Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Concello de Redondela e AFAGA organizan unha charla sobre «O Alzhéimer e outras demencias»

A iniciativa reforza o apoio decidido do Concello redondelán ás iniciativas que contribúan a axudar as persoas enfermas e as súas familias

O Multiúsos da Xunqueira acollerá, o vindeiro martes 10 de decembro, ás 19:30 horas, unha charla sobre o «Alzhéimer e outras demencias: detección e tratamento», organizada polas Concellerías de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA).

A iniciativa, englobada dentro do «Programa de Estimulación para persoas con Alzéimer e outras Demencias» contará coa participación de Marina Requejo, traballadora social de AFAGA; Gonzalo Soliño, psicólogo da Asociación e Nuria Vila, terapeuta ocupacional de AFAGA.

A charla está aberta á participación de todos os veciños e veciñas. Para máis información, as e os interesados poden dirixirse ao teléfono 986 402 608 ou ao enderezo de correo electrónico coordi[email protected].