12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Mercado de Nadal da Guarda abre as súas portas esta fin...

    O Mercado de Nadal da Guarda abre as súas portas esta fin de semana

    Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.

    O alumeado de nadal está a espertar entre os guardeses e visitantes moita expectación, dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

    Mercado de Nadal

    Este venres día 13 de decembro arranca na Praza Avelino Vicente (As de Copas) o Mercado de Nadal, un espazo que abrirá as súas portas todos os días de 10:00 h a 21:00 e que contará con máis dunha ducia de stands con produtos coma herbas mediciñais, ambientadores, artesanía, bixutería, complementos, entre outros.

    Ademais de contar as fins de semana con stands con oferta gastronómica entre a que destaca viño quente, cafés, ponches, chocolate quente, muffins, crepes, e moito máis. Este Mercado de Nadal estará aberto ata o 6 de xaneiro.

    Nadal solidario Conrazones

    O sábado 14 e Domingo 15 de decembro a Praza de Juan Bautista será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario a cargo do colectivo ‘Conrazones’, que traballa con familias da contorna. Este mercadillo estará aberto en horario de 10:00 h a 18:00 h.

    Pista de Xeo

    A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

    O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:30 h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00 h a 21:30 h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

    Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1 €. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.

    Exhibición de patinaxe

    Este venres ás 18:00 h a Pista de Xeo será o escenario para unha Exhibición de Patinaxe a cargo dos deportistas locais do Clube A Guarda Hockey Liña.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.