéimer e outras Demencias» contará coa participación
de Marina Requejo, traballadora social de AFAGA; Gonzalo Soliño,
psicólogo da Asociación e Nuria Vila, terapeuta ocupacional de
AFAGA.
A charla está aberta á participación de todos os veciños e veciñas. Para máis información, as e os interesados poden dirixirse ao teléfono 986 402 608 ou ao enderezo de correo electrónico coordi[email protected].
O Concello de Tomiño vén de adxudicar a colocación dunha caldeira de biomasa e un novo sistema de iluminación LED que permitirán mellorar substancialmente a eficiencia enerxética da Casa Consistorial e reforza a aposta do Concello tomiñés pola eficiencia enerxética e as enerxías limpas. Tomiño convértese nun dos primeiros Concellos de Galiza en gozar deste tipo de equipamentos.
A empresa adxudicataria (Termocalor Vigo S.L) será a encargada de executar as obras nun prazo de 5 meses, de ‘Mellora da eficiencia enerxética do Concello de Tomiño’, por importe total de 83.472,71 €, cofinanciados cunha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético), dentro das axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.
Ditas
obras consistirán na optimización do consumo enerxético mediante a
substitución da caldeira de gasóleo C de 110 Kw, por unha de
biomasa de 108 Kw de potencia, alimentada con biocombustibles, para
subministro de calefacción e instalación de luminarias LED. cun
prazo de execución de 5 meses.
A
caldeira de biomasa estará dotada dunha flexibilidade máxima nos
posibles combustibles (pellets, oso de oliva, astillas ata G50/W40,
agropellets, etc.), así coma dun sistema de autolimpeza con parrilla
de alta alleación, acendido de alto rendemento e baixo consumo.
Nesta
liña, o concelleiro de Servizos Públicos e Eficiencia Enerxética,
Lois Vázquez, explicou que “coas novas obras obterase un aforro de
moi significativo, ademais de apostarse por unha das enerxías limpas
do presente e do futuro, conseguindo mellorar substancialmente a
eficiencia enerxética do edificio municipal, e avogando polo uso das
enerxías renovables nos espazos públicos”; tema no que o goberno
municipal vén traballando varios anos.
A pasada semana constituíuse no Concello de Tui a Mesa do Camiño de Santiago, un órgano que ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio. Para a constitución da Mesa celebrouse unha reunión á que asistiron máis de 40 representantes de distintos ámbitos vinculados ao Camiño coma a hostalería, restauración e outras actividades, entre os que se elixiu a dous representantes por cada sector para formar parte da mesa.
Forman parte da mesa o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, xunto a dous representantes do sector da hostalería, dous do sector da restauración, e dous representantes doutros servizos aos peregrinos. Á próxima xuntanza serán convidadas tamén outras administracións coma a Xunta ou a Deputación.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que a ‘Mesa Local do Camiño de Santiago’ pretende ser un órgano permanente de contacto entre a administración e os axentes económicos implicados no Camiño “diante do reto que supón o Xacobeo 2021”. Aludiu ao crecemento do Camiño Portugués de Santiago, con máis de 71 mil peregrinos no que levamos de ano, o que están tendo a súa repercusión na economía local coa creación de empresas vinculadas á prestación de servizos aos peregrinos. Nese senso Enrique Cabaleiro fixo fincapé na importancia de “prestar un bo servizo e con calidade”.
O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago,
Laureano Alonso, deu conta das distintas actuacións realizadas dende
o Concello en relación coa vía xacobea no municipio coma o
mantemento do tramo do camiño, a sinalización dun percorrido
alternativo en Ribadelouro cando as chegas do río Louro impiden o
paso pola Ponte das Febres, a información que se presta aos
camiñantes na Oficina de Turismo, … Ao tempo explicou as distintas
convocatorias de subvención abertas nestes momentos vinculadas ao
Camiño de Santiago.
Na parte final da reunión os asistentes expuxeron
os que consideran son os principais problemas que neste momento
afectan ao Camiño Portugués ao seu paso por Tui e á boa atención
aos peregrinos. Sinalaron así as escasas liñas de transporte
público con outras cidades, sobre todo na fin de semana, a
necesidade de unificar sinalización, ou unha maior promoción da
catedral coma elemento diferenciador do Camiño Portugués.
O Concello de Tui sacou a licitación a explotación da cafetería do Centro Interfederado, situado na rúa Olímpicos Tudenses por un período de dous anos, prorrogables outros dous, cun prazo máximo de duración do contrato de catro anos. O canon mínimo anual será de 4.744,80 euros.
O prazo de presentación de ofertas está aberto até este venres, 13 de decembro, ás 14 h no rexistro xeral de entrada do Concello. A apertura da oferta económica terá lugar o próximo martes, 17 de decembro, ás 9.30 h.
A
Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa Asociación de
Persoas Afectadas pola Deleción 1p36 coa impresión do seu
calendario solidario, iniciativa coa que preténdese recadar fondos e
visibilizar esta enfermidade rara co fin de concienciar á sociedade
e facer ver a importancia da investigación. Esta acción, levada a
cabo pola asociación coa colaboración da institución provincial
por cuarto ano consecutivo, enmárcase na campaña
#SonrisasQueContagian.
Este ano, no calendario solidario, participan: a presentadora Silvia Jato, o cómico Leo Harlem, o actor Luis Zahera, a cantante Pastora Soler, o presentador Agustín Bravo, a presentadora Irma Soriano, o cómico e locutor de radio José Guerrero ‘Yuyu’, o boxeador Sergio ‘Dinamita’ Sánchez, os cantantes Manu Tenorio e Álex Ubago, e as actrices Silvia R. Medina e Pepa Aniorte.
Xunto a eles e elas atópanse as e os grandes protagonistas do calendario, os nenos e nenas da asociación: Yamira, Lucía, Marcos, Irene, Noa, Marta, Daniela, Sonia, Lucía, Alba, Iraila, Lucas, Eunate, Paula, Ainoha, Lucía e Zaida.
O síndrome de deleción 1p36
É un trastorno xenético ocasionado pola perdida do cromosoma 1, un dos máis importantes do noso ADN. É unha das anomalías cromosómicas máis comúns cuxa incidencia é de un entre 5.000 ou 10.000 nacementos, sen distinción por sexos. A gravidade do síndrome varía entre as persoas afectadas. Aínda que cada nena e neno son únicos, poden compartir algunha das seguintes características: baixo ton muscular, trastorno convulsivo, problemas de crecemento e/ou alimentación, miocardiopatía ou perda de audición e visión, entre outros.
A
Asociación de Persoas Afectadas pola Deleción 1p36 é unha
organización sen ánimo de lucro que naceu en 2015 en Tui, cuxa
principal finalidades é dar a coñecer a enfermidade e tratar de
mellorar a calidade de vida e a integración social tanto das persoas
afectadas como das súas familias. Esta asociación, que impulsaron
cinco familias espalladas por España fai tres anos e que na
actualidade conta con máis de 40 doentes no seu seo, non só se
queda nesta labor, senón que quere tamén ser un nexo de unión
entre familias, profesionais e organismos, xuntando esforzos para
avanzar na mellora da atención e a investigación a estes doentes.
Preto de 40 veciños e veciñas da Guarda veñen de constituir a plataforma veciñal ‘Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda’ como xeito de “visibilizar” o conflito veciñal que, segundo a recen constituida plataforma, existe arredor da Comunidade de Montes da Guarda, “onde a sua directiva leva anos negando sistematicamente a entrada de novos comuneiros”.
Asegura a Plataforma que a súa única reivindicación “é a de poder xestionar o monte comunal como calquera outro veciño ou veciña desta parroquia de cara a conseguir –aseguran– que a Comunidade de Montes da Guarda “sexa democrática, transparente e participativa, onde calquera veciña ou veciño poida participar na xestión do monte”.
Fan un chamamento a todos os veciños e veciñas a que soliciten a alta como novos comuneiros e comuneiras e ofrecen a súa axuda e asesoramento “se así o necesitaren”.
Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.
Neste senso, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción porque desde o ano 2015 son xa preto de 2.000 as adopcións conseguidas, en concreto, 1.954. “É un dato moi positivo –indicou–, e que nos anima a seguir traballando para darlles un fogar en condicións a estes animais. O CAAN segue mantendo a premisa coa que naceu hai seis anos: fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións”.
Os datos son especialmente positivos
nestas últimas semanas e, concretamente desde que se puxo en marcha
a nova campaña de sensibilización “Esteriliza, adopta”, xa que
neste período acadáronse un total de 21 adopcións, cunha media de
2,6 por día. A meirande parte foron adoptados por particulares e, no
que se refire a esta última semana, os cans e cadelas foron aos seus
novos fogares en Forcarei, Lalín, Cambados, Vigo, O Grove, Teo,
Meis, Cerdedo-Cotobade, Tomiño, Ponte Caldelas, A Estrada e ata
localidade de Xermade (Lugo).
‘Apro’ de chachorro, na súa entrada no CAAN no ano 2014
Nesta semana puido deixar o CAAN ‘Bertín‘, que levaba os seus seis anos de vida no centro, onde entrara sendo un cachorro, e relévao como avó da canceira ‘Apro‘, un can que entrou no centro en 2014 sendo unha cría. Entre as adopcións destes últimos días destaca tamén o caso de ‘Liliana‘, unha cadela que fora abandonada hai un mes en Ribadumia e á que o persoal do CAAN tivera que recoller cunha gaiola trampa debido á súa desconfianza coa xente. No centro reconducíuselle o carácter ata convertela nunha cadela tranquila e confiada. Foi adoptada por unha moza animalista.
Tamén hai que salientar o caso de ‘Almofredo‘, que foi adoptado o día 3 de decembro por unha moza comprometida co benestar animal e que ofrece de xeito habitual o seu fogar como casa de acollida para protectoras da Coruña. O animal será para o seu pai, xa que espera que lle poida axudar a superar a morte do seu anterior can, co que levaba vivindo vinte anos.
Outro caso a subliñar é o dos irmás ‘Zasca’ e ‘Zascón’, que foran abandonados en Meis en setembro e tiñan sarna. Recuperáronse no CAAN e foron adoptados xuntos por unha familia residente en Vigo. Amais, unha muller de nacionalidade inglesa levouse para o Reino Unido a tres cans, ‘Pirri’, ‘Bar’ e ‘Inco’ o pasado día 4. Esta muller soe difundir no seu país os cans do CAAN e ela mesma se encarga de levalos.
Por último, o can ‘Mingo‘, que entrou no pasado mes de novembro no centro, volveu ao seu concello de orixe, Tomiño, onde levaba abandonado tempo e era coidado polos habitantes dunha aldea. Un dos veciños botábao de menos e adoptouno para levalo de novo ao pobo.
O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son 400 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro (https://caan.depo.gal/), ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.
No, hoy no vamos a hablar de ningún estilo de juego de fútbol. Los nórdicos, se dice que juegan al estilo inglés así que ya no nos serviría. Tampoco vamos a hablar de algún estilo musical, aunque algún seguidor nuestro y escritor en éste medio, igual nos podría enseñar algo sobre algún estilo llegado de los países nórdicos relacionado con la música y quemas de iglesias… tendremos que convencerlo para que no haga algún pequeño reportaje, que seguro que nos podría resultar muy ilustrativo…
No, hoy vamos a comentar sobre la enseñanza en los países nórdicos, o mejor dicho, cómo lo están interpretando en algunos colegios de la zona y con las consecuencias que ello conlleva para los padres.
Desde hace unos años para acá se habla maravillas de los países nórdicos. Tengo que reconocer que sólo he visitado uno de ellos, Dinamarca, y es cierto que deberíamos de aprender mucho de ellos, pero en especial, siempre se menciona a sus métodos de enseñanza cómo uno de los mejores del mundo por no decir el mejor, ello conlleva a que en muchos lugares los quieran imitar y cómo no podía ser de otra manera, en nuestras comarcas, hay algún colegio que quieren imponer dicho estilo.
Tengo que reconocer que no soy ningún experto en la materia, pero por lo que he podido entender y averiguar sobre el mismo, una de las principales virtudes del mismo, es intentar que cada niño desarrollo sus habilidades. Es decir, una escuela no tan reglada y dirigida como la tradicional en España, sino que lo que se quiere es fomentar el desarrollo de las aptitudes de cada alumno, algo sin duda, muy loable, porque no tienen porque ser todos ingenieros, abogados o médicos para después tener que marcharse a trabajar a otros países.
Por otra parte, algo que me ha llamado mucho la atención, es que los responsables son los padres, es decir, que si el niño tiene algún problema en el colegio, tiene que ir alguno de los padres a resolver el problema y me pregunto, ¿cómo se puede conseguir eso? Porque salvo que tengas un trabajo liberal, ¿alguien me puede explicar con la “flexibilidad” de horarios que tenemos los trabajadores en éste país se puede hacer eso? Para empezar, muchos trabajadores, ya no tenemos ni la posibilidad de turnos continuos, ya que tenemos jornadas partidas que nos obligan a estar todo el día fuera de casa, con lo que lo más probable es que también nos encontremos lejos del colegio de nuestros niños, y horarios flexibles… ¿qué es eso?
En todo caso tenemos horarios extendibles, es decir, que siempre acaban durando más de las horas teóricas que deberíamos de estar en el trabajo. Así que ¿alguien me puede explicar cómo si nuestro hijo está en un colegio que aplique dicho criterio cómo se puede hacer para atenderlo?
Personalmente, tengo que decir, que todo lo que sea mejorar la enseñanza de los niños siempre es un gran paso, pero que estos cambios tienen que ser a nivel de toda la sociedad y por desgracia, en éste país ni estamos ni queremos, porque seguimos relacionando productividad con horas y más horas en el trabajo cuando está demostrado que no es cierto, pero seguimos con esa mentalidad.
Precisamente, ésta semana leía una noticia sobre Dinamarca (país nórdico y uno de los países más productivos del mundo) , su semana laboral es de 33 horas, es decir idéntica la española (40 horas más el resto) y por encima, cuando entras a trabajar en una empresa, no te dicen que tu horario es de tal a tal hora, sino que te preguntan, que horario quieres tener, algo que en España a día de hoy, es totalmente utópico.
De esa forma, claro que puedes atender a tus hijos, tanto en casa como en el colegio, pero es que además, ¿comparamos el sueldo medio? En España, sobre 1.300 euros (ejem… la mayora parte somos mileuristas, pero algunos políticos y empresarios rompen un poco las estadísticas…) en Dinarmaca, es más del doble, así que me hago esta pregunta, un país donde trabajan menos que en España, los empleados ganan más del doble y por encima son más productivos, ¿que estamos haciendo mal nosotros? ¿Quizás demasiados ladrones y no siempre de los que rompen cristales?
Está claro que algo no se hace bien cuando por nuestras condiciones y clima, podríamos ser uno de los mejores países del mundo. Lo que si tengo claro, es que aquí intentamos semana tras semana recomendar buena música y esta semana lo vamos a hacer con los paisajes sonoros de Jon Durant y su nuevo trabajo ‘Alternate Landscapes’ y por otro lado el ‘Rosa Morta’ de Craig Armstrong y Scott Fraser, una maravillosa colaboracion. Espero que los disfrutéis.
El guitarrista Jon Durant nos presenta, tras su aclamado ‘Parting Is’ su nuevo trabajo que leva por título ‘Alternate Landscapes’.
Jon
Durante, es un guitarrista innovador que disco tras disco nos sigue
sorprendiendo con su forma de tratar la guitarra y éste su nuevo
disco, es un claro ejemplo de ello.
Dividido en tan sólo cuatro cortes, ‘Alternate Ladnscapes’ es un paseo por paisajes sonoros, todos ellos interpretados con la guitarra, incluso dos de ellos, ‘Aragon’ y ‘Ciel Du Cheval’ están grabados en directo, con solamente su guitarra, aunque cuando lo escuchas, pensarías que hay un arduo trabajo de producción y arreglos sintetizados tras ellos y es que Jon ha conseguido imprimir a sus composiciones un aire de paisajes sonoros increíble y es que las cuatros piezas son precisamente eso, paisajes sonoros creados con el arte de su buen hacer con las guitarras.
Estamos ante un sorprendente trabajo, porque no te esperarías que la guitarra haya sido el artifice de estos sonidos, pensarías en composiciones sintetizadas al estilo de otros norteamericanos grandes en la creación de los mismos, sin ir más lejos, el gran Steve Roach, pero Jon lo ha creado con sus guitrras, sintetizadas, eso sí, pero guitarras al fin y al cabo, por lo que lo conviertes en disco perfecto para los amantes de los paisajes sonoros, los que viajamos con esos sonidos profundos y envolventes, los que nos dejamos llevar por la buena música.
Cuando
dos grandes artistas se unen, lo normal es que consigan crear un gran
trabajo, digo lo normal, porque siempre hay excepciones, pero éste
no es el caso.
Craig Armstrong y Scott Fraser vuelven a colaborar para crear un maravillosa trabajo electrónico que lleva por título ‘Rosa Morta’ .
Divido
en nueve cortes, han dejado deliberadamente a un lado las
orquestaciones, algo habitual en ambos compositores para crear todos
los temas con instrumentos electrónicos, tanto analógicos cómo
digitales, dando lugar a un fantástico trabajo instrumental y
electrónico, un disco con algunos momentos incunables y con el que
los compositores no van a defraudar a sus seguidores.
Simplemente, dejemos llevar por el buen de hacer de éste dúo y disfrutemos de ésta pequeña obra maestra.
A Policía Local abriu esta pasada semana expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria.
Tras a apertura do expediente esta mañá empregados municipais procederon á retirada dun total de 12 carteis anunciadores que serán depositados na nave municipal mentres se tramita o citado expediente.
Dende o Concello de Tui lémbrase que a ordenanza municipal do Ornato e a Limpeza viaria establece que “a colocación de carteis fora dos lugares establecidos está considerado infracción leve e conlevarán a imposición dunha multa de 200 €”.
A Alameda de Castelao conta xa con varios bancos con placas que fan referencia, cada unha delas, a persoeiros que teñen relación co municipio tanto de ámbito local como Casto Sampedro ou Reveriano Soutullo, coma a intelectuais ou artistas que, dunha ou doutra maneira, falaron de Redondela, como Julio Cortázar ou Dalí.
Do
mesmo xeito, na Alameda de Rosalía
de Castro, en Chapela, hai placas de persoas vencelladas a esta
parroquia, coma Xela Arias ou Álvaro Cunqueiro, pois foi cando el
era director, cando Faro
abriu as súas oficinas en Chapela.
A
alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que esta iniciativa
promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, continuará
coa colocación de novas placas que “sirvan de homenaxe e tamén
como elemento de divulgación cultural”.
Doutra
banda, Digna Rivas, anunciou a realización de diversas actividades
con motivo dos 350 anos da visita de Pier María Baldi a Redondela.
Este pintor dos Medici, deixou unha lámina de Redondela que pasa por
ser unha das imaxes máis antigas da vila. Precisamente, sobre esta
acuarela, traballou Manuel Puga, autor do libro A
Redondela de 1669 na acuarela de Pier María Baldi, libro
que será presentado nas vindeiras semanas nun acto público.
A
alcaldesa redondelá tamén adiantou que se colocará un panel coa
reprodución da acuarela a gran tamaño, tras conseguirse os permisos
da Biblioteca de Florencia e se realizarán unha serie de
conferencias, o vindeiro ano, co reparto do libro entre o alumnado do
municipio.
Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia, obras executadas con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Por unha banda actuouse nos baños da primeira planta do edificio cunha reforma integral coa colocación de pavimento de PVC, azulexado das paredes con elementos de mosaico e coa colocación de falsos teitos. Foron renovados todos os sanitarios e instaláronse cabinas en panel fenólico.
Por outra parte substituíronse todas as persianas existentes por unha novas en aluminio branco.
As obras executadas contemplaron tamén o saneamento e pintado das fachadas do edificio, reparación do recercado das ventás metálicas, e instalación de canalóns e baixantes para a recollida de pluviais nas partes onde carecía destes elementos.
O equipo ‘Baby’ do C.B. Nigrán, o dos ‘grandes peques’ segue medrando o que fala ben ás claras da axeitada política de promoción que se desenvolve dende a directiva do Club Baloncesto Nigrán. Precisamente o ‘Baby’, que para esta tempada con nada menos que 13 juagadores e xogadoras, acudiu a pasada fin de semana a Navia para participar na ‘I Concentración Baby’ desta tempada organizada pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración cos diferentes clubs que participan nesta competición.
A iniciativa responde a un convenio asinado entre a Federación Galega e os clubs que ten, como principal obxectivo, fomentar a práctica do baloncesto entre os máis novos. En cada unha das convocatorias, a concentración desenvólvese en dúas sedes diferentes nas que se habilitan varias pistas de xogo para que todos os equipos con xogadores e xogadoras en categoría baby (con idades comprendidas enter os 5 e 7 anos) poidan disputar diferentes partidos.
Nesta ocasión a cita tivo lugar en Navia e organizada polo Celta. Un total de 12 equipos pertencentes aos clubs Celta, Salesianos, Miraba, Amor de Dios, Carmelitas, Acacias, Montecastelo e C.B. Nigrán, rotaron polas 4 pistas de xogo habilitadas para a ocasión.
Máis de 100 xogadores e xogadoras tiveron a ocasión de gozar dunha xornada lúdico-deportiva onde o menos importante é o resultado, de aí que se sogue sen tenteo.
A maiores do espectáculo que ofreden os máis pequenos na cancha, é de salientar o excelente ambiente a pé de pista e na bancada, coas familias aplaudindo cada acción que ocorría no xogo e cada canastra.
Foi, en suma, unha mañá que cumpriu coas expectativas do deporte en xeral e do baloncesto concretamente a estas idades: “convivencia, compañeirismo, respecto, igualdade, e moita paixón polo baloncesto”, nin máis nin menos que o que, diariamente, inculca o C.B. Nigrán, a diario, entre todos os seus xogadores e xogadoras.
A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de publicar na páxina web do Concello a listaxe definitiva das e dos admitidos no Campus Tea Nadal.
Todas as familias admitidas deberán poñerse en contacto, o antes posible, co departamento de Ensino do concello ubicado no andar baixo da Casa do Concello. A listaxe definitiva de admitidos/as poderá consultarse na pestaña de Ensino/Campus Tea da páxina web do Concello de Ponteareas ou directamente nesta ligazón.
O Concello do Rosal organiza a «San Silvestre Solidaria O Rosal» unha proba non competitiva cun obxectivo claramente solidario xa que as e os participantes poderán achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes que serán recollidos durante a proba por ‘Conrazones e SOS Tomiño’.
A San Silvestre celebrarase o 31 de Decembro de 2019. As 11:00 h tera lugar a andaina, cun percorrido de 2.300 metros e ás 12:00 a carreira non competitiva de 4.000 metros.
Percorrido da andaina de 2.300 metros
O Concello do Rosal anima a todos e todas a anotarse nesta proba que lles permitirá, ademáis de practicar deporte axudar aos que máis o presisan. As inscricións estarán abertas ata o 27 de decembro.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este domingo ás 20:00 horas no Templo Votivo de Panxón a primeira edición de ‘Música do templo’, que estará composto pola actuación do coro infantil-xuvenil ‘I Bimbi Appassionati’ e do grupo de música antiga ‘I Colori Dell’Armonía’. Unha oportunidade única para gozar da mellor música en directo nun espazo realmente espectacular.
‘I Colori Dell’Armonía’, grupo especializado na interpretación historicamente informada de música dos séculos XVII e XVIII, tocará un total de catro sonatas de Arcangelo Corelli, Giovanni Battista Fontana, Johan Rosenmüller e Antonio Vivaldi respectivamente. O grupo naceu no 2010 en Porto dentro do ámbito académico da ESMAE. Está formado por Andoni Conde e Mariña García-Bouso (violíns) e Débora Valuja (cravo), contando con diferentes colaboracións segundo o programa previsto.
Pola súa banda, o coro infantil-xuvenil ‘I Bimbi Appassionati’ interpretará ‘Lubilate Deo y Ubi Caritas’ (Mark Patterson), ‘No lloréis mis ojos’ (Victorina Falcó), ‘Todos venid callandito’ (José Pacheco), ‘Hacia Belén va una burra’ (popular) e ‘Ave María’ (Giulio Caccini). Esta formación nace no 2018 da man da mezzosoprano de Nigrán Nuria Lorenzo. Dende entón xa deron numerosos concertos, os máis recentes na Sagrada Familia de Barcelona e Mosteiro de Montserrat. Actualmente estanse a preparar para participar nun concurso internacional en Romanía defendendo a España.
A comunidade de montes de Atios vén de anunciar a apertura do proceso de poxa para a xestión da cafetería do centro social, ubicado no barrio da Guía. Os interesados teñen de prazo ata o día 12 de decembro para presentar as ofertas. Deberán facelo en sobre pechado, indicando o importe ofertado, unha pequena memoria da proposta de negocio, así como o nome e un teléfono de contacto.
As bases poden consultarse na web http://www.pedraquefala.gal onde atoparán tamén un teléfono de contacto ao que poderán chamar para resolver calquera dúbida. As bases tamén se poden consultar directamente nesta ligazón.
A cafetería dispón dun espazo interior de máis de cen metros cadrados, así como terraza cuberta, asadoiro exterior, xardín, parque infantil, pista de xogos e un amplo aparcamento.
As ofertas deberán presentarse antes das 21:00 h do día 12 de decembro de 2019. De seguido, abriranse os sobres en presenza dos ofertantes. A xunta reitora, despois de avaliar as distintas opcións, comunicará a oferta seleccionada. Teléfono de información: 606 96 81 35
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.